Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A formación nesta materia ten por obxecto que o alumno/a en formación adquira os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes relativas ao dereito laboral substantivo e procesual, de cara ao asesoramento e defensa xurídica de empresas e traballadores.
Neste sentido, o obxectivo é coñecer a relación laboral para identificala e diferenciala doutras figuras afíns, así como os distintos tipos de contrato de traballo existentes, atendendo tanto á súa duración como á xornada pactada, e as peculiaridades de cada modalidade contractual, analizando as implicacións que segundo o tipo de contrato ten a súa extinción.
Preténdese igualmente dar a coñecer as particularidades que respecto das obrigacións recíprocas o contrato de traballo lles impón a traballadores e empresarios, con especial atención aos diversos compoñentes que regulan o salario a percibir, así como as garantías que se unen a tal concepto.
Xunto ao anterior, outro obxectivo é que os alumnos identifiquen as diversas vicisitudes que pode sufrir o contrato de traballo respecto das obrigacións do traballador, referidas á xornada, lugar de prestación de servizos, modificación da prestación pactada, etc, identificando cada unha delas e sabendo ofrecer solucións tanto para levalas a cabo por parte da empresa, adecuándoas á necesaria causalidade esixible, como os medios de reacción ou impugnación destas por parte dos traballadores cando non se axusten a dereito. Neste sentido, o obxectivo é coñecer a dinámica interna da relación laboral durante a súa existencia. É por iso que tales extremos deben conectarse directamente co procedemento xudicial e extraxudicial existente, para identificar e elixir a solución procesual que hai que ofrecer en cada caso, determinando o tipo de acción que se ha de exercitar e os trámites preprocesuais e procesuais necesarios.
Con tal fin, deben coñecerse os mecanismos legalmente previstos para a extinción da relación laboral, tanto por instancia do traballador motivado por incumprimentos contractuais e graves do empresario, como por vontade do empresario, ben motivada por incumprimentos do traballador ou ben por necesidades obxectivas alleas á persoa do traballador.
Dada a especialidade que en materia do dereito do traballo supón a existencia dunhas normas xurídicas froito da negociación colectiva, o obxectivo céntrase tamén en coñecer este tipo de instrumentos normativos desde a súa xestación, a negociación colectiva, ata a aplicabilidade destas normas en caso de concorrencia de dúas ou máis de distintos ámbitos.
Todo iso debe poñerse en relación co aspecto procesual que a orde xurisdicional social ofrece para encamiñar o recoñecemento e a impugnación de calquera decisión empresarial que afecte aos traballadores como tales. En tal sentido, o proceso laboral, cunha lexislación propia, debe estar presente en todo momento, coas especialidades que tal proceso ofrece fronte á orde xurisdicional civil, a todos os niveis, desde os problemas competenciais, pasando por distintos tipos de proceso, o réxime de recursos contra as sentenzas e, por último, as particularidades deste ordenamento procesual en canto ao réxime de execución de sentenzas.
Dunha maneira máis detallada, trátase de que o alumnado:
- Coñeza as principais características da relación laboral e manexe a estrutura formal da contratación laboral, distinguíndoa doutras relacións contractuais.
- Diferencie entre os distintos tipos de contratos laborais e valore a conveniencia de cada tipo de contrato en función das necesidades do cliente.
- Se afaga a analizar con detemento as cláusulas dos contratos.
- Valore as implicacións laborais dos socios e administradores, coñeza os procedementos de intervención ante outros interlocutores sociais (comisións negociadoras, inspección…), así como o papel do avogado/a no “iter” negocial atendendo ao encargo dunha das partes e manteña unha actitude construtiva nas comparecencias e reunións.
- Coñeza os principais indicadores que permitan detectar unha fraude de lei na contratación.
- Coñeza os dereitos e obrigacións do empresario e do traballador con respecto ao salario, a xornada laboral, a clasificación profesional, o lugar de prestación de servizos… as implicacións da conceptuación dos diferentes conceptos salariais, etc.
- Saiba identificar os desaxustes entre categoría profesional e funcións desenvolvidas polo traballador, e as diferenzas entre mobilidade funcional e modificación substancial das condicións de traballo.
- Sexa capaz de redactar cláusulas relativas ao salario, xornada laboral, lugar de prestación de servizos…, elaborar liquidacións salariais, nóminas, cartas de despedimento, escritos de finalización de contrato, cumprimentar boletíns de cotización á seguridade social, etc.
- Coñeza as causas que poden xustificar unha modificación substancial das condicións de traballo e poñela en práctica.
- Coñeza a lexislación e xurisprudencia aplicable en materia de contratas e subcontratas, así como a responsabilidade empresarial no caso de subcontrata de obras ou servizos.
- Coñeza as obrigacións do empresario e os dereitos do traballador nos supostos de cambio de empresario, cesión de traballadores, sucesión de empresa, etc.
- Detecte os casos de abusos de personalidade xurídica e as consecuencias reais da sucesión de empresa.
- Identifique as consecuencias do levantamento do veo para as partes.
- Coñeza as causas polas que os traballadores poden ser obxecto de sanción, as garantías para observar na imposición de sancións e sexa capaz de detectar as infraccións cometidas polas empresas nos procedementos sancionadores.
- Coñeza as causas que poden provocar a suspensión do contrato de traballo e polas que pode finalizar a relación laboral, así como os requisitos formais e xurisprudenciais e os medios de proba para a súa acreditación.
- Coñeza as consecuencias para as partes en función do tipo de contrato e das causas que motiva o despedimento, así como as repercusións económicas do despedimento.
- Coñeza os mecanismos de representación existentes no marco da empresa e das relacións laborais, os instrumentos e vías para a negociación colectiva, procedementos e suxeitos lexitimados, e as peculiaridades dos conflitos laborais (conflitos colectivos, folga, peche patronal).
- Valore a conveniencia e seguridade xurídica que representa a plasmación dun réxime sancionador no convenio colectivo.
- Detecte as posibilidades de acudir á vía xudicial.
- Coñeza e valore as canles para evitar a vía xudicial.
- Coñeza o ámbito, fases e funcionamento do proceso laboral, así como as especialidades procesuais dalgunhas materias (reclamación de salarios, xornada laboral, modificación de condicións, mobilidade xeográfica, despedimento, electoral, liberdade sindical, impugnación de convenios, etc.).
- Sexa capaz de elaborar solicitudes de proba anticipada e medidas cautelares, escritos de demanda, etc.
- Sexa capaz de determinar con claridade a relación xurídico-procesual, enfoque correctamente os feitos, o dereito, a xurisprudencia aplicable e o suplico.
- Valore a importancia da preconstitución da proba e da continuación ou conclusión do proceso.
- Se desenvolva eficazmente e actúe con seguridade na fase de xuízo oral e domine a técnica das conclusións orais.
- Teña conciencia da rigorosidade dos prazos.
- Sexa capaz de analizar as resolucións procesuais, de valorar a posible impugnación atendendo ao interese do cliente, de elixir o medio de impugnación adecuado e de redactar os correspondentes escritos de anuncio, preparación e interposición, ou, no seu caso, de impugnación aos recursos.
- Coñeza o sistema de recursos no proceso laboral, a técnica dos máis habituais, a estrutura do proceso de execución e as peculiaridades da execución para determinadas obrigacións.
- Sexa capaz de valorar cando convén poñer en marcha os mecanismos propios da execución, de formular solicitudes de execución, asegurar a execución e prever as excepcións procesuais e as causas que poden provocar a oposición á execución.
- Coñeza a problemática da insolvencia empresarial e o FOGASA.
Parte I: A RELACIÓN LABORAL E O CONTRATO DE TRABALLO.
CONTIDOS:
1. A relación laboral:
a) Características, proba da súa existencia.
b) Relación laboral fronte a relación civil e mercantil. Referencia ao TRADE (Traballador autónomo dependente). As novas realidades: o traballo a través de plataformas.
c) As relacións laborais especiais.
2. O contrato de traballo:
a) Forma do contrato: escrito e verbal.
b) Tipos de contrato de traballo en función da súa duración: temporais e indefinidos. A relación laboral indefinida na administración pública.
c) Tipos de contrato en función do tempo de prestación dos servizos: a xornada completa e contratos a tempo parcial.
3. Duración da prestación.
4. O convenio colectivo.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as principais características da relación laboral.
- Coñecer as obrigacións e dereitos que lles corresponden ao empresario e ao traballador no ámbito da relación contractual.
- Coñecer e manexar a estrutura formal dos contratos laborais máis habituais, e saber diferenciar entre os diversos tipos de contratos laborais.
- Coñecer os procedementos de intervención ante outros interlocutores sociais: comisións negociadoras ou paritarias, inspección de traballo, etc.
Habilidades:
- Distinguir a relación laboral doutras relacións contractuais coas que poida presentar certa similitude (mercantís, etc.).
- Analizar as novas realidades de prestación de servizo a través de plataformas e as respostas lexistativas dadas.
- Coñecer ou distinguir a relación laboral da do "falso autónomo" e a do traballador autónomo económicamente dependente (TRADE).
- Coñecer as consecuencias dos incumprimentos formais dos contratos temporais cando o empleador é unha administración ou empresa pública.
- Asumir o papel como avogado/a no "iter" negocial, atendendo ao encargo dunha das partes do contrato.
- Distinguir entre contratos de traballo e figuras afíns.
- Diferenciar os distintos tipos de contratos laborais.
- Analizar cláusulas complexas, en casos especiais, dos principais contratos laborais.
- Manexar as formas usuais de contratación laboral.
Actitudes:
- Analizar con detemento as cláusulas dun contrato.
- Ter presente, aínda de forma superficial, as posibles implicacións fiscais, seguros sociais, etc. do contrato.
- Valorar as implicacións laborais de socios e administradores.
- Valorar a conveniencia de cada tipo de contrato en función das necesidades do cliente.
- Ter unha actitude construtiva nas comparecencias e reunións.
- Manter relacións correctas coas administracións públicas e co órgano de representación dos traballadores.
TAREFAS:
- Analizar, partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, diferentes supostos nos que se discuta a natureza da relación laboral.
- Buscar, dende a "posta en escena" dun caso práctico real, que o alumnado razoe, dialogue e coñeza os criterios xurisprudenciais sobre a relación contractual que se lle presente.
- Analizar fisicamente contratos reais e nóminas proporcionadas polos alumnos ou polo profesorado.
- Cualificar xurídicamente os contratos proporcionados polo profesorado.
- Debater sobre un "contrato trampa" e refacelo.
- Analizar cláusulas escuras e refacelas de maneira clara e comprensible.
- Formulación de prácticas nas que unha empresa contrate traballadores utilizando todos os tipos de contratos, incluído o verbal, cunha revisión visual da lexislación aplicable.
- Formular un caso e redactar un contrato.
- Redactar contratos desde distintas ópticas e intereses contrapostos e incidir nos erros ou omisións máis frecuentes.
- Redactar os documentos máis frecuentes durante a relación laboral (carta de despedimento, liquidación, etc.)
- Realizar as xestións laborais de apertura, inscrición, altas, subscrición de documentos de asociación cunha Mutua, confección de nómina e seguros sociais, elaboración de liquidacións da relación laboral, etc.
Parte II: ELEMENTOS DO CONTRATO DE TRABALLO: LUGAR E XORNADA.
CONTIDOS:
1. A fraude de lei na contratación: a causalidade dos contratos temporais. Contratos formativos.
2. Lugar de prestación dos servizos:
a) Centro de traballo.
b) Mobilidade xeográfica: traslados e desprazamentos.
c) O proceso especial sobre mobilidade xeográfica.
3. Xornada de traballo:
a) Horas extraordinarias.
b) Contratación a tempo parcial: as horas complementarias.
c) Permisos e licenzas.
d) Vacacións.
e) O proceso especial de vacacións.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer os principais indicadores que permitan detectar unha fraude de lei na contratación e os seus efectos.
- Coñecer os dereitos e deberes do empresario e do traballador relativos aos diversos aspectos que abarca o lugar de prestación dos servizos por parte do traballador.
- Coñecer os dereitos e deberes do empresario e do traballador, relativos aos diversos aspectos que abarca a xornada laboral.
- Coñecer as particularidades dos procesos sobre mobilidade xeográfica e vacacións.
Habilidades:
- Detectar as diferentes formas a través das que se pode producir unha fraude de lei na contratación.
- Redactar cláusulas contractuais relativas ao lugar de prestación dos servizos.
- Redactar cláusulas contractuais relativas á xornada laboral.
Actitudes:
- Evitar a utilización de figuras contractuais fraudulentas.
- Saber aplicar as causas que xustifican a mobilidade xeográfica dos traballadores ou o procedemento correspondente.
- Detectar e analizar o cómputo da xornada de traballo, en función dos instrumentos convencionais.
- Ter presente as implicacións que a realización de horas extras ten para ambas as partes, para os efectos da Seguridade Social.
TAREFAS:
- Exercicios prácticos de utilización de figuras contractuais fraudulentas para que sexan detectadas polo alumnado.
- Cualificar xuridicamente os contratos proporcionados polo profesorado.
- Buscar, desde a "posta en escena" dun caso práctico real, que o alumnado razoe, dialogue e coñeza os criterios xurisprudenciais sobre a relación contractual que se lle presente.
- Formulación de prácticas nas que unha empresa contrate traballadores utilizando todos os tipos de contratos, incluídos o verbal, cunha revisión visual da lexislación aplicable.
- Redactar cláusulas contractuais na que se conteñan diferentes aspectos relativos ao lugar de prestación dos servizos.
- Formular diversos supostos sobre modificacións do lugar de prestación dos servizos, para que os alumnos debatan sobre a súa legalidade.
- Redactar cláusulas contractuais que conteñan diferentes aspectos relativos á xornada de traballo.
- Formular diversos supostos sobre modificacións da xornada laboral, para que os alumnos debatan sobre a súa legalidade.
- Debater sobre as principais particularidades que presentan, desde a óptica da empresa e desde a do traballador, os procesos especiais sobre mobilidade xeográfica e sobre vacacións.
Parte III: ELEMENTOS DO CONTRATO DE TRABALLO: SALARIO E CLASIFICACIÓN PROFESIONAL.
CONTIDOS:
1. O salario.
a) O salario pactado, convencional e o salario mínimo interprofesional.
b) Garantías do salario.
c) O Fondo de Garantía Salarial.
d) O procedemento de reclamación de cantidades.
e) Cálculo dos salarios.
f) Liquidacións.
2. Clasificación profesional:
a) Clasificación e grupos profesionais.
b) A mobilidade funcional: extensión e límites.
c) O proceso especial sobre clasificación profesional.
d) Reclamacións sobre adecuación categoría-función.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as obrigacións e os dereitos do empresario e do traballador en materia de salarios, así como as do FOGASA.
- Coñecer as implicacións da conceptualización dos diferentes con ceptos salariais.
- Coñecer os requisitos e as especialidades nos procesos sobre clasificación profesional.
- Coñecer as obrigacións e dereitos do empresario e do traballador en materia de clasificación profesional.
Habilidades:
- Redactar cláusulas contractuais relativas ao salario.
- Confeccionar nóminas.
- Detectar os desaxustes entre o grupo recoñecido e as funcións desempeñadas.
Actitudes:
- Aprender a valorar a intervención do FOGASA no ámbito da súa responsabilidade.
- Valorar a conveniencia de introducir conceptos extrasalariais na negociación colectiva ou no contrato e os efectos da súa inclusión.
- Valorar a necesidade de definir os grupos profesionais.
TAREFAS:
- Aprender a realizar cálculos de custos empresariais.
- Analizar diferentes cláusulas salariais e nóminas xa confeccionadas.
- Redactar cláusulas contractuais que conteñan diferentes aspectos relativos ao salario.
- Formular diversos supostos sobre modificacións salariais, para que os alumnos debatan sobre a súa legalidade.
- Confeccionar nóminas á vista dos diversos convenios colectivos.
- Redactar unha liquidación.
- Debater acerca das principais particularidades que presentan, desde a óptica da empresa e desde a do traballador, o proceso especial sobre reclamación salarial.
Parte IV: MODIFICACIÓN SUBSTANCIAL DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E SUSPENSIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO.
CONTIDOS:
1. Modificación substancial das condicións de traballo:
a) Modificacións individuais e colectivas.
b) Causas, procedemento e efectos.
c) O proceso especial sobre impugnación da modificación substancial de condicións de traballo.
2. Suspensión do contrato de traballo: Suspensión da relación laboral por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción.
3. Suspensión do contrato por forza maior. Os ERTES FM.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as causas que poden xustificar unha modificación substancial das condicións de traballo.
- Coñecer as causas que poden xustificar unha suspensión do contrato de traballo, tanto obxectivas como as de forza maior.
Habilidades:
- Identificar as diferenzas entre o "ius variandi" e a modificación substancial das condicións.
- Identificar as causas obxectivas da suspensión das relacións laborais.
Actitudes:
- Apreciar a implicación que a modificación substancial das condicións ten cando excede a mobilidade funcional.
TAREFAS:
- Coñecer o procedemento para suspender o contrato por causas obxectivas, así como o proceso de solicitude de autorización de suspensión de contratos por forza maior.
- Partindo de supostos reais, impugnar determinadas modificacións substanciais das condicións de traballo por decisións empresariais, detectando cando nos atopamos ante o regular exercicio do "ius variandi" empresarial ou ante unha modificación substancial das condicións de traballo.
- Elaborar documentos para conseguir a finalización da relación laboral e, desde a outra óptica, para impedir a devandita finalización: cartas de despedimento, liquidacións, reclamación dos salarios de tramitación, demandas, etc.
Parte V: EXTINCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO. DESPEDIMENTOS, RESOLUCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO A INSTANCIA DO TRABALLADOR.
CONTIDOS:
1. Extinción do contrato de traballo:
a) O mutuo acordo: especial referencia ao finiquito.
b) Morte, xubilación ou incapacidade do empresario.
c) Outras causas de finalización: incapacidade do traballador, ineptitude sobrevida.
2. Despedimentos:
a) O despedimento disciplinario: forma, causas e cualificación.
b) O despedimento por causas obxectivas.
c) O despedimento colectivo. Procedemento e efectos.
d) Procedemento e efectos.
e) As modalidades procesuais dos distintos tipos de despedimento individual e colectivo.
f) Reclamación ao Estado do pago dos salarios de tramitación.
3. Resolución do contrato a instancias do traballador:
a) Xustas causas para solicitar a resolución.
b) Procedemento e efectos.
c) Especialidades sobre a acción de resolución do contrato por incumprimentos empresariais e a súa conexión co despido.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as distintas causas polas que pode finalizar a relación laboral, ben a instancia do empresario, do traballador (con especial atención aos supostos de acoso laboral) ou de mutuo acordo: requisitos xurisprudenciais e formais, proba das causas de extinción, mantemento da relación laboral durante o proceso, etc.
- Coñecer as consecuencias para ambas as partes, fundamentalmente de tipo económico (indemnizacións...), da finalización da relación laboral, en función do tipo de contrato e da causa motivadora da finalización.
- Coñecer as especialidades dos procesos por despedimento.
Habilidades:
- Dominar o procedemento para a tramitación, en cada caso, da finalización da relación laboral (mutuo acordo: liquidacións; incapacidade do empresario ou do traballador; xubilación do empresario; despedimento disciplinario: carta de despedimento, expediente contraditorio, elementos para probar, etc.; despedimento por causas económicas; reclamación ao Estado do pago dos salarios de tramitación...).
Actitudes:
- Valorar a concorrencia dos requisitos necesarios, en cada caso, para proceder á finalización da relación laboral, en función da causa ou motivo que concorra.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizaranse supostos nos que se discuta, en función da causa ou motivo alegado, sobre a procedencia ou improcedencia da finalización ou extinción do contrato de traballo.
- Realizar documentos para conseguir a finalización da relación laboral e, desde a outra óptica, para impedir a devandita finalización: cartas de despedimento, liquidacións, reclamación dos salarios de tramitación, demandas, etc.
- Analizar o procedemento de resolución de contrato a instancia do traballador e a conexión con a violación de dereitos fundamentais.
Parte VI: FALTAS E SANCIÓNS DOS TRABALLADORES, GARANTÍAS POR CAMBIO DE EMPRESARIO.
CONTIDOS:
1. Faltas e sancións dos traballadores:
a) Tipicidade, sanción e prescrición.
b) O proceso sobre impugnación de sancións.
c) Sancións aos representantes legais dos traballadores.
d) Prescrición e caducidade das accións derivadas do contrato de traballo.
2. Garantías por cambio de empresario:
a) Responsabilidade empresarial no caso de subcontrata de obras e servizos.
b) Cesión de traballadores.
c) Sucesión de empresa.
d) Grupos de empresas e levantamento do veo.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as distintas causas ou motivos polos que os traballadores poden ser obxecto de sanción.
- Coñecer as garantías a observar na imposición da sanción (tipicidade, procedemento, prescrición...).
- Coñecer o procedemento a seguir para a imposición de sancións, en función do tipo de sanción e do carácter de traballador común ou de representante legal.
- Coñecer e analizar as obrigacións do empresario e os dereitos dos traballadores nos supostos de cambio de empresario por subcontrata, cesión de traballadores, sucesión de empresa, etc.
Habilidades:
- Valorar a conveniencia e seguridade xurídica que representa a plasmación dun réxime sancionador no convenio colectivo.
- Aprender a detectar e comprender o alcance da responsabilidade no caso de contratas e subcontratas.
- Detectar os casos de abuso de personalidade xurídica e as consecuencias reais do levantamento do veo para ambas as partes do contrato.
Actitudes:
- Fomentar a utilización adecuada das distintas posibilidades de descentralización produtiva.
- Evitar a utilización da cesión ilegal dos traballadores.
- Concienciar das implicacións xurídicas (de orde sancionadora e mesmo penal) que pode ter a cesión ilegal de traballado res ou o abuso da personalidade xurídica.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizaranse supostos nos que se discuta, en función da causa ou motivo alegado, sobre a procedencia ou improcedencia da sanción que se ha de impoñer.
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizaranse supostos nos que se discuta, en función da circunstancia motivadora do cambio de empresario, sobre as obrigacións e os dereitos dos traballadores.
- Elaborar os documentos pertinentes para a imposición dunha sanción ao traballador, así como os relativos á súa impugnación por parte daquel.
Parte VII: RELACIÓNS LABORAIS COLECTIVAS E NEGOCIACIÓN COLECTIVA.
CONTIDOS:
1. Relacións laborais colectivas (I):
a) Órganos de representación (delegados de persoal, comités de empresa, comité intercentros, comités de empresa europeos).
b) Funcións dos representantes legais dos traballadores.
c) Garantías dos representantes.
d) Eleccións sindicais.
e) O proceso especial en materia electoral.
2. Relacións laborais colectivas (II):
a) A liberdade sindical: sindicatos e asociacións empresariais.
b) A representatividade.
c) O procedemento de tutela dos dereitos de liberdade sindical e dos dereitos fundamentais.
d) Impugnación dos estatutos dos sindicatos.
e) Conflitos de traballo: conflitos colectivos, folga e peche patronal.
f) O Consello Galego de Relacións Laborais.
g) O AGA e o AISCEC.
3. Negociación colectiva:
a) Convenios colectivos: procedemento de negociación; contido do convenio.
b) Convenios extraestatutarios.
c) Adhesión e extensión de convenios.
d) Procedemento de impugnación de convenios.
e) Concorrencia de convenios. O Convenio de empresa.
f) A vixencia do Convenio. A ultraactividade e a contractualización das condicións de traballo.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer os distintos mecanismos de representación existentes no marco da empresa e das relacións laborais.
- Coñecer a relevancia no ámbito empresarial do exercicio de determinados dereitos: elección de representantes, afiliación a sindicatos, etc.
- Coñecer as funcións propias dos representantes dos traballadores e as garantías tendentes a asegurar o seu exercicio, etc.
- Coñecer os instrumentos e vías existentes para a negociación colectiva, os procedementos e suxeitos/entes lexitimados para a negociación, os contidos e o valor dos acordos negociados.
- Coñecer os procedementos de intervención ante outros interlocutores sociais: comisións negociadoras ou paritarias, inspección de traballo, etc.
- Coñecer as peculiaridades dos conflitos laborais: conflitos colectivos, folga, peche patronal.
- Coñecer as especialidades procesuais que se formulan en materia electoral, tutela do dereito de liberdade sindical e outros dereitos fundamentais, exercicio do dereito de folga ou impugnación de convenios colectivos.
- Coñecer o procedemento de tutela dos dereitos fundamentais e a súa conexión con outros procesos.
Habilidades:
- Elaborar escritos dirixidos a diferentes interlocutores sociais e presentación ante estes.
- Aprender a relacionarse cos axentes sociais e a súa importancia no proceso social.
- Revalorizar os instrumentos de solución extraxudicial de conflitos.
- Clarificar o sistema de fontes do Dereito laboral, en especial, os problemas de concorrencia dos convenios.
Actitudes:
- Analizar a actitude que debe manterse nas comparecencias e reunións.
- Manter relacións correctas coas administracións públicas e co órgano de representación dos traballadores.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizaranse supostos nos que o alumnado debe razoar sobre o respecto polo empresario das garantías propias dos representantes sindicais ou da toma de decisións logo da audiencia dos órganos de representación dos traballadores, así como sobre a legalidade da folga ou dun peche patronal.
- Realización dunha simulación de negociación colectiva, na que un grupo de alumnos actuará como representante dos traballadores, e outro, como representante das empresas.
- Elaborar escritos dirixidos a determinados interlocutores sociais e comparecer ante estes: comisións negociadoras, inspección de traballo, etc.
- Realización de reclamacións en materia de impugnación de convenios colectivos, estatutos dos sindicatos ou de eleccións sindicais e de liberdade sindical.
Parte VIII: O PROCESO LABORAL ORDINARIO (primeira/única instancia) E OS PROCESOS LABORAIS ESPECIAIS.
CONTIDOS:
1. O proceso laboral ordinario:
a) Xurisdición e competencia obxectiva, territorial e funcional.
b) Partes procesuais: Capacidade, lexitimación, representación e defensa.
c) A acumulación de accións e de procesos.
d) As actuacións procesuais. Resolucións procesuais.
e) Actos preparatorios.
f) Evitación do proceso: conciliación e reclamación previa.
g) Intervención do FOGASA.
h) Demanda: presentación, requisitos, corrección de defectos.
i) Xuízo oral: ratificación e ampliación e aclaración da demanda.
j) Proba no proceso laboral: medios de proba, carga da proba, proposición, admisión e práctica da proba.
k) Conclusións.
l) Dilixencias finais.
m) Sentenza. Aclaración da sentenza. Outras formas de terminación do proceso laboral.
2. Os procesos laborais especiais e as modalidades procesuais:
a) Despedimento.
b) Modificación substancial de condicións de traballo.
c) Mobilidade xeográfica.
d) Vacacións.
e) Outros: Impugnación de sancións, actos administrativos en materia de seguridade social, conflitos colectivos, tutela de dereitos fundamentais...
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as canles para evitar a vía xudicial: conciliación administrativa e xudicial, reclamación previa, mediación e arbitraxe.
- Coñecer o ámbito, fases e funcionamento do proceso laboral ordinario, así como as particularidades que presenta a tramitación de determinadas materias (despedimento, vacacións, modificación substancial das condicións de traballo, etc.).
Habilidades:
- Ser capaz de intervir con solvencia profesional nos diferentes medios de solución de conflitos tendentes a evitar a vía xudicial, elaborando os diferentes escritos de parte e intervindo nas actuacións orais correspondentes.
- Elaborar solicitudes de proba anticipada, medidas cautelares e escritos de demanda.
- Preparar e desenvolver o xuízo oral: asegurarse dos presupostos procesuais, demanda, excepcións procesuais, alegacións (excepcións materiais, defensas, etc.), proba e conclusións.
- Determinar con claridade a relación xurídico-procesual, correcto enfoque do suposto de feito mediante a máis adecuada descrición fáctica e de elección do dereito e xurisprudencia aplicable, determinación da pretensión e precisar a petición.
- Actuar con seguridade e corrección nas audiencias, para argumentar en sustento da posición procesual defendida, para intervir na proposición e práctica da actividade probatoria (en particular, dominio da técnica do interrogatorio), con criterios de utilidade e actitude respecto da finalidade perseguida con esta, e para dominar a técnica das conclusións orais.
Actitudes:
- Valorar a oportunidade das accións xudiciais que se han de exercitar con base en contratos laborais e en incumprimentos por parte do empresario ou do traballador.
- Valorar a preconstitución de proba na realización das diferentes actuacións (empresariais ou por parte do traballador) que poidan resultar conflitivas.
- Valorar a importancia da conciliación e dos demais medios alternativos (á vía xudicial) de solución de conflitos laborais.
- Valorar a importancia da continuación ou conclusión do proceso.
- Analizar a convenienc ia das medidas cautelares a fin de garantir o cumprimento da condena.
- Ter conciencia da rigorosidade dos sinalamentos e dos prazos.
- Preparar de forma responsable os procesos nos que se debe intervir como avogado da parte.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Debater sobre os presupostos procesuais máis habituais.
- Traballar sobre escritos reais de reclamacións previas e conciliacións (por exemplo, redactando solicitudes de conciliación e notas de oposición, solicitudes e reclamacións previas á Administración Pública, solicitude de mediacións ou arbitraxes, etc).
- Estudo de informes médicos.
- Buscar información sobre solvencia.
- Cualificar a pretensión partindo dun suposto previamente entregado.
- Redactar todo tipo de escritos: a) de carácter preparatorio: solicitude de medidas preventivas e de proba anticipada, solicitude medios de proba; b) busca de lexislación, xurisprudencia e doutrina aplicable ao caso, etc; c) de demanda (fixándose particularmente nos presupostos procesuais, a correcta descrición dos feitos, os fundamentos de dereito aplicables e a adecuada individualización da petición); d) solicitude de proba a través do xulgado, etc.
- Proporcionar demandas sen suplico para redactalo.
- Redactar distintos suplicos con peticións acumulativas, alternativas ou subsidiarias.
- Simulacións de xuízos: a) efectuar exercicios prácticos sobre posibles estratexias procesuais que se deben adoptar fronte á demanda (posibles excepcións, conformidade, etc.); b) practicar a técnica das alegacións (ratificación da demanda, contestación e reconvención); c) exercicios sobre a fase de proba (proposición: especial atención á documental; práctica: estudo da proba documental contraria, técnica das preguntas e licitude da proba, etc.); d) técnica das conclusións (estrutura e resumo do esencial das pretensións e acreditación cos medios de proba practicados).
- Elaborar un protocolo persoal para acudir a unha audiencia.
Parte IX: OS MEDIOS DE IMPUGNACIÓN NO PROCESO LABORAL.
CONTIDOS:
1. Recursos:
a) Recursos contra providencias e autos.
b) Recurso de suplicación: resolucións recurribles, prazo, motivos e procedemento.
c) O recurso de casación e o recurso extraordinario de casación para a unificación de doutrina.
2. O proceso de revisión.
3. O acceso ao recurso de amparo constitucional no ámbito dos dereitos dos traballadores.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o sistema de recursos no proceso laboral.
- Coñecer a técnica de tramitación dos recursos máis habituais.
Habilidades:
- Ser capaz de analizar con detemento as resolucións procesuais e de valorar a posible impugnación das mesmas desde a óptica da relación risco-beneficio.
- Ser capaz de elixir o medio de impugnación máis adecuado, de entre os contemplados pola LRXS.
- Elaborar recursos (redactar os principais escritos de parte) contra resolucións procesuais, asimilando a técnica da tramitación dos recursos máis habituais, tanto desde a óptica do recorrente coma do recorrido, tendo en conta os orzamentos procesuais que se deben cumprir, o motivo/s alegable/s, a oportunidade de impugnar o recurso, a necesidade de consignación, etc.
Actitudes:
- Ponderar a conveniencia do recurso e as súas consecuencias.
TAREFAS:
- Exame de sentenzas desde a perspectiva da súa impugnación: análise da redacción dos feitos probados; posible predeterminación do fallo na redacción dos feitos; estudo da fundamentación xurídica, motivación suficiente; estudo dos diferentes motivos de impugnación nos recursos de suplicación e casación, etc.
- Redactar escritos de anuncio, interposición e impugnación de recursos.
- Analizar distintos supostos sobre consignacións.
- Utilizar as bases de datos para atopar lexislación, xurisprudencia e doutrina na que apoiar a fundamentación do recurso e/ou da oposición.
- Procura de sentenzas de contraste que permitan sustentar o recurso de casación para unificación de doutrina (estudo das liñas doutrinais e da sentenza combatida).
- Exercicios prácticos de tramitación simulada dun recurso de reposición e dun recurso de suplicación.
- Actuacións orais: desenvolvemento das habilidades necesarias para actuar con seguridade e corrección nas vistas dos recursos, e para argumentar en sustento da posición procesual defendida, con criterios de utilidade e actitude respecto da finalidade perseguida.
- Análise dunha resolución procesual e realización dun escrito solicitando a súa aclaración.
Parte X: O PROCESO DE EXECUCIÓN LABORAL.
CONTIDOS:
1. Competencia, partes, suxeitos e presupostos procesuais.
2. O título de execución e a solicitude de execución.
3. Acumulación.
4. Cuestións comúns.
5. A execución dineraria: execución provisional e de sentenzas firmes.
6. Concorrencia de execucións e preferencias de créditos.
7. Terzaría de dominio e tercería de mellor dereito: especial referencia ás terzarías administrativas.
8. A insolvencia empresarial e o FOGASA.
9. A execución das sentenzas de despedimento: execución provisional e execución de sentenzas firmes.
10. A execución de sentenzas firmes contra entes públicos.
11. Execución de sentenzas en materia de seguridade social.
12. Execución doutras sentenzas.
13. Ampliación da execución.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a estrutura formal básica do proceso de execución, nas súas modalidades de "definitiva" e "provisional".
- Coñecer as particularidades que presenta a execución de determinadas obrigacións (salarios: prazos de execución, insolvencia da empresa e cobro do FOGASA, salarios en fase de execución e liquidación de xuros...; despedimentos: supostos de readmisión e casos de readmisión irregular, a decisión empresarial de extinción e indemnización...; supostos de insolvencia empresarial; execucións fronte a entes públicos; etc.).
Habilidades:
- Formular solicitudes (demanda executiva, escrito de oposición, solicitude de aprazamento da execución ou de suspensión de actos executivos concretos, etc.) e intervir en execucións provisionais, definitivas e incidentes.
- Preparación do proceso: asegurarse co cliente das cuestións procesuais (capacidade, lexitimación...), procurar garantir o éxito da acción (análise do título de execución), procurar o aseguramento da tutela (medidas preventivas, multas coercitivas, integración do patrimonio do debedor, localización e investigación de bens, insolvencia, intervención do FOGASA, etc.).
- Prever as excepcións procesuais e demais causas que poidan xustificar unha oposición á execución.
Actitudes:
- Tomar conciencia da necesidade de garantir o dereito obtido.
- Valorar cando convén poñer en funcionamento os mecanismos propios da execución de resolucións xudiciais.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade, analizar a viabilidade da execución de determinadas sentenzas firmes ou definitivas.
- Redactar diferentes escritos procesuais de parte: demandas executivas, formulación de terzarías, solicitude de acumulación de execucións e de ampliación da execución, etc
- Pedir notas simples nun rexistro para coñecer a solvencia do contrario.
- Simulación de incidentes de readmisión irregular.
- Elaborar un protocolo persoal para seguir as execucións.
NORMATIVA:
- Estatuto dos traballadores, debidamente actualizado.
- Lei reguladora da xurisdición social, debidamente actualizada.
DOUTRINA:
ALONSO OLEA, M., CASAS BAAMONDE, M.E., Derecho del Trabajo, Ed. Civitas, (última edición).
BARRIOS BAUDOR, G.L. (Director), Comentarios a la Ley Reguladora de la Jurisdicción Social, Thomson Reuters Aranzadi, 2020. GARATE CASTRO, J., Lectura sobre el régimen jurídico del contrato de trabajo, Ed. Netbiblo, A Coruña, (útima edición).
GARCÍA BECEDAS, G., NOGUEIRA GUASTAVINO, M., Lecciones de Jurisdicción Social, Ed. Tirant lo Blanch, (última edición).
GOERLICH PESET, J.M., NORES TORRES, L.E. Y ESTEVE-SEGARRA, A., Curso de Derecho Procesal Laboral, Tirant lo Blanch (Valencia, 2019).
MANEIRO VÁZQUEZ, Y. (Dir), Derecho Procesal Laboral Práctico. Casos resueltos y guías de actuación en Sala, Tirant lo Blanch, 2ª edición (Valencia, 2019).
MARTIN VALVERDE, A., RODRIGUEZ SAÑUDO, F. Y GARCÍA MURCIA, J., Derecho del Trabajo, Ed. Tecnos, (última edición).
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que son proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Lugo. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, El Derecho, Lex.gal, etc.
Co estudo desta materia o alumnado obterá unha serie de coñecementos básicos que lle permitirán realizar contratos sinxelos; distinguir a relación laboral e o contrato de traballo doutras formas e tipos de relacións contractuais; coñecer os dereitos e obrigacións que se derivan da relación laboral entre o empresario e o traballador; identificar o alcance xurídico das decisións empresariais que poden afectar aos elementos do contrato de traballo e detectar os remedios e procedementos para a súa impugnación ou recoñecemento xudicial dos dereitos que o contrato de traballo confire.
Tamén alcanzará a utilizar as técnicas de negociación e de resolución de conflitos, tanto colectivos como individuais, e a manexar e asegurarse das cuestións procesuais (xurisdición, competencia, capacidade, lexitimación, procedementos, recursos ...). En particular: coidar o enfoque da lexitimación pasiva, a conciliación, as dilixencias preliminares, interpoñer e contestar demandas sinxelas, dominar a técnica probatoria, elaborar escritos de interposición, impugnación e oposición de recursos, e procurar garantir o éxito da pretensión executiva (analizar exhaustivamente o título de execución, as cuestións procesuais, a posible integración e determinación do patrimonio do debedor, medidas de localización e investigación de bens).
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarao coa terminoloxía xurídico-laboral, tanto substantiva como procesual, e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e tecnicamente correcta.
Coa súa participación nas clases prácticas e de tramitación de procesos obterá unha visión global do proceso laboral e dos problemas forenses que presentan as institucións substantivas estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais, así como as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expoñer os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios de alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos en orde á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicional nacionais e internacionais.
CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental.
CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares. CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que o alumnado adquira as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearanse nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e argumentos xurídicos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, principalmente as habilidades, as técnicas e as actitudes necesarias para o exercicio profesional. O alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para conseguir unha formación de calidade.
Trátase de axudar os alumnos/as a que “aprendan a aprender” as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia, tanto no ámbito substantivo como no procesual, cuxo contido básico dáse por suposto, dada a súa condición de licenciados ou graduados en Dereito. Partindo da base teórica xa adquirida na Facultade, perséguese que o profesorado se centre nas cuestións prácticas máis habituais e nos aspectos de máis interese profesional, atendida a frecuencia coa que se presentan na vida profesional cotiá.
Seguirase con preferencia o método do caso, servindo este como medio para que o alumno/a consiga os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos ou inspirados na realidade, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e da doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Ademais das simulacións, tamén se empregarán outras técnicas coas que o alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado, tanto nas relacións co seu ámbito como no estudo e na resolución dos casos que se lle encomenden, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico, e sen esquecer a vertente extraxudicial e de asesoramento xurídico, así como un enfoque global da profesión.
Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos procesuais e extraxudiciais, así como a preparación das alegacións e dos interrogatorios orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que o alumnado debe responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os casos que o profesorado lle formule. Tamén, de ser o caso, os primeiros días de impartición da materia efectuarase un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas, utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente o sometan á analise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaboralas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas orientarase ao alumnado para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia. En particular, orientaráselles na procura bibliográfica, realización de traballos e documentos profesionais, preparación de exposicións e de intervencións profesionais orais, revisión de prácticas, etc.
Os horarios de titorías serán fixados por cada docente e dados a coñecer con suficiente antelación ao alumnado. En todo caso, á finalización de cada clase o alumno/a poderá acordar co docente o momento máis idóneo para recibir o apoio necesario.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
a) Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
b) Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
c) Asistencia a xuízos e a outras actividades programadas polo profesorado.
d) Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
e) Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
f) Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
g) Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
h) Participar periodicamente nos programas de titorías.
A actividade presencial complementarase co soporte virtual ofrecido a través da plataforma USC VIRTUAL, por medio da que se ofrecerán os materiais referidos aos contidos e aos supostos prácticos das diferentes partes que configuran a materia; ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento; recolleranse os traballos realizados polos alumnos; realizaranse probas de autoevaluación; habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais e remitiranse as cualificacións ao alumnado.
A) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe do alumnado utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% de asistencia real para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obterase o 100 % da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a tramitación de actuacións profesionais simuladas e exposicións orais un 30%, a realización de probas teórico-prácticas un 30%, a elaboración e presentación de traballos escritos un 30%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece partes esenciais do programa. Aos alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para que, de non superar dita avaliación, poidan presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
B) Exame final
Os/as alumnos as que non superen o sistema de avaliación continua poderán realizar un exame final. Para acceder ao devandito exame é necesario acreditar unha asistencia real ás clases superior ao 60% das sesións impartidas. Unha porcentaxe inferior de asistencia conleva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola comisión académica do Máster. Consistirá nunha proba de coñecementos e na resolución de varios supostos prácticos de diferente tipoloxía: preguntas tipo test, preguntas curtas, casos prácticos, elaboración de documentos profesionais e/ou informes xurídicos, actuacións profesionais orais, etc. A finalidade deste exame é comprobar que o/a alumno/a adquirise os coñecementos, habilidades e destrezas propios da materia e que é capaz de aplicalos a situacións de índole profesional.
O alumnado que acredite imposibilidade sobrevinda de asistir ás clases poderá solicitar a dispensa de asistencia. En tal caso, corresponderá á comisión académica do máster decidir acerca de dita solicitude. Para iso, a comisión deberá valorar especialmente, entre outros aspectos, se os coñecementos, habilidades e actitudes que o alumnado debe adquirir coa materia esixen necesariamente a asistencia presencial, á vista do seu contido eminentemente práctico, a metodoloxía empregada, as actividades para realizar, etc. Como regra xeral, todas as materias do máster presentan un elevado compoñente práctico, que esixe a presenza do alumnado para adquirir as competencias esixidas e os obxectivos propostos. No caso de ser concedida a dispensa de asistencia ás clases, o profesorado da materia deberá encomendar ao alumnado a realización das tarefas alternativas que considere necesarias para garantir a aprendizaxe, en condicións semellantes ao esixido ao resto dos compañeiros/as, entre as que se poderá incluír tamén a realización dun exame.
C) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que ou alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia de "Práctica xurídica laboral I" ten un total de tres créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 24
Horas non presenciais: 51
Volume de traballo mínimo: 75
Antes de iniciarse ao estudo desta materia o/a alumno/a debe repasar e actualizarse nos coñecementos impartidos durante o grao en Dereito, sobre os contidos que son propios desta materia.
A preparación idónea da materia aconsella que o alumnado asista ás clases provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema previamente lido e cos traballos encomendados xa realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e ten o hábito de preguntar nas clases todas as súas dúbidas.