Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Introducir o alumno na historia externa das variedades lingüísticas da Romania sobre as que se superpuxo ou coas que entrou en competencia outra lingua estatal.
2. Analizar a situación sociolingüística actual das variedades lingüísticas románicas minorizadas, tanto no referente ao seu estatus como á súa elaboración literaria.
I. Mapa actual das linguas e variedades románicas minorizadas
II. Exame da situación de cada lingua e variedade tendo en conta todos (ou algúns) dos seguintes parámetros:
a. Xeografía e demografía
b. Historia
c. Política, economía e situación actual
d. Estatísticas lingüísticas
e. O discurso e o comportamento dos falantes sobre a propia lingua
f. Educación
g. Administración, vida pública e política
h. Relixión
i. Medios de comunicación
j. Ortografía
k. Literatura
l. Efectos (externos e internos) do contacto lingüístico
III. Linguas románicas minorizadas que teñen (principalmente) como teito o castelán
3.1. O galego
1. A situación especial do galego estremeiro (occidente de Asturias, León e Zamora)
2. A situación especial das falas esencialmente galegas de Cáceres
3.2. O catalán
1. A situación especial do catalán en Valencia
2. A situación especial do catalán nas Illes Balears
3. A situación especial do catalán na “franja” aragonesa
4. O catalán en Andorra
5. O catalán en Francia
6. O catalán en Italia (alguerés)
3.3. Unha variedade con pouca elaboración: o asturiano
3.4. Unha variedade aínda con pouca elaboración: o aragonés
IV. Linguas románicas minorizadas que teñen (principalmente) como teito o francés
1. O occitano.
2. O occitano en Italia
3. O occitano en España (aranés)
4. O corso
V. Linguas románicas minorizadas que teñen como teito o italiano
1. O sardo
2. O friulano
3. O ladino
4. O valdostano (francoprovenzal de Italia)
VI. O portugués como lingua teito
1. O mirandés, variedade astur-leonesa minorizada
2. O barranqueño, modelo de linguas en contacto
VII. Linguas románicas minorizadas que teñen como teito idiomas non románicos
1. O romanche
2. O moldovo
VIII. Variedades románicas que teñen ou tiveron algún cultivo literario
1. En Italia: piemontés, lígur, lombardo, siciliano...
2. En Francia (picardo, francoprovenzal, galó...), en Bélxica (walón) e en Suíza (francoprovenzal)
IX. Linguas e variedades románicas minorizadas que se encontran fóra do continente europeo
1. A situación do francés no Québec
2. O “fronterizo” de Uruguai (DPU)
BÁSICA
As linguas particulares teñen tratamento nas obras de carácter xeral.
Alén Garabato, Mª C.-Valcárcel Riveiro, C. (2001): “A República Francesa e as ‘linguas rexionais ou locais’: a situación do occitano e das linguas oilitanas”, A Trabe de Ouro 47, 35-59.
Alén Garabato, C.-Brea, M. (eds.) (2018): Limba noastră-i o comoara... Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a Francisco Fernández Rei. Santiago de Compostela: Universidade.
Boyer, H.-Gardy, Ph. (2001): Dix siècles d’usages et d’images de l’occitan. Des troubadours à l’internet. Paