Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Socioloxía, Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer, comprender e saber aplicar as ferramentas teóricas e metodolóxicas da Ciencia Política e da Socioloxía para identificar e analizar as Políticas culturais no seu marco de referencia e coordenadas espacio-temporais (con especial atención ao noso contexto estatal e Comunidade autónoma).
2. Activar a capacidade de reflexionar, razoar e interpretar críticamente ao respecto da intervención pública da cultura, a súa idiosincrasia, necesidade, alcance e límites; seus modelos e referentes históricos, a xénese, evolución e desenvolvemento ou as experiencias más recentes e innovadoras en materia cultural.
3. Observar de forma comprensiva, e analítica o ciclo das políticas culturais nun escenario multinivel (UE-Admón.Local), e establecer comparacións, relacións ou procesos de cooperación entre diferentes realidades socioculturais e as súas múltiples manifestacións artísticas, e creativas.
4. Identificar e comparar os distintos modelos de política cultural, en función dos seus promotores, e dos países nos que se aplican, ao fin de fomentar o espíritu crítico e facer propostas innovadoras para mellorar as políticas culturais actuais.
5. Comprender e analizar o modelo paradigmático de políticas culturais públicas de Francia e o seu potencial de transferencia a outros países.
1. Introducción: marco teórico, (de)construción e ciclo das políticas públicas.
2. Políticas culturais: evolución histórica, principais achegas e paradigmas.
3. Políticas culturais: implementación e análise no marco do multilevel governance.
4. Debates actuais: realidades e desafíos arredor das políticas culturais no s. XXI.
5. Modelo francés, paradigma das políticas culturais: orixes e evolución.
6. Modelo francés, as craves: Cultura como razón de Estado e a excepción cultural.
7. Modelo francés, a organización (socio)política: o ecosistema cultural.
8. Modelo francés, realidades e retos: innovación e experiencias de políticas culturais.
Adorno, Th. (et.al.) (1992). Industria cultural y sociedad de masas. Caracas: Monte Ávila.
Ariño, A.(2006). Participación cultural en España. Fundación autor. Madrid.
- (2010). Prácticas culturales en España. Ariel. Barcelona.
Bauman, Z. (2001). El enigma multicultural. Barcelona: Paidós.
- (2002) La cultura como praxis, Paidós, Barcelona, 2002.
- (2013)La cultura y el mundo de la modernidad líquida. FCE. México.
Bell, D. (1992). Las contradicciones culturales del capitalismo. Madrid: Alianza.
- (et.al) (1992).Industria cultural y sociedad de masas. Caracas: Monte Ávila.
Benhabib, S. (2006). Las reivindicaciones de la cultura. Igualdad y diversidad en la era global. Buenos Aires: Katz Ediciones.
Bouzada, X. Unha cala no oficio da cultura. Grial T 34. n 130 (abril-xuño 1996). pp.183-194.
- (2000). Cultura e concellos. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
- Los espacios de consumo cultural colectivo. REIS Nº 96 (octubre-diciembre 2001). pp. 51-70.
Fumaroli, M. (2007) El estado cultural: ensayo sobre una religión moderna. Barcelona. El Acantilado.
Grignon, C. y Passeron, J.C. (1992). Lo culto y lo popular. Madrid: La Piqueta.
Pose, H. (2006). La cultura en las ciudades: un quehacer cívico-social. Barcelona. Graó.
Rodríguez Morató, A. (2007). La sociedad de la cultura. Ariel. Barcelona
Inglehart, R. (1991). Cambio cultural en las sociedades industriales avanzadas. Madrid: CIS-Siglo XXI.
Lamo de Espinosa, E. (ed.) (1995). Culturas, estados, ciudadanos. Una al multiculturalismo en Europa. Madrid: Alianza Editorial.
Martel, F. (2011). Cultura Mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas. Madrid: Taurus.
Sobre o modelo francés:
Bergala, Alain (2006): L'hypothèse cinéma. Petit traité de transmission du cinéma à l'école et ailleurs. Petite bibliothèque de Cahiers de cinéma. [A versión en español é do 2007]: La hipótesis del cine: Pequeño tratado sobre la transmisión del cine en la escuela y fuera de ella. Barcelona: Ed. Laertes
Bonet, Lluís y González-Piñero, Manel (eds.) (2021): La innovación en la gestión de la cultura. Reflexiones y experiencias, Edicions de la Universitat de Barcelona [https://diposit.ub.edu/dspace/bitstream/2445/183086/1/9788491687504%20(…
Chaubet, François (dir.) (2010): La culture française dans le monde 1980-2000. Les défis de la mondialisation, L’Harmattan, pp. 229-233.
