Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos principais son coñecer a xeración e desenvolvemento dos sistemas onomásticos e adquirir coñecementos metodolóxicos para realizar traballos de recollida e interpretación onomástica.
1. Conceptos básicos de onomástica. Principais especialidades
2. Características xerais da toponimia galega.
3. Conformación e desenvolvemento do sistema antroponímico
3.1. A conformación do corpus antroponímico: a Idade Media
3.2. A consolidación definitiva do nome complexo, a influencia da igrexa católica e a castelanización (ss. XVI a XX).
3.3. A antroponimia non oficial (hipocorísticos, alcumes, nomes de casa, nicks).
4. Aspectos sociolingüísticos: deturpacións, cambios, estandarización
4.1. Situación actual: o marco legal dos nomes, dos apelidos e dos topónimos.
5. Métodos de investigación toponímica (fontes, enquisa, interpretación)
Básica
Santamarina, Antón (2005): “Viaxe pola onomástica galega”, A Trabe de Ouro 62 11-38.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2009): “Sobre a estandarización da antroponimia: proposta para os apelidos”, Boletín da Real Academia Galega 370, 117-152.http://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/…
Navaza, Gonzalo (2009): “Parroquias e toponimia”, en F. García Pazos (coord.): A parroquia en Galicia. Pasado, presente e futuro. Xunta de Galicia: Santiago de Compostela, 181-201.
Complementaria
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2008): “250b. Historia interna del gallego: onomástica”, en Gerhard Ernst et al. (eds.): Romanische Sprachgeschichte: ein internationales Handbuch zur Geschichte der romanischen Sprachen = Histoire linguistique de la Romania: manuel international d’histoire linguistique de la Romania. Berlin / New York: Walter de Gruyter, vol. 3, 3168-3177.
Machado, José Pedro (1984): Dicionário Onomástico Etimológico da Língua Portuguesa. Lisboa: Confluéncia, 3 vols.
Antroponimia
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2003): “Onomástica persoal”, en Silverio Cañada (editor): Gran Enciclopedia Galega, vol. 33, 118-120.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007a): “Aproximación á configuración lingüística dos apelidos en Galicia”, Verba 34, 285-309.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007b): “Farruco, Paco, Fran: datos históricos e evolución dos hipocorísticos en Galicia”, Revista Galega de Filoloxía 8, 11-56.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2016): “Os nomes galegos no século XXI”, en Manuel González González (ed.): Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruibal. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 191-212.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2017): “La antroponimia en Galicia en el siglo XVIII”, Namenkundliche Informationen 109/110, 78-107.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (ed.) (2018): Estudos de Onomástica Galega III. Os alcumes. Xornada de estudo, Pontevedra, 30 de setembro de 2017. Real Academia Galega.
Boullón Agrelo, Ana Isabel / Luz Méndez (eds.) (2017): Estudos de Onomástica Galega II. Os nomes e os apelidos: aspectos legais, sociais e lingüísticos. Xornada de estudo, Pontevedra, 30 de setembro de 2017. Real Academia Galega.
Ferro Ruibal, Xesús (dir.) (1992): Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo.
Méndez Ferrín, Xosé Luís (2007): Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Vigo: Xerais.
Navaza, Gonzalo (2012): “A grafía do fonema prepalatal fricativo xordo en topónimos e apelidos galegos”, Estudos de Lingüística Galega 4, 169-185. [Inclúe estudo sobre os apelidos Feixoo e Raxoi] http://www.usc.es/revistas/index.php/elg/article/view/409/406
Tato Plaza, Fernando R. (1992): “Notas de onomástica a propósito dos alcumes en A taberna do galo”, en Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro, vol. I. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, 361-374.
Toponimia
Ares Vázquez, Nicandro (2012, 2013): Estudos de toponimia galega. A Coruña: Real Academia Galega. 2 vols.
Bascuas, Edelmiro (2002): Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Anexo 51 de Verba. Universidade de Santiago de Compostela: Santiago de Compostela.
Bascuas, Edelmiro (2005): Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia. Sada [A Coruña]: Ediciós do Castro.
Bascuas, Edelmiro (2014): Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega. Vigo: Universidade de Vigo.
Boullón-Agrelo, Ana Isabel (2019): “O artificio das etimoloxías: elementos constitutivos da toponimia galega”, en: Estudos Linguísticos e Filológicos Oferecidos a Ivo Castro. Lisboa
Competencias xerais:
-de tipo instrumental (pois terán que utilizar ordenadores e diversos corpora en internet, exercitar a súa comunicación verbal e a escrita na redacción e exposición dos seus exercicios),
-sistémicas (pois demostrarán a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais)
-interpersoais (pois terán que actuar cos seus compañeiros na exposición pública dos traballos e fomenta-las habilidades sociais ó faceren as enquisas toponímicas).
Nas aulas teóricas exporanse os contidos referidos á composición e orixe dos sistemas onomásticos, así como as maneiras de compilar corpora, a partir de fontes documentais (algunhas dispoñibles en internet) ou de traballo de campo.
Ó longo da materia iranse propoñendo diversos traballos de recollida e/ou interpretación semántica e etimolóxica, que terán como culminación a realización dun traballo final. Utilizaranse recursos dispoñibles na aula virtual.
Primeira oportunidade
A asistencia é obrigatoria. O número de faltas de asistencia non xustificadas non pode ser superior a 5.
A avaliación continua terá en conta os seguintes aspectos:
a) Participación activa nas aulas (nas que se terá en conta a calidade lingüística oral), en foros do campus virtual e realización de exercicios puntuais. Valorarase a asistencia a actividades formativas sobre a onomástica recomendadas pola profesora: 20%
b) Exercicios: 1) Hodonimia: 15%. 2) Toponimia: 20%. 3) Antroponimia 15%. Total: 50%. Para poder facer media, estes exercicios terán que ser avaliados como mínimo cun 4. As actividades non entregadas ou entregadas fóra de prazo cualificaranse cun 0.
c) Realización dun traballo obrigatorio que se acordará conxuntamente coa profesora (30%). Deberá comunicarse, como moi tarde, o 15 de novembro e entregar o último día de aulas. Cada persoa realizará unha breve presentación oral do seu traballo na aula.
Avaliaranse, amais dos contidos, a estrutura (presentación, desenvolvemento, conclusións, bibliografía), a calidade lingüística, a utilización dos materiais bibliográficos e as convencións de ortografía técnica para os traballos académicos.
Segunda oportunidade
No caso de o alumnado non superar a materia por avaliación continua, terá a oportunidade de repetir un dos traballos non superados dos epígrafes b e c (nese caso, a nota de a permanecerá inalterable). A recuperación do traballo correspondente ó epígrafe b será entregado o último día das aulas, que entregará o 22 de decembro.; a do traballo final, o día do exame final. Se o traballo recuperado non atinxise a calidade requirida, o alumno deberá presentarse ó exame final da segunda oportunidade na data oficial, no cal entrará toda a materia dada. Este exame contará un 70%, posto que se terá en conta para o total o traballo de curso (30%).
Dispensa de asistencia
O alumnado con dispensa oficial de asistencia axustarase ás condicións anteriormente expostas, coa única diferenza de que o apartado a será substituído por un traballo escollido conxuntamente coa profesora.
Observacións
1. Dado que se segue un sistema de avaliación continua, o alumnado que conte con dúas ou máis cualificacións non serán avaliados como Non-Presentados. Isto tamén é aplicable ós alumnos con dispensa de asistencia á clase.
2. Para superar a materia é requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito, e moi particularmente, o dominio do código normativo. Daquela, na cualificación dos traballos, actividades e exposicións repercutirán negativamente as faltas cometidas (no nivel léxico, ortográfico, sintáctico...).
3. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Parte das horas presenciais, 54 horas, calculadas do xeito seguinte:
-Lecturas, 15 horas.
-Estudio e preparación de actividades programadas no seminario, 9 horas.
-Realización do traballo de iniciación á investigaciónn, 30 horas.
Ana Isabel Boullon Agrelo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D01-Seminario |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D01-Seminario |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D04 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D06 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D06 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D06 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D06 |