Créditos ECTS Créditos ECTS: 7.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Interactiva: 5.5 Total: 19.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Ciencias da Comunicación, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Estatística, Análise Matemática e Optimización, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo, Medicina Legal e Forense, Obstetricia e Xinecoloxía, Pediatría, Estatística e Investigación Operativa, Enfermaría, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender o método científico.
- Comprender a estrutura dun traballo de investigación.
O contido específico definirase para cada tarefa individual, segundo a oferta de tarefas/titorización que a Comisión Académica do Máster desenvolverá para cada curso. Incluirá o desenvolvemento da investigación mediante tarefas avanzadas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, creación de esquemas, redacción e presentación. Dependendo do tema abordado, incluirase unha sección empírica ou unha análise de casos.
Nas seguintes bases de datos encontraránse recomendacións, guias, etc de interese general para a elaboración de TFM:
-NICE guidance. Recomendacións baseadas na evidencia para o sector sanitario e da asistencia social, desenvolvidas por comités independentes, que inclúen tanto profesionais como membros non profesionais, e consultadas polas partes interesadas. Dispoñibble en: https://www.nice.org.uk/.
-NIH clinical trials: Ensaios clínicos relacionados con diversas enfermidades e afeccións, como cancro, enfermidade de Alzheimer, alerxias, enfermidades infecciosas e trastornos neurolóxicos, doente critico, urxencias, etc. Dispoñinle en: https://www.nih.gov/health-information/nih-clinical-research-trials-you….
-Organización Mundial de la salud (OMS): Con información dispoñible sonre "Emerxencias", "Temas de saude", información en realación con rexións OMS. Dispoñible en:https://www.who.int/es/data.
-OMS: estadisticas. Dispoñibles en: https://www.who.int/es/data/gho/publications/world-health-statistics.
-OCEDE data explorer: acceso a datos estadísticos e informes en relación con diferentes temáticas incluida "Salud", "Ciencia. Tecnología e Innovación","Sociedad", etc. Dispoñible en: https://data-explorer.oecd.org/
-Ministerio de Sanidade, Goberno de España: A información dispoñible inclúe
-- "Áreas", que inclúe información sobre alertas e emerxencias sanitarias
--Calidade da atención, Carteira común de servizos do SNS, Centros, servizos e unidades de referencia, Atención sanitaria
--Farmacia, Medicina transfusional, Plan Nacional de Medicamentos, Profesións sanitarias, Promoción e prevención da saúde
--Saúde dixital, Saúde laboral, Saúde ambiental, Saúde externa, VIH, ITS, hepatite vírica e tuberculose
--Saúde nos datos.
Dispoñible en: https://www.sanidad.gob.es/
- Empregar ferramentas de busca bibliográfica
- Redactar un traballo de investigación
- Comunicar os resultados da investigación
Baixo a supervisión do/a titor/a o alumno coñecerá como realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas o longo dos seus estudos.
Durante o seu desenvolvemento programaranse sesións de traballo co profesor titor, que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Finalmente, o estudante deberá presentar un resumo oral do traballo.
A avaliación dos TFM farase atendendo a normativa de TFM do MASXC.
En todo caso, segundo o artigo 12 do Regulamento: “Os TFG e TFM deben ser traballos orixinais de elaboración propia e deben citarse debidamente as fontes que se tiveron en conta para a súa realización. O incumprimento do indicado no apartado anterior suporá a cualificación de “suspenso” na convocatoria”.
-Traballo autónomo estudante 184,5 horas
-Actividades presenciais(expositivas, seminarios) 3 horas
-Manexo das bases de datos de publicacións periódicas en inglés.
-Manexo de conceptos básicos de estatística.
-Utilización dos recursos que proporciona a Biblioteca da USC. Dispoñible en: http://busc.usc.es/
-Utilización da sala de informática dirixida a estudantado da Escola Universitaria de Enfermaría
ASISTENCIA A CLASE:
Aplicarase normativa seguinte:
Instrución 5/2023 da Secretaría Xeral do 17-09-2023 pola que se establece o código de boas prácticas para a docencia híbrida e virtual da USC https://minerva.usc.es/entities/publication/6ed7a4d5-cef0-4789-b577
5e93c70be52a
RESOLUCIÓN de 13 de diciembre de 2022 pola que se ordena a publicación do Regulamento das ensinanzas oficiais de grao e máster e do seu procedemento de garantía da calidade. Boletín Oficial (DOG) núm. 242, do 22 de decembro de 2022
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DE DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS
Atendendo ao artigo 9.2.a do Estatuto do Estudante da USC e ao artigo 36 da Lei Orgánica do Sistema Universitario, nas clases expositivas e interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) salvo cando o autoricen expresamente os profesores. O alumnado responsabilizarase das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS
Para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo terase en conta o establecido no Protocolo de atención a persoas condiscapacidade (Área de Integración do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC). Realizaranse as debidas adaptacións metodolóxicase/ou adaptacións curriculares para dar resposta ás necesidades educativas do citado alumnado.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.