Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Obxectivos xerais:
Coñecimento xeral da produción literaria portuguesa e en portugués desde as Origens até à atualidade. Comprender e analizar a produción literaria como un fenómeno social e, en consecuencia, ser capaz de ler os textos literarios, os textos críticos e as historias da literatura como expresións complexas dunha sociedade concreta e dunhas circunstancias específicas.
2. Obxectivos específicos
Coñecer e estudar os procesos de conformación do canon das distintas literaturas que compoñen o intersistema lusófono e as relacións entre estes a través do coñecemento do marco xeral da produción literaria en cada unha delas e no conxunto do intersistema.
Achegarse ao coñecemento dos mecanismos de difusión e lexitimación literaria no intersistema lusófono.
Comprender fenómenos recentes como a internacionalización dos mercados literarios, os fenómenos mediáticos, etc.
I.O intersistema lusófono
1. Comprensión de conceptos iniciais
2. Literaturas de Lingua Portuguesa
3. Outros casos de intersistemas lingüísticos. Similitudes e diferenzas
4. Sistema e intersistema
5. Da literatura medieval ao intersistema lusófono
II. O canon do intersistema lusófono: conformación, historia e actualidade
1. Premios: Camões, Jabuti
2. Tratamento nos media: Jornal de Letras, Correntes d'Escritas, Itaú Cultural
3. O ensino nos diferentes contextos lusófonos
III. A produción literaria e os canons dos sistemas literarios da Lusofonia: conformación, historia e actualidade
1. Literatura Portuguesa
2. Literatura Brasileira
3. Literaturas dos PALOP
MANUAIS RECOMENDADOS
BUESCU, Maria Leonor Carvalhão História da literatura. Lisboa. Imprensa Nacional – Casa da Moeda. 1994 (2ª ed.)
COELHO; Jacinto Prado (ed.) Dicionário de literatura: literatura portuguesa, brasileira, galega, estilística literária. 5 vol. Porto. Figueirinhas. 1987 (3ª ed) e actualização (2002-03).
FERREIRA, João Palma Literatura portuguesa: história e crítica. Lisboa. Imprensa Nacional - Casa da Moeda. 1985.
LOPES, Óscar e SARAIVA, António José História da literatura portuguesa. Porto. Porto Editora. 1989.
REIS, Carlos (coord.) História crítica da literatura portuguesa. 9 vol. Lisboa. Verbo. 1991-1996.
BOSI, Alfredo, História concisa da literatura brasileira, São Paulo, Cultrix.
CANDIDO, Antonio, Formação da Literatura Brasileira: Momentos Decisivos, Belo Horizonte, Itatiaia/São Paulo, Edusp, 2 vols.
COUTINHO, Afrânio, A Literatura no Brasil, Niterói, José Olympio-Eduff, vols. 1-5.
MOISÉS, Massaud, Pequeno Dicionário de Literatura Brasileira, São Paulo, Cultrix. 5ª edição atualizada.
RIBEIRO, Maria Aparecida, Literatura Brasileira, Lisboa, Universidade Aberta, 1994.
ALBURQUERQUE, Orlando e Motta, José Ferraz (1998) História da literatura em Moçambique. Braga. APPACDM.
FERREIRA, Manuel (1977) Literaturas africanas de expressão portuguesa. Lisboa. ICALP (2 vol. Col. Biblioteca Breve).
GOMES, Aldónio e Cavacas, Fernanda (1997) Dicionário de autores de literaturas africanas de língua portuguesa. Lisboa. Caminho.
GOMES, Aldónio e Cavacas, Fernanda (1997) A literatura na Guiné-Bissau. Lisboa. GTMECDP.
LARANJEIRA, José Luís Pires (1995) Literaturas africanas de expressão portuguesa. Lisboa. Universidade Aberta.
LEITE, Ana Mafalda (1998) Oralidades & escritas nas literaturas africanas. Lisboa. Colibri.
Mata, Inocência (1992) Emergência e existência de uma literatura (O caso santomense). Linda-a-Velha. ALAC.
MATA, Inocência (1992) Pelos trilhos da literatura africana em língua portuguesa. Pontevedra/Braga. Cadernos do Povo.
MATA, Inocência (1998) Diálogo com as ilhas. Sobre cultura e literatura de São Tomé e Príncipe. Lisboa. Colibri.
SALINAS PORTUGAL, Francisco (2006) 'Literaturas africanas en lengua portuguesa’. Madrid. Síntesis.
LECTURAS OBRIGATORIAS (trechos das obras indicadas)
Camões, Luís de, Os lusíadas
Eça de Queirós, Os Maias
Pessoa, Fernando: selección de poemas e leituras complementares
Barreno, Maria Isabel, Horta, Maria Teresa e Costa, Maria Teresa Velho da, Novas cartas portuguesas
Antunes, António Lobo, Os cus de Judas
Saramago, José, A jangada de pedra
Machado de Assis, Memórias Póstumas de Brás Cubas.
Gregório de Matos: seleção de poemas
Azevedo, Aluísio, O mulato.
Clarice Lispector e Nélida Piñon: selección de contos
Almeida, Germano, O testamento do senhor Napumoceno da Silva Araújo
Vieira, Arménio: selección de poemas
Vieira, José Luandino, Luuanda
Pepetela, Yaka
Couto, Mia, Terra sonâmbula
Chiziane, Paulina, Niketche
Adquisición de coñecementos básicos sobre teoría da literatura e da cultura complementarios aos estudados en materias específicas.
Iniciación aos métodos de investigación (investigación indutiva e dedutiva, ferramentas empíricas).
Elaboración de lecturas e xuízos críticos.
Aplicación práctica dos coñecementos teóricos ou de contido adquiridos na materia.
Iniciación ás ferramentas básicas de exposición e divulgación: elaboración de traballos propios e orixinais e exposición pública dos traballos.
A metodoloxía escollida esixe a presenza continuada nas aulas, a participación activa nelas e a realización das lecturas e dos exercicios marcados. O obxectivo é que os e as estudantes aprendan a realizar traballos de investigación e documentación de forma autónoma e que mediante estes traballos amplíen os contidos proporcionados a través do seguimento do programa.Do mesmo xeito, preténdese desenvolver competencias, destrezas e habilidades relacionadas co traballo cooperativo e en equipo, debate e argumentación, comunicación oral e escrita, creatividade, iniciativa e toma de decisións, resolución de problemas.
Todos os materiais precisos para o seguimento da materia serán colgados na aula virtual ou, a non ser posíbel, será indicada a forma de conseguilos.
A avaliación para todas as persoas inscritas – inclusive aquelas con dispensa oficial de asistencia ás aulas - será continuada e constará, para ambas oportunidades (1ª e 2ª), dos seguintes itens:
A) Realización das tarefas vinculadas ao desenvolvimento da materia e proactividade en relación ás dinámicas de traballo da disciplina: 6,5 valores.
B) Realización de un traballo escrito, de carácter obrigatorio, conforme as indicacións dadas polas docentes (con quen debe ser previamente combinado e discutido o tópico) e que terá unha componente oral e unha componente escrita: 3,5 valores.
Para a avaliación da Primeira Oportunidade, a/o estudante poderá recuperar presencialmente –na data marcada– calquera dos elementos escritos de avaliación, no máximo de dous (de A e/ou de B), tanto non presentados como considerados deficientes. Sempre que posíbel, avisará previamente as profesoras sobre os que vai recuperar.
Na avaliación da Segunda Oportunidade, o sistema será o mesmo que o da Primeira Oportunidade, salvo que se poderán presentar o total de tarefas e traballo, tanto orais como escritos.
Para todos os casos de realización fraudulenta de exercicios, traballos ou probas (através de plaxio, uso de ferramentas de IA ou outros) será aplicada a "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións" da USC.
A carga de créditos da cadeira (6) equivale a 150 horas de traballo do/a estudante.
Recoméndase o acompañamento periódico da actividade, que permita a elaboración de tarefas orixinais en tempo e forma. Igualmente, é fundamental o apoio nos manuais e leituras indicadas.
Ao longo do semestre, será prestada atención á actualidade relacionada coa materia.
O plaxio e a utilización fraudulenta de ferramentas de IA serán considerados faltas moi graves.
Maria Felisa Rodriguez Prado
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811772
- Correo electrónico
- felisa.prado [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mario Iban Regueira Fernandez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- marioiban.regueira.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Helena Gonzalez Doval
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- helena.gonzalez.doval [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Portugués | B10 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Portugués | D12 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Portugués | D03 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D10 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |