Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Coñecer os autores, textos e conceptos característicos da investigación dos problemas da metafísica tanto na época antiga, como na moderna e contemporánea.
2) Comprender a significación que o problema do fundamento ten en cada época.
3) Desenvolver a capacidade de análise, comprensión e explicación de textos fonte da filosofía.
4) Desenvolver a capacidade de debate encol de temas filosóficos.
Tema 1) A metafísica occidental: orixe, ámbito temático, fitos principais do seu desenvolvemento histórico.
Tema 2) Aristóteles: cumio da física antiga e dobre orientación da metafísica (ontoteoloxía).
Tema 3) Descartes-Kant: as metafísicas da subxectividade como respostas á ciencia moderna.
Tema 4) Whitehead e Arendt vs. Heidegger. Vida ou morte da metafísica no mundo contemporáneo. Dado que no 2026 se cumpre o 120 aniversario no nacemento de Hannah Arendt (1906-1975), neste tema adicarase unha atención especial a súa réplica a Heidegger dende a óptica da filosofía política ("vita activa" fronte ao "esquecemento do Ser").
OS TITULOS MARCADOS CON ASTERISCO CONSIDERANSE BIBL. FUNDAMENTAL (5 TITULOS) E O RESTO É BIBL. COMPLEMENTARIA
ARENDT, H. (2020) La condición humana, ed. Austral: Barcelona.
ARISTOTELES (1982) Metafísica, edición trilingüe de V. García Yebra, Madrid.
— (1982) Categorías, trad. de M. Candel Sanmartín, ed. Gredos, Madrid.
— (1994) *Metafísica, edición de Tomás Calvo Martínez, ed. Gredos: Madrid.
— (2007) Física, ed. Gredos: Madrid.
AUBENQUE, P. (1981) El Problema del Ser en Aristóteles, ed. Taurus: Madrid.
CALVO MARTINEZ, T. (1996) Aristóteles y el aristotelismo, ed. Akal: Madrid.
CANDEL SANMARTIN, M. (2004) Aristóteles y el sistema del saber, en Enciclopedia Iberoamericana de Filosofía, vol. 14, ed. Trotta: Madrid.
— *(2004) Metafísica de cercanías, ed. Montesinos: Barcelona.
CORTES MORATO, J/MARTINEZ RON, A. (2000) Diccionario de filosofía en cd-rom, ed. Herder: Barcelona.
DESCARTES, R. (1977) Meditaciones Metafísicas con objeciones y respuestas, Alfaguara, Madrid.
GILSON, E. (1996) El ser y los filósofos, ed. Eunsa: Pamplona.
FERRATER MORA, J. (1979) Diccionario de filosofía, 4 vols., ed. Alianza: Madrid.
HADOT, P. (1998) ¿Qué es la filosofía antigua? F.C.E.: México.
HEIDEGGER, M. (2009) ¿Qué es metafísica?, versión de H. Cortés y A. Leyte, Alianza: Madrid.
HEIMSOETH, H. (1974) Los seis grandes temas de la metafísica occidental, Revista de Occidente: Madrid.
JAEGER, W. (1993) Aristóteles, bases para la historia de su desarrollo intelectual, F.C.E.: México.
JASPERS, K. (1993-1998) Los grandes filósofos, 3 vols., Tecnos: Madrid.
*KANT, I. (1996) Crítica de la Razón Pura, Alfaguara: México-Madrid.
— (2014) (ed. y trad. Gonzalo Serrano), La Deducción trascendental y sus inéditos, 1772-1788. Universidad Nacional de Colombia: Bogotá.
— (2021) Lecciones de Metafísica según los apuntes de Volckmann, trad. ed., estudio preliminar y notas de Jiménez, A. y Rovira, R., S. XXI: Madrid.
LEYTE, A. (1995) Ensaios sobre Heidegger, Galaxia: Vigo.
MARTINEZ MARZOA, F. (1973) Historia de la filosofía, 2. vols., Istmo: Madrid.
— (1974) Iniciación a la filosofía, Istmo: Madrid.
— (1983) «En torno al nacimiento del título 'Filosofía'», en Anales de la filosofía, 1, pp. 177-204.
OÑATE Y ZUBIA, T. y ROMERO, F. (2022) Lecciones actuales de ontología griega arcáica y clásica, Dykinson: Madrid.
PARMENIDES (2018) Poema (edición crítica y version rítmica de Agustín García Calvo), Lucina: Zamora.
REALE, G. (1988) Historia del pensamiento filosófico y científico, Herder: Barcelona.
— *(2003) Guía de lectura de la Metafísica de Aristóteles, Herder: Barcelona.
*TORRETTI, R. (1980) Manuel Kant, Estudio sobre los fundamentos de la filosofía crítica, Charcas: Buenos Aires.
WHITEHEAD, A. N. (2021) Proceso y realidad, trad. de Miguel Candel Sanmartín, ed. Atalanta: Girona.
WOLFF, Ch. (2000) Pensamientos racionales acerca de Dios, del Mundo y del Alma del hombre, así como sobre todas las cosas en general (Metafísica Alemana), trad. de Agustín González Ruiz, ed. Akal: Madrid.
ZUBIRI, X. (1995) Los problemas de la metafísica occidental, ed. Alianza: Madrid.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posuan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluindo as suas doutrinas, teorías, métodos e aplicacions, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a sua formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestions e problemas susceptibeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os/as estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucions a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacions e as correntes propias da Filosofía, seguindo a sua historia e nas suas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indicanse nas fichas das disciplinas.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisions, formular e resolver problemas.
COMPETENCIAS TRANVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
As sesións EXPOSITIVAS adicaranse a desenvolver os contidos dos 4 temas da materia por parte da profesora, que colgará na aula virtual materiais acaídos para o estudo de cada tema, complementarios da exposición na aula e fará as indicacións pertinentes para o seu estudo.
As sesións INTERACTIVAS adicaranse ao traballo de comentario/discusión do texto, na modalidade de seminario, sobre a Crítica da razón pura (1781, 1787) de Kant. A profesora realizará unha introdución aos contidos fundamentáis e ás diferentes interpretacións desta obra, valorando a súa relevancia no decurso da metafísica occidental. Realizará asemade unha introdución á metodoloxía de SEMINARIO (lectura-comentario de textos FONTE). Co gallo de facilitar a participación do alumnado, ao principio de curso propoñeranse un conxunto de temas que se corresponden con diferentes apartados chave da Crítica da razón pura. Os alumnos/as deberán escoller un deses apartados para o traballo final da materia e deberán responsabilizarse de facer unha pequena presentación do mesmo, de non máis de 10 minutos, na sesión interactiva que corresponda. Nesa presentación deben explicar os conceptos e problemas mais importantes do apartado e tamén sinalar o que non entenderon ou onde atoparon dificultades, para que a profesora ou os alumnos/as da sesión interactiva podan axudar a resolver ditas dificultades.
OPORTUNIDADE DE XUÑO
Na oportunidade de xuño existen dúas modalidades de avaliación: continua e non-continua, tal como se detalla a continuación.
AVALIACIÓN CONTINUA
ASISTENCIA: Non computa para a nota pero é un requisito para a avaliación continua. Realizarase en cada sesión control da mesma mediante folla de sinaturas. A acumulación dun máximo de 6 faltas sin xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua.
A avaliación continua realizarase atendendo a tres aspectos:
TRABALLO DA MATERIA (VALOR: 50 % da nota): Será obrigatoria a presentación dun traballo escrito que desenvolva ALGÚN ASPECTO SIGNIFICATIVO das pasaxes da Crítica da razón pura seleccionadas para o traballo de seminario nas aulas interactivas. O traballo terá unha extensión máxima de 10 pxs. (Tipo de letra Times New Roman 12 pt., interliñado 1,5). A data límite de entrega coincidirá coa data oficial fixada pola secretaría do centro. O trabllo rerá cualificado conforme á seguinte RUBRICA que aparecerá na aula virtual e será explicada detalladamente pola profesora.
- Contido de relevancia filosófica: de 0 a 2 puntos.
- Análise e comentario do texto, incluindo pasaxes citadas: de 0 a 3 puntos.
- Integración doutros contidos da materia e de materiais da aula virtual: de 0 a 2 puntos.
- Estrutura: de 0 a 1 punto.
- Redacción: de 0 a 1 punto.
- Presentación: de 0 a 0,5 puntos.
- Orixinalidade: de 0 a 0,5 puntos.
EXAME ESCRITO (VALOR: 40 % da nota): este constará de 3 preguntas teóricas de resposta breve sobre os contidos impartidos nas aulas expositivas e os materiais complementarios da aula virtual. Duración 1 h. Terá lugar na data oficial fixada pola secretaría do centro.
PARTICIPACION (VALOR: 10 % da nota): a profesora rexistrará a participación axeitada e construtiva nas aulas interactivas. Valorarase asemade neste apartado a participación nos FOROS da materia. Para acadar a totalidade da puntuación (1 punto) será preciso respostar correcta e construtivamente a 2 preguntas dos foros.
AVALIACIÓN NON CONTINUA
Os apartados de cualificación serán idénticos aos da avaliación continua, exceptuando o correspondente á participación, e contando con variacións na asignación de porcentaxe da nota.
TRABALLO DA MATERIA (VALOR: 50 % da nota)
EXAME ESCRITO (VALOR: 50 % da nota): constará de 4 preguntas teóricas de resposta breve sobre os contidos impartidos nas aulas expositivas e os materiais complementarios da aula virtual. Duración 1 h. Terá lugar na data oficial fixada pola secretaría do centro.
ALUMNOS/AS REPETIDORES/AS E CON DISPENSA DE DOCENCIA
Idem avaliación non-continua.
Os alumnos/as repetidores/as e con dispensa contan para o seguimento da materia e para a realización das probas cos materiais da aula virtual e co asesoramento da profesora en TITORIAS no despacho. Teñen tamén a posibilidade de realizar consultas por correo electrónico. Recoméndase que permanezan en contacto ca profesora ao longo do cuatrimestre para orientarse correctamente sobre a marcha da materia e sobre o que se esixe para o traballo e para o exame.
OPORTUNIDADE DE XULLO
A avaliación de xullo terá dous apartados, ca seguinte porcentaxe de cualificación:
TRABALLO DA MATERIA (VALOR 50 % da nota)
EXAME ESCRITO (VALOR 50 % da nota)
As pautas para o traballo da materia e para o exame serán as mesmas que en xuño. Para a cualificación do traballo aplicarase a mesma rúbrica. O alumnado que se tivera presentado na oportunidade de xuño poderá gardar para xullo aquela nota parcial (ou ben do traballo ou do exame) que superara o límite do aprobado. A data de entrega do traballo será a contemplada para a realización do exame segundo o calendario oficial fixado polo centro.
Segundo a memoria do grao máximo 105 h. (enténdese que é unha aproximación).
ACTITUDE PROACTIVA de cara ao seguimento da materia, á participación nos coloquios e debates na aula e á consulta de dúbidas, tanto na aula como nas titorías. Uso da aula virtual. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. Atención á expresión tanto oral (na aula) como escrita (nos traballos e no exame). Cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades na profesora. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
Incluiense aquí o conxunto de observacións recomendadas polo Departamento de Filosofía e Antropoloxía para as modificacións dos programas das materias (curso 2025-2026).
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non hai obriga de respostar a ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tableta ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais
e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario
dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
27.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
27.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
27.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
02.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
02.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
02.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |