Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia ten como obxectivo principal familiarizar ao estudantado coas tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento na que a información e a comunicación constitúen un papel fundamental. Trátase de que o alumnado coñeza diferentes ferramentas e recursos lingüísticos necesarios para as aplicaciónes de procesamento automático da lingua natural como son a escritura de textos asistida, a tradución, a recuperación da información ou o ensino e aprendizaxe de linguas asistido por ordenador.
1 Lingua e Sociedade do coñecemento
1.1 Tecnoloxías lingüísticas e procesamento da lingua natural (PLN)
1.2 Panorámica das aplicacións das tecnoloxías lingüísticas e do PLN
1.3 A intelixencia artificial: do imperio dos algoritmos á ética na era dixital
2 Aplicacións para a axuda á escritura.
3 Dicionarios electrónicos
Concepto de dicionario electrónico
Deseño de dicionarios electrónicos para diferentes aplicacións de PLN
Usabilidad de dicionarios electrónicos
4.Tradución automática
Tradución automática (TA) e tradución asistida por ordenador
Sistemas de TA baseados en regras
Sistemas de TA baseados en estatística
Novos modelos de TA
5. Aprendizaxe de linguas asistido por ordenador
a. Presentación de diferentes sistemas de ALAO
b. Corpus e aprendizaxe de linguas
- Básica
Clark, Alexander, Chris Fox e Shalom Lappin (eds.), The Handbook of Computational Linguistics and Natural Language Processing, Wiley-Blackwell, 2010 Routledge
Coeckelbergh, Mark, La filosofía política de la inteligencia artificial. Una introducción, Cátedra, 2023
Ertel, Wolfgang, Introduction to Artificial Intelligence, 2nd ed. Springer, 2017
McEnery, Tony, Fundamental Principles of Corpus Linguistics 2024
Oliver, Antoni, Herramientas tecnológicas para traductores, Editorial UOC, 2016
Rojo, Guillermo, Introducción a la lingüística de corpus en español, Routledge, 2021
Rubio López, Ruth Yanira e Bernal Chávez, Julio Alexander (2016), Introducción a la lingüística computacional, Ediciones de la U, 2016
OLIVER, A. (2016), Herramientas tecnológicas para traductores, Barcelona: Editorial UOC.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
INDURKHYA, N. & F.J. DAMERAU (eds.) (2010), Handbook of Natural Language Processing, Boca Ratón, FL: CRC.
Introduction to Artificial Intelligence. Editors: Michail E. Klontzas, Salvatore Claudio, Fanni Emanuele Neri, 2023, Springer Verlag.
Indurkhya, Nitin e Fred J. Damerau (eds.), Handbook of Natural Language Processing, Second Edition, Chapman and Hall/CRC, 2010
Markowitz, Judith A. (ed.), Robots that talk and listen., De Gruyter, 2015
Mitkov, Ruslan (ed.), The Oxford Handbook of Computational Linguistics, Oxford University Press, 2022
Müller-Spitzer, C. ed., Using Online Dictionaries, De Gruyter, 2014
1/ Básicas
- Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo.
- Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
- Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
2/ Xerais
- Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
- Capacidade do estudantado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
- Capacidade do estudantado para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais.
3/ Transversais
- Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información y as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
- Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
- Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
4/ Específicas
- Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística…).
- Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de linguas asistida por ordenador.
Sesión maxistral: Exposición, por parte do profesorado da materia, dos contidos obxecto de estudo ou das actividades que ten que desenvolver o alumnado.
Traballo tutelado:Traballo individual de curso sobre un aspecto concreto do programa da materia.
Actividades, prácticas e exercicios: Formúlanse exercicios relacionados coa materia, e o estudantado debe resolvelos aplicando os coñecementos asimilados nas clases.
Prácticas autónomas a través de TIC: Prácticas autónomas de ferramentas, aplicacións ou recursos obxecto de estudo da materia.
ESTUDANTADO PRESENCIAL
1.ª OPORTUNIDADE
Traballo tutelado: 65%
Asistencia e participación: 15%
Outras actividades avaliables, tests: 20%
2.ª OPORTUNIDADE
O estudantado poderá presentar unha nova versión daqueles traballos de curso (actividades avaliables e traballo tutelado) que non tivesen acadado o nivel suficiente, ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamernte no momento de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade.
No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e participación, a nota do/s traballo/s mencionados constituirá o 100% da cualificación final.
ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA: a puntuación acadada polos traballos (parciais e final) suporá o 100% da cualificación final, tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
“En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-ACTIVIDADE HR. NA AULA HR. FÓRA DA AULA TOTAL
Resolución de exercicios 10 0 10
Traballos tutelados 0 18 18
Prácticas autónomas (TIC) 0 11 11
Sesión maxistral 8 24 32
Atención individualizada 0 4 4
- Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula.
- Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como no seu traballo persoal fóra da aula.
- O alumnado deberá consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que este será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais por parte do profesorado.
(1) TITORÍAS: HORARIO, LUGAR E INFORMACIÓN DE CONTACTO
Horario: Fixado ao comezo do 1.º semestre
Lugar: Gabinete 417
Teléfono: 881 811 849
Correo-e: i.doval [at] usc.es (i[dot]doval[at]usc[dot]es)
(2) Lingua vehicular de docencia: galego e /ou español según preferencias de estudiantes
Irene Doval Reixa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811849
- Correo electrónico
- i.doval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C06 |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C06 |
17.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C10 |
17.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C10 |
08.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C10 |
08.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C10 |