Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Analizar conceptos básicos para o estudo da tipoloxía das situacións de conflito lingüístico na Romania.
2. Analizar o nacemento e recoñecemento de novas linguas románicas e o mapa actual dos estándares románicos “baixo presión”.
3. Analizar o plurilingüismo europeo e as consecuencias da minorización na Romania: bilingüismo, diglosia, macrodiglosia e abandono da lingua.
4. Proporcionar coñecemento esencial sobre as políticas lingüísticas e o proceso de constitución das linguas románicas estatais e a consecuente minorización das outras variedades.
5. Analizar o caso especial das linguas crioulas de base románica.
I. Sociolingüística, lingüística de contacto e romanística. Conceptos varios: xénese e aplicación ás linguas e variedades románicas minorizadas
1. Sociolingüística (micro e macrosociolingüística) e variación (socio)lingüística.
2. Lingua, dialecto e variedade. Lingua minorizada e lingua polinómica.
3. Bilingüismo, diglosia e alternancia de código. Sociolingüística do conflito e as representacións sociolingüísticas.
4. Normalización e planificación lingüística.
5. Pidgin, crioulo e lingua franca. Variedade fronteiriza.
II. Linguas e variedades románicas estandarizadas e a súa clasificación
1. O contínuum románico e a clasificación en grandes áreas xeográficas. Clasificación tipolóxica.
2. Termos clave do modelo dualista de Kloss e a adaptación ás linguas románicas: o modelo relativista de Muljacic.
3. Nacemento e recoñecemento de novas linguas románicas e a clasificación dos estándares románicos “baixo presión”.
III. Plurilingüismo: contacto e conflito de linguas na Romania europea
1. As linguas minorizadas de Europa (con atención especial ás da UE). O seu recoñecemento nas diferentes Constitucións. O espazo para as linguas minorizadas na Babilonia de Europa e no mundo globalizado. Política Europea sobre as linguas minorizadas.
2. Tipoloxía das situacións lingüísticas (diglosia, macrodiglosia e dilalía) en estados europeos: España, Portugal, Francia, Bélxica, Italia, Suíza, Romanía e Moldovia.
3. As políticas lingüísticas da Europa occidental desde o século XV á actualidade. Situación legal das linguas e variedades minorizadas (con especial atención ás de España).
IV. Linguas crioulas e linguas francas
1. Crioulos románicos e a súa importancia para a sociolingüística: crioulos franceses, portugueses e españois.
2. Linguas francas: o italiano en boca oriental.
3. O spanglish e outros casos de mistura romance / non romance.
BÁSICA
Alén Garabato, Mª C. / Valcárcel Riveiro, C. (2001): “A República Francesa e as ‘linguas rexionais ou locais’: a situación do occitano e das linguas oilitanas”, A Trabe de Ouro 47, 35-59.
Alén Garabato, C. (coord.) [2018]: Une histoire sociale des langues romanes. Genèse, construction et évolution sociolinguistiques d'une famille de langues. https://langues-romanes.uoh.univ-montp3.fr/
Berruto, G. (1995): Fondamenti di sociolinguistica. Bari: Laterza.
Bochmann, K. (1992): “Observacións sociolingüísticas sobre a lingua galega”, en Actas do I CICG. Xunta de Galicia, 371-374 .
Boyer, H. (dir.) (1996): Sociolinguistique: territoire et objets. Lausanne/Paris: Delachaux et Niestlé.
Comisión Europea (1996): Euromosaic. Producción y reproducción de los grupos lingüísticos minoritarios de la UE. Oficina.
Fernández Rei, F./ Santamarina Fernández, A. (eds.) (1999), Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas. Santiago de Compostela: Universidade.
Fernández Rei, F. (2007): “Plurilingüismo y contacto de lenguas en la Romania europea”, en Gargallo Gil / Bastardas (coords.): Manual de lingüística románica. Barcelona: Ariel, 477-516.
Giordan, H. (1992): Les Minorités en Europe. Droits Linguistiques et Droites de l'Homme. Paris: Éditions Kimé.
Giralt Latorre. J. / Nagore Laín, F. (eds.) (2019): La normalización social de las lenguas minoritarias. Experiencias y procedimientos para la salvaguarda de un patrimonio inmaterial. Zaragoza: Universidad [PDF na rede]
Kloss, H. (1967): “‘Abstand Languages’ and ‘Ausbau Languages’, Anthropological Linguistics 9/7, 29-41.
Longobardi, M. / Sheeren, H. (coords.) (2016): L’Europe romane: identités, droits linguistiques et littérature Lengas. Revue de Sociolinguistique 79 https://lengas.revues.org/1010
Metzeltin, M. (2004), Las lenguas románicas estándar: historia de su formación y su uso, Oviedo: ALLA.
Montes Giraldo, J. J. (1986): “Lengua-dialecto una vez más. La persistencia y actualidad de un viejo problema”, Thesaurus XLI/1-2-3, 23-41.
Muljačić, Ž. (1993): “Standardization in Romance”, en Posner / Green (eds.): Trends in Romance Linguistics and Philology. Bilingualism and Linguistic Conflict in Romance, vol. 5. Berlin / New York: Mouton de Gruyter, 77-114.
Muljačić, Ž. (1999): “Estandardización de linguas románicas ‘baixo presión’: unha proposta tipolóxica”, en Fernández Rei / Santamarina (eds.): Estudios de sociolingüística románica, 11-26.
COMPLEMENTARIA
Alén Garabato, C. / Brea, M. (eds.) (2018): Limba noastră-i o comoara... Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a Francisco Fernández Rei. Santiago de Compostela: Universidade.
Giralt Latorre. J. / Nagore Laín, F. (eds.) (2018): Lenguas minoritarias de Europa y estandarización. Zaragoza: Universidad [pdf na rede]
Holtus, G. / Metzeltin, M. / Schmitt, Ch. (eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik (LRL), 8 vols. Tübingen: Max Niemeyer, 1988-2005.
Metzeltin, M. (2007b): “Tipología. Partición de la Romania y tipos romances”, en Gargallo / Bastardas (coords.): Manual de lingüística románica. Barcelona: Ariel, 397-426.
Posner, R. (1996): The Romance Languages. Cambrigde: University Press.
Sánchez Vidal, P. (2018): Os idiomas do estado español. Un enfoque sociolingüístico. Anexo 77 de Verba.
Schmidely, J. et alii (2001): De una a cuatro lenguas, del español al portugués, al italiano y al francés. Madrid: Arco libros.
Schlösser, R. (2001): Le lingue romanze. Bologna: Il Mulino.
1. Apreciar a relatividade de conceptos como lingua e dialecto.
2. Comprender os trazos comúns do plurilingüismo social no mundo románico.
3. Coñecer a actitude dos estados latinos fronte á diversidade cultural do seu territorio.
4. Ter unha noción básica da situación das linguas e variedades románicas minorizadas.
5. Familiarizarse coa metodoloxía dos estudos sociolingüísticos e coa súa metodoloxía.
Combinarase a docencia teórica, con información básica sobre os distintos contidos, coa práctica. O docente proporcionará información esencial sobre o patrimonio lingüístico da Europa románica, que non se reduce ás grandes linguas estatais. O alumnado deberá realizar pola súa conta lecturas programadas e os traballos que sinale o profesor.
O profesor porá a disposición do estudantado un dossier de materiais de traballo para o desenvolvemento esencial do programa e unha escolma de textos para as clases interactivas e para a realización de comentarios fóra das aulas; en todo caso, este material, total ou parcialmente, tamén se pendurará na aula virtual.
Existe un horario de titorías personalizadas para resolver dúbidas suscitadas polas explicacións do profesor ou a preparación dos comentarios e exercicios, aínda que tamén se poden utilizar para consultar calquera aspecto de interese para o alumnado.
1ª oportunidade (xaneiro)
Aplicarase un procedemento de avaliación continua. Farase un seguimento do labor realizado por cada estudante, polo que se require a asistencia obrigatoria (como mínimo, nun 80% do total de horas previstas) tanto ás clases expositivas como ás interactivas e unha participación activa nelas, comentando as lecturas.
Ademais, cada estudante fará obrigatoriamente dous traballos: (a) unha recensión escrita dun dos libros que figuran na bibliografía da guía didáctica; (b) un traballo escrito sobre un tema (ou un aspecto) dos bloques II, III ou IV do programa, do que tamén se fará unha exposición na clase.
Os aspectos avaliables e a súa valoración na cualificación final son os seguintes:
a) Asistencia e intervencións voluntarias de tipo persoal con interese para o desenvolvemento da materia (porcentaxe mínima de presencialidade para ser considerada: 80% do total de horas lectivas). Valoración: 15%.
b) Comentarios. Valoración: 30%.
c) Traballo A (recensión dun libro). Valoración 20%.
d) Traballo B (texto escrito e exposición). Valoración 35%.
Os alumnos con dispensa de asistencia ás aulas e os que non acaden o aprobado no sistema de avaliación continua terán que realizar un exame final da materia na data oficial fixada para o mesmo polo Decanato.
2ª oportunidade (xuño)
O alumnado que non superou a materia na 1ª oportunidade ou que conste como non presentado terá que realizar un exame na data oficial fixada polo Decanato.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS HORAS
Sesións expositivas 30
Sesións de seminario /
laboratorio de idiomas
/ aula de informática... 15
Sesiones de titoría programadas 3
Sesións de avaliación 2
Outras actividades
Total de horas de actividade presencial 50
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS HORAS
Estudo e preparación
de actividades programadas na clase 40
Realización de traballos de diverso tipo 20
Lecturas 20
Preparación de exames 20
Outras actividades
Total de horas de actividade non presencial 100
É conveniente que o alumnado poida ler textos científicos en inglés, francés e italiano.
Para los casos de realización fraudulenta de ejercicios o pruebas será de aplicación lo recollido en la Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de calificaciones.
Manuel Negri
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- m.negri [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D14 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D14 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D06 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |