Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Identificar e afrontar os principais dilemas éticos e de sustentabilidade que se producen na toma de decisións empresariais.
• Identificar os elementos esenciais das novas estratexias nas empresas e outras entidades responsables.
• Atopar novas formas de innovación e de oportunidades de negocio no marco da sustentabilidade e a circularidade.
• Coñecer, comprender, describir e avaliar os indicadores de sustentabilidade / circularidade na empresa.
TEMA 1. Estratexia empresarial e retos da sustentabilidade
Responsabilidade social corporativa. Integración dos grupos de interese
Retos da sustentabilidade / circularidade: a xestión das tensións entre as dimensións da sustentabilidade
TEMA 2. Modelos de Negocio Circulares e Sustentables
Concepto e e tipoloxías
Modelos centrados na eficiencia e na substitución
Modelos de simbiose industrial
Modelos de reutilización, remanufactura e reciclaxe
Actividades de reparación
Servizalización / sistemas produto-servizo
Economía colaborativa / uso compartido
Cadeas curtas de produción e distribución de alimentos
Modelos sociais e de prosumidor
TEMA 3. Emprendemento sustentable e circular
Compoñentes do modelo de negocio: proposición de valor, creación e distribución de valor, captura de valor
Metodoloxía canvas de deseño de modelos de negocio circulares
Estudos de caso
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bocken, N., de Pauw, I., Bakker, C., & van der Grinten, B. (2016). Product design and business model strategies for a circular economy. Journal of Industrial and Production Engineering, 33(5), 308–320. https://doi.org/10.1080/21681015.2016.1172124
Bocken, N. M. P., Short, S. W., Rana, P., & Evans, S. (2014). A literature and practice review to develop sustainable business model archetypes. Journal of Cleaner Production, 65, 42–56. https://doi.org/10.1016/j.jclepro.2013.11.039
Carroll, A. B.; Shabana, K. M. "The Business Case for Corporate Social Responsibility: A Review of Concepts, Research and Practice." International Journal of Management Reviews. Vol. 12, 85-105. 2010. Pereira, A. (2022). Modelos de negocio para la transición a la Economía Circular: estrategias circulares, potencial transformador y limitaciones. In X. Vence (Ed.), Economía
Carballo Penela, A. , & Castromán Diz, J. L.. (2016). Responsabilidad social y gestión ambiental de las cadenas logísticas. AENOR-Asociación Española de Normalización y Certificación.
Pereira, A. (2022). Modelos de negocio para la transición a la Economía Circular: estrategias circulares, potencial transformador y limitaciones. In X. Vence (Ed.), Economía Circular y Cambio Sistémico. Límites planetarios vs límites del capitalismo (pp. 178–205). Fondo de Cultura Económica.
Pereira, Á. (2021). Actividades de servicio y servitización: oportunidades para una economía circular más sostenible. 360: Revista de Ciencias de La Gestión.
Pereira, Á., & Vence, X. (2016). Terciarización, servizalización e sustentabilidade. Un novo paradigma produtivo. Andavira.
Schaltegger, S., Lüdeke-Freund, F., & Hansen, E. G. (2016). Business Models for Sustainability: A Co-Evolutionary Analysis of Sustainable Entrepreneurship, Innovation, and Transformation. Organization and Environment, 29(3), 264–289. https://doi.org/10.1177/1086026616633272
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Antikainen, M., Valkokari, K., & Mcclelland, J. (2016). A framework for sustainable circular business model innovation. Technology Innovation Management Review, 6(7), 5–12.
Briguglio, M., Llorente-González, L. J., Meilak, C., Pereira, Á., Spiteri, J., & Vence, X. (2021). Born or grown: Enablers and barriers to circular business in europe. Sustainability (Switzerland), 13(24), 1–20. https://doi.org/10.3390/su132413670
BSI Standards Publication. (2017). Framework for implementing the principles of the circular economy in organizations – Guide.
de la Cuesta González, M., Valor Martínez, C. "Responsabilidad Social de la Empresa. Concepto, Medición y Desarrollo en España." Boletín ICE Económico: Información Comercial Española. Vol. 2755, 7-19. 2003.
Bocken, N., Boons, F., & Baldassarre, B. (2019). Sustainable business model experimentation by understanding ecologies of business models. Journal of Cleaner Production, 208(October), 1498–1512. https://doi.org/10.1016/j.jclepro.2018.10.159
Morancho, A. B. Dimensión medioambiental de la RSC. Netbiblo, 2010.Robledo, I. S. (2010). Introducción a la sostenibilidad y la RSC. Netbiblo.
Vence, X., & Pereira, Á. (2019). Eco-innovation and Circular Business Models as drivers for a circular economy. Contaduria y Administracion, 64(1). https://doi.org/10.22201/fca.24488410e.2019.1806
CB7 Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
CB8 Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
CB9 Saber comunicar conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
Competencias transversais:
CT1 Comunicación Oral e Escrita
CT3 Razoamento crítico
CT4 Autonomía na aprendizaxe
CT6 Sensibilidade a problemas sociais e ambientais
CT8 Competencia para procura e xestión de información e datos
Competencias específicas:
CE2 Coñecer os diferentes enfoques da economía ecolóxica, economía circular e o eco-innovación para formular propostas e estratexias para unha transición ecolóxica xusta.
CE4 Coñecer e aplicar as técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa en economía e das ferramentas de diagnóstico para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da sustentabilidade, a economía ecolóxica, a economía circular e a innovación.
CE10 Concibir, deseñar, pór en práctica e xestionar programas e accións de I+D, economía circular, innovación ou desenvolvemento sectorial nos ámbitos propios de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial).
CE13 Adquirir capacidade e habilidades para o manexo de ferramentas de avaliación cuantitativa e cualitativa do carácter circular dos produtos, procesos e actividades produtivas.
CE15 Concibir, deseñar e implementar Modelos de Negocio Circulares, Plans de Empresa Circulares e iniciativas sociais circulares para unha transición ecolóxica xusta.
CE16 Emprender proxectos e iniciativas innovadoras de carácter social, comunitario, cooperativo ou empresarial desde parámetros de sustentabilidade, circularidad e xustiza.
O ensino da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva, todas elas de carácter presencial. A docencia interactiva fará especial uso de metodoloxías innovadoras e activas, como os obradoiros de deseño de modelos de negocio e a aprendizaxe por proxecto.
Un soporte esencial está constituído pola aula Virtual da materia, na que o alumnado pode atopar: i) a programación cronolóxica detallada das actividades, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e interactiva; ii) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; iii) as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva; iv) as lecturas obrigatorias para cada tema.
As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro do Campus Virtual e o correo electrónico institucional.
Tendo en conta o carácter da materia, contémplanse as visitas a parques científicos, centros tecnolóxicos, organismos públicos de investigación ou infraestruturas singulares de investigación para coñecer in situ a súa actuación.
O sistema de avaliación consistirá na realización dunha proba final (exame) e na avaliación continua.
Exame: 40%
Participación activa en clase: 10%
Realización de traballos e presentación dos mesmos: 50%
O sistema de avaliación na segunda oportunidade será igual que o descrito na primeira, de tal maneira que se terá en conta a nota referida á entrega de tarefas e participación na aula xa obtida (cualificación do 50%), e realizarase un novo exame sobre os temas explicados nas aulas (que volverá contar o 50% na cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA 26 Horas
Clases de taboleiro 9
Clases prácticas 12
Titorías en grupo ou individuais 3
Avaliación 2
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 49 Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 27
Escritura de traballos 12
Lecturas recomendadas, actividades, preparación de presentacións orais, debates ou similar 10
HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Deben realizarse e entregarse, en tempo e forma, as actividades prácticas propostas.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Maria Angeles Pereira Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- angeles.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |
15.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
15.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |