Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Galego para a xestión cultural
Obxectivos
Tras cursar esta materia, os/as alumnos/as serán capaces de:
-Coñecer os aspectos fundamentais da relación entre lingua galega e sociedade en Galicia durante os últimos decenios, así como as principais vías de transmisión de ideoloxías lingüísticas a colectivos diversos (prensa, contidos audiovisuais, redes sociais, sistema escolar, etc.).
-Entender o proceso de construción de textos para a divulgación cultural como un proceso de mediación lingüística, a través do cal os contidos da investigación son postos a disposición de distintos perfís de públicos para distintas finalidades (formación, ocio, turismo cultural, etc.).
-Coñecer as características lingüísticas fundamentais dos textos científicos, publicitarios e xornalísticos.
-Coñecer os procedementos necesarios para levar a cabo a transformación de materiais lingüísticos heteroxéneos en textos aceptables e eficaces en procesos de divulgación da cultura destinados a públicos diversos e con finalidades específicas.
-Coñecer as características fundamentais da interacción entre materiais e producións lingüísticas e outros materiais e producións (visuais e audiovisuais).
-Aplicar os coñecementos aprendidos á construción de textos divulgativos eficaces en contextos específicos e sobre soportes particulares.
1) Lingua e sociedade en Galicia. O imaxinario da lingua galega segundo os principais soportes da súa difusión.
2) Actores na transmisión de ideoloxías lingüísticas en Galicia: grella institucional, medios de comunicación, redes sociais, etc.
3) A investigación sobre cultura: características dos textos científicos producidos no ámbito cultural.
4) Procedementos de transformación dos contidos culturais: adecuación a públicos diversos e a colectivos con necesidades específicas.
5) Principais técnicas lingüísticas na difusión de contidos culturais: procesos relacionados coa sítese de información textual e procesos relacionados coa creación de relato.
6) Práctica: difusión segmentada de contidos culturais a públicos diversos.
7) Práctica: elaboración de materiais electrónicos para a difusión e reinterpretación en rede de contidos culturais.
Achegarase en cada tema a correspondente bibliografía, de preferencia en formato dixital. Algunhas referencias de importancia aparecen deseguido:
Alonso Montero, X. (1973): Informe (dramático) sobre la lengua gallega. Madrid: Akal
Fernández, M. & M.A. Rodríguez Neira (coords.),Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1994): Mapa sociolingüístico de Galicia. Volume I. Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
Fernández, M. & M.A. Rodríguez Neira (coords.),Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1995): Mapa sociolingüístico de Galicia. Volume II. Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
Fernández, M. & M.A. Rodríguez Neira (coords.),Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1996): Mapa sociolingüístico de Galicia. Volume III.Actitudes lingüísticas en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
González González, M. (dir.) , M.A. Rodríguez Neira (coord.)., Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (2007): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume I.Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
González González, M. (dir.), M. A. Rodríguez Neira (coord.) Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (2008): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume II. Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
González González, M. (dir.), M. A. Rodríguez Neira e A. Pereiro Rozas (coords.) Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (2011): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume III. Actitudes lingüísticas en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
Iglesias Álvarez, A. (2003): Falar galego: no veo por qué. Vigo: Xerais.
Kabatek, J. (2000): Os falantes como lingüistas. Tradición, innovación e interferencias no galego actual. Vigo: Xerais.
Linheira, J. (2018): La cultura como reserva india. Madrid: Libros.com.
Con06: Coñecer a norma e uso coherente e axeitado das linguas ambientais (español ou galego), tanto de forma oral como escrita.
Con08: Identificar os distintos niveis e estilos de uso das linguas ambientais e internacionais, tanto na modalidade oral como na escrita, e a súa importancia para a elaboración e transmisión eficaz de textos con contido cultural.
Con 15 Recoñecer a diversidade do consumo cultural por parte de distintos sectores da sociedade, con especial atención ás persoas con necesidades específicas, e adaptar os produtos culturais para o seu goce por parte de cada colectivo.
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
- H/D06: Desenvolver unha actitude crítica cara aos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais, cunha especial atención á igualdade de xénero.
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
A docencia da materia desenvolverase mediante actividades formativas non presenciais. Están planificadas, por unha banda, 14 horas que se dedicarán a sesións semanais dunha hora, sesións que se poderán seguir de maneira síncrona mediante tecnoloxía de "streaming" (MSTeams), coa que se compartirá a sesión docente. Neste sentido, os diferentes materiais e recursos empregados durante as sesións poñeranse ao dispor do alumnado a través da aula virtual da materia. Por outra banda, está planificada unha hora semanal de titoría, que se desenvolverá de maneira non presencial e síncrona, a través de MSTeams, no horario fixado polo Decanato. O obxectivo destas titorías é orientar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe autónoma, así como resolver calquera dúbida ou consulta sobre os contidos e as actividades formativas programadas.
Empregaranse, deste xeito, metodoloxías diferentes e variadas que, en conxunto, posibilitan o seguimento a distancia da materia e o traballo autónomo do alumnado. A aula virtual empregarase como ferramenta principal para a docencia e nela poñeranse ao dispor do alumnado desde as presentacións en audio, explicando os contidos do programa, ata diferentes materiais bibliográficos e recursos, preferentemente en formato dixital, vídeos breves, ligazóns dixitais cos que acceder aos materiais audiovisuais e, en definitiva, o emprego de diferentes recursos didácticos que permitan a aprendizaxe autónoma do alumnado en remoto. Neste sentido, o uso da tecnoloxía de "streaming" para o desenvolvemento dos encontros entre profesorado e alumnado servirá para a exposición oral de traballos e o traballo colaborativo, para o que tamén se empregarán activamente os foros e os chats, promovendo a participación dos estudantes en debates moderados polo docente e incentivando a elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de diferente tipo, sexan individuais ou en grupo.
Os docentes da materia, ademais, comprométense a atender adecuadamente as consultas, dúbidas e solicitudes de información ou aclaración realizadas a través do correo electrónico nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o docente non estea a gozar dalgún tipo de permiso. Así mesmo, os docentes tamén se comprometen a avaliar e cualificar as diferentes tarefas e actividades programadas no marco do sistema de avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
1ª OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante avaliación continua. Na primeira oportunidade (maio-xuño) o 50% da cualificación final será resultado da avaliación das activades, tarefas e traballados programados nos distintos temas da materias. Terase e conta o interese e a participación regular e activa dos estudantes nas clases, a actitude positiva e o esforzo por mellorar e aprender e a corrección expresiva e a consistencia argumental nos traballados escritos e nas exposicións orais. O alumnado só terá dereito a este sistema de avaliación continua, podendo obter total ou parcialmente este 50% da cualificación final, se entrega, cando menos, catro tarefas programadas (unha por cada tema).
En segundo lugar, o 10% da cualificación final correspóndese coa participación activa dos estudantes na aula virtual: desde as titorías, chats, foros e debates, ata outras ferramentas virtuais que puntualmente poidan ser empregadas.
O 40% restante da cualificación provén da realización do exame final, na data fixada pola Secretaría do Centro, que consistirá nunha proba escrita coa que se comprobará a asimilación dos contidos e o desenvolvemento das competencias por parte do alumnado.
2ª OPORTUNIDADE:
A avaliación na segunda oportunidade realizarase tamén empregando un sistema de avaliación continua, de tal xeito que os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade: 40% exame, 10% asistencia e participación, 50% avaliación das tarefas e traballados entregados. O alumnado de segunda oportunidade terá a posibilidade de entregar até catro tarefas programadas (unha por cada tema), antes da data oficial da realización do exame fixada pola Secretaría do Centro.
ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado que deba asistir a convocatorias posteriores deberá seguir o mesmo sistema de avaliación continúa que se acaba de describir para os estudantes que acudan á 1ª e 2ª convocatoria: 40% exame, 10% asistencia e participación, 50% avaliación das tarefas e traballados entregados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións".
Por unha banda, o alumnado deberá dedicar un total de 30 horas para as actividades presenciais: 14 horas para as clases a distancia, nas que se presentarán os contidos básicos e se impartirán clases prácticas, 12 para as titorías, nas que aportar aos estudantes orientacións teórico-metodolóxicas, e 4 para a realización do exame. Por outra banda, estas horas presenciais implican ata 120 horas de traballo autónomo por parte dos estudantes, horas que se empregarán para a realización das tarefas e actividades programadas, o aproveitamento das lecturas obrigatorias e a preparación do exame final. En total, pois, cada estudante debe dedicar en torno a 150 horas de estudo e traballo persoal para superar con éxito a materia.
A pesar das diferenzas nos ritmo de aprendizaxe de cada estudante, a participación activa nas actividades presenciais ou a través dos recursos electrónicos destinados ao aproveitamento da docencia en remoto (aula virtual, foro, chat, correo electrónico...), a consulta e aproveitamento das lecturas obrigatorias e a realización motivada e con interese das diferentes actividades de traballo autónomo programadas son parámetros indicativos do compromiso e esforzo do alumnado e redundan moi positivamente no seu beneficio, cun seguimento regular e constante das clases.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de adaptacións o apoio específico, por motivos de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente. Porén, só se terán en conta a estes efectos os casos que teñan sido valorados e informados, previamente, polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). Máis información na URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html.
M Carme Silva Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mdocarme.silva [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 214 |
29.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |