Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Analizar o estudo dos compoñentes básicos do sistema literario romanés.
-Percibir as características particulares da produción literaria romanesa.
- Estudar a súa evolución e profundizar na etapa moderna.
- Adquirir coñecementos sólidos e claros do sistema literario romanés.
- Fomentar a capacidade de contrastar o sistema romanés co sistema literario doutras literaturas románicas (principalmente castelá e galega) e europeas.
TEMA 1. Introdución.
1.1. Contexto socio-cultural da literatura romanesa.
1.2. Contexto literario.
TEMA 2: POESÍA.
2.1. Características da poesía contemporánea.
2.2. Lucian Blaga e o tradicionalismo metafísico.
2.3. Gelu Naum e o surrealismo romanés.
2.4. George Bacovia e o simbolismo romanés.
2.5. Nichita Stãnescu e a xerazón dos ‘60.
2.6. Ana Blandiana e a poesía actual.
TEMA 3. NARRATIVA.
3.1. Características da narrativa contemporánea.
3.2. Narrativa breve: Liviu Rebreanu e a obra "Ciulandra".
3.3. Mateiu Caragiale e a narrativa de principios de século XX. "Los depravados príncipes de la vieja corte".
3.4. Camil Petrescu e o período de entreguerras. "El lecho de Procusto" e a nova narrativa.
3.5. Mihail Sebastian, "Desde hace dos mil años" e Norman Manea "El regreso del Húligan".
3.6. Mircea Cartarescu e o neovangardismo. Análise de "El Ruletista".
TEMA 4. Desde I. L. Caragiale ao teatro moderno.
TEXTOS:
Blaga, Lucian, Antología poética general, Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza, 2006.
Bacovia, George, 40 poemas, Tenerife, Ediciones DelEste, 2008.
Naum, Gellu, Poemas, traduc. V. Ivanovici, A Coruña, Espiral Maior, 2003.
Miniaturas de tiempos venideros. Poesía rumana contemporánea, trad. C. Iliescu Gheorghiu, ed. de J. Clariond, Madrid, Ediciones Vaso Roto, 2013.
Neruda, Pablo (trad.), 44 poetas rumanos, Buenos Aires, Editorial Losada, 1967
Novaceanu, Darie (trad.), Poesía rumana contemporánea, Barcelona, Barral, 1972.
Caragiale, Mateiu Ion, Los depravados ‘príncipes’ de la Vieja Corte, Valencia, El Nadir, 2008.
Cartarescu, Mircea, El ruletista, Madrid, Impedimenta, 2010.
Manea, Norman, El regreso del húligan, Barcelona, Tusquets, 2005.
Novaceanu, Darie (trad.), Narrativa rumana contemporánea, Madrid, Alianza Editorial, 1974.
Petrescu, Camil, El lecho de Procusto, Madrid, Celeste, 2002.
Rebreanu, Liviu, Ciuleandra: la danza popular valaca de la pasión y de la muerte, Rumanía, Fundación Cultural Rumana, 1992.
Sebastian, Mihail, Desde hace dos mil años, Valencia, Aletheia, 2008.
Blandiana, Ana, Las cuatro estaciones, Cáceres, Editorial Periférica, 2011.
Blandiana, Ana, Proyectos del pasado, Cáceres, Editorial Periférica, 2008.
Blaga, Lucian, Teatro rumano, Madrid, Aguilar, 1972.
ESTUDOS
Calinescu, G., Istoria literaturii române : de la origini pîna în prezent, Bucuresti, Minerva, 1982.
Cugno, M., “La poesia: dal romanticismo al postmodernismo”, en B. Mazzoni - A. Tarantino (a cura), Geografia e storia della civiltà letteraria romena nel contesto europeo, II, Plus, Pisa 2010, pp. 149-260.
Densusianu, Nicolae, Literatura romana moderna, Bucaresti, Eminescu, 1985.
Dodu Balan, I., A Concise History of Romanian Literature, Bucarest, Editura Stiinfica si Enciclopedica, 1981.
Ionescu, Christian, “A literatura romanesa moderna. Un informe panorámico”, Boletín de Literatura, 6, nov. 1991, pp. 7-38.
Lupi, Geno, Storia della letteratura romena, Firenze, Sansoni, 1955.
Micu, Dumitru, Scurta istorie a literaturii române, Bucuresti, Editura Iriana, 1994-1997, 4 vols.
Munteanu, Basil, Panorama de la littérature roumaine, París, 1938 / Panorama da moderna literatura romena, Lisboa, 1969.
- Visión completa das etapas máis importantes de literatura romanesa e da súa evolución.
- Coñecemento da literatura romanesa e das súas principais obras.
- Percepción da importancia do período moderno e contemporáneo na literatura romanesa.
- Capacidade de analise literaria e capacidade crítica.
As clases serán participativas. O profesor guiará e introducirá os temas aportando bibliografía. Os alumnos deberán expoñer os comentarios sobre autores e obras, tralas lecturas de libros e dos estudos recollidos no apartado correspondente e ás explicacións impartidas polo profesor na clase.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou para a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para presentar calquera aspecto de interese para o alumno.
Os alumnos que asistan a clase con regularidade serán cualificados pola docente de maneira continua a través da súa participación e avaliación das diferentes actividades realizadas ao longo do semestre. A valoración dos obxectivos e actividades da materia será a seguinte:
i) asistencia e participación activa na clase (30% da nota);
ii) elaboración de comentarios de texto e de traballos específicos (70% da nota);
Para superar a materia os estudantes que a cursen en réxime de non presencialidade (non asistencia continua ás sesións de clase, sen xustificación oficial) ou non superen o anterior sistema deberán realizar un exame final da materia, que consistirá nunha proba escrita con preguntas teóricas e prácticas de obras contidas no programa.
A avaliación para os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia realizarase a través dun exame fixado polo profesor (e de acordo cos alumnos) e, como no caso anterior, terá preguntas teóricas e prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
HORAS DE TRABALLO PERSOAL
Sesións presenciais: 48 horas (24 sesións expositivas + 24 sesións interactivas)
Sesións de titorías: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Total: 54 horas
HORAS DE TRABALLO NON PRESENCIAL DO ALUMNO:
Sobre as sesións presenciais: 84 horas (48 sesións expositivas + 36 sesións interactivas)
Sesións de titorías: 3 horas
Sesións de avaliación: 9 horas
Total: 96 horas
TOTAL: 54 horas + 96 horas = 150 horas
-Boa disposición para a lectura de textos e de obras literarias.