Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos concretos de cada bloque temático. Despois da formulación de cada obxectivo sinálanse a(s) competencia(s) con que se vincula.
Bloque 1. Semántica léxica
O1. Situar a semántica no conxunto doutras disciplinas e subdisciplinas (lingüísticas e non-lingüísticas) que estudan o significado. CE4
O2. Identificar as peculiaridades da achega da semántica léxica á análise do significado. CE4
O3. Diferenciar o concepto de significado doutros conceptos próximos como referente e denotatum. CX1
O4. Identificar as principais diferenzas e similitudes entre a aproximación estrutural e a aproximación cognitiva ao estudo do significado. CX1, CE1
O5. Identificar e caracterizar as diferentes relacións semánticas que se establecen entre as unidades léxicas, tanto as paradigmáticas como as sintagmáticas. CX1
O6. Identificar as diferentes maneiras de estruturar o léxico das linguas. CX1
O7. Identificar os diferentes niveis que conforman o significado lingüístico. CX1, CE14
O8. Dstinguir as principais causas do cambio semántico. CX1
O9. Valorar a relevancia da linguaxe figurada nas linguas e no pensamento. CX1
O10. Aplicar os diferentes criterios empregados para diferenciar entre polisemia e homonimia. CX1, CX3
O11. Establecer vínculos entre lingua e fisioloxía humana e entre lingua, pensamento e acción.
O12. Aceptar e apreciar a riqueza léxica das linguas, poñéndoa en relación coa diversidade cultural.
O13. Recoñecer o importante papel xogado polo léxico na pervivencia e transmisión de ideas e valores.
Bloque 2. Terminoloxía e terminografía
O1. Situar a terminoloxía e a terminografía no conxunto das disciplinas lingüísticas e coñecer cal é o seu obxectivo principal. CE4
O2. Identificar as principais características das linguas de especialidade e das unidades terminolóxicas. CX1
O3. Recoñecer un texto especializado e unha unidade terminolóxica. CX2
O4. Distinguir entre o traballo terminolóxico sistemático e puntual. CX1
O5. Aplicar as fases, métodos e materiais empregados na práctica terminolóxica. CX1
O6. Identificar os principais organismos e recursos do ámbito terminolóxico, dentro e fóra de Galicia. CX1, CE18
O7. Avaliar a idoneidade de solucións terminolóxicas puntuais en función da metodoloxía empregada para a súa proposta. CX2, CX3
O8. Valorar a utilidade do traballo terminolóxico en todas as súas dimensións.
O9. Tomar conciencia da importancia do traballo terminolóxico no caso do galego e das linguas minorizadas.
Bloque 3. Planificación e estandarización do léxico
O1. Identificar as principais consecuencias que ten sobre o léxico, e en particular sobre o léxico galego, a situación de marxinalidade e contacto lingüístico. CX1, CE15
O2. Identificar nos discursos as manifestacións desa situación, distinguindo entre os diferentes tipos de consecuencias. CX2, CX3, CX4, CX5, CE15
O3. Diferenciar entre os diferentes tipos de préstamos, tanto desde o punto de vista formal como funcional. CX1, CX2, CX3, CX4
O4. Diferenciar entre código normativo e variedade estándar e situar ambos no marco do diasistema galego. CX1, CE14
O5. Identificar as diferentes tarefas que debe levar a cabo o planificador léxico, e moi en especial o planificador léxico do galego. CX1
O6. Identificar os diferentes recursos e criterios empregados á hora da planificación léxica do galego. CX1, CX2, CE11
O7. Avaliar e realizar xuízos sobre a aceptabilidade de determinadas unidades léxicas no código normativo. CX2, CX3, CE11
O8. Valorar a importancia do establecemento dun código normativo nas distintas linguas, así como da existencia dunha variedade estándar. CE15
O9. Recoñecer e valorar o traballo dos planificadores léxicos e tomar conciencia das dificultades con que se atopan no seu labor.
Bloque 4. Lexicografía
O1. Situar a lexicografía no conxunto doutras disciplinas lingüísticas centradas no léxico. CE4
O2. Diferenciar entre a dimensión práctica e a dimensión teórica da lexicografía. CE4
O3. Distinguir entre os diferentes tipos de dicionarios existentes e coñecer a terminoloxía específica empregada para a súa denominación. CX1, CE4
O4. Identificar as principais decisións que ten que tomar un(ha) lexicógrafo/a á hora de determinar a macroestrutura dun dicionario. CX1
O5. Identificar cales son as diferentes opcións que se presentan á hora de tomar tales decisións e cales son as principais vantaxes e inconvenientes de cada unha delas. CX1, CX2, CX3
O6. Identificar os tipos de fontes a que pode acudir un lexicografo para elaborar un dicionario. CX8, CE1, CE17
O7. Distinguir entre os diferentes elementos que constitúen unha entrada lexicográfica e usar a terminoloxía específica empregada para a súa denominación. CX1, CE4
O8. Evitar prácticas inadecuada á hora de elaborar definicións. CX1, CE11
O9. Elaborar unha entrada lexicográfica sinxela con certo grao de compleción e corrección. CX2, CE11
O10. Axuizar o grao de corrección e compleción dunha entrada lexicográfica. CX3
O11. Identificar as obras lexicográficas máis importantes sobre o galego e as características principais da tradición lexicográfica galega. CX1, CE15
O12. Usar os recursos máis importantes para acceder a obras lexicográficas galegas. CE18
O13. Recoñecer o labor do lexicográfo e tomar conciencia das dificultades que presenta a elaboración de dicionarios.
BLOQUE I. SEMÁNTICA LÉXICA
1. A disciplina lingüística
1.1. O obxecto de estudo da semántica. A semántica fronte a outras disciplinas que estudan o significado.
1.2. A semántica léxica, a semántica gramatical e a semántica composicional
2. O concepto de significado
2.1. A natureza conceptual do significado
2.2. O significado, o referente e o denotatum
2.3. O significado na Lingüística Estrutural
2.4. O significado na Lingüística Cognitiva. A teoría dos prototipos
3. As relacións de significado. Relacións sintagmáticas e paradigmáticas
3.1. As colocacións
3.2. A hiperonimia-hiponimia e a holonimia-meronimia
3.3. O nivel básico de categorización
3.4. A sinonimia. O significado conceptual e outras dimensións do significado
3.5 A oposición
3.6. As estruturas léxicas. As lagoas léxicas e as lagoas conceptuais
4. O cambio semántico
4.1. Concepto
4.2 Os mecanismos de cambio semántico. Tipoloxía
4.2.1 As metáforas. A teoría cognitiva da metáfora.
4.2.2. As metonimias. A teoría cognitiva da metonimia.
4.2.3. As elipses
4.2.4 Os calcos semánticos
4.2.4. As etimoloxías populares
4.3 As causas do cambio semántico
5. A polisemia
5.1. A polisemia e a homonimia. Definición
5.2. Criterios para a delimitación entre polisemia e homonimia
BLOQUE II. TERMINOLOXÍA E TERMINOGRAFÍA
1. Terminoloxía, terminografía e unidade terminolóxica
1.1. As linguas de especialidade e as unidades terminolóxicas
1.2. Terminoloxía e terminografía
2. O traballo terminolóxico e terminográfico
2.1. A terminoloxía sistemática e a terminoloxía puntual
2.2. Principais organismos e recursos para a terminoloxía
2.3. O traballo terminolóxico e terminográfico en Galicia
BLOQUE III. PLANIFICACIÓN E ESTANDARIZACIÓN DO LÉXICO
1. A marxinalidade e o contacto lingüístico. As súas repercusións sobre o léxico
1.1. O préstamo léxico
1.1.1. Tipos de préstamos desde o punto de vista da funcionalidade
1.1.2. Tipos de préstamos desde o punto de vista da forma
1.1.3. O castelán como lingua de interposición
1.2. A mediatización das escollas léxicas
1.3. O purismo e o diferencialismo
2. A estandarización do léxico
2.1. Variedade estándar e código normativo
2.2 A selección do léxico do código normativo
2.3. A innovación léxica e terminolóxica
2.3.1. A neoloxía de creación propia
2.3.2. O préstamo léxico
BLOQUE IV. LEXICOGRAFÍA
1. A lexicografía e as obras lexicográficas
1.1. A disciplina lingüística. A lexicografía teórica e a lexicografía práctica
1.2. O concepto de dicionario
1.3. Os tipos de dicionarios
2. A estrutura dos dicionarios de lingua
2.1. A macroestrutura
2.1.1. A lematización. O tratamento da polisemia e a homonimia
2.1.2. Os criterios de ordenación e disposición das entradas.
2.1.3. A selección do léxico. Os criterios de selección e as fontes do lexicógrafo
2.2. A microestrutura
2.2.1. A información recollida no dicionario monolingüe e no dicionario bilingüe
2.2.2. A definición. Condicións para unha boa definición e tipos de definición
2.2.3. Criterios para a ordenación das acepcións
3. Panorama da lexicografía galega
3.1. Os primeiros dicionarios
3.2. Os dicionarios modernos
A bibliografía básica de cada tema vai marcada con •
TEMA 1
Coseriu, E. (1981): Principios de semántica estructural. Madrid: Gredos, 2ª ed.
Croft, W. / A. Cruse (2004): Cognitive Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press (tradución ao español, Lingüística Cognitiva, Madrid, Akal, 2008).
De Miguel, E. (2009): Panorama de la lexicología. Barcelona. Ariel
•Escandell Vidal, Mª Victoria (2007): Apuntes de semántica léxica. Madrid: UNED.
Freixeiro Mato, X. R. (1999): Gramática da lingua galega III. Semántica. Vigo: A Nosa Terra.
Hurford, James R. / Brendan Heasley / Michael B. Smith (2007): Semantics: a coursebook. Cambridge: Cambridge University Press.
•Ibarretxe-Antuñano, I. / J. Valenzuela (2016): Lingüistica cognitiva. Madrid: Anthropos, 2ª ed.
Kövecses, Z. (2010): Metaphor: a practical introduction. Oxford: Oxford University Press, 2ª ed.
Lopes, A. C. Macário / G. Rio-Torto (2007): Semântica. Lisboa: Caminho.
Masid Blanco, O. (2019): La metáfora. Madrid: Arco/Libros.
TEMA 2
Cabré, María Teresa (1999): La terminología. Representación y comunicación. Barcelona: Institut Universitari de Lingüística Aplicada.
Galanes Santos, I. (2003): "A terminoloxía en Galicia", en H. Monteagudo / X. Bouzada (coords.): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Vol. III. Santiago: Consello da Cultura Galega, 229-288.
Galanes, Iolanda (2015): Terminografía galega e calidade: novos modelos, Estudos de lingüística Galega 7, 33-52.
•González González, M. (2010): “A terminoloxía dentro dos estudos de lexicografía galega”, en M. D. Sánchez Palomino (ed.), Lexicografía galega e portuguesa. A Coruña. Universidade (Anexo 12 da Revista de Lexicografía), 9-31.
•Rodríguez Río, X. (2003): Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega. Santiago: CCG.
TEMA 3
Álvarez de la Granja, M. / E. González Seoane (2003): A estandarización do léxico. Santiago: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega.
Gómez Capuz, J. (1998): El préstamo lingüístico: conceptos, problemas y métodos. València : Universitat.
Gómez Clemente, X. M. / A. Rodríguez Guerra (2003): Neoloxía e lingua galega: teoría e práctica. Vigo: Univ.
•González Seoane, E (1994): Variedade e empobrecemento do léxico, Cadernos de lingua 10, 89-102.
Kabatek, J. (2000): Os falantes como lingüistas. Tradición, innovación e interferencias no galego actual. Vigo: Xerais.
•Santamarina, A. (2003): "O Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG). Criterios de elaboración", en M. Álvarez de la Granja / E. González Seoane (eds.): A estandarización do léxico. Santiago de Compostela: ILG / CCG, 53-92.
TEMA 4
González Seoane, E. (2014): "La lexicografía gallega premoderna (1863-1985)", en F. Córdoba/E. González Seoane / D. Sánchez Palomino (eds.): Lexicografía de las lenguas románicas. I. Perspectiva histórica. Berlin: De Gruyter, 171-189.
Haensch, Gunter et alii (1982): La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica. Madrid: Gredos.
Medina Guerra, Antonia M. (coord.) (2003): Lexicografía española. Barcelona: Ariel.
Porto Dapena, José-Álvaro (2002): Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco Libros.
Rodríguez Barcia, Susana (2016): Introducción a la lexicografía. Madrid: Síntesis.
•Santamarina, A. (dir.) (2003): “Introdución”, Diccionario de diccionarios. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, 2000.
•Svensén, B. (2009): A Handbook of Lexicography. The Theory and Practice of Dictionary-Making. Cambridge: Cambridge University Press.
Na Memoria de Verificación (MV) do Grao en Lingua e Literatura Galegas (GLLG) (pp. 5-6) sinálase que o título debe contribuír ao desenvolvemento das cinco competencias básicas establecidas para os títulos de grao no Marco Español de Calificaciones para la Educación Superior (MECES), de dez xerais, vinculadas directamente coas anteriores, e de vinte específicas. Nas fichas correspondentes a cada unha das materias ofertadas no GLLG realízase unha selección dentro deste conxunto, de xeito que a materia Léxico e terminoloxía do galego debe contribuír ao desenvolvemento das cinco competencias básicas, das dez xerais e de doce específicas. A seguir amosamos, harmonizando a presentación, as competencias xerais e específicas adaptadas á contribución particular que fai a materia Léxico e terminoloxía do galego á súa consecución. A formulación orixinal das competencias, de carácter máis xeral, pode consultarse na MV (pp. 258-259).
As competencias son entendidas aquí como saberes (coñecementos, capacidades ou actitudes) de carácter complexo que se desenvolven ao longo da formación integral do individuo. Así, a achega da nosa materia debe lerse no marco do proceso formativo global do estudante.
Competencias xerais do grao. Achegas da materia
CX1. Adquirir e comprender coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para o estudo avanzado do galego no nivel léxico.
CX2. Adquirir habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos á hora de recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos léxicos como no ámbito profesional (docencia do galego como L1 e LE, planificación lingüística, lexicografía...).
CX3. Ser capaz de reflexionar e de pensar criticamente para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos no eido léxico.
CX4. Ser capaz de aplicar o razoamento indutivo e dedutivo, ao combinar a análise do léxico galego coa argumentación teórica.
CX5. Ser capaz de abstraer, sintetizar e analizar, ao extraer xeneralizacións a partir da descrición dos datos léxicos.
CX6. Ser capaz de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ao léxico galego a un público especializado e non especializado.
CX7. Dominar a expresión oral e escrita en galego en distintos contextos.
CX8. Posuír habilidade no manexo de ferramentas informáticas de interese para o ámbito léxico.
CX9. Posuír habilidade para traballar en colaboración.
CX10. Aprender autonomamente novos coñecementos e técnicas de análise léxica.
Competencias específicas do grao. Achegas da materia
CE1. Dominar as bases teóricas, enfoques e recursos elementais de análise do ámbito da Lingüística xeral imprescindibles para abordar o estudo do léxico galego.
CE4. Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada etc.) que definen e articulan os estudos sobre o léxico como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE6. Aplicar a metodoloxía científica que permita abarcar os distintos tipos de estudos sobre o léxico.
CE9. Posuír un coñecemento avanzado da lingua galega mediante o estudo do ámbito léxico.
CE10. Comprender a complexidade do ámbito léxico.
CE11. Ser capaz de aplicar os coñecementos técnicos e activos do nivel léxico da lingua galega, tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Ser capaz de recoñecer as variedades internas da lingua galega no ámbito léxico.
CE15. Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega e as súas causas históricas e estruturais, comprendendo a súa repercusión no nivel léxico.
CE17. Manexar con habilidade as novas tecnoloxías que faciliten o estudo do léxico galego.
CE18. Usar ferramentas de busca de recursos bibliográficos para o estudo do léxico galego.
CE19. Desenvolver a competencia comunicativa.
CE20. Ser capaz de realizar posteriores estudos especializados, tanto nunha disciplina filolóxica centrada no ámbito léxico como en calquera das ciencias e técnicas que requiran bos fundamentos léxicos.
O proceso de ensino / aprendizaxe vehicularase a través das seguintes vías:
o Clases expositivas e interactivas: traballaranse de forma aplicada contidos previamente expostos e introduciranse a través dun método indutivo algúns conceptos do programa. Así mesmo, as actividades desenvolvidas servirán para fixar coñecementos e verificar a correcta comprensión dos contidos expostos. Na realización das actividades empregaranse técnicas grupais, individuais e cooperativas.
o Titorías programadas: como o resto das actividades, serán de asistencia obrigatoria. Estarán destinadas a preparar e facer un seguimento dalgúns dos traballos e lecturas obrigatorias que debe realizar o/a estudante ou a preparar as probas.
o Actividades de curso: trátase de exercicios, traballos ou comentarios que serán recollidos na clase ou que se realizarán fóra da aula (particularmente na aula virtual).
o Lecturas: ao longo do curso a profesora encargará unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais. Estas lecturas serán precisas para a realización de traballos ou simplemente para a adquisición de contidos incluídos no programa da materia.
Algúns dos materiais de traballo atoparanse dispoñibles nas aulas virtuais.
A avaliación da consecución das competencias realizarase a partir dos seguintes ítems:
1. SISTEMA PRESENCIAL
1.1. OPORTUNIDADE ORDINARIA (XANEIRO)
o Actividades do curso (50% da cualificación global): ao longo do curso, cualificaranse diversos traballos, exposicións e exercicios, tanto de elaboración presencial como non-presencial e ben individuais, ben feitos en grupo.
Dos 5 puntos atribuídos a este apartado, 1,5 corresponde a un traballo non presencial correspondente ao tema 1 e 1,5 a un traballo correspondente ao tema 2. O resto da nota obterase calculando a media dos restantes exercicios.
o Probas escritas parciais dos contidos da materia (50% da cualificación global): realizaranse dúas probas e cómpre obter unha cualificación igual ou superior a 4,5 (sobre 10) na media destas dúas probas para optar a superar a materia. Estas probas teñen carácter opcional. Quen non se presente a elas ou quen as suspenda poderá relizar o exame final que se menciona a seguir.
o Exame final (50% da cualificación global): Realizarase na data oficial establecida. Deberá presentarse a este exame o alumno ou alumna que obtivo unha cualificación inferior a 4,5 nas probas escritas da materia ou que optou por non realizalas (ou por realizar só unha delas). Valorarase o dominio dos contidos teórico-prácticos, pero tamén do código normativo e da coherencia e cohesión textual. Cómpre obter unha cualificación igual ou superior a 4,5 (sobre 10) neste exame para optar a superar a materia. Tamén se poderán presentar a este exame aqueles alumnos ou alumnas que obtiveron máis dun 4,5 na media das probas escritas parciais, pero que desexen subir nota. Neste caso, a nota que se computará será sempre a do exame final, independentemente de que sexa inferior á obtida nas probas escritas. O alumnado que así o desexe poderá conservar a nota dun dos parciais e examinarse só dunha parte dos contidos.
o Asistencia e participación: farase unha valoración cuantitativa e cualitativa da asistencia, participación e intervencións do alumnado ao longo do curso. Os estudantes que destaquen neste ítem poderán beneficiarse dun incremento que nunca poderá ser superior ao 5% da nota obtida entre probas e actividades de curso. Para poder optar a obter algunha cualificación neste ítem, o número de faltas sen xustificar non pode ser superior a 5.
1.2. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA (XULLO)
o Actividades do curso (50% da cualificación global): en relación cos dous traballos non presenciais valorados con 1,5, a/o estudante poderá realizar novos traballos se os primeiros están suspensos ou se non os presentou na primeira oportunidade. Os traballos deberán ser entregados o día do exame oficial e a súa valoración coincide coa indicada para a oportunidade de xaneiro. Para as restantes actividades manterase a cualificación obtida na primeira oportunidade.
o Exame escrito dos contidos da materia (50% da cualificación global): deberán presentarse aqueles estudantes que non obtiveron un 4,5 na oportunidade de xaneiro. De novo, é preciso obter un mínimo de 4,5 para alcanzar o aprobado global e é posible presentarse só a unha parte do temario conservando a nota dun dos parciais. As/os estudantes suspensas/os na materia que non se presenten a este exame serán cualificadas/os neste ítem coa mesma nota que alcanzaron na primeira oportunidade.
o Asistencia e participación nas clases: é aplicable o indicado para a primeira oportunidade.
2. DISPENSA DE ASISTENCIA
As/os estudantes que obteñan a dispensa de asistencia á clase por parte da Xunta de Facultade e a acrediten debidamente rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, tanto na oportunidade de xaneiro como na de xullo:
o Exame escrito dos contidos da materia (60% da cualificación global): no exame escrito os parámetros de valoración coinciden cos indicados para os estudantes que asisten ás clases. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia.
o Actividades e traballos (40% da cualificación global): as/os estudantes que opten por este sistema extraordinario deberán concertar unha cita coa profesora para que esta lle indique os traballos que debe realizar, así como os prazos de entrega.
Os parámetros xerais de valoración do exame e das actividades coinciden cos indicados para os estudantes que asisten ás clases.
OBSERVACIÓNS
1. Dado que se segue un sistema de avaliación continua, os estudantes que conten con tres ou máis cualificacións non serán avaliados como Non-Presentados, independentemente de que non asistan ao exame final. Isto tamén é aplicable aos estudantes que seguen un sistema non-presencial e teñan entregados tres ou máis dos traballos requiridos.
2. Para superar a materia é requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito, e moi particularmente, o dominio do código normativo. Daquela, na cualificación tanto dos exames como dos traballos e exposicións repercutirán negativamente as faltas cometidas (no nivel léxico, ortográfico, sintáctico...).
3. Cualificarase cun 4,9 a aqueles alumnos e alumnas que alcancen a nota de 5 de media pero que teñan no exame unha nota inferior a 4,5.
4. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
HORAS PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 32
Sesións interactivas: 16
Titorías programadas: 3
Sesións de avaliación: 3
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 54
HORAS NON PRESENCIAIS
Lecturas: 15
Preparación directa de contidos: 47
Preparación de traballos, exposicións e exercicios: 34
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 96
TOTAL HORAS: 150
Maria Alvarez De La Granja
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811786
- Correo electrónico
- maria.alvarez.delagranja [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D08 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | D04 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D04 |
22.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | C07 |
22.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | C07 |
22.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C07 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | D08 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | D08 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | D08 |