Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 15 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Outorgar ao alumnado coñecementos que habiliten a comprensión e emprego de datos cuantitativos na xestión pública.
- Sinalar e abordar as principais dúbidas e erros que se comenten na lectura, análise e emprego das fontes de información e bases de datos.
- Formar en habilidades e técnicas en relación co coñecemento de procedementos estatísticos para o diagnóstico de problemas sociais, a avaliación de políticas, a toma de decisións e a xestión de crises.
- Buscar, filtrar e facer uso de forma proactiva e organizada das investigacións científicas e outras fontes de información estatísticas oficiais na xestión pública.
- Capacitar para o deseño e execución de investigacións sociais, identificando as técnicas máis adecuadas aos obxectivos perseguidos.
- Formar e orientar de cara á elaboración de informes de investigación, así como capacitar, e motivar, o uso dunha linguaxe técnica rigorosa e adecuado neles.
- Dotar ao estudantado da capacidade para realizar análise de datos extraídos da realidade social de forma complexa e crítica, expondo posibles solucións aos problemas e/ou necesidades detectados.
- Facilitar ao alumnado as habilidades necesarias para que sexan capaces de interpretar unha investigación social, podendo identificar e analizar posibles nesgos, erros ou indicadores de baixa calidade.
- Proporcionar as destrezas básicas para que o alumnado sexa capaz de extraer conclusións e escribir un informe de investigación de transmisión de información a terceiros.
- Concienciar ao alumnado da importancia da calidade, rigorosidade e a ética na investigación social: anonimato dos suxeitos de investigación, validación cruzada, triangulación, nivel de relevancia, uso de estatísticos adecuados, confirmabilidade, transferibilidade, confiabilidade, resonancia, seguridade, sobreinterpretación, infrainterpretación, etc.
Obxectivos relacionados co dominio de ferramentas de aprendizaxe:
- Capacitar ao alumnado coa adquisición das competencias específicas da práctica da investigación social, tanto no que se refire ao deseño teórico dunha investigación, como ao desenvolvemento e implementación do traballo de campo, así como ao dominio de diferentes bases de datos oficiais e públicas para a súa consulta.
- Proporcionar ao estudantado os coñecementos que lle permitan a identificación, xestión e transmisión de información científica: citar fontes, bases de datos, programas informáticos de apoio e análise estatístico, etc.
Obxectivos referidos a valores e actitudes:
Fomentar o traballo en equipo, aspecto que é altamente positivo pois axuda a que a persoa universitaria interiorice os valores de diálogo, respecto e tolerancia; ao mesmo tempo que se aprenda o manexo de potenciais conflitos, e se adquiran e potencien habilidades de comunicación e negociación que, cada vez son máis esixidas no mundo laboral.
Os contidos da materia están dirixidos a proporcionar ao alumnado a autonomía e independencia necesarias para abordar a análise ou a creación de datos para fins aplicados ao que os ámbitos local e público se refire.
Para iso, ofrecerase unha visión sintética da estatística descritiva (con especial atención á estatística multivariante), expoñeranse os principios da inferencia estatística (estimación e decisión) e farase un inventario das principais estatísticas sociais dispoñibles en España e Europa, con especial atención ás referidas ao ámbito local.
TEMA 0. Introdución á interpretación e análise de datos. Interpretación e análise das estatísticas sociais, centrándose na perspectiva do usuario. Tipos de variables, indicadores básicos, etc.
TEMA 1. Estatística descriptiva. Características, representacións gráficas, cálculos e creación de continxencia.
TEMA 2. Deseño e interpretación de enquisas. Deseño de cuestionarios, tipos de preguntas, establecemento de hipóteses, deseño da mostra, ficha técnica, tipos de análise.
TEMA 3. Bases de datos públicas e literatura gris. Análise dos datos e informacións dos informes e plans, carencias e utilidade da información secundaria.
TEMA 4. Deseño de indicadores e operacionalización de conceptos para os ámbitos local e público. Creación e mantemento de bases de datos propias e xestión da información. Especial orientación aos proxectos europeos.
Bibliografía básica:
Alvira Martín, F. (2011). La encuesta: una perspectiva general metodológica Nº35 | Cuadernos Metodológicos. CIS
Anduiza, E., Crespo, I., e Méndez, M. (1999). Metodología de la Ciencia Política. Cuadernos metodológicos 28. (Vol. 2). Centro de Investigaciones Sociológicas.
Azofra Márquez, Mª J. (1999). Cuestionarios Nº26 | Cuadernos Metodológicos. CIS
Baelo, M. e Haz-Gomez (2019). Metodología de la investigación en Ciencias Sociales y Jurídicas. Tirant lo Blanch.
Camarero, L.(2015). Análisis estadístico para investigación social. Garceta
Cea D’Ancona, Mª Á. (2009): Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social. Madrid. Síntesis.
Centro de Información Europe Direct de la Provincia de Granada (2017). Manual para el Diseño de Proyectos Europeos. Diputación Provincial de Granada. Dispoñible online: https://www.juntadeandalucia.es/cultura/redportales/comunidadprofesiona…
Díaz de Rada, V. et al. (2005).Internet como modo de administración de encuestas Nº59 | Cuadernos Metodológicos. CIS
Díaz de Rada, V. (2005). Manual de trabajo de campo en la encuesta Nº36 | Cuadernos Metodológicos. CIS
Flick, U. (2012). Introducción a la investigación cualitativa (3ª ed.; T. del Amo, Trad.). Morata.
García Ferrando, M. (1982). Socioestadística. Alianza.
Rodríguez Osuna, J. (1993). Métodos de Muestreo. Casos Prácticos Nº6 | Cuadernos Metodológicos. CIS
Ruiz Olabuénaga, J. I. (2007). Metodología de la investigación cualitativa (4ª ed.). Universidad de Deusto.
Saldaña, J. e Omasta, M. (2021). Qualitative Research. Analyzing Life. Sage.
Valles, M. S. (2003). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional (3ª reimpr.). Síntesis.
Verd, J. M. e Lozares, C. (2016). Introducción a la investigación cualitativa. Fases, métodos y técnicas. Síntesis.
Zapata, R. e Sánchez-Montijano, E. (2011). Manual de investigación cualitativa en ciencia política. Tecnos.
Bibliografía complementaria:
Arroyo, M. e Sábada, I. (Coords.). (2012). Metodología de la investigación social. Técnicas innovadoras y sus aplicaciones. Síntesis.
Barahona, C. e Levy, S. (2003). How to generate statistics and influence policy using participatory methods in research : reflections on work in Malawi, 1999-2002. Institute of Development Studies. Dispoñible en: https://opendocs.ids.ac.uk/opendocs/handle/20.500.12413/4007.
Barahona, C. e Levy, S. (2007). The Best of Both Worlds: Producing National Statistics Using Participatory Methods. World Development. 35. 326-341. 10.1016/j.worlddev.2006.10.006.
Cea D’Ancona, Mª Á. (2005). Métodos de encuesta. Teoría y práctica, errores y mejora. Madrid. Síntesis.
Chambers, R. (2007). Who Counts? The Quiet Revolution of Participation and Numbers', Institute of Development Studies, Brighton. Dispoñible en: https://opendocs.ids.ac.uk/opendocs/handle/20.500.12413/398
De La Puente, C. (2007). Sobre la medida, validez y fiabilidad en sociología. Una aplicación de Análisis de Componentes Principales. NOMADAS. Revista Crítica de Ciencias Sociales y Jurídicas (16). Págs. 353-361. Dispoñible online: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2284366
Huff, D. e Freixas O. (2015). Cómo mentir con estadísticas. Barcelona: Crítica.
Mayoux, L. (2012). Quantitative, Qualitative or Participatory? Which Method, for What and When? Doing Development Research, 115–129. https://doi.org/10.4135/9781849208925.N13
Sumner, A. e Tribe, M. (2008). International development studies: Theories and methods in research and practice. 10.4135/9781446279397.
Herzog, B. e Ruiz, J. (Eds.). (2019). Análisis sociológico del discurso. Enfoques, métodos y procedimientos. Universitat de Valencia.
Competencias básicas:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias xerais:
CG1. Adquisición de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado e da sociedade no relativo á organización do goberno local e as políticas públicas innovadoras.
CG2 - Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada.
CG5 - Habilidade de aplicar os coñecementos adquiridos nun traballo concreto ou nun proceso de investigación orixinal.
CG6 - Habilidade para recuperar e analizar información de diversas fontes, que permita deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no ámbito da xestión pública local e das ciencias sociais en xeral.
CG7. Capacidade para abordar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG10. Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultoría e a investigación.
CG11. Detectar e xestionar a influencia dos cambios tecnolóxicos nos servizos en liña, as redes sociais, a comunicación e o márketing de servizos públicos; que permita facer un aproveitamento óptimo dos mesmos na xestión local.
Competencias transversais:
CT3. Capacidade de razoamento crítico
CT4. Autonomía na aprendizaxe
CT8. Competencia para a procura e xestión de información e datos
CT9. Compromiso pola calidade, o rigor, a responsabilidade e a honestidade no desenvolvemento do traballo, así como nos seus resultados.
Competencias específicas:
CE1. Coñecer e aplicar a metodoloxía e deseño de investigación empírica nas ciencias sociais, así como as súas principais técnicas cualitativas e cuantitativas.
CE2. Adquirir coñecementos teóricos e aplicados das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico, para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da Administración Local e da innovación democrática.
CE9. Adquirir o coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel, para o deseño e xestión de plans estratéxicos participativos, programas, proxectos e servizos relacionados coa xestión e a innovación no espazo urbano.
CE10. Adquirir a capacidade de localizar, seleccionar e avaliar información, fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación ao ámbito da xestión pública local innovadora.
Clases expositivas (6 horas): Nelas explicaranse os contidos da materia. Asumirán unha metodoloxía de tipo expositiva-participativa permitindo, e fomentando, a participación do estudantado no decurso da clase.
Clases interactivas (15 horas): Nelas propoñeráselle ao estudantado unha serie de exercicios prácticos de deseño da investigación social para que poñan en práctica as habilidades teóricas explicadas ao longo da materia. Así mesmo, poderase convidar a investigadores/as e profesionais de sectores relevantes para a materia a presentar os seus estudos ou proxectos e as dificultades que poidan atopar na realización do traballo de campo.
levarán a cabo prácticas de laboratorio (aula de informática) onde se procesarán e analizarán datos e bases de datos.
Ademais, poderanse desenvolver xogos de rol para poñer en práctica determinadas habilidades e/ou capacidades importantes para a investigación social. Do mesmo xeito, fomentarase a participación do alumnado en tarefas interactivas tanto individuais como grupais.
Titorías (3 horas): Nelas supervisarase o avance dos traballos a realizar polo alumnado ou solucionaranse as dúbidas que lle poidan xurdir ao estudantado.
A nota final será o resultado da suma dos seguintes apartados:
1. Exame final: Realizarase un exame sobre os contidos impartidos ao longo do curso que suporá o 40% da nota.
2. Avaliación continua:
2.1. O alumnado realizará un traballo individual/grupal sobre un tema libre negociado cos docentes. Devandito traballo consistirá na realización dunha pequena investigación aplicando algunha das técnicas vistas ao longo da materia. A nota asignada ao traballo suporá o 40% da nota.
2.2. A asistencia e nivel de participación do alumnado –tanto a través dos traballos entregados por escrito como de forma oral que se irán propoñendo ao longo do curso-, suporán o 20% da nota final.
Deberase de obter como mínimo un 5 sobre 10 tanto no exame, como no traballo, para ser avaliado/a desta materia.
No caso do estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia avaliarase mediante o exame final (60%), a cuxa nota se sumará a obtida nos traballos de carácter práctico (traballo obrigatorio e prácticas realizadas durante o curso, 40%).
En relación á normativa de permanencia do alumnado atenderase ao regulado no artigo 5.2 da Normativa sobre Permanencia nas titulacións de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Seguindo as recomendacións da memoria deste Máster, o alumnado ten asignadas 50 horas de traballo autónomo; ás que se lle engaden 21 horas presenciais (repartidas entre clases teóricas, prácticas de seminario e de laboratorio).
- Recoméndase ao estudantado levar a materia ao día e revisar o material e apuntamentos que se proporcionen, especialmente, antes da realización de exercicios prácticos.
- Así mesmo, suxírese ao alumnado que teñan ao día o seu coñecemento do inglés. Así como dalgún dos sistemas para referenciar citas bibliográficas nos traballos académicos, con especial referencia ao sistema APA7, do que se proporcionará un resumo a través da aula virtual da materia para a realización do traballo final de avaliación da materia.
- Recoméndase dedicar tempo ao traballo que debe de realizarse desde o inicio da materia, xa que este é laborioso e leva bastante tempo, polo que se se deixa todo para o final logo non quedará tempo para terminalo en condicións.
- Recoméndase facer uso das titorías tanto para a supervisión do avance do traballo, como para a resolución de dúbidas sobre a teoría explicada ao longo das clases expositivas.
- Recoméndase preguntar na aula as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumnado xa que iso fará a clase máis levadía para todos/ as.
- Recoméndase participar nas clases para facer estas máis interactivas e menos áridas.
Solicítase ao alumnado, encarecidamente, o ter unha actitude proactiva -e participativa-, para facer máis levadía a evolución das clases; sobre todo á hora de realizar tarefas ou exercicios de tipo práctico, para solucionar todas as dúbidas que se poidan expor, e crear un ambiente distendido na aula.
Os traballos e/ou prácticas deberán entregarse en tempo e forma nos prazos establecidos polo equipo docente, de non concorrer algunha destas circunstancias poderán aplicarse penalizacións sobre a nota ou non ser avaliados. Os docentes resérvanse o dereito para establecer prazos extraordinarios para entrega de traballos, se fose o caso.
Para aprobar a materia será necesario que o alumno supere o 50% da nota total. Do mesmo xeito, serao ter unha nota superior ao 50% en tódolos criterios de avaliación (exame e prácticas). En ningún caso poderase cualificar unha media ou un exame ou un traballo por baixo do 50% do seu valor.
Bran Barral Buceta
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- bran.barral.buceta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Francisco Eduardo Haz Gomez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881815176
- Correo electrónico
- francisco.haz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática 2 |
Venres | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática 2 |
04.04.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 2 |
04.04.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 2 |
03.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 2 |
03.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 2 |