Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.5 Clase Interactiva: 0.8 Total: 3.3
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Pediatría, Enfermaría, Medicina
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os protocolos de actuación nas unidades especiais
- Coñecer as complicacións derivadas da demora na atención
- Previr complicacións no/a paciente urxente e crítico
Traslado á práctica clínica, nas unidades, dos contidos reflectidos nas materias comúns e especificamente en aqueles referidos ás materias vinculadas á especialidade clínica Urxencias, emerxencias e grandes catástrofes e Manexo do Paciente Crítico.
Atopase dispoñible nas seguintes referencias:
Fundación Pública Emergencias Sanitarias 061: https://061.sergas.gal/Paxinas/web.aspx?tipo=paxlct&idTax=30005
Guías, procesos y protocolos. Servizo Galego de Saude. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia. Dispoñible en: https://www.sergas.gal/Asistencia-sanitaria/Gu%C3%ADas-t%C3%A9cnicas?id….
Guías, portocolos y vias clinicas. Servizo Galego de Saude. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.Dispoñible en: https://bibliosaude.sergas.es/Paxinas/web.aspx?tipo=paxlct&idTax=4031&i…
Humanización. Servizo Galego de Saude. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia. Dispoñible en: https://www.sergas.gal/Humanizacion.
Coidados de saúde. Ministerio de Sanidade. Goberno de España. Disponible en: https://www.sanidad.gob.es/areas/cuidadosEnSalud/home.htm
- Coñece os mecanismos polas que as enfermidades poden conducir a unha situación de ameaza vital.
- Coñece a patoloxía urxente e emerxente.
- Desenrola actividades de valoración, coidados e avaliación das persoas que atende en estados específicos, do estadio vital e situacións especiais de risco, aplicando os procedementos axeitados en cada momento.
-Prácticas e sesións clínicas O/ A estudante nas entidades colaboradoras adquire e aplica coñecementos e competencias, complementarias á súa formación académica, para o exercicio de actividades profesionais.
-Realización da Memoria Final das prácticas Metodoloxía docente útil para coñecer a capacidade de síntese e priorización de todas aquelas actividades realizadas.
Avaliación continuada e/ou final:-Grao de cumprimento da planificación na unidade. Grao de adquisición de competencias e habilidades90%
-Memoria de prácticas/Outras (outras actividades realizadas polo/a alumno/a) 10%
-Actividades presenciais (expositivas, seminarios) 3 horas.
-Traballo autónomo estudante: 222 horas.
-Total horas 225
Ter en conta:
-Prácticas académicas curriculares externas. Disponíbel en: https://www.usc.gal/es/servicios/area/gestion-servicios-academicos/prac…. A Lei orgánica 1/1996, de protección xurídica do menor, modificada pola Lei 26/2015 e a Lei 45/2015 de voluntariado, establece a obrigación de que se presenten os certificados negativos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais para todos os profesionais e voluntarios que traballan en contacto habitual con menores. Para dar cumprimento a esta normativa, os estudantes que pretendan matricularse en materias de "prácticas (Prácticum)" e "prácticas en empresas" de institucións en contacto con menores deberán presentar esta certificación xunto coa matrícula. De non presentala, non se poderán realizar as prácticas! A información específica e a certificación pódese obter a través do enlace: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadanos/tramites/certificado-delitos.
No caso de que no se coñeza o lugar concreto no que se van a realizar as prácticas no momento da matrícula e se implican contacto con menores, o certificado deberá presentarse canto antes unha vez seleccionado, e sempre antes do seu comezo. Unha vez obtido o certificado deberá anexarse dixitalmente a través da Secretaría Virtual.
-Recomendacións dadas pola Axencia Galega do Coñecemento, a través da que se xestionan as practicas do máster.
Coñecer o "Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster"https://acis.sergas.gal/cartafol/Practicas-de-Grao-e-Master
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno aprobou o Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, no Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A USC é unha universidade presencial, polo que os requisitos de asistencia mencionados anteriormente son obrigatorios. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Ao respecto, pode consultarse a información correspondente no seguinte enlace: http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html
PROTECCIÓN DE DATOS e COMUNICACIÓN ACADÉMICA:
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es), na súa comunicación vía email co profesorado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
A perspectiva de xénero introducirase de maneira transversal nos contidos.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Recomendamos a Guía para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018). https://xornalistas.gal/web/uploads/novas_adxuntos/adxunto/fa5/5c013549…
EMPREGO DO MÓBIL:
Queda restrinxido o emprego do teléfono móbil na aula á súa utilización como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumando das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mesmo.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade