Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CINEMA E LITERATURA GALEGA
-Obter unha visión panorámica da relación entre cine e literatura galega, tentando entender a singularidade desa relación como froito do contexto social e cultural no que se foi desenvolvendo.
-Poñer en práctica os instrumentos básicos de análise fílmica, especialmente os da enunciación, e comparalos cos da literaria.
-Avaliar a consideración do cine como disciplina artística, e a relación que mantén con outras, tanto dende un punto de vista sincrónico coma diacrónico.
CINEMA E LITERATURA GALEGA
1.Conceptos básicos da linguaxe fílmica. A narratoloxía aplicada ao cine.
Aspectos da articulación estrutural das linguaxes fílmica e literaria. Teoría(s) da adaptación. Conceptos básicos de narratoloxía aplicada ao cinema
2. Historia do cinematógrafo en Galicia.
-Os comezos do diálogo entre cinema e literatura galega. “O pai de Migueliño”
3. Cine e antropoloxía.
-O equipo Lupa.
-“Sempre Xonxa”: unha síntese de estereotipos
-De “El bosque del lobo” a “Romasanta”.
4. A literatura galega vista dende outras cinematografías: “La parranda”.
5. Manuel Rivas, cine e literatura: "Todo é silencio"
6. Codificación de modalidades xenéricas: “Trece badaladas”. "A praia dos afogados"
7. Teatro, cine e literatura: “Doentes”.
8. "Longa noite" ou como manexar a intertextualidade sen que se note
O desenvolvemento deste programa pode verse modificado polo número de estudantes que se matriculen na materia, o que determinará a cantidade de filmes que se visionen e, xa que logo, de exposicións na aula que o calendario académica permita planificar
Becerra, Carmen (ed.), Cine y teatro, Vigo: Academia del hispanismo, 2009.
Bordwell, David (2006), El arte cinematográfico: una introducción, Barcelona: Paidós
Cabo Villaverde, José Luis e Miguel Anxo Fernández (2008): Diccionario do cine en Galicia (1896-2008), Foro Galego do audiovisual.
Chatman, Seymour, Historia y discurso. La estructura narrativa en la novela y el cine, Madrid: Taurus, 1990.
Faro Forteza, Agustín, Películas de libros, Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza, 2006.
Fernández, Miguel Anxo, (coord.) (2007): Rodado en Galicia (1916-2008). Foro Galego do Audiovisual e Consorcio Audiovisual de Galicia
Fernández, Miguel Anxo (2010). “O cine e o audiovisual” en O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia, Víctor F. Freixanes e Alberto Meixide eds. Fundación CaixaGalicia. Pp. 391-429
Gaudreault, André, El relato cinematográfico: cine y narratología, Barcelona: Paidós, 1995.
Hutcheon, Linda, A theory of adaptation, New York: Routledge, 2006.
Manzano Espinosa, Cristina, La adaptación como metamorfosis: transferencias entre el cine y la literatura, Madrid: Fragua, 2008.
Peña-Ardid, Carmen, Literatura y cine: una aproximación comparativa, Madrid: Cátedra, 1999.
Pérez Bowie, José Antonio (ed.), La adaptación cinematográfica de textos literarios: teoría y práctica, Salamanca: Plaza Universitaria Ediciones, 2003.
Pérez Bowie, José A. (2008), Leer el cine: la teoría literaria en la teoría cinematográfica, Salamanca: Universidad.
Piñera Tarque, Ismael, Mundos narrativos: relato literario y relato fílmico, Kassel: Reichenberger, 2006.
Sánchez Noriega, José Luis, De la literatura al cine: teoría y análisis de la adaptación, Barcelona: Paidós, 2000.
Stam, Robert (2005), Teorías del cine: una introducción, Barcelona: Paidós.
Vilariño Picos, Teresa, y Patricia Fra (eds.), Literatura y cine. Boletín Galego de Literatura, 27, 1, 2002.
Conseguir que o alumnado teña unha visión panorámica da relación entre cine e literatura galega, e que consiga entender a súa singularidade como froito das coordenadas sociais e culturais nas que se foi desenvolvendo.
Fomentar a visión comparada coa práctica da análise literaria.
Potenciar a curiosidade polas disciplinas interartísticas e a interpretación do papel que desempeñan na sociedade actual, así como a necesidade de dotarnos de ferramentas axeitadas para o seu estudo
Combinaranse as sesións expositivas coa proxección e comentario de textos literarios e cinematográficos nas sesións prácticas.
Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases co fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula. A cuestión da asistencia regularase pola normativa da USC.
Fixaranse citas de titorías personalizadas co alumnado. Nelas a profesora fará un seguimento da preparación da exposición e do traballo, o alumnado terá que demostrar o seu grao de aproveitamento e expor as súas dúbidas e intereses concretos.
A materia impartirase en lingua galega.
Os criterios de avaliación aplicaranse tanto na 1ª como na 2ª oportunidade.
Exame final (70%)
Exposición na aula dun traballo que se entregará tamén por escrito (30%). A decision de que os traballos se realicen de xeito individual ou en grupo dependerá da profesora: a priori, serán individuais, mais o nº findal de alumnus/as matriculados/as na materia pode determiner que todos ou algúns se realicen en grupo.
O traballo (sexa individual ou en grupo) será un comentario sobre alguna das películas estudadas e a obra literaria coa que se relaciona. A escolla de temas, formación de grupos, metodoloxía, data de exposición, etc. programarase coa profesora nas primeiras semanas do cuadrimestre. O alumnado que obteña dispensa de asistencia a clase terá que entregar o traballo por escrito, tras fixar previamente o tema coa profesora.
É importante sinalar que a valoración do traballo só se sumará a quen teña 5 como mínimo no exame, é dicir, para aprobar a materia é imprescindible acadar esa cualificación mínima na proba escrita final.
Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso e a capacidade de síntese.
Os criterios expostos manterán validez nas calificacións de maio e nas de xullo.
Sempre que se informe á profesora no seu momento (nunca a posteriori) teranse en conta circunstancias individuais que condicionen o seguimento presencial do curso. Nese caso, e no daqueles alumnos/as que teñan dispensa oficial de asistencia a clase, pactarase coa profesora unha fórmula de avaliación que combine igualmente exame e traballo. Este non será obxecto de exposición na aula senón que se entregará só por escrito e valorarase nun 20% da nota final+80% do exame.
Como a súa denominación indica, a materia céntrase tanto no cine coma na literatura. Polo tanto,
non se trata só de ver filmes senón que tamén cómpre realizar a lectura dos textos literarios citados arriba no apartado de "Contidos" e, máis puntualmente, de textos teóricos. Ditas lecturas non son voluntarias senón que serán obxecto de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ademais das sesións presenciais, prevese que a materia poida demandar a seguinte dedicación (orientativa):
Actividades non presenciais dirixidas (lecturas, preparación de traballo e visionados): 30 h.
Actividades non presenciais libres (estudo): 30 h.
Como a súa denominación indica, a materia céntrase tanto no cine coma na literatura. Polo tanto, non se trata só de ver filmes senón que tamén cómpre realizar a lectura dos textos literarios citados arriba no apartado de "Contidos" e, máis puntualmente, doutros textos complementarios.
O programa poderá verse sometido a axustes en función do número de estudantes que finalmente cursen a materia.
Respecto á asistencia, aplicarase a normativa xeral da USC. Xa que logo, non se valorará a maiores por ser obrigatoria.
Dolores Vilavedra Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811884
- Correo electrónico
- dolores.vilavedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D04 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D04 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |