Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 6 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Anatomía Patolóxica
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aprender a valorar a relación risco/beneficio dos procedementos diagnósticos e terapéuticos.
. Coñecer as características dos tecidos nas diferentes situacións de lesión, adaptación e morte celular.
. Coñecer os mecanismos básicos da inflamación aguda e crónica e as súas manifestacións morfolóxicas.
. Descrición das alteracións do crecemento celular.
. Introdución á anatomía patolóxica dos diferentes aparatos e sistemas.
. Saber como obter e procesar unha mostra biolóxica para o seu estudo mediante os diferentes procedementos diagnósticos.
Tema 1: Adaptación e lesión celular reversible
. Hipertrofia e hiperplasia
. Atrofia
. Metaplasia e displasia
. Mecanismos de lesión celular
Tema 2: Lesión celular irreversible:
. Necrose
. Apoptose
. Tema 3:Alteraciones subcelulares e envellecemento celular:
. Acúmulos intracelulares
. Calcificación patolóxica
. Envellecemento celular
Tema 4: Inflamación aguda
. Patróns morfolóxicos
. Mediadores químicos
Tema 5: Inflamación crónica
. Características morfolóxicas
. Inflamación granulomatosa
. Consecuencias sistémicas da inflamación
Tema 6: Reparación tisular
. Renovación tisular, rexeneración e reparación
. Natureza e actuación dos factores de crecemento. Células madre
. Mecanismos de sinalización do crecemento celular
. A curación de feridas
. Aspectos patolóxicos da reparación
Tema 7: Trastornos hemodinámicos
. Edema
. Hiperemia e conxestión
. Hemorraxia.
Tema 8: Hemostase e trombose. Embolismo.
. Hemostase e trombose
. CID
. Embolismo
Tema 9: Infarto. Shock.
. Definición e tipos de infarto
. Concepto e tipos de shock
. Manifestacións morfolóxicas do shock
Tema 10:
. Arquitectura do xenoma humano
. Xenes e enfermidade humana
. Trastornos mendelianos
Tema 11:
. Trastornos multixenéticos complexos
. Trastornos cromosómicos
. Trastornos monogénicos de herdanza non clásica
. Diagnóstico molecular das enfermidades xenéticas
. Marcadores de polimorfismos e diagnóstico molecular
. Análise molecular das alteracións genómicas
. Alteracións epixenéticas
Tema 12
. Resposta inmunitaria normal: inmunidade innata e adaptativa
. Hipersensibilidade
. Enfermidades autoinmunes.
Tema 13
. Rexeitamento de transplantes tisulares
. Inmunodeficiencias primarias
. Inmunodeficiencias secundarias: SIDA
. Amiloidose
Tema 14: Conceptos básicos das neoplasias
. Nomenclatura e definición
. Características das neoplasias benignas e malignas
. Diferenciación e anaplasia
. Velocidade de crecemento: Células madre no cancro
. Invasión local e metástase
Tema 15: Epidemioloxía do cancro
. Incidencia do cancro
. Envellecemento e cancro
. Predisposición xenética ao cancro
. Factores predisponentes non hereditarios
Tema 16: Bases moleculares do cancro
. Alteracións esenciais para a transformación maligna
. Autosuficiencia nos sinais de crecemento: Oncoxenes
. Insensibilidade aos factores de inhibición e escape da senescencia: Xenes supresores tumorais
. Evasión da apoptose
. Capacidade proliferativa ilimitada: Telomerasas
. Angiogénesis
. Invasión e metástase
. Alteracións cromosómicas asociadas ao cancro
. Cambios epixenéticos e cancro
Tema 17: Carcinogénesis
. Base molecular da carcinogénesis secuencial
. Axentes carcinoxénico e as súas interaccións celulares
. Defensa inmunitaria fronte ás neoplasias: Antíxenos tumorais
Tema 18: Diagnóstico de laboratorio do cancro
. Marcadores tumorais
. Perfil molecular das neoplasias
. Gradación e estadiaje das neoplasias
Tema 19: Aspectos anatomo-patolóxicos básicos das enfermidades infecciosas
. Categorías de axentes infecciosos e técnicas especiais para a súa identificación
. Espectro de respostas inflamatorias á infección
. Estudo específico dos procesos infecciosos máis relevantes:
Infeccións víricas
Infeccións bacterianas
Micose
Parasitose
Tema 20: Patoloxía ambiental
. Axentes tóxicos ambientais
. Lesións por drogas terapéuticas e de abuso (reaccións adversas)
. Lesións por axentes físicos (mecánicos, térmicos, eléctricos e radiacións ionizantes)
Tema 21: Trastornos nutricionais
. Malnutrición enerxético-proteica. Déficits vitamínicos
. Anorexia e bulimia
. Obesidade
Tema 21: Enfermidades da infancia
. Anomalías conxénitas
. SIDS
. Tumores benignos e malignos da infancia
Textos:
Kumar V, Abbas AK, Aster JC, Deyrup. Robbins. Patología Esencial. 2021.
Robbins y Cotran. Patología estructural y funcional. 10ª Ed. 2021.
Kumar V, Abbas AK, Aster JC. Robbins. Patología Humana. 10ª Ed. 2018.
Atlas:
O'Dowd, Bell, Wright. Wheater. Anatomía patológica: Texto, atlas y revisión de histopatología, 6ª ed. 2020.
Klatt. Robbins y Cotran. Atlas de anatomía patológica, 4ª ed. 2022
- Valores profesionais, actitudes e comportamentos éticos:
. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo
- Fundamentos científicos da medicina:
. Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
. Habilidades clínicas:
. Establecer o diagnóstico, prognóstico e tratamento, aplicando os principios baseados na mellor información posible e en condicións de seguridade clínica.
- Manexo da información:
. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
. Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
. Manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
- Análise crítica e investigación:
. Desempeñar a actividade profesional cun punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
. Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
. Ser capaz de formular hipótese, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
. Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Docencia expositiva:
Tipo lección maxistral, de 50 minutos de duración, con explicación do tema por parte do profesor con apoio iconográfico (imaxes e esquemas en diapositivas ou presentacións dixitais). Facilítase un esquema da presentación para facilitar a toma de notas por parte dos alumnos e para usar como guía á hora do estudo nos textos correspondentes. A distribución deste e outros materiais docentes farase a través do campus virtual.
Docencia interactiva:
A docencia interactiva levarase a cabo na aula de prácticas e consistirá no estudo personalizado e discusión co profesor de seccións histolóxicas procedentes de casos reais, seleccionados pola súa utilidade docente. Habitualmente, trátase de exemplos típicos das lesións comentadas nas clases teóricas. Nela encóntranse dispoñibles 42 microscopios binoculares e coleccións de preparacións representativas dos temas previamente indicados. Existe, ademais, un sistema de proxección de vídeo adaptado a un dos microscopios, permite tanto que realizar a descrición das lesións de forma máis dinámica coma resolver dúbidas ou problemas xerais dos alumnos durante a observación persoal ao microscopio.
Titorías:
Colaboran na solución individualizada de problemas que xurdan durante o proceso de aprendizaxe. Poden empregarse para a resolución de dúbidas ou para a presentación de traballos individualizados ou en grupos.
Método de avaliación:
- 90% da nota: Proba final obxectiva tipo test con penalización dos erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
- 10% restante: Avaliación continua ao longo do curso, para o que se require a asistencia regular ás horas de docencia expositiva e ás prácticas. Incluirá a realización de diferentes actividades ou probas presenciais ou virtuais.
Traballo persoal (Horas)
- Estudo individual: 30
- Revisión de material de apoio: 12
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 6
- Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 1
Débese asistir regularmente ás clases teóricas e prácticas, de por si obrigatorio, independentemente de que se realice control de asistencia. As clases maxistrais serven de guion á hora de estudar a materia e facilitan a aproximación a unha materia ata ese momento descoñecida. As clases prácticas familiarizan o estudante coa morfoloxía dos procesos que se describiron previamente nas clase maxistrais e é moito máis doado facelo a través do microscopio e coa axuda do profesor que coa simple axuda dos atlas. Estes resultan, sen embargo, útiles para o repaso dos coñecementos adquiridos previamente.
No que se refire ao material para o estudo, ademais da bibliografía recomendada e o material dispoñible no campus virtual (esquemas das clases, preguntas de autoavaliación, etc.) existen recursos de libre acceso en internet con abundante material iconográfico, tan importante para a comprensión desta materia. Por exemplo:
• https://webpath.med.utah.edu/
• https://www.webpathology.com/
• https://www.pathpedia.com/Education/eAtlas/Histopathology.aspx
• http://www.pathologyatlas.ro/
• https://atlases.muni.cz/atlases/stud/atl_en/sect_main.html
Por outra banda, lembrar que o estudo debe facerse con regularidade dende o inicio do curso, en lugar de concentralo nas últimas semanas.
Tamén queremos recordar a posibilidade de asistir a titorías individuais. Igualmente pódense facer consultas puntuais personalizadas ou públicas a través do campus virtual da USC, sistema moi recomendable para solucionar dúbidas que xorden no momento do estudo.
No caso de suspender a materia na primeira convocatoria é necesario examinarse de todo o seu contido novamente. Non é necesaria a repetición das prácticas na convocatoria da segunda oportunidade, aínda que é aconsellable a das titorías, que deberán axustarse ás posibilidades do profesor. Para formular o estudo de novo é importante coñecer en que aspectos se fracasou co fin de realizar un esforzo especial neles. Con respecto á avaliación continua, manterase a valoración obtida na primeira convocatoria cando fose positiva; en caso contrario, daráselle ao alumno a oportunidade de facer unha ou varias actividades/probas similares ás da primeira oportunidade. O exame teórico terá as mesmas características que o realizado na convocatoria anterior.
Maximo Francisco Fraga Rodriguez
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Teléfono
- 881812364
- Correo electrónico
- maximo.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Suarez Peñaranda
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- jm.suarez.penaranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Cameselle Teijeiro
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- josemanuel.cameselle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ihab Abdulkader Nallib
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- ihab.abdulkader [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
20:30-21:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
Mércores | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 3 |
20:30-21:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
Xoves | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
20:30-21:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
Venres | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
20:30-21:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
27.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
27.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
27.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
27.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |