Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
O obxectivo do bloque de materias no que se inxire esta (xunto a Gramática descritiva 1) é contribuír a que os alumnos estranxeiros melloren o seu dominio da lingua española, tendente a alcanzar o nivel B2. O MCER adxudica aos alumnos con este nivel, entre outras, as seguintes competencias:
a) Demostrar un control gramatical relativamente alto;
b) Non cometer erros que provoquen incomprensión;
c) Desenvolver argumentos con claridade, defendendo os seus puntos de vista con ideas complementarias e exemplos adecuados;
d) Construír cadeas argumentais razoadas;
e) Explicar os seus puntos de vista sobre un tema, propoñendo as vantaxes e desvantaxes de varias opcións.
Os obxectivos específicos desta materia son os seguintes:
a) Describir as principais propiedades morfosintácticas das unidades obxecto de estudo.
b) Proporcionar explicacións sinxelas e comprensibles sobre as cuestións gramaticais examinadas.
c) Resolver dúbidas gramaticais de tipo descritivo ou normativo.
d) Estudar o valor e o funcionamento das categorías sintácticas mediante exemplos representativos do seu emprego en contextos discursivos específicos.
e) Mellorar o nivel de competencia lingüística en español mediante a exercitación gramatical.
1. Os determinativos. Artígos, demostrativos, posesivos e cuantificadores
2. Os pronombres
2.1. Persoais
2.2. Relativos, interrogativos e exclamativos
3. O adverbio
4. Preposicións e conxuncións
Aragonés, L. e R. Palencia (2009): Gramática de uso del español: teoría y práctica con solucionario B1-B2, Madrid, SM.
Aragonés, L. e R. Palencia (2010): Gramática de uso del español: teoría y práctica con solucionario C1-C2, Madrid, SM.
Benítez, P. e M. J. Gelabert, (1995): Breve gramática aplicada. Estructuras y elementos básicos de la gramática española, Barcelona, Difusión.
Bueso Fernández. I. e R. Vázquez Fernández (1999): Gramática básica del español: formas y usos, Madrid, Edinumen.
Butt, J., C. Benjamin e A. Moreira (2018), A New Reference Grammar of Modern Spanish, Londres, Routledge.
Castro, F. (1997): Uso de la gramática española. Intermedio, Madrid, Edelsa.
Castro, F. (1997): Uso de la gramática española. Avanzado, Madrid, Edelsa.
Gómez Torrego, L. (2007), Gramática didáctica del español, Madrid, SM.
Kattán-Ibarra, J. e C.J. Pountain (2003), Modern Spanish Grammar. A practical guide, Londres-Nueva York, Routledge.
Molina Redondo, J. (2011): Gramática avanzada para la enseñanza del español, Granada: Universidad de Granada.
Moreno García C., C. Hernández y C. Miki Condo (2007): Gramática: nivel avanzado B2, Madrid, Anaya.
Orlando, Virginia et. al. (2011), Manual de gramática del español, Montevide, Universidad de la República.
Pavón Lucero, M.ª V. (2007): Gramática práctica del español, Madrid, Espasa-Instituto Cervantes.
Real Academia Española (2010), Nueva gramática de la lengua española. Manual. Madrid, Espasa.
Real Academia Española (2011), Nueva gramática básica de la lengua española. Madrid, Espasa.
Sánchez, A., E. Martín e J. A. Matilla (1980): Gramática práctica de español para extranjeros, Madrid, SGEL, 1992.
Con respecto ás unidades que se tratarán na materia, espérase que o alumno, desde o punto de vista do uso instrumental da lingua, se coloque na escala de corrección gramatical proposta polo MCER para o nivel B2, que indica (cito libremente):
a) O estudante debe ter un bo control gramatical no uso de deteminantes, pronomes, adverbios, preposicións e conxuncións. Pode, no mellor dos casos, facer erros non sistemáticos esporádicos que non causen malentendidos. Estes erros o alumno debe ser capaz de percibilos retrospectivamente e corrixilos.
Con respecto ás unidades que serán tratadas na materia, espérase que o alumno poida reflectir como lingüista sobre a súa descrición gramatical. O alumno debe saber:
a) Diferenciar e clasificar as unidades gramaticais en cuestión.
b) Apoiar en argumentos a clasificación tratada.
c) Demostrar que coñece aspectos particulares descritivos e normativos sobre determinantes, pronomes, etc., que foron explicados na clase.