Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal consiste na iniciación ao estudo da Política Económica mediante a introdución de aspectos teóricos básicos e aplicados. Ao principio trataremos aspectos metodolóxicos orientados á delimitación conceptual e o campo de estudo específico da Política Económica. A continuación realizaremos unha revisión da evolución do pensamento económico e as súas consecuencias á hora de promover enfoques, modelos e propostas de política económica.
O obxectivo fundamental desta materia estriba en interesar ao alumnado de Economía no estudo da Política Económica, materia imprescindible para a mellor comprensión das circunstancias condicionantes que afectan ás decisións, estratexias e funcionamento da sociedade e a economía globalizada.
PRIMEIRA PARTE
BLOQUE I
1. A "caixa de ferramentas" (epistemolóxicas e metodolóxicas) para o estudo da Política Económica.
2. Delimitación conceptual: criterios, enfoques e modelos.
BLOQUE II
3. Da etapa mercantilista á Fisiocracia: a xénese da Política Económica como coñecemento científico
4. A eclosión da Economía Política Clásica e principais debates do s. XIX.
5. A revolución do paradigma keynesiano na Teoría da Política Económica.
6. A contra-ofensiva neoliberal: monetarismo, economía de oferta, expectativas racionais. Tendencias actuais.
BLOQUE III
7. A interdependencia entre a "política" e a "economía".
8. A elaboración e execución da política económica: o seu diferente impacto a nivel social.
Os contidos aparecen máis detallados na Guía docente, na aula virtual.
SEGUNDA PARTE
Traballos de curso sobre temas indicados na Guía Docente.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
- CUADRADO ROURA, Juan.R. (dir.)-(2023). Política Económica. Elaboración, objetivos e instrumentos, McGraw-Hill. Madrid. 7ª edición.
- SÁNCHEZ ANDRÉS, Antonio (coord.)(2021) Introducción a la política económica. concepto, estructura y formación. Edit. Tirant lo Blanch, Valencia.
-SCREPANTI Ernesto y ZAMAGNI, Stefano. (1997). Panorama de historia del pensamiento económico. Editorial Ariel, Barcelona.
- VILLARREAL, René. (1986). La contrarrevolución monetarista. Teoría, política económica e ideología del neoliberalismo. FCE. México.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
- FERNANDEZ DIAZ, Andrés (dir.)(1999). Fundamentos y papel actual de la política económica, Pirámide, Madrid.
- FRIEDMAN, Milton; FRIEDMAN, Rose (1980). Libertad de elegir, Edit. Grijalbo, Barcelona.
- FERNANDEZ DIAZ, Andrés; PAREJO GAMIR, José A. Y RODRIGUEZ SAIZ, Luis (2005) Política Económica, McGraw-Hill, Madrid.
- OCHANDO CLARAMUNT, Carlos (coord.) (2021). Políticas Económicas Coyunturales. Objetivos e instrumentos. Tirant lo Blanch. 2ª edición. Valencia
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
. Exercitar o manexo de coñecementos que permitan un posterior afondamento en aspectos teórico-prácticos da economía.
. Contribuír á comprensión do sistema cognoscitivo dende unha perspectiva interdisciplinar.
. Estimular unha actitude crítica construtiva, a través do fomento de hábitos de reflexión e de razoamento lóxico.
. Desenvolver individual e colectivamente habilidades de investigación, así como as de comunicación e debate.
Competencias específicas da materia:
. Coñecer aspectos epistemolóxicos e metodolóxicos do estudo da Política Económica que a identifican como coñecemento científico.
. Analizar a súa traxectoria histórica como disciplina autónoma en ciencias sociais, identificando os principios que serven de base á aplicación da política económica e os instrumentos empregados.
. Analizar as tendencias contemporáneas e principais restricións na teoría-práctica da política económica actual.
. Complementar os aspectos teóricos básicos analizados, con aplicacións de política económica en diversos contextos.
O enfoque docente da materia consistirá no desenvolvemento programático dos diversos temas formulados implicando directamente ao alumnado. Nas horas de clase de lousa, o profesorado ademais de explicar os contidos básicos dos temas, dotará ao alumnado con información orientativa para o posterior estudo e desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma. Asociado a iso, dispoñerase dunha selección de textos por cada tema e artigos que teñan unha significativa relación co programa e que permitan a posterior participación activa na aula.
Noutras sesións en clase realizaranse diferentes actividades: debate de preguntas, estudos de casos; seguimento- debate mediante artigos de prensa ou de revistas especializadas de temas de interese; exposición-defensa dun traballo que servirá ao alumnado de adestramento na obtención de información e documentación, formulación de obxectivos e análise valorativa da temática elixida. Estas actividades permiten o cumprimento de varios obxectivos pedagóxicos: fomentar a iniciación á investigación e exercitar a sistematización escrita de comentarios de texto e/ou de hipótese de traballo sobre temas de introdución teórica ou de actualidade político-económica.
As titorías en grupo reducido ou individualizadas permiten ao profesorado coñecer a marcha do proceso de aprendizaxe e guiar en aspectos con dificultade. Todas estas actividades compleméntanse co traballo persoal que o alumnado debe dedicarlles e permiten estimar o tempo necesario para a asimilación dos contidos das materias.
A docencia e as titorías serán fundamentalmente presenciais, aínda que se contará co apoio de ferramentas en liña como a aula virtual.
O sistema de avaliación da aprendizaxe, atendendo aos obxectivos e características do curso consta de dúas fases.
Na primeira, ao longo do curso, realizarase unha avaliación continua na aula da participación activa do alumnado, na que se valorarán os procesos de preparación / dominio dos temas da materia, mediante traballo en grupos, preguntas individuais, intervencións en debates e exposicións orais; cun peso na avaliación final do 40%. O alumnado repetidor poderá conservar a nota da clase interactiva obtida no curso anterior, (2023-2024).
Na segunda fase, ao final do curso, realizarase unha proba escrita sobre os contidos programáticos da materia; e terá un peso na avaliación final do 60%. O sistema de avaliación describirase máis polo miúdo na Guía Docente que se publicará na Aula Virtual da materia.
O sistema de avaliación é o mesmo nas dúas convocatorias.
ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA A CLASE
Para o alumnado que acredite de xeito oficial que lle foi concedida a dispensa de asistencia a clase, realizarase a avaliación a través dun exame final no que se poderá acadar o 100% da calificación. O alumnado con dispensa concedida deberá poñerse en contacto coa profesora coodinadora da asignatura para ser informado con claridade e precisión sobre os contidos e a materia da que vai ser examinado. Para superar a asignatura, o alumnado con dispensa deberá obter no exame unha nota mínima de 5 sobre 10.
Actividades formativas en horas.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
- Clases de lousa en grupo grande:15 horas
- Clases de lousa en grupo reducido: 30 horas
- Titorías en grupo moi reducido:10 horas
- Avaliación grupo:5 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 65 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros trabajos:10 horas
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 horas
- Preperación de presentacións orais, debates ou similar: 5 horas
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 90
Recomendacións previas: dominio de coñecementos básicos proporcionados polas materias Historia Económica e Estrutura Económica; e de contidos complementarios de Macroeconomía.
Recomendacións para o estudo da materia
1.- Asistencia continuada ás clases presenciais para poder seguir axeitadamente os contidos que se van introducindo e facilitar unha mellor aprendizaxe logo materializada nun superior rendemento académico
2.- Participación activa individual ou colectiva mediante intervencións en clase, realización dos traballos propostos, intervención en debates sobre temas de actualidade relativos á elaboración e implementación de proxectos e medidas de política económica, etc.
3.- Manter un ritmo de traballo regular no seguimento da materia, levar ao día as notas de clase e completar a propia formación co manexo de información bibliográfica. A constancia na asistencia e regularidade na preparación de contidos garantirá a obtención dun nivel suficiente para superar sen dificultade esta materia.
Se fará uso do campus Virtual.
Manuel Cao Fernández
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811605
- Correo electrónico
- manuel.cao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Del Rosario Diaz Vazquez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811603
- Correo electrónico
- rosario.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Nelida Cecilia Lamelas Castellanos
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811700
- Correo electrónico
- nelida.lamelas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 24 |
Mércores | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 24 |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 24 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 24 |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 08 |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 14 |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 14 |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 14 |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 14 |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
27.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |