Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia, segundo o Plan de Estudos do Máster en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política (2021) é achegar aos estudantes á conceptualización dun novo e influente espazo de traballo no mundo do Marketing político, o Neuromarketing. Este campo de traballo aplicado á mercadotecnia política preséntase como unha importante disciplina que nos permitiría construír con maior precisión as percepcións e imaxes do electorado, a través das súas reaccións neurolóxicas (procesos cerebrais) en torno a diferentes estímulos de carácter político. Deste xeito, poderíanse identificar novos elementos na configuración do comportamento político e no proceso de toma de decisións e, en consecuencia, na definición da estratexia política dos diferentes actores (segmentación máis precisa do electorado). Neste eido farase especial fincapé no papel que xogan as emocións cara os diferentes actores políticos, e como interveñene nos procesos de toma de decisións políticas.
- O neuromárketing: concepto, tipos e desenvolvemento. O uso das emocións nas estratexias de márketing.
- O neuromárketing aplicado ao ámbito da política: neuromárketing político e electoral.
- Tecnoloxías, técnicas e ferramentas para o neuromárketing político.
- Retos do neuromárketing cara o futuro.
Bibliografía básica e complementaria
Abelson, Robert P.; Donal R. Kinder, Mark D. Peters & Susan T. Fiske (1982). “Affective and Semantic Components in Political Person Perception”. Journal of Personality and Social Psychology, 42(4): 619-630.
Amodio, D. M, Jost, J. T., Master, S. L. & Yee, C. M. (2007). Neurocognitive correlates of liberalism and conservatism. Nature Neuroscience, 10, 1246- 1247.
Brader, Ted (2005). “Striking a Responsive Chord: How Political Ads Motivate and Persuade Voters by Appealing to Emotions.” American Journal of Political Science 49: 388-405.
Capelos, Tereza (2010). “Feeling the Issue: How Citizens' Affective Reactions and Leadership Perceptions Shape Policy Evaluations”. Journal of Political Marketing 9:9-33.
Ekman, P. (1999). “Facial expressions”. Handbook of cognition and emotion, 16 (301).
Feldman, Lisa (2017) La vida secreta del cerebro. Barcelona: Paidós.
Haumer, Florian y Donsbach, Wolfgang (2009). “The Rivalry of Nonverbal Cues on the Perception of Politicians by Television Viewers.” Journal of Broadcasting & Electronic Media 53 (2): 262–279
Kanai, R., Feildin, T., Firth, C. & Rees, G. (2011). Political Orientations Are Correlated with Brain Structure in Young Adults. Current Biology, 21, 677- 680.
Kandel, E. R., Schwartz, J. H., & Jessell, T. M. (2000). Principles of neural science. New York: McGraw-hill.
Lakoff, G. & Elisabeth Wehling (2012): The Little Blue Book. New York: Free Press.
Lakoff, G. (2008): The Political Mind. A cognitive scientist´s guide to your brain and its politics. New York: Viking.
López Mejía, D. I., Valdovinos de Yahya, A., Méndez-Díaz, M., & Mendoza-Fernández, V. (2009). El sistema límbico y las emociones: empatía en humanos y primates. Psicología iberoamericana, 17(2), 60 – 69.
Masters, Roger D. y Sullivan, Denis G. (1989). “Nonverbal Displays and Political Leadership in France and the United States.” Political Behavior. Vol. 11 (2): 123–156.
Masters, Roger D.; Sullivan, Denis G.; McHugo, Gregory J.; Lanzetta, John T. y Englis, Basil G. (1986). “The Facial Displays of Leaders: Toward an Ethology of Human Politics.” Journal of Social & Biological Structures, 9 (4): 319–343.
Mooney, Chris (2012), The Republican Brain. New Yersey: John Wiley & Sons, Inc.
Newman-Norlund, R., Burch, J. & Becofsky, K. (2013). Human Mirror Neuron System (hMNS) Specific Differences in Resting-State Functional Connectivity in Self-Reported Democrats and Republicans: A Pilot Study. Journal of Behavioral and Brain Science, 3, 341-349
Plutchik, Robert (2001). “The nature of emotions”. American Scientist, 89, 344-175.
Roseman, Ira (1984). “Cognitive Determinants of Emotions”. En Shaver, P. (ed.), Review of Personality and Social Psychology, Vol. 5, pp. 11-36. California: Sage Publications.
Rule, N., Freeman, J., Moran, J., Gabrieli, J., Adams, R. & Ambady, N. (2010). Voting behavior is reflected in amygdala response across cultures. Social Cognitive and Affective Neuroscience, 5(2-3), 349-355. -Sampietro, A. & Valera, L. (2015). Emotional Politics on Facebook. Recerca. Revista de Pensament, 17, 61-84
Sautter, John A. (2007): The Emotional Voter. How Empathy Drives Political Behavior, Saarbrücken: VDM Verlag Dr. Mueller e.K.
Sullivan, Denis G., and Masters, Roger D. (1988). “‘Happy Warriors’: Leaders Facial Display, Viewers Emotions, and Political Support” American Journal of Political Science, 32 (8): 345–368.
Westen, D. (2007). The Political brain: the role of the emotion in deciding the fate of the nation. New York: Public Affairs.
Zajonc, Robert B. (1980). Feeling and thinking: Preferences need no inferences. American Psychologist, 35(2), 151-175.
Entre as competencias a desenvolver na materia distínguense: as xerais, as transversais e as específicas:
Competencias xerais:
CG1. Dominar as tecnoloxías e técnicas que lle permitan obter información e analizar situacións, avaliar a súa relevancia e dispoñer dos recursos para facerlles fronte.
CG2. Tratar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG3. Desempeñar diferentes roles dentro dun equipo.
CG5. Actuar de forma autónoma nun marco de liberdade responsable.
CG8. Xestionar a influencia dos cambios técnicos e tecnolóxicos derivados da expansión dos medios de comunicación dixitais.
Competencias transversais:
CT2. Capacidade analítica e de síntese.
CT3. Capacidade para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, a cooperación e o compañeirismo,
CT4. Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
CT5. Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
Competencias específicas
CE1. Capacidade de xestionar o márketing político de organizacións e institucións, e de executar campañas de comunicación política.
CE4. Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión do márketing, a comunicación e a consultoría política orientada aos gobernos e ás campañas na contorna dixital desde unha perspectiva estratéxica, así como para deseñar proxectos de márketing viral, interactivo, SEM-SEO, etc…
CE5. Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos do márketing, da consultoría e da comunicación (empresarial, organizacional, institucional e política).
CE6. Capacidade para utilizar tecnoloxías, métodos e técnicas avanzadas de investigación social e política no ámbito do márketing e a comunicación políticos, en organizacións públicas e privadas.
CE9. Capacidade de deseñar e xestionar o márketing, a consultoría e a comunicación en situacións de crises a nivel estratéxico, operativo e táctico.
CE10. Capacidade para dirixir a organización e produción de eventos e acontecementos dentro dunha estratexia de márketing.
CE14. Capacidade para elaborar presentacións de alto nivel como parte do asesoramento proporcionado polo consultor político.
CE17. Capacidade para desenvolver novos modelos de análise política, baseados na importancia do compoñente emocional a través de diversas técnicas de investigación.
Combinaranse diferentes metodoloxías docentes nas clases presenciais, por una banda a explicación maxistral, durante a que se desenvolverá o contido da guía docente de forma teórica, combinadoa coa lectura e análise de textos especializados, e a realización de exercizos prácticos de carácter interactivo. A docente poderá solicitar ao alumnado a realización de tarefas e traballos individuais ou en grupo.
Realización de traballos indiviuais ou en grupo (90%). Non se aceptarán para a súa avaliación traballos entregados fora do prazo establecido.
Participación activa en clase (10%)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases expositivas: 9 h.
- Clases interactivas: 12 h.
- Titorías: 2,5 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
- Estudo individual: 25 h.
- Preparación de traballos e exposicións en grupo: 12,5 h.
- Realización de traballos individuais: 12,5 h.
- Outras tarefas: 1 h.
Respecto ao estudo da materia recomendase a lectura dos materiais proporcionados e a participación activa en clase.
Erika Jaraiz Gulias
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815177
- Correo electrónico
- erika.jaraiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:15-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
27.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
27.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |