Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Aproximar o alumnado ás características e tendencias máis destacadas da historia económica española desde finais do século XVIII ata a actualidade, constatando as particularidades económicas que aproximan e separan a España da tendencia xeral dos países máis desenvolvidos de Europa.
2) Tendo en conta que as formacións socioeconómicas son históricas, insistirase na comprensión de que o crecemento económico ten sempre lugar dentro de formacións sociais. Polo tanto, para entender a complexidade do mundo socioeconómico, é necesaria a análise histórica, que supere as aproximacións meramente "presentistas".
3) Relacionado co obxectivo anterior, ensinaráselles ao alumnado a analizar series históricas e a interpretalas coa axuda da teoría económica e co recurso aos métodos cuantitativos.
4) Buscarase que o conxunto do alumnado desenvolva habilidades enfocadas á comprensión dos continuos procesos de cambio que afectan ao conxunto das sociedades humanas así como a súa actividade individual.
1.INTRODUCIÓN. A ECONOMÍA ESPAÑOLA NO SÉCULO XVIII
1.1. Crecemento da poboación e réximes demográficos. 1.2. Agricultura e reformismo agrario ilustrado. 1.3. Artesanado, manufacturas e mercados. 1.4. Gastos militares, reformas da facenda, endebedamento e creación do Banco Nacional de San Carlos
2. O CRECEMENTO ECONÓMICO DE ESPAÑA NOS SÉCULOS XIX e XX: AS PRINCIPAIS MACROMAGNITUDES.
2.1. O aumento da poboación. 2.2. A evolución do Produto Nacional e da Renda per cápita. 2.3. Diñeiro e prezos. 2.4. As diferenzas rexionais
3. A CRISE DO ANTIGO RÉXIME E A REVOLUCIÓN LIBERAL (1789-1840)
3.1. As contradicións do legado histórico e os factores conxunturais. 3.2. Os cambios institucionais de carácter liberal. 3.3. A parálise manufactureira e os cambios no comercio. 3.4. A situación monetaria e bancaria. 3.5. Un balance do período
4. A INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA (1840-1880). FREOS E IMPULSOS
4.1. España ante os cambios no comercio e a industrialización europea. 4.2. Estado, infraestruturas e capitais. 4.3. Creación e crise da banca moderna. 4.4. A expansión agraria e os seus límites. 4.5. O desenvolvemento mineiro. 4.6. A industria: téxtil, siderometalurxia e sectores non líderes
5. DA CRISE FINISECULAR Á PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
5.1. Da Gran Depresión á modernización económica. 5.2. As políticas comercial, monetaria e fiscal. 5.3. O transporte, as comunicacións e as relacións exteriores. 5.4. O auxe intersecular, a nova banca mixta e o arranque da segunda revolución industrial
6. A ECONOMÍA ESPAÑOLA ENTRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL E A GUERRA CIVIL.
6.1. O impacto da Primeira Guerra Mundial sobre a economía española. 6.2. A crise de posguerra, a prosperidade dos anos vinte e a distribución do ingreso. 6.3. Crecemento e cambios estruturais durante a ditadura. 6.4. As políticas económicas da Ditadura de Primo de Rivera e da Segunda República. 6.5. A inversión estranxeira e o crecemento industrial. 6.6. A depresión dos anos trinta e o fracaso do reformismo social e político
7. A ESPAÑA DO PRIMEIRO FRANQUISMO (1939-1959)
7.1. A economía española durante a Guerra Civil. 7.2. Autarquía, intervencionismo e contrarreforma social. 7.3. O fracaso da autarquía e as reformas dos anos cincuenta. 7.4. A industrialización substitutiva de importacións
8. A ETAPA DO "DESARROLLISMO". DO PLAN DE ESTABILIZACIÓN Á CRISE DO PETRÓLEO
8.1. O Plan de Estabilización e a apertura externa. 8.2. A modernización agraria. 8.3. Un acelerado crecemento industrial. 8.4. A política económica e as debilidades do proceso de modernización
9. A ECONOMÍA ESPAÑOLA NO PERÍODO DEMOCRÁTICO (1976-2007)
9.1. “Shock” enerxético, crise económica e transición política en España. 9.2. Reconversión industrial, saneamento bancario e políticas estruturais. 9.3. A economía española desde a entrada na CEE ata a creación da Unión Monetaria Europea. 9.4. A economía española na Unión Económica e Monetaria.
MANUAIS BÁSICOS:
CARRERAS, A. e TAFUNELL, X. (2010), Historia económica de la España contemporánea (1789-2009). Barcelona, Crítica.
CARRERAS, A. e TAFUNELL, X. (2018), Entre el imperio y la globalización. Historia económica de la España contemporánea. Barcelona, Crítica.
COMÍN, F.; HERNÁNDEZ, M. e LLOPIS, E. (eds) (2002), Historia Económica de España (siglos X - XX). Barcelona, Crítica.
MALUQUER DE MOTES, J. (2014), La economía española en perspectiva histórica. Barcelona, Pasado y Presente.
REFERENCIAS COMPLEMENTARIAS:
ALCAIDE INCHAUSTI, J. (Dir.) (2007), Evolución de la población española en el siglo XX por provincias y comunidades autónomas. Bilbao, Fundación BBVA.
BARCIELA, C.; LÓPEZ, M. I.; MELGAREJO, J.; MIRANDA, J. A. (2005), La España de Franco (1939-1975). Madrid, Síntesis.
BRODER, A. (2000), Historia económica de la España Contemporánea. Madrid, Alianza.
CARMONA, J. e SIMPSON, J. (2003), El laberinto de la agricultura española. Zaragoza, PUZ.
CARRERAS, A., TAFUNELL, x. (coord.) (2005), Estadísticas históricas de España, siglos XIX y XX. Madrid, Banco Exterior de España.
CATALÁN, J. (1995), La economía española y la Segunda Guerra Mundial. Barcelona, Ariel.
COLLANTES, F. (2017), La economía española en 3D. Oferta, demanda y largo plazo. Madrid, Pirámide.
COMÍN, F. (1996), Historia de la Hacienda Pública II. España (1808-1995). Barcelona, Crítica.
ETXEZARRETA, M. (coord.) (1991), La reestructuración del capitalismo en España, 1970-1990. Barcelona, Icaria.
FERNANDEZ DE PINEDO, E. e HERNANDEZ MARCO, J.L. (eds.) (1988), La industrialización del norte de España. Barcelona, Univ. País Vasco/Crítica.
FONTANA, J. (ed.) (1986), España bajo el franquismo. Barcelona, Crítica.
GARCÍA DELGADO, J. L. (dir.) (1993), España. Economía. Madrid, Espasa Calpe.
GARCÍA SANZ, A.; GARRABOU, R.; JIMÉNEZ BLANCO, J. I. e BARCIELA, C. (eds.) (1985), Historia agraria de la España Contemporánea. 3 Vols. Barcelona, Crítica.
GARRABOU, R. (ed.) (1988), Las crisis agrarias de fines del siglo XIX. Barcelona, Crítica.
GERMÁN, L.; LLOPIS, E.; MALUQUER, J. e ZAPATA, S. (eds.) (2001), Historia económica regional de España, siglos XIX y XX. Barcelona, Crítica.
GÓMEZ MENDOZA, A. (1989), Ferrocarril, industria y mercado en la modernización de España. Madrid, Espasa Calpe.
GRUPO DE ESTUDIOS DE HISTORIA RURAL (1981), Estadísticas históricas de la producción agraria española, 1859-1935. Madrid, Ministerio de Agricultura.
HERNÁNDEZ ANDREU, J. e GARCÍA RUÍZ, J. L. (coords.) (1996), Historia monetaria y financiera de España. Madrid, Síntesis.
LE BOT, F.; PERRIN, C. (dir.) (2011), Les chemins de l’industrialisation en Espagne et en France. Les PME et le développement des territoires (XVIIIè-XXIè siècles). Bruxelles, Peter Long.
LLOPIS, E. (ed.) (2004), El legado económico del Antigo régimen en España. Barcelona, Crítica.
LLOPIS, E. e MALUQUER DE MOTES, J. (EDS.) (2013), España en crisis. Las grandes depresiones económicas, 1348-2012. Barcelona, Pasado y Presente.
NADAL, J. (1975), El fracaso de la Revolución Industrial en España, 1814-1913. Barcelona, Ariel.
NADAL, J. (1984), La población española (siglos XVI a XX). Barcelona, Ariel.
NADAL, J.; CARRERAS, A. e SUDRIÀ, C. (eds.) (1987), La economía española en el siglo XX. Una perspectiva histórica. Barcelona, Ariel.
NAREDO, J. M. (1996), La evolución de la agricultura en España (1940-1990). Granada, Univ. de Granada.
NÚÑEZ, C. E. (1992), La fuente de la riqueza. Educación y desarrollo económico en la España contemporánea. Madrid, Alianza.
PÉREZ MOREDA, V. e REHER, D.S. (eds.), (1988), Demografía histórica en España. Madrid, El Arquero.
PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (1988), De Imperio a nación. Crecimiento y atraso económico en España (1780-1930), Madrid, Alianza.
PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (2003), El progreso económico de España (1850-2000). Bilbao, Fundación BBVA.
SÁNCHEZ ALBORNOZ, N. (1988), Españoles hacia América. La emigración en masa, 1880-1930, Madrid, Alianza.
SÁNCHEZ ALONSO, B. (1995), Las causas de la emigración española, 1880-1930, Madrid, Alianza.
TORTELLA CASARES, G. (1973), Los o
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBUE A MATERIA:
• Coñecer e comprender os principios básicos da economía e da historia económica.
• Orientar o proceso de aprendizaxe desde unha perspectiva interdisciplinar.
• Recoller e manexar información relevante de fontes bibliográficas, documentais e estatísticas.
• Iniciarse na elaboración e presentación oral e escrita de informes e traballos.
• Participar no traballo en equipo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
- Coñecemento dos principais trazos da economía preindustrial española e dos elementos que levaron á crise do Antigo Réxime.
- Comprensión do proceso de transformación polo que atravesaron os sectores produtivos españois ao longo do século XIX, incluíndo atrancos e avances e tendo en conta o papel xogado polas políticas económicas implementadas
- Entender os cambios económicos, sociais e políticos que se produciron na España do século XX, diferenciando claramente as principais etapas dun século marcado por dúas guerras mundiais, a Guerra Civil española e a formación da Comunidade Europea, na que España se integra tardiamente.
- Os/as futuros/as economistas, despois de cursar esta materia, deberían ter unha perspectiva xeral da evolución económica de España desde o século XVIII ata a actualidade, ser capaces de inserir o caso español dentro da evolución da economía europea e de comprender as diferenzas rexionais existentes dentro de España.
1. Leccións: a cargo do profesor ou profesora, baseándose preferentemente na lección maxistral, aínda que co apoio de novas técnicas docentes (proxeccións, promoción da intervención e o debate) e, sobre todo, do fomento dos hábitos de lectura.
2. Seminarios: trátase de sesións sobre temas específicos do programa ás que o alumnado debe acudir tendo realizadas algunhas lecturas previamentes sinaladas e outras complementarias de propia selección, para realizar intervencións, redaccións ou debates sobre o seu contido.
3. Traballo de curso facultativo: realizado polo alumnado baixo tutela do profesor, quen preestablecerá o formato dos mesmos, así como o calendario para a súa realización.
4. Resolución de exercicios prácticos na aula por parte do alumnado.
5. As titorías realizaranse de forma presencial.
6. O Campus Virtual constitúe unha importante ferramenta de apoio para o desenvolvemento da materia. Nel deixaranse materiais útiles para a súa preparación e tamén se poderá encargar a realización de actividades por parte do alumnado a través do mesmo.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa da USC de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
I. Modalidade de avaliación continua:
Para o alumnado que asista como mínimo ao 80% das clases interactivas. O sistema de avaliación consta de dous tipos de mecanismos:
a. Asistencia ás clases interactivas, exposición nas clases interactivas de temas preparados previamente (a partir do material disponible na Aula Virtual ou doutro que se indique), realización doutras actividades que poida organizar o profesorado, participación activa nas clases.
Peso na cualificación final: 40%.
b. Proba final escrita presencial, na que se podrán combinar distintos tipos de preguntas: tipo test (dirixidas a comprobar o dominio polo alumnado dos conceptos e coñecementos esenciais expostos ao longo do desenvolvemento da materia); preguntas curtas ou tipo ensaio, comentario de textos e gráficos.
Peso na cualificación final: 60%.
Para superar a materia por esta modalidade é necesario cumprir os seguintes requisitos:
1) Acadar unha nota global igual ou superior a 5, obtida a partir da suma da media do conxunto de actividades de avaliación continua e máis da nota do exame final, ponderadas en cada caso polas porcentaxes indicadas máis arriba.
2) Obter en cada un dos bloques (media das actividades de avaliación continua e exame) como mínimo o 40% da cualificación máxima.
II. Modalidade de avaliación única
Para o resto do alumnado (que non asista como mínimo ao 80% das clases interactivas) a avaliación realizarase exclusivamente a través dunha proba final escrita presencial coas características citadas anteriormente e que deberán preparar polos textos recollidos na bibliografía básica. Esta modalidade de avaliación será tamén a aplicable ao alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase.
O sistema de avaliación exposto aplicarase tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
Finalmente, o alumnado repetidor terá as mesmas posibilidades de avaliación, sendo aplicados, por tanto, os mesmos criterios.
Horas presenciais:
- Clases en grupos grandes…………………………………................................................... 17 horas
- Clases interactivas en grupos reducidos............................................................. 31 horas
- Titorías en grupos moi reducidos …………………………….…..........................................3 horas
TOTAL (en clase) ……………………………………………………………...........................................51 horas
Traballo persoal da alumna ou alumno: 99 horas
Cada alumno decidirá a distribución desas 99 horas como considere máis adecuado. Non obstante, proponse como orientación o seguinte reparto:
- Estudo e preparación dos materiais correspondentes á parte teórica da materia: 32 horas (2 horas de estudo por cada hora de docencia expositiva, 16 *2=32).
- Preparación das lecturas, das exposicións orais e redacción de informes e comentarios de textos: 52 horas.
Será fundamental seguir a materia día a día e participar nas tarefas, presenciais ou virtuais, postas a disposición do alumnado, pois só nese caso se poderá superar o curso con éxito.
Carlos De Francisco Mantiñan
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811668
- Correo electrónico
- carlos.francisco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
17:00-18:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
Xoves | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 27 |
22.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
22.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
22.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
22.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
22.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
22.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
10.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |