Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
No marco dos obxectivos xerais do módulo de formación e do grao en que se integra, o obxectivo principal que se persegue coa materia de Fonética e fonoloxía históricas do galego é que o alumno coñeza as liñas mestras do proceso de transformación que conduce desde o sistema fonolóxico do latín ata o sistema fonolóxico do galego medieval e, posteriormente, desde o sistema medieval ata o moderno. Esta aprendizaxe realizarase sobre a base da previa adquisición dalgúns coñecementos básicos sobre o cambio lingüístico, a lingüística histórica e o latín vulgar.
Como obxectivo práctico perséguese que os alumnos sexan capaces de distinguir as características gráficas e fonéticas de textos galegos de diferentes épocas, conectándoas de maneira crítica cos contidos de sociolingüística histórica adquiridos na materia de Historia da lingua galega.
PROGRAMA DAS SESIÓNS EXPOSITIVAS (30 horas)
1. Variación e cambio lingüístico
1.1. As dimensións da variación lingüística e a covariación
1.2. O cambio nas linguas
1.2.1. Aproximación intuitiva ao cambio
1.2.2. As fases do cambio: innovación e difusión
1.2.3. Motivacións para a xeración de innovacións lingüísticas
1.2.4. Tipoloxía básica dos cambios fonéticos e fonolóxicos
2. Latín vulgar: concepto, fontes de estudo e características fonéticas básicas
3. Voces patrimoniais, cultas e semicultas
4. Formación do sistema fonolóxico do galego medieval
4.0. O sistema gráfico medieval
4.1. Vocalismo
4.1.1. O sistema vocálico latino
4.1.2. Vocalismo tónico
4.1.3. Vocalismo átono
4.1.4. Vogais nasais
4.1.5. Os hiatos
4.1.6. Os ditongos
4.2. Consonantismo
4.2.1. Panorámica xeral da evolución do consonantismo
4.2.2. As palatalizacións e a conversión de consoantes oclusivas en africadas e fricativas
4.2.3. Lenición consonántica
4.2.4. Consoantes en posición final de palabra
4.2.5. Grupos consonánticos
5. Do sistema fonolóxico do galego medieval ao do galego moderno
5.1. Cuestións gráficas
5.2. Vocalismo
5.3. Consonantismo
PROGRAMA DAS SESIÓNS INTERACTIVAS (15 horas)
1. Presentación da materia
Variación e cambio lingüístico
2. Lectura e comentario de Paul M. Lloyd (1993): “Cambio fonético y leyes fonéticas”, in Del latín al español. Madrid: Gredos, pp. 1-5.
3. Tipoloxía básica dos cambios fonéticos (teoría).
4. Tipoloxía básica dos cambios fonéticos (práctica). O profesor poñerá un exercicio para esta clase. Este exercicio deberase entregar a través do Campus Virtual da USC antes das 24 horas do día anterior a aquel en que teña lugar esta clase interactiva.
Latín vulgar: concepto, fontes de estudo e características fonéticas básicas
5. O Appendix Probi. Comentario fonético a cargo do profesor. Léase en Ivo Castro (1991): Curso de história da língua portuguesa. [Colaboração de: Rita Marquilhas e J. León Acosta]. Lisboa: Universidade Aberta, pp. 91-93.
Formación do sistema fonolóxico do galego medieval
6. O sistema gráfico medieval (teoría).
7. Comentario gráfico e fonolóxico dun documento notarial de 1231 a cargo do profesor. Léase en J. A. Souto Cabo (2008): Documentos galego-portugueses dos séculos XII e XIII. Monografía 5 da Revista Galega de Filoloxía. Universidade da Coruña, pp. 51-54.
8. Comentario gráfico e fonolóxico do capítulo 3 da Crónica Xeral Galega (ca. 1300-1338) a cargo do profesor. Léase en R. Lorenzo (1975/1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. 2 vols. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”, vol. 1, pp. 6-8.
9. Comentario gráfico e fonolóxico dun fragmento da Crónica Xeral Galega (ca. 1300-1338). Os alumnos deberán realizalo persoalmente e entregalo a través do Campus Virtual da USC antes das 24 horas do día anterior a aquel en que teñamos esta clase interactiva. Para o comentario utilizaranse como modelos os empregados previamente nas clases interactivas 7 e 8: deberase facer, por tanto, unha presentación das representacións gráficas das vogais /i/ e /u/ (indicando os casos de e <v> con valor consonántico), das consoantes palatais (nasal, lateral e fricativas), das fricativas ápicoalveolares e das africadas predorsodentoalveolares do texto; tamén se indicarán os valores do til de nasalidade no texto analizado. Para a entrega abrirase unha tarefa no campus virtual con instrucións detalladas
Do sistema fonolóxico do galego medieval ao do galego moderno
11. Comentario gráfico e fonolóxico do romance de María Francisca de Isla ao cura de Fruíme (ca. 1774-1777). Será realizado polo profesor. Léase en R. Mariño Paz (2007): “Edición e estudo lingüístico do romance de María Francisca de Isla y Losada ao cura de Fruíme (ca. 1774-1777)”, Revista Galega de Filoloxía 8, pp. 57-98.
12. Comentario gráfico e fonolóxico da obra en galego de Antonio Benito Fandiño (1779-ca. 1834). A obra en galego de Fandiño pódese ler en R. Mariño Paz / X. R. Barreiro Fernández / R. Aneiros Díaz (2008): Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I). Edición dos textos, fichas introdutorias e notas de Ramón Mariño Paz. Notas histórico-biográficas de X. R. Barreiro Fernández. Coordinadora da edición: Rosa Aneiros Díaz. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Na USC virtual ofrécese o PDF d’A Casamenteira (Ourense, 1849).
13. Análise gráfica e estudo da transformación fonética dalgunhas voces dun fragmento da Crónica Xeral Galega (ca. 1300-1338). Os alumnos deberán realizar persoalmente este exercicio e entregalo antes das 24 horas do día anterior a aquel en que teñamos esta clase interactiva. Para o comentario utilizarase como modelo o empregado previamente na clase interactiva 10. No caso do estudo da transformación fonética das voces presentaranse primeiro os cambios habidos entre o latín vulgar e o galego medieval e despois os que se produciron entre o galego medieval e o galego moderno. Para a entrega abrirase unha tarefa no campus virtual con instrucións detalladas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ferreiro, M. (1995): Gramática histórica galega. Santiago de Compostela: Laiovento.
Mariño Paz, Ramón (2017): Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Mariño Paz, Ramón (2023): “Fonética histórica del gallego y del portugués”, in Javier Giralt Latorre / Francho Nagore Laín (eds.): Fonética histórica comparada de las lenguas iberorrománicas. Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza, pp. 253-299.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. A lingüística histórica e o cambio lingüístico
Aitchinson, J. (1993): El cambio en las lenguas: ¿progreso o decadencia? Barcelona: Ariel.
Bynon, Th. (1981): Lingüística histórica. Madrid: Gredos.
Labov, W. (1994/2001): Principles of Linguistic Change. 2 vols [Volume 1: Internal Factors, 1994; Volume 2: Social Factors, 2001]. Oxford UK and Cambridge USA: Blackwell.
Penny, R. (2004): Variación y cambio en español. Madrid: Gredos.
Wardhaugh, R. (1992): Introducción á sociolingüística. Universidade de Santiago de Compostela, caps. 6, 7 e 8.
2. Historias da lingua
Castro, I. (2006): Introdução à História do Português. 2ª ed. Lisboa: Edições Colibri.
Mariño Paz, R. (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Mariño Paz, R. (2008): Historia de la lengua gallega. München: Lincom.
Monteagudo, H. (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.
3. Lingüística histórica galega e portuguesa
Ferreiro, M. (1997): Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento.
Huber, J. (1933): Altportugiesisches Elementarbuch. Heidelberg: Carl Winter. Trad. ao portugués: Gramática do português antigo. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 1986.
Lloyd, P. M. (1993): Del latín al español. I. Fonología y morfología históricas de la lengua española. Madrid: Gredos.
Lorenzo, R. (1992): “Algunhas consideracións sobre a evolución do sistema consonántico do galego medieval ó moderno”, in J. Kabatek / A. Schönberger (Hrsg.): Sprache, Literatur und Kultur Galiciens. Akten des 2. gemeinsamen Kolloquiums der deutschsprachigen Lusitanistik un Katalanistik (Berlin, 10.-12. September 1992). Lusitanischer Teil, Bd. 1. Frankfurt am Main: TFM / Domus Editoria Europaea, 1993, pp. 13-26 [Sobre o problema das relacións entre oclusiva bilabial sonora, fricativa bilabial sonora e fricativa labiodental sonora e sobre a evolución do subsistema de sibilantes].
Lorenzo, R. (1993): “Algunhas consideracións sobre a evolución do vocalismo galego e portugués”, in Actas do VIII Encontro da Associação Portuguesa de Linguística. Lisboa: APL, pp. 9-26 [Sobre os ditongos ei, ou, oi/ui e o hiato eo/ea].
Lorenzo, R. (1995): “La koiné gallega”, in G. Holtus / M. Metzeltin / Ch. Schmitt (eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik. Tübingen: Max Niemeyer, vol. 2, 2, pp. 649-679.
M[ariño] P[az], R. / X. V[arela] B[arreiro] (2000): “Historia da lingua galega”, in Apéndice da Gran Enciclopedia Gallega, tomo XXXIV, pp. 213-238.
Mariño Paz, R. (2003): O idioma galego no limiar da súa renacenza. Estudo lingüístico de textos pregaleguistas. Monografía 2 de la Revista Galega de Filoloxía. Universidade da Coruña.
Nunes, J. J. (1919): Compêndio de Gramática Histórica Portuguesa. Lisboa: Livraria Clássica Editora; 19899.
Regueira, X. L. (2009): "Cambios fonéticos e fonolóxicos no galego contemporáneo", Estudos de lingüística galega 1, pp. 147-167.
Vidal Figueiroa, T. (1997): “Estructuras fonéticas de tres dialectos de Vigo”, Verba 24, pp. 313-332.
Williams, E. B. (1938): From Latin to Portuguese. Histor
• Coñecer os principios do estudo do cambio lingüístico e algunhas nocións fundamentais en lingüística histórica.
• Coñecer unha tipoloxía básica das mudanzas fonéticas.
• Coñecer algunhas nocións elementais sobre o latín vulgar: concepto, fontes de estudo, trazos máis sobranceiros.
• Coñecer as principais mudanzas fonéticas e fonolóxicas que conducen desde o latín ata o galego medieval e desde o galego medieval ata o galego moderno.
• Identificar nun texto as características gráficas e fonéticas que axudan a situalo na historia da lingua galega.
Nas sesións interactivas traballaranse de maneira aplicada algúns dos contidos do programa que son especialmente relevantes. Nas primeiras sesións abordaranse teórica e practicamente algúns contidos integrados na sección de Variación e cambio lingüístico e na de Latín vulgar: concepto, fontes de estudo e características fonéticas básicas. Da sexta sesión en diante as clases interactivas dedicaranse á análise gráfica e fonolóxica de textos medievais e posmedievais, intercalando dous exercicios (10 e 13) en que tamén se analizarán as transformacións fonéticas e fonolóxicas experimentadas por palabras concretas.
Os alumnos terán que realizar tres exercicios que entregarán nas sesións 4, 9 e 13. Sobre os contidos destes exercicios, ademais da información dispoñible na sección de Contidos deste programa, daranse indicacións e ofreceranse materiais tanto na aula coma na USC virtual.
Estas clases interactivas serán dirixidas polo profesor, mais contarase sempre coa participación dos estudantes, que será obxecto de avaliación.
Para o desenvolvemento desta materia utilizaranse os recursos que ofrece o Campus Virtual da USC.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Os alumnos que asistan regularmente ás aulas serán sometidos a un sistema de avaliación continua complementado cunha proba final que se fundará en cinco referencias:
1. Proba 1: exercicio da clase interactiva 4, presentado máis arriba na sección de Contidos (5% da nota final). Este exercicio deberase entregar a través do Campus Virtual da USC antes das 24 horas do día anterior a aquel en que teña lugar esta clase interactiva.
2. Proba 2: exercicio da clase interactiva 9, presentado máis arriba na sección de Contidos (5% da nota final). Este exercicio deberase entregar a través do Campus Virtual da USC antes das 24 horas do día anterior a aquel en que teña lugar esta clase interactiva.
3. Proba 3: exercicio da clase interactiva 13, presentado máis arriba na sección de Contidos (15% da nota final). Este exercicio deberase entregar a través do Campus Virtual da USC antes das 24 horas do día anterior a aquel en que teña lugar esta clase interactiva.
4. Asistencia e participación (10% da nota final). Non se considerará só a simple asistencia, senón tamén a disposición a participar activamente nas aulas.
5. Proba final, de carácter presencial, prevista para o 21 de xaneiro de 2025 (65% da nota final).
Para os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia ás aulas ou que xustifiquen documentalmente a súa imposibilidade de asistir a elas antes do 30 de setembro de 2024, o sistema de avaliación fundarase nas seguintes catro referencias:
1. Proba 1: exercicio da clase interactiva 4, presentado máis arriba na sección de Contidos (5% da nota final). Este exercicio deberase entregar a través do Campus Virtual da USC antes das 24 horas do día anterior a aquel en que teña lugar esta clase interactiva.
2. Proba 2: exercicio da clase interactiva 9, presentado máis arriba na sección de Contidos (5% da nota final). Este exercicio deberase entregar a través do Campus Virtual da USC antes das 24 horas do día anterior a aquel en que teña lugar esta clase interactiva.
3. Proba 3: exercicio da clase interactiva 13, presentado máis arriba na sección de Contidos (20% da nota final). Este exercicio deberase entregar a través do Campus Virtual da USC antes das 24 horas do día anterior a aquel en que teña lugar esta clase interactiva.
4. Proba final, de carácter presencial, prevista para o 21 de xaneiro de 2025 (70% da nota final).
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade rexerán os mesmos criterios ca na primeira: as mesmas cinco referencias coas mesmas porcentaxes de valor relativo para a nota final no caso dos que fixesen avaliación continua e as mesmas catro referencias coas mesmas porcentaxes de valor relativo para a nota final no caso dos que non fixesen avaliación continua. Nesta segunda oportunidade só se repetirán as probas en que se obtivese menos de 5 puntos: quen tivese menos de 5 nas Probas 1, 2 e/ou 3 deberá facelas de novo e entregaraas a través do Campus Virtual da USC; quen tivese menos de 5 puntos na Proba final deberá repetila presencialmente o día 19 de xuño de 2025.
OUTRAS OBSERVACIÓNS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…).
Dado que os alumnos que cursan o Grao en Lingua e Literatura Galegas deben conseguir un perfecto dominio oral e escrito do idioma galego, nos traballos e exames valorarase o bo uso da lingua, polo que puntuarán negativamente as faltas de ortografía e os erros gramaticais, léxicos, etc. que se cometan, así como as incorreccións da expresión oral que se observen nas distintas intervencións que os alumnos fagan na aula.
Actividades presenciais
Clases expositivas 30 horas
Clases interactivas 15 h.
Titorías programadas 2 h.
Exames 3 h.
Total de horas de actividades presenciais 50 h.
Actividades non presenciais
Estudo 50 horas
Preparación das sesións interactivas 20 h.
Lecturas 20 h.
Preparación de exames 10 h.
Total de horas de actividades non presenciais 100 h.
Recoméndase preparar cada clase interactiva lendo previamente o texto sobre o que se vai traballar nela e, de ser o caso, facendo un primeiro intento de realizar o comentario previsto.
Ramon Mariño Paz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811817
- Correo electrónico
- ramon.marino.paz [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D09 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | C09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | C09 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D09 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D09 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D09 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D09 |