Chaubet, François (2018): L’action culturelle française dans le monde : 150 ans d’expériences [https://chmcc.hypotheses.org/2725]
Dubois, Vincent (2016): El «modelo francés» y su «crisis»: ambiciones, ambigüedades y retos de una política cultural, Debats, 130/2, pp. 33-52. [http://www.vincentdubois-socialscience.eu/IMG/pdf/79-259-1-pb.pdf]
Négrier, Emmanuel (2003): Las políticas culturales en Francia y España. Una aproximación nacional y local comparada, CNRS, CEPEL, Universidad de Montpellier.
Regourd, Serge (2004): L'exception culturelle. París: Que sais-je?
- Con05: Comparar as distintas políticas culturais poñendo o foco na súa proxeción económica e no seu impacto
para o desenvolvemento social das comunidades.
- Con10: Comprender os fundamentos das produciós culturais como industria e o seu marco lexislativo.
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en
función dos obxectivos que se persigan.
- H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non
especializados dun xeito claro e eficaz.
- Comp02: Cooperar no marco do traballo colaborativo tendo en conta as características do proxecto e a súa
función nunha estrutura organizativa.
- Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Na modalidade virtual o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado realizarase a través da aula do Campus Virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC (MSTeams).
Cada semana haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona e este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona.
A hora semanal de titoría non presencial síncrona corresponderá a unha das horas de titoría que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva. O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, realizaranse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) e teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do alumnado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A través da aula virtual proporcionarase ao alumnado material de apoio e guía na adquisición de contidos:
- presentacións con audio explicando contidos do programa
- recursos e fontes bibliográficas proporcionados polo profesorado en formato dixital sempre que sexa posible
- enlaces dixitais que dean acceso a materiais audiovisuais
- vídeos breves nos que se profundice nalgún aspecto concreto dos contidos, cando proceda
- calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe en remoto do alumnado
Na aula virtual tamén se poñerán a disposición do alumnado as tarefas programadas para a avaliación continua (elaboración de proxectos, estudos de caso e traballos de curso, individualmente ou en grupo, presentacións con audio explicando contidos do programa, presentacións orais de traballos, etc.) e abriranse foros para o debate moderado por o/a docente e para a resolución de dúbidas. A través da aula virtual farase chegar a avaliación destas tarefas nun prazo non superior a un mes desde a data límite de entrega. As consultas realizadas polo alumnado serán respondidadas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando o docente non estea desfrutando dalgún permiso oficial.
PRIMERA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e o exame final complementario.
Nesta primeira oportunidade o 50% da cualificación final corresponderá á avaliación das tarefas e actividades programadas na aula virtual. Para poder desfrutar desta avaliación continua será necesario entregar, como mínimo, a metade das tarefas planificadas.
Un 10% da cualificación final procederá da participación activa na aula virtual (consulta de recursos, participación en foros, etc.)
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro.
Todas estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media en cada unha das partes para superar a asinatura.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 40% exame, 10% valoración da participación activa na aula virtual e 50% avaliación das tarefas entregadas. Nesta segunda oportunidade o alumnado terá a ocasión de volver entregar, ou facer por primeira vez, un máximo de dúas das tarefas programadas para poder mellorar a súa cualificación no criterio de avaliación continua.
Neste caso tamén, todas estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media en cada unha das partes para superar a asinatura.
CONVOCATORIAS POSTERIORES
O alumnado repetidor, que xa cursara a materia, será avaliado co mesmo sistema establecido para o alumnado de primeira matrícula tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade.
Aquí tamén, estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media en cada unha das partes para superar a asinatura.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Docencia presencial: 15 horas
Titorías presenciais: 15 horas
Exame: 4 horas
Docencia no presencial asíncrona: 14h
Traballo personal do alumnado e outras actividades: 102 h
Aconséllase:
- A asistencia ás clases (presenciais ou virtuais) e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua.
- Atender as orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar as datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a súa entrega puntual.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Maria Isabel Gonzalez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marta Maria Poncet Souto
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982821032
- Correo electrónico
- martamaria.poncet [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 13 |
23.05.2025 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
30.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |