Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O principal obxectivo da presente materia consiste en consolidar un encontro de iniciación á investigación, un foro de reflexión e debate colectivo ao redor dos principais procesos e fenómenos da economía mundial que supoñan un significativo correlato para a proposta, aplicación e análise de resultados da política económica internacional. Como materia de especialización os obxectivos da materia corresponden á necesaria visión crítica e omnicomprensiva de institucións, actores e procesos que caracterizan os lineamientos actuais de política económica internacional. As finalidades da proposta docente, por tanto, superponen o nivel formativo, de iniciación de investigación e de divulgación de resultados da aprendizaxe e da procura de contraste a diversas hipóteses de traballo que se consideren relevantes para comprender a materia do curso.
A materia, tanto pola súa especialización como polo obxecto científico do seu contido, presenta unha programación que, ademais das súas perspectivas teóricas -básica e aplicada- céntrase na evolución, presente e perspectivas de institucións e estudo de casos. Os contidos distribúense en catro bloques analíticos:
I. INTERDEPENDENCIA, INTEGRACION, CONVERXENCIA E COOPERACION Problemas de método, conceptualización, modalidades e diferenzas entre fenómenos descritos.
II. COORDINACION DA POLITICA ECONOMICA INTERNACIONAL Analítica da coordinación da política económica internacional nunha contorna de globalización e crecente interrelación produtiva, financeira, comercial, tecnolóxica... no mercado mundial.
III. TRANSMISION INTERNACIONAL DA POLITICA ECONOMICA Estudo teórico sobre canalización de efectos político-económicos a escala mundial con especial referencia a implicacións instrumentais e sectoriais da política económicas a devandita escala.
IV. POLITICA ECONOMICA INTERNACIONAL: PROBLEMAS E TENDENCIAS Estudo de casos relevantes.
Contidos
1.- Método e internacionalización na Política Económica Internacional. Institucións, axentes e proceso decisorio
2.- Internacionalización da política económica no contexto da globalización
3.- Os procesos de internacionalización produtiva e financeira na economía actual: interdependencia verssus desconexión
4.- Política Económica Internacional: cohesión, converxencia e cooperación
5.- Políticas de crecemento, políticas de estabilización e políticas de axuste estrutural na economía internacional
6.- A instrumentación da Política Económica Internacional: delimitación analítica e problemas de "coordinación"
7.- Comercio e Política Económica Internacional: vantaxes, custos, imperfeccións, institucións e impacto das políticas de intercambio
8.- Sistema Financeiro e Política Económica Internacional: tipos de cambio, sistema de paridades e mercado de capitais
9.- Políticas de integración: dimensión sectorial, comercial e monetaria
10.- Conflictos sociais, políticos, económicos e militares e a súa influencia na Política Económica Internacional.
11.- Política Económica Internacional: estudio de casos.
12.- Pax Americana Global versus Sistema Multipolar
13.- Novas perspectivas: Desglobalización e desdolarización
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ACEMOGLU, Daron y ROBINSON, James A..- Por qué fracasan los países. Los orígenes del poder, la prosperidad y la pobreza. Ed. Deusto, Barcelona, 2012
CALATRAVA GARCÍA, Adolfo; CALVILLO CISNEROS, José Miguel (coordinadores).- El Orden Mundial en Transición. Editorial Dykinson S. L.; Madrid 2023
CUENCA GARCÍA, Eduardo; NAVARRO PABSDORF, Margarita.- Organización Económica Internacional. Ediciones Pirámide. Madrid, 2023
DALIO, RAY.- Principios para enfrentarse al Nuevo Orden Mundial. Deusto,Barcelona, 2022
FERNANDEZ DIAZ, A. (Dir.): Fundamentos y papel actual de la política económica, Pirámide, Madrid, 1999 GARCIA MENENDEZ, J. R.: Política Económica Internacional, Unidixital, Stgo. Compostela, 2002
MAZZUCATO, Mariana; COLLINGTON; Rosie.- El gran engaño. Penguin Random House. Barcelona, 2024
NIÑO-BECERRA, Santiago.- Capitalismo 1679-2065. Una aproximación al sistema económico que ha producido más prosperidad y desigualdad en el mundo. Ariel, Barcelona, 2020.
RODRIK, D.- La paradoja de la globalización: la democracia y el futuro de la economía mundial, Antoni Bosch editor, Barcelona 2012
RODRIK, D.- Hablemos claro sobre el comercio mundial: ideas para una globalización inteligente. Ediciones Deusto, Barcelona. 2018
STIGLITZ, J.: El malestar de la globalización, Santillana, Madrid, 2002
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Ao longo do curso, para cada tema teórico e estudo de caso distribuiranse listados de bibliografía complementaria de forma máis específica. Igualmente proporcionaranse listaxes bibliográficas de partida para traballos de iniciación á investigación que deberán ser actualizados no curso. En particular, recorreremos as fontes proporcionadas pola REDIPE (Rede de Investigadores e Docentes de Política Económica)
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
Contribución á comprensión do sistema económico desde unha perspectiva multidisciplinar en Ciencias Sociais e enfocada ao estudo de casos relevantes dada a denominación da materia.
Coñecemento e comprensión dos procesos político-económicos actuais, con directa vinculación a estudos de casos propostos e analizados.
Iniciación en tarefas de investigación, tanto de forma individual como en equipo, e na elaboración dunha monografía de curso escrita segundo canons científicos e baixo tutela, sobre algún dos temas programáticos propostos.
Práctica de presentación oral de liñas directrices e conclusións dos traballos elaborados, fomentando o debate argumentado e o intercambio científico en réxime de seminario.
Competencias específicas da materia:
Coñecemento de fases, institucións e procesos de política económica internacional desde os antecedentes da orde económica mundial post-1945 ata o actual marco de globalización
Análise de contido e de impacto de políticas económicas finalistas, instrumentais e sectoriais, no marco da economía mundial.
Estudo de casos aplicados ao redor de axentes, institucións e procesos de transmisión da política económica internacional na actualidade.
A proposta didáctica na presente materia require unha partipación activa do alumnado nas diversas actividades do curso así como unha disposición interactiva, tanto para utilizar novas ferramentas de captación de información e análise como de traballo en equipo. O peso docente principal articúlase a través de desenvolvemento de seminarios con temas monográficos presentados a inicios de curso e a realización dun traballo tutorizado persoalmente de iniciación á investigación que permita consolidar tanto os coñecementos teorícos interdisciplinares acumulados ao longo da licenciatura como de abordaxe de hipótese de traballo e contrastes documentados e realizados en aula e sesións especiais de tutoría con supervisión do profesorado encargado da materia.
A segunda parte da actividade docente céntrase na elaboración formal, exposición e defensa de "documentos de traballo" que estimulen a reflexión colectiva, a análise crítica de contidos e fontes, induzan a unha necesaria actualización de información e debate e, finalmente, a presentación e, no seu caso, divulgación das monografías realizadas. O obxectivo pedagóxico e científico configúrase na aceptación colectiva de transformación da aula convencional, primeiro, nun "iniciático" servizo de estudos de política económica internacional;segundo, nun "singular" consello editorial de documentos de traballo realizados en primeira fase e, terceiro, en seminario de debate "permanente ao longo do curso" sobre evolución de procesos e casos en estudo.
Polas características expostas, a avaliación debe corresponder a un sistema de avaliación continua. A avaliación considerará a asistencia e participación activa na aula, con especial énfase na calidade das intervencións e no dominio do temario a partir dunha preparación continua. A avaliación considerará a calidade dos traballos de iniciación á investigación, contemplando o dominio de categorías e terminoloxía específica, a claridade e nivel expositivo, a iniciativa persoal en complementar a bibliografía básica e no uso de medios audiovisuais na exposición oral dos mesmos en réxime de seminario. A avaliación continua representará o 50 por cento da cualificación final e ao inicio do curso especificarase a programación e as actividades a realizar polo alumnado de carácter presencial. A valoración positiva da realización das actividades e presentación dos traballos asignados ao alumnado presencial é condición imprescindible para participar no exame final
Ao final do curso, para o alumnado de tipo presencial, realizarase un exame escrito sobre os temas impartidos co obxectivo de avaliar a comprensión das conclusións dos seminarios expostos para a presentación dos traballos de curso. O exame representará o 50 por cento da cualificación final.
ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA A CLASE
Para o alumnado que acredite de xeito oficial que lle foi concedida a dispensa de asistencia a clase, realizarase a avaliación a través dun exame final no que se poderá acadar o 100% da calificación. O alumnado con dispensa concedida deberá poñerse en contacto co profesor para ser informado con claridade e precisión sobre os contidos e materia específica da que vai ser examinado. Para superar a asignatura, o alumnado con dispensa deberá obter no exame unha nota mínima de 5 sobre 10.
O sistema de avaliación describirase máis polo miúdo na Guía Docente que se publicará na Aula Virtual da materia.
A estructuración do tempo de traballo/estudio correspondente as clases presenciais, grupos interactivos, titorías, estimación do traballo persoal na preparación das clases e traballos está determinada por as indicacións oficiais que constan no Plan de Estudios do Grao de Economía. traballo presencial, 60 horas; traballo non presencial, 90 horas
Dominio contrastado do uso de categorías analíticas, correntes históricas y teóricas informadas en Política Económica I y II.
Para un rendemento positivo requírese un nivel mínimo de formación e dominio das ferramientas teóricas básicas acumuladas ao longo do Grao. Como coñecemento inter y transdisciplinar, a Política Económica Internacional supón unha formación consolidada en historia e instituciones da economía internacional, estrutura e dinámica das forzas económicas a escala mundial e nas diversas ferramientas de análise teórico-macroeconómico na mencionada escala.
Pola proposta didáctica, requírense habilidades, destrezas e capacidad dun estudantado medio a punto do Grado, con información habitual en medios de comunicación social, cultura económica de nivel universitario, predisposición ao traballo en equipo e ás intervencións activas en seminarios e aula, e un dominio medio de ferramientas informáticas e de novas tecnoloxías da información no ámbito educativo superior.
Igualmente, por razóns de metodoloxía da aprendizaxe, é imprescindible un talante de corresponsabilidade y de autoesixencia nos niveis de calidade e presentación dos documentos elaborados.
Asistencia con regularidade ás sesións de traballo presencial convocadas. Atención e participación activa en aula e seminarios. Dedicación no contido e coidado formal na realización/presentación de traballos de curso. Respecto a caledario de actividades, puntualidade na realización de intervencións programadas, realización dos compromisos contraídos en aula (actualización bibliográfica, comentarios de textos...)
Aprender sen pensar, inútil; pensar sen aprender, perigoso"
CONFUCIO(551-479 a C)
Manuel Cao Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811605
- Correo electrónico
- manuel.cao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diego Sande Veiga
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811692
- Correo electrónico
- diego.sande.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
22.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula 20 |
22.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
22.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula 20 |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula 08 |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula 08 |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |