Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Toxicoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os fundamentos e conceptos básicos da Toxicoloxía.
- Comprender os mecanismos xerais e específicos da acción tóxica das substancias químicas sobre os sistemas orgánicos.
- Coñecer os riscos da exposición aguda e crónica das substancias químicas sobre o organismo.
- Identificar as causas da presenza de substancias químicas tóxicas nos alimentos.
- Comprender o concepto risco-beneficio e realizar unha análise crítica do mesmo.
- Recoñecer as técnicas analíticas empregadas para a identificación das substancias químicas tóxicas nos alimentos e interpretar os resultados analíticos obtidos.
Ademais, establecéronse os seguintes obxectivos complementarios:
- Coñecer e utilizar de forma crítica as fontes bibliográficas sobre Toxicoloxía.
- Adquirir vocabulario e terminoloxía toxicolóxica.
- Relacionar os contidos da toxicoloxía con outros contidos do Grado de Nutrición e Dietética e co seu futuro profesional.
PROGRAMA TEÓRICO:
Parte I. Toxicoloxía xeral
1.- Toxicoloxía: Historia, desenvolvemento e concepto.
2.- Concepto de toxicidade: factores que inflúen sobre a mesma. Tipos de intoxicacións.
3.- Mecanismos de acción tóxica. Toxicocinética.
4.- Toxicodinamia.
5.- Procedementos de avaliación toxicolóxica: obxectivos. Estudio dos efectos xerais.
6.- Estudio de efectos específicos: carcinoxénese, mutaxénese e teratoxénese.
Parte II. Aspectos descritivos
7.- Toxicoloxía Alimentaria. Riscos sanitarios debidos aos alimentos. Substancias naturais nocivas en alimentos.
8.- Estudio toxicolóxico dos fungos. Aspectos descritivos e fisiopatolóxicos.
9.- Estudio toxicolóxico dos metais (I). Aspectos tóxicos do chumbo e do mercurio.
10.- Estudio toxicolóxico dos metais (II). Aspectos tóxicos do arsénico e do cadmio.
11.- Estudio toxicolóxico de nitratos, nitritos e nitrosaminas.
12.- Estudio toxicolóxico dos hidrocarburos aromáticos policíclicos e aminas heterocíclicas.
13.- Estudio toxicolóxico de bifenilos e dioxinas.
14.- Estudio toxicolóxico de plaguicidas. Insecticidas organoclorados, organofosforados e outros.
15.- Estudio toxicolóxico dos materiais en contacto cos alimentos.
16.- Aditivos alimentarios.
17.- Alimentación e cáncer. Prevención.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS:
1.- Investigación de nitratos: interpretación da potabilidade da auga (espectrofotometría UV).
2.- Investigación de microcontaminantes en mieles: residuos de plaguicidas organofosforados (cromatografía gasosa).
3.- Análisis toxicolóxico de herbicidas en mostras biolóxicas: paraquat e diquat (espectrofotometría VIS)
4.- Avaliación toxicolóxica: determinación da DL50 en ensaios de toxicidade aguda.
SEMINARIOS:
Poderanse realizar como dinámicas interactivas en grupo para o estudo de tóxicos complementarios aos vistos nas clases expositivas.
REALIZACIÓN DE TRABALLOS:
Os alumnos realizarán traballos en grupo que terán como temas aspectos relacionados coa materia, supostos, etc. que deberán expoñer en clase.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Cameán Fernández, Ana María y Repetto, Manuel. Toxicología alimentaria. Madrid: Díaz de Santos, 2012
- Calvo Carrillo, MC y Mendoza Martínez, E. Toxicología de los alimentos. México D.F: McGraw Hill, 2012
- Klaassen, Curtis D. Fundamentos de toxicología. Madrid: McGraw-Hill Interamericana, 2005
- Repetto, Manuel y Repetto Kuhn, Guillermo. Toxicología fundamental. Quinta edición, corregida y aumentada. Madrid: Díaz de Santos, 2024
- Valle Vega, Pedro. Toxicología de los alimentos. México D.F: Centro Panamericano de Ecología Humana y Salud, Programa de Salud Ambiental, Organización Panamericana de la Salud, 2000
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Dabrowski, WM y Sikorski, ZE. Toxins in food. Boca Raton: CRC Press, 2005
- Hayes, AW y Kruger, CL. Hayes’ principles and methods of toxicology. 6th ed. Boca Raton: CRC Press, 2014.
- Negrusz, Adam, and Gail Audrey Ann Cooper. Clarke’s Analytical Forensic Toxicology. Second edition. London, UK: Pharmaceutical Press, 2013.
- Omaye, Stanley T. Food and Nutritional Toxicology. Boca Raton: CRC, 2004
- Repetto, Manuel. Toxicología avanzada. Madrid: Díaz de Santos, 1995
- Shibamoto, Takayuki et al. Introducción a la toxicología de los alimentos. Zaragoza: Acribia, 1996
- Witczak, Agata, y Zdzislaw E Sikorski. Toxinas y otros compuestos nocivos en los alimentos. Zaragoza (España): Editorial Acribia, S.A., 2021.
OUTROS RECURSOS EN LIÑA:
- Páxina web AESAN (Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición): https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/web/home/aecosan_inicio.htm
- Páxina web EFSA (Autoridad Europea de Seguridad Alimentaria): https://www.efsa.europa.eu/es
- Páxina web BUSCA-TOX: http://busca-tox.com/
Competencias básicas:
CB1- Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
CB5 - Os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais:
CG5 - Realizar a comunicación de xeito efectivo, tanto de forma oral coma escrita, coas persoas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6 - Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG11 - Coñecer a Microbioloxía, Parasitoloxía e Toxicoloxía dos alimentos.
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT3: Capacidade para traballar en equipo (incluida en CG2)
CT4: Demostrar compromiso ético (incluida en CG1)
CT5: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluida en CG5)
CT7: Capacidad para a resolución de problemas.
Competencias específicas:
CE15 - Coñecer a Microbioloxía, Parasitoloxía e Toxicoloxía dos alimentos.
A docencia desta materia impártese mediante:
- Clases expositivas: 30 horas. Serán impartidas polos docentes encargados da materia, empregando os recursos didácticos e audiovisuais oportunos, coa axuda de anotacións no encerado. Facilitarase a participación dos alumnos. Esporadicamente o docente poderá realizar preguntas aos estudantes na aula para a súa contestación inmediata.
- Clases prácticas: 12 horas. Realizaranse 4 prácticas de 3 h cada unha. O contido desta parte práctica vincularase e relacionarase coa parte teórica, para que tanto a aprendizaxe como as competencias se adquiran e constrúan como un todo integrado. En cada práctica incluirase unha breve introdución teórica e guións de prácticas que detallen os procedementos para desenvolver. A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia. Non hai dispensa para as prácticas.
- Seminarios: 7 horas. Realizaranse actividades complementarias da materia tratada nas clases expositivas, que serán impartidos polos docentes e/o polo alumnado, sendo supervisados por aqueles. Poderán realizarse traballos en grupo relacionados cos temas da materia, que se presentarán oralmente na aula.
- Titorías en grupo: 2 horas. Realizarase a orientación de tódalas actividades e tarefas realizadas polos estudantes.
Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta de comunicación e soporte á docencia. A entrega de material de traballo para os estudantes por parte dos docentes, a comunicación docente-estudantes, a entrega de exercicios, etc. realizaranse de forma preferente a través do Campus Virtual.
As titorías adicionais (non programadas no horario da materia) realizaranse de forma presencial (no Departamento) ou de forma virtual sincrónica (a través da plataforma institucional TEAMS). En ambos os casos, desenvolveranse no horario oficial publicado polo docente e recoméndase solicitar cita previa por email.
Nesta materia non se concede dispensa total. En base ao Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da USC, aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa parcial non terán o deber de asistir ás clases expositivas, pero mantense a obrigación de asistencia ás prácticas de laboratorio, por ser necesaria a asistencia ás mesmas de maneira presencial.
A avaliación do estudante incluirá una avaliación continua (40% da cualificación final) e un exame final (60% da cualificación final):
- Controis de clases expositivas (2 controis): 10%
.
- Avaliación e exame das prácticas: 20 %.
- Avaliación de seminarios: 10%.
- Exame final: preguntas curtas conceptuais e/ou tests: 60%.
Realizaranse 2 controis das clases expositivas (un á metade e outro ao final do curso).
A avaliación das prácticas (20% da cualificación final) efectuarase mediante a valoración da asistencia ás prácticas e a avaliación da memoria das mesmas (15%), e exame de prácticas (5%). A realización das prácticas é obrigatoria para poder superar a materia.
Competencias avaliadas: CB1, CT3, CG11, CE15.
A realización de traballos consistirá na elaboración e presentación oral dun traballo en grupo sobre temas relacionados coa materia.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, CG6, CT1, CT3, CT4, CT5, CT7, CG11, CE15.
O exame final constará de preguntas de resposta curta e/o tipo test. O alumnado deberá realizar as prácticas e obter unha puntuación igual ou superior ao 50% da máxima nota posible deste exame final para que dita puntuación sexa tida en conta na cualificación final da materia.
Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG11, CE15.
De acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC, as faltas, xustificadas ou non, ás clases expositivas non terán ningunha incidencia na avaliación continua, fóra daqueles días nos que se realizan os controis das clases expositivas nas que será necesario xustificar a falta para poder realizar o control nunha data distinta á programada. A asistencia ás prácticas e aos seminarios é obrigatoria. As faltas non xustificadas ás prácticas supoñerán a imposibilidade de superar a materia. As faltas non xustificadas aos seminarios supoñerán unha minoración da nota de avaliación continua (0,05 puntos de minoración na avaliación continua total por cada falta) e perderase a puntuación correspondente a esa actividade. Para as faltas xustificadas nos seminarios, propoñeranse actividades alternativas ao estudantado cun novo prazo de entrega.
A cualificación da Avaliación Continua (Controis expositivas, Prácticas e Seminarios) conservaranse para os cursos seguintes. O Sistema de Avaliación para aqueles estudantes con dispensa parcial concedida en base ao Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da USC, será o mesmo que para todos os estudantes, podendo alcanzar o máximo do 10% outorgado a todos os estudantes polos controis expositivos en liña, ou mediante unha proba en liña presencial co exame final.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
RESUMO. CUALIFICACIÓN FINAL: Controis expositivas (10%) + Prácticas (20%) + Seminarios (10%) + Exame final (60%)
A materia consta de 6 créditos ECTS.
O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das que o 36% son presenciais e o 64% son horas de traballo do alumno. A distribución detallada do tempo de traballo autónomo do alumno é a seguinte:
- Clases expositivas: 30 h presenciais / 45 h traballo autónomo
- Seminarios: 7 h presenciais / 10 h traballo autónomo
- Prácticas: 12 h presenciais / 18 h traballo autónomo
- Traballos: 2 h presenciais / 10 h traballo autónomo
- Titorías en grupo: 2 h presenciais
- Realización de exames e revisión: 2 h presenciais / 12 h traballo autónomo
- Asistir e participar activamente nas clases teóricas e prácticas.
- Desenvolver hábitos de procura autónoma de información científica, e uso da bibliografía recomendada.
- Utilizar o apoio das titorías individuais para resolver cuestións.
- Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.
As horas de titoría dos docentes figuran oficialmente no taboleiro de anuncios do Departamento (Pavillón 2) e na páxina da materia.
Coordinadora: María Cobo Golpe (m.cobo [at] usc.es (m[dot]cobo[at]usc[dot]es))
COMUNICACIÓN POR EMAIL: É obrigatorio o uso da conta de correo institucional por parte do estudante (rai.usc.es).
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar na aula ou durante a realización das prácticas, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos docentes, responsabilizándose o estudante das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
PLAXIO: De acordo coa Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións (Artigo 16), o plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame resultará nun suspenso global na materia. Pretender ignorar o que implica un plaxio non eximirá ao estudante da súa responsabilidade.
PROTECCIÓN DE DATOS: Debe cumprirse a normativa (http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html).
EXENCIÓN DE DOCENCIA: Os estudantes que teñan recoñecida a exención de docencia deben poñerse en contacto co coordinador da materia nos primeiros 15 días do curso para establecer as alternativas ás actividades de avaliación continua que desenvolverán o resto dos estudantes de forma presencial. As prácticas non teñen dispensa de docencia. A non asistencia ou a non superación das prácticas impedirá a superación da materia.
Elena Lendoiro Belio
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- elena.lendoiro [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Maria Cobo Golpe
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- m.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
08.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
08.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
29.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
29.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |