Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer a evolución e características da Política Económica como disciplina autónoma.
• Coñecer os procesos de elaboración da política económica na sociedade global e as súas consecuencias para a empresa.
• Explicar o funcionamento e características específicas da política económica nas sociedades democráticas.
• Aplicacións da política económica en contextos espaciais e sectoriais diversos.
• Elaboración de informes e estudo de casos relacionados coa problemática empresarial.
• Fomentar a capacidade crítica do estudantado.
O obxectivo principal consiste na iniciación ao estudo da Política Económica mediante a introdución de aspectos teóricos básicos e aplicados.
Para isto, dedicaremos atención prioritaria a analizar as características do deseño e posta en marcha das políticas económicas nas sociedades democráticas. Neste sentido, analizaranse os elementos institucionais, o proceso de elaboración das políticas públicas, os axentes básicos, o proceso de toma de decisións, a influencia da burocracia, a crecente importancia dos grupos de intereses e a influencia da globalización nas políticas económicas.
Posteriormente, farase referencia á estrutura clásica da política económica, coa análise dos obxectivos e dos principais instrumentos. A introdución de temáticas específicas relacionadas coas políticas económicas aplicadas en Galicia, España e Unión Europea e coa problemática das políticas no contexto global servirán para observar na práctica a utilidade dos desenvolvementos teóricos achegados.
O obxectivo fundamental desta materia estriba en interesar ao estudantado de ADE na análise da Política Económica, materia imprescindible para a mellor comprensión das circunstancias e condicionantes que afectan ás decisións, estratexias, funcionamento e xestión das empresas.
As liñas temáticas xerais da materia, versará, entre outros, sobre os seguintes aspectos da Política Económica:
A Empresa e a Política Económica.
Conceptos básicos.
Teoría da Política Económica.
A interdependencia entre política, economía e sistema empresarial.
A política económica nas sociedades democráticas.
Obxectivos e instrumentos da política económica.
O crecemento económico.
O emplego.
A estabilidade de prezos.
Calidade de vida e medio natural.
A distribución da renda.
Políticas instrumentais.
Políticas sectoriais.
Análise das políticas públicas.
Política económica española e europea.
As políticas das Comunidades Autónomas.
Política económica internacional: Bloques económicos
Este listado temático adaptarase ás novas contribucións teóricas e aplicadas, derivadas do contexto evolutivo da política económica actual.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- ACEMOGLU, D.; LAIBSON, D.; LIST, J..- Economía, Antoni Bosch, Barcelona, 2017
- ANTUÑANO MARURI, I. y otros.- Política Económica: Elaboración y políticas coyunturales, Tirant lo Blanch, Valencia, 2009
- ARIAS, X. C., La formación de la política económica, Civitas, Madrid, 1996.
- CUADRADO ROURA, J. R. (dir.), Política Económica: Elaboración, objetivos e instrumentos (7ª ed.), McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2023.
- FERNÁNDEZ DÍAZ, A; PAREJO GAMIR; J. A. e RODRÍGUEZ SAIZ, L., Politica Económica, (4ª ed.).McGraw-Hill, Madrid, 2011
- FREY, B. S., Para una política económica democrática, Alianza Editorial, Madrid, 1987.
- GARCIA RECHE, Andrés y SÁNCHEZ ANDRÉS, Antonio (coord.) Políticas Económicas Estructurales y de Competitividad, Tirant lo Blanch, Valencia, 2016
- OCHANDO CLARAMUNT, Carlos (coord.).- Políticas Económicas Coyunturales. Objetivos e instrumentos. Tirant lo Blanch, 2ª edición,Valencia, 2021
- VIÑAS APAOLAZA, ANA ISABEL; PÉREZ ORTIZ, LAURA y SÁNCHEZ DIEZ, ANGELES.- Análisis del Entorno Económico Internacional. Instrumentos y Políticas; Garceta, Madrid, 2013
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- ACEMOGLU, Daron e ROBINSON, James A.- Por qué fracasan los países. Los orígenes del poder, la prosperidad y la pobreza. Editorial Deusto, Barcelona, 2012
- ERIAS, A. e SÁNCHEZ SANTOS, J. M., Política Monetaria y Política Fiscal, Pirámide, Madrid, 1998.
- FERNÁNDEZ DÍAZ, A. (dir.), Fundamentos y papel actual de la política económica, Pirámide, Madrid, 1999.
- RODRIK, Dani.- La paradoja de la globalización: la democracia y el futuro de la economía mundial. Antoni Bosch editor, Barcelona, 2012
- STIGLITZ, J. E.- Caída libre: Estados Unidos, el libre mercado y el hundimiento de la economía mundial, Taurus, Barcelona, 2010.
3.1. COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
BÁSICAS
CB1 - Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
3.2 COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT8 - Razoamento crítico.
3.3 COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
A2 - O modelo de determinación da renda nunha economía aberta, diñeiro, inflación, paro, crecemento e instrumentos de política económica.
A7 - A contorna histórica, social e institucional da empresa.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
Talvez o máis importante sexa a capacidade e a predisposición favorable a traballar unha materia diferente á maioría das que compoñen o Plan de Estudios de ADE. Neste sentido, o interese manifestado na disposición a participar activamente nas clases interactivas ou nas actividades que se propoñan resulta fundamental, acompañado da posesión dun talante aberto imprescindible para captar a riqueza de matices propios dunha materia de ciencias sociais sometida a continuos cambios.
O enfoque da asignatura tratará de combinar aspectos teóricos e de tipo práctico intentando acadar a complicidade do alumnado mediante a súa participación activa no proceso de aprendizaxe. As sesións presenciais están orientadas á introdución de contidos e a proporcionar información bibliográfica para o traballo persoal e a realización de informes breves sobre as medidas de política económica e a súa relación coa actividade empresarial.
Segundo a oportunidade e conveniencia do desenvolvemento do curso faráse especial referencia ás propostas e medidas de política económica que se vaian implementando no ámbito autonómico, estatal, europeo e internacional. O proceso de integración económica europea e as dinámicas derivadas da globalización e interdependencia das principais decisións políticas, económicas e empresariais poderá visualizarse nas actividades realizadas polos gobernos autonómicos, estatais e europeos.
As actividades non presenciais debidamente tutorizadas contribuirán ao aprendizaxe autónomo do estudiantado mediante o fomento da iniciativa individual, o traballo en equipo e a responsabilidade de elaborar e expoñer oralmente traballos e informes breves
Clases expositivas.
Nestas clases, o profesor explicará os contidos básicos de cada tema e informará sobre o desenvolvemento do proceso de aprendizaxe.
Clases interactivas.
Nas aulas interactivas desenvolveranse as actividades de curso. Estas serán:
- Exposición oral dun tema e outras actividades relacionadas co tema. Cada alumno/a deberá facer unha presentación na aula dun tema previamente seleccionado pola profesora.
- Lectura de textos e entrega de cuestionarios. Cada alumno/a deberá ler os textos que se lle indiquen e responder aos cuestionarios correspondentes.
- Probas de seguimento. Levaranse a cabo dúas probas sobre algúns dos temas das aulas expositivas (non eliminatorias).
Para a preparación das actividades de curso, aconsellaránse ao alumnado os textos básicos sobre os que sustentar o seu traballo. Algúns textos tratarán cuestións de actualidade relacionadas cas actuacións de política económica dos gobernos, co obxectivo de aproximar ao alumnado ao contexto real de aplicación destas políticas.
Todas as actividades propostas están encamiñadas ao cumprimento de obxectivos pedagóxicos: fomentar o espírito investigador e o intercambio de coñecementos entre estudantes
Titorías
As titorías permiten as profesoras coñecer a marcha do proceso de aprendizaxe do alumnado e guialos en aspectos con dificultade.
Aula virtual
A aula virtual será unha ferramenta importante no desenvolvemento da materia.
Guía docente ampliada
Ao comezo do curso, publicarase na aula virtual unha Guía Docente ampliada na que se explicará a planificación da materia polo miúdo.
PONDERACIÓN
AVALIACIÓN CONTINUA 30%
EXAME FINAL 70%
En relación ás actividades presenciais valorarase a asistencia e participación activa en clase, a disposición a realizar os comentarios individuais e/ou colectivos recomendados e o aproveitamento manifestado no nivel científico das intervencións e tarefas realizadas. Respecto das actividades non presenciais, teráse en conta a calidade dos traballos, a claridade e nivel expositivo, a iniciativa individual e a capacidade crítica e de innovación. Valoraráse especialmente a constancia e capacidade de superación do alumnado. A avaliación continua representará o 30 por cento da calificación final. O alumnado repetidor poderá conservar a nota da clase interactiva do ano anterior (2023-2024).
Por outra parte, realizaranse as probas escritas que correspondan segundo as datas e condicións que dispoña o calendario oficial. Tales probas proporcionan unha certa igualdade de oportunidades para todos os/as estudiantes matriculados e servirán para coñecer o dominio comprensivo básico de conceptos, teorías e aplicacións e non tanto a súa capacidade memorística. A proba escrita representará o 70 por ciento da calificación final.
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS:
AVALIACIÓN CONTINUA: CB2, CB3,CB4, CG3, A2, A7, D7, CT3,CT8.
EXAME FINAL: CB1, CB5, A2, A7, D7
ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA A CLASE
Para o alumnado que acredite de xeito oficial que lle foi concedida a dispensa de asistencia a clase, realizarase a avaliación a través dun exame final no que se poderá acadar o 100% da calificación. O alumnado con dispensa concedida deberá poñerse en contacto co profesor coodinador da asignatura para ser informado con claridade e precisión sobre os contidos e a materia da que vai ser examinado. Para superar a asignatura, o alumnado con dispensa deberá obter no exame unha nota mínima de 5 sobre 10.
O sistema de avaliación describirase máis polo miúdo na Guía Docente que se publicará na Aula Virtual da materia
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (TOTAL: 60 horas)
- Clases de pizarra en grupo grande: 17 horas
- Outras sesións en clase co profesor (Exposición de traballos, Debates, Conferencias, Mesas redondas): 31 horas
- Tutorías: 12 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDIANTADO (TOTAL: 90 HORAS)
- Estudio autónomo individual ou en grupo: 65 horas
- Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos: 10 horas
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 horas
- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 5 horas
Recomendacións previas: Coñecementos básicos de análisis económico, matemáticas, estrutura económica, dereito, historia económica e estatística.
Recomendacións para o estudio da asignatura
1.- Asistencia continuada ás clases presenciais para poder seguir adecuadamente os contidos que se van introducindo e facilitar unha mellor aprendizaxe, materializada nun superior rendemento académico.
2.- Participación activa individual ou colectiva mediante intervencións na clase, realización dos traballos propostos, intervención en debates sobre temas de actualidade relativos á elaboración e implementación de proxectos e medidas de política económica, etc.
3.- Manter un ritmo de traballo regular no seguimento da materia, levar ao día as notas de clase e completar a propia formación co manexo de información bibliográfica. A constancia na asistencia e a regularidade na preparación de contidos garante a obtención dun nivel suficiente para superar sen dificultade esta materia.
"Aprender sen pensar, inútil; pensar sen aprender, perigoso"
CONFUCIO (551-479 a C)
A materia contará cunha Aula Virtual na que se ofrecerá a Guía Docente e otros materiais indispensables para o seguimento da materia.
Manuel Cao Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811605
- Correo electrónico
- manuel.cao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diego Sande Veiga
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811692
- Correo electrónico
- diego.sande.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Nelida Cecilia Lamelas Castellanos
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811700
- Correo electrónico
- nelida.lamelas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
17:00-18:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 07 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
20.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
20.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
20.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
20.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
20.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
20.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
20.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
20.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
20.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |