Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase de facer un percorrido pola produción lírica románica medieval, deténdose naqueles autores e obras de referencia. O alumno deberá acabar a materia sabendo identificar en liñas xerais determinados exemplos da poesía medieval, identificar os autores dos textos máis salientables estudados e identificar os trazos máis definidores da escola ou movemento ó que pertence o seu autor.
I. Introdución xeral
Coordenadas espazo-temporais
Poesía latina altomedieval. Centros conservadores de cultura. Códices. Carmina Cantabrigensia, Carmina Rivipullensia, Carmina Burana
Poesía lírica pretrobadoresca en lingua vulgar: las jarchas.
II. Escola trobadoresca occitana: O amor cortés
Os trobadores
Os xéneros: a cansó, o sirventés, a alba, a pastorela, a tensó.
Os textos
Transmisión manuscrita
III. Os trouvères en langue d’ oïl
Os trobadores e os textos: Chrétien de Troyes, Conon de Béthune, Gace Brulé, Colin Muset,Thibaut de Champagne, Adam de la Halle.
Os xéneros: a chanson courtoise; a "chanson de femme"; a "pastourelle". a "chanson de toile".
IV. Escola trobadoresca galego-portuguesa
Os xéneros: a cantiga de amor, a cantiga de amigo, a cantiga de escarnio e maldizer; outros xéneros líricos.
Os trobadores e os textos
Transmisión manuscrita
V. Escola siciliana
A poesía na corte de Federico II de Sicilia
Giacomo da Lentini e a invención do soneto
VI. O Dolce Stil Novo
A poética stilnovista
Os poetas Guido Guinizzelli, Guido Cavalcanti. Dante Alighieri : Vita Nuova.
VII. Francesco Petrarca
O Canzoniere: estrutura e significado
VIII. Poesía Cancioneril castelá
Lecturas obrigatorias
Poesía de trovadores, trouvères y Minnesinger, C. Alvar (trad.), Madrid, Alianza Editorial, 1982.
Locus amoenus. Antología de la lírica medieval de la Península Ibérica. ed. bilingüe de Carlos Alvar - Jenaro Talens, Galaxia Gutenburg, Barcelona, 2009.
Dante Alighieri: Vita Nuova/ Vida Nueva, ed. bilingüe de Raffaele Pinto, Cátedra, Madrid, 2003.
Franceso Petrarca. Cancionero, A. Crespo (trad.), Madrid, Alianza Editorial, 1995. (selección de textos)
Chansons des trouvères (S. N. Rosenberg – H. Tischler, eds.), Le Livre de Poche, Paris, 1995. (Selección de textos).
Alonso, A. (ed.), Poesía de cancionero, Cátedra, Madrid, 1991.
Bibliografía complementaria:
2. Edicións e estudos
Alvar, C. - Gómez Moreno, A., La poesía lírica medieval, Madrid, Taurus, 1987.
Alvar, C. – J. M. Lucía Megías, Antología de la antigua lírica italiana : (de los primeros textos al Dolce Stil Novo), Madrid, Sial, 2008.
Antología del Cancionero de Baena (edición de Jesús L. Serrano Reyes ; prólogo de José J. Labrador Herraiz), Ayuntamiento de Baena, Delegación de Cultura, 2000.
Beltrán, V., A cantiga de amor, Xerais, Vigo, 1995.
Beltrán, V., Estudios sobre poesía de cancionero, Noia, Toxosoutos, 1999.
Brea, M. – Lorenzo Gradín, P., A cantiga de amigo, Xerais, Vigo, 2000.
Calenda, C., “Il dolce Stil Novo e Dante”, », Manuale di Letteratura Italiana. Storia per generi e problemi (F. Brioschi – C. Di Girolamo, eds.), Bollati Boringhieri, Torino, 1993, pp. 343-374.
Deyermond, A., Poesía de cancionero del siglo XV : estudios seleccionados, (Rafael Beltrán, José Luis Canet y Marta Haro, eds.), Universitat de València, 2007.
Dictionnaire des Letres Françaisses. Le Moyen Age (G. Hasenohr – M. Zink, eds), Fayard, Paris, 1992.
Dronke, P., La lírica en la Edad Media. Barcelona, Ariel, 1995.
Fenzi, E. (ed.), Commenti sul Canzoniere di Francesco Petrarca, Salerno Ed., Roma, 1993.
Fidalgo, E., De Amor y de burlas. Antología de la poesía medieval gallego-portuguesa, Vigo, Nigratrea, 2009.
Formisano, L. (ed.), La lirica, Il Mulino, Bologna, 1990.
Girolamo, C. di, I trovatori, Bollati Boringhieri, Torino, 1989.
Gómez Redondo, F. (ed.), Edad Media: Juglaría, Clerecía y Romancero, Barcelona, Crítica, 1996.
Jonin, P. (ed.), Anthologie thématique de la poésie française du Moyen Age, Paris, Honoré Champion, 1991.
Le Gentil, Pierre, La Poésie lyrique espagnole et portugaise à la fin du Moyen Age : les thèmes, les genres et les formes , Genève, Slatkine, 1981.
Liborio, M. - Gianneti, A., La letteratura provenzale medievale: antologia di testi, Roma, Carocci, 2004.
Liborio, M. A. - De Laude, S., La letteratura francese medievale, Roma, Carocci, 2002.
Locus amoenus. Antología de la lírica medieval de la Península Ibérica (latín, hebreo, mozárabe, provenzal, galaico-portugués, castellano y catalán, ed. bilingüe, C. Alvar – J. Talens (eds.), Barcelona, Galaxia Gutenberg, 2009.
Mancini, M., I trovatori, Edizioni dell’Orso, Torino, 1998.
Mancini, M., La letteratura francese medievale, Bologna, Il Mulino, 1997.
Mancini, M., Metafora feodale. Per una storia dei trovatori, Il Mulino, Bologna, 1993.
Meneghetti, M.L., Le origini delle letterature medievali romanze, Bari, 1997.
Páginas del cancionero / Ausiàs March ; introducción, edición y notas de Costanzo di Girolamo ; traducción de José María Micó, Madrid, Pre-Textos, 2004.
Poirion, D., Littérature Française. Le Moyen Age, 2 vols., Arthaud, 1971.
Resende de Oliveira, A., Trobadores e xograres. Contexto histórico, Xerais, Vigo, 1995.
Riquer, M. De, Los trovadores. Historia literaria y textos (3 vols.), Planeta, Barcelona, 1980.
Riquer, M. De, Vidas y retratos de trovadores,
As competencias específicas que debe acadar o alumnado
co estudo desta materia son:
Consciencia da literatura románica como un bloque sólido, con distinción de xéneros específicos.
Consciencia de xénero na literatura románica medieval por riba de fronteiras lingüísticas.
Comprensión do fenómeno de creación e expansión dun novo xeito de entender a poesía
Coñecemento da expresión do sentimento amoroso a través da poesía lírica en diferentes linguas románicas
Coñecemento de distintos xéneros poéticos na Idade Media románica
Adquisición de capacidade crítica para avaliar as distintas tradicións literarias no marco das diferenzas e analoxías que presentan.
Capacidade para establecer relacións sincrónicas e diacrónicas entre os diversos aspectos tratados na programación.
Capacidade para percibir a repercusión que a poesía medieval tivo na literatura posterior.
A profesora explicará durante as sesións presenciais os temas que configuran o programa mediante a exposición dos contidos básicos da materia, apoiada sempre na oportuna selección de textos que se entregará ó comezo de cada tema. A disciplina pretende ofrecer unha visión histórico-comparada das principais escolas poéticas que se desenvolven ó longo de case catro séculos e das variacións que van sufrindo os modelos orixinais cando son interpretados en ámbitos xeográficos e culturais distintos, así como da aparición de novos xéneros poéticos que engrosan a corrente poética de partida. Así mesmo, describiranse as características esenciais dos poetas máis salientables de cada movemento de xeito que a súa obra se poda identificar facilmente dentro do conxunto.
Os/as estudantes deberán facer aquelas lecturas que se vaian aconsellando para poder seguir o desenvolvemento do programa. Trátase, sobre todo, de capítulos de libros, de artigos e outras publicacións curtas, que traten aspectos relevantes do tema en cuestión e que facilitará que o/a estudante siga as explicacións teóricas, e que lle permita participar de maneira eficaz nos comentarios de texto dirixidos que se farán na aula para asentar os coñecementos recentemente adquiridos. Ademais, deberan realizar comentarios de textos de composicións facilitadas pola docente e que serán expostos de forma oral ou entregados de forma escrita.
Aconsellarase bibliografía específica ó longo do curso, a medida que se aborden determinados temas.
As clases interactivas estarán dirixidas pola profesora, pero buscarán a participación activa dos/as estudantes, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente na aula, como na preparación persoal, fóra da aula, de traballos individuais que poderán ser exposton na aula en datas previamente fixadas ou entregadon á profesora en soporte escrito se así o require.
Todos/as os/as estudantes deben participar nas clases presenciais, lendo e analizando os textos que se presentan na aula (ou por vía telemática de ser o caso), aportando os seus comentarios e observacións persoais aos temas que presenta a profesora e realizando comentarios de texto. Todos/as deberán ler as fontes primarias de bibliografía recomendadas antes do inicio das clases. Esta parte (asistencia, lectura, participación e realización de comentarios de texto) suporá o 70 % de cualificación total da materia. A cualificación dun traballo individual, de carácter obrigatorio, cuxo tema será acordado ca profesora, equivalerá ao 30% restante. A DATA DE ENTREGA DO TRABALLO será 10 días antes da data fixada oficialmente para o exame final.
Os/as estudantes con dispensa oficial de aulas deberán realizar o exame final, en datas marcadas desde o Decanato da Facultade.
Os/as estudantes que non poidan asistir con regularidade a clase, pero que poidan xustificar a súa ausencia, serán avaliados a través da recensión dunha lectura especializada, da realización de 1 traballo monográfico e de 4 comentarios de texto da programación, que se subirán á aula virtual (e que se enviarán tamén por email á profesora). A DATA DE ENTREGA DOS TRABALLOS deberá ser 10 días anterior á data oficial establecida pola Facultade de Filoloxía para a realización do exame final da materia.
Na SEGUNDA OPORTUNIDADE, a avaliación efectuarase exclusivamente a través do exame oficial marcado polo Decanato.
*Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (HORAS)
- Sesións expositivas e interactivas: 40
- Titorías programadas: 5
- Sesións de avaliación: 5
TOTAL: 50
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS (HORAS)
- Estudo, lectura e preparación das actividades programadas: 30
- Realización de comentarios:20
- Elaboración do traballo monográfico: 50
TOTAL: 100
Asistencia regular a clase e participación activa nas mesmas.
Capacidade para ler textos e bibliografía en diferentes linguas.
Dado que a materia se estuda sobre os textos seleccionados como exemplo da corrente literaria ou como mostra da produción poética dun determinado autor, é imprescindible levar o estudo da materia ao día.
Maria Esther Corral Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- esther.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C04 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D06 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D06 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |