Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
No marco dos obxectivos xerais do módulo de formación e do grao en que se integra, o obxectivo principal que se persegue coa materia de Morfosintaxe histórica da lingua galega é que o alumno coñeza as liñas mestras do proceso de transformación que conduce desde o sistema morfosintáctico do latín ata o sistema do galego medieval e, posteriormente, desde o sistema medieval ata o actual. Esta aprendizaxe realizarase sobre a base da previa adquisición dalgúns coñecementos básicos sobre o cambio lingüístico, a lingüística histórica e o latín vulgar.
Como obxectivo práctico perséguese que os alumnos sexan capaces de distinguir as características morfosintácticas de textos galegos de diferentes épocas, conectándoas de maneira crítica cos contidos de fonética histórica adquiridos na materia Fonética e fonoloxía histórica do galego, así como cos contidos de sociolingüística histórica adquiridos na materia de Historia da lingua galega.
PROGRAMA DAS SESIÓNS EXPOSITIVAS
Presentación da materia
Bloque I. Temas introdutorios
1. A natureza dos cambios morfosintácticos
2. Repaso da morfoloxía do latín (orientacións)
Bloque II. Temas de morfosintaxe
a) Morfosintaxe nominal
3. O substantivo
4. O adxectivo
5. Os pronomes
5.1. O pronome persoal e o clítico
5.2. O pronome posesivo
5.3. O pronome demostrativo e a creación do artigo
5.4. Os pronomes indefinidos (cuantificadores, existenciais e de identidade)
b) Morfosintaxe verbal
6. O verbo
PROGRAMA DAS SESIÓNS INTERACTIVAS
1. Fontes textuais e historia da lingua
2-3. A natureza dos cambios morfosintácticos
4-5. O substantivo e o adxectivo
6-8. O pronome
9-14. O verbo
Bibliografía básica
DDGM = González Seoane, E. (2006): Dicionario de dicionarios do galego medieval. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago (anexo 57 de Verba). [Ed. en liña (2010): http://sli.uvigo.gal/DDGM/].
Ferreiro, M. (1995): Gramática histórica galega. Santiago de Compostela: Laiovento.
Ferreiro, M. (1997): Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento.
Lausberg, H. (19812): Linguística românica. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian.
M[ariño] P[az], R. / X. V[arela] B[arreiro] (2000): "Historia da lingua galega", in Apéndice da Gran Enciclopedia Galega, tomo XXXIV, pp. 213-238.
Nunes, J. J. (1919): Compêndio de Gramática Histórica Portuguesa. Lisboa: Livraria Clássica Editora; 1989(9).
TMILG = Xavier Varela (dir.) (2004-): Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega [https://ilg.usc.es/tmilg/].
Bibliografía complementaria
1. A lingüística histórica e o cambio lingüístico.
Aitchison, J. (1993): El cambio en las lenguas: ¿progreso o decadencia? Barcelona: Ariel.
Bynon, Th. (1981): Lingüística histórica. Madrid: Gredos.
Coseriu, E. (1973): Sincronía, diacronía e historia. El problema del cambio lingüístico. Madrid: Gredos.
Elvira, J. (1998): El cambio analógico. Madrid: Gredos.
2. Historias da lingua.
Castro, I. (1991): Curso de História da Língua Portuguesa. 2 vols. Colaboração de: Rita Marquilhas, J. Léon Acosta. Lisboa: Universidade Aberta.
Mariño Paz, R. (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Mariño Paz, R. (2008): Historia de la lengua gallega. Muenchen: LINCOM Europa.
Monteagudo, H. (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Teyssier, P. (1980): Histoire de la langue portugaise. Paris: PUF. Trad.ao portugués: História da Língua Portuguesa. Lisboa: Sá da Costa Editora, 1982.
3. Lingüística histórica galega e portuguesa.
García de Diego, V. (1909): Elementos de gramática histórica gallega (Fonética-Morfología). Burgos: Hijos de Santiago Rodríguez. Ed. facsímil: Anexo 23 de Verba. Santiago de Compostela: Universidade, 1984.
Huber, J. (1933): Altportugiesisches Elementarbuch. Heidelberg: Carl Winter. Trad.ao portugués: Gramática do português antigo. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 1986.
Lopes, C.R. / L. Marcotulio / M.J. Bastos / Th.L. Oliveira (2017): Olhares sobre o português medieval: filologia, história e língua. Rio de Janeiro: Vermelho Marinho.
Mariño Paz, R. (2003): O idioma galego no limiar da súa renacenza. Estudo lingüístico de textos pregaleguistas. Monografía 2 da Revista Galega de Filoloxía. Universidade da Coruña.
Mariño Paz, R. (2017): Fonética e Fonoloxía Históricas da Lingua Galega. Vigo: Xerais.
Mattos e Silva, R. V. (1993): O português arcaico: morfologia e sintaxe. São Paulo: Contexto.
Williams, E. B. (1938): From Latin to Portuguese. Historical Phonology and Morphology of the Portuguese Language. Philadelphia/London: Oxford University Press. Trad. ao portugués: Do Latim ao Português. Rio de Janeiro: Tempo Brasileiro, 1961; 1975(3).
4. Lingüística histórica románica e hispánica
Cano Aguilar, R. (coord.) (2004): Historia de la lengua española. Barcelona: Ariel.
Lloyd, P. M. (1993): Del latín al español. I. Fonología y morfología históricas de la lengua española. Madrid: Gredos.
Väänänen, V. (1968): Introducción al latín vulgar. Madrid: Gredos.
• Coñecer os principios do estudo do cambio lingüístico e algunhas nocións fundamentais en lingüística histórica.
• Coñecer unha tipoloxía básica das mudanzas morfolóxicas e sintácticas.
• Consolidar algunhas nocións elementais do latín vulgar (concepto e fontes de estudo) e coñecer os trazos máis sobranceiros da súa morfoloxía e da súa sintaxe.
• Coñecer as principais mudanzas morfolóxicas e sintácticas no paso do latín ao galego medieval e do galego medieval ao actual.
• Identificar nun texto as características morfosintácticas que axudan a situalo na historia da lingua galega.
AULAS EXPOSITIVAS
Nelas o profesor fará presentación dos contidos teóricos que conforman os bloques temáticos da materia.
AULAS INTERACTIVAS
Nestas sesións traballaranse de maneira aplicada algúns dos contidos do programa que son especialmente relevantes. Nas primeiras sesións abordaranse practicamente algúns contidos integrados no bloque dos temas introdutorios, nomeadamente a natureza dos cambios morfosintácticos e os paradigmas morfolóxicos do latín. Da cuarta sesión en diante as clases interactivas dedicaranse á metodoloxía e á práctica do comentario filolóxico de textos antigos, centrado especificamente no nivel morfosintáctico.
Estas clases interactivas serán dirixidas polo profesor, mais contarase sempre coa participación dos estudantes, que será obxecto de avaliación.
TITORÍAS PROGRAMADAS
Estas titorías dedicaranse á orientación dos traballos que os alumnos deben presentarlle ao profesor e á resolución de dúbidas. De ser o caso, dedicaranse tamén a exercicios de lectura de textos de diferentes épocas.
Utilizaranse como recurso docente as aulas virtuais do Campus Virtual.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A cualificación final do curso determinarase consonte os seguintes criterios e probas de avaliación, dentro dun sistema exclusivamente de avaliación continua:
1. Proba 1, na que se dará conta dos contidos da materia. Realizarase de forma presencial e terá formato de exame. Corresponderalle o 60% da cualificación final. A data corresponderase coa do exame oficial fixada pola Facultade.
2. Proba 2, consistente nun traballo no que se realizará comentario filolóxico do nivel morfosintáctico e pequeno glosario dun pequeno corpus de voces tiradas dun texto antigo e asignadas polo profesor. Realizarase a entrega a través do Campus Virtual, terá formato de exercicio e corresponderalle o 30% da cualificación final. A data de entrega será a mesma do exame oficial fixada pola Facultade.
3. A asistencia e a participación activa nas aulas valerán o 10%.
Para aprobar a materia haberá que ter de media 5 ou máis puntos e ter un mínimo de 4 puntos no exame e de 2,5 puntos no traballo.
Para os alumnos que teñan dispensa de asistencia á clase ou que, por motivos debidamente xustificados ante o profesor antes do 14 de febreiro de 2025, non asistan ás aulas, os criterios serán os seguintes (con exclusión da achega por asistencia e participación):
1. Proba 1, na que se dará conta dos contidos da materia. Realizarase de forma presencial e terá formato de exame. Corresponderalle o 70% da cualificación final. A data corresponderase coa do exame oficial fixada pola Facultade.
2. Proba 2, consistente nun traballo no que se realizará comentario filolóxico do nivel morfosintáctico e pequeno glosario dun pequeno corpus de voces tiradas dun texto antigo e asignadas polo profesor. Realizarase a entrega a través do Campus Virtual, terá formato de exercicio e corresponderalle o 30% da cualificación final. A data de entrega será a mesma do exame oficial fixada pola Facultade.
Para aprobar a materia haberá que ter de media 5 ou máis puntos e ter un mínimo de 4 puntos no exame e de 2,5 puntos no traballo.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade os criterios para o cálculo da nota serán os mesmos. O alumnado que concorra a ela (en data fixada pola Facultade) terá que repetir só as probas que teña suspensas (cualificación inferior a 4 no exame e inferior a 2,5 no traballo) na primeira oportunidade, aínda que tamén poderá repetir as probas que teña aprobadas se desexar subir nota.
Outras observacións
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
- Clases expositivas: 30 horas
- Clases interactivas: 15 horas
- Titorías programadas: 2 horas
- Exames: 3 horas
- Total de horas de actividades presenciais: 50 horas
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
- Estudo e preparación de actividades programadas: 50 horas
- Preparación das sesións interactivas: 20 horas
- Lecturas: 20 horas.
- Preparación de exames: 10 horas
- Total de horas de actividades non presenciais 100 horas
Horario de titoría
Xavier Varela Barreiro (escritorio 216 da Facultade de Filoloxía)
Correo electrónico: xavier.varela [at] usc.gal (xavier[dot]varela[at]usc[dot]gal)
Segunda feira, de 9:00 a 15:00 hs., no escritorio 216. Aconséllase solicitar cita previa por correo electrónico.
Horario das aulas (2º semestre)
Cuarta feira, de 10:00 a 11:00, na aula D09
Cuarta feira, de 11:00 a 12:00, na aula D09
Quinta feira, de 9:00 a 10:00, na aula C10 (Grupo e de interactivas)
Quinta feira, de 10:00 a 11:00, na aula C10 (Grupo 1 de interactivas)
Francisco Javier Varela Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811816
- Correo electrónico
- xavier.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D09 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D09 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | D03 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | D03 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C09 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C09 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C01 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C01 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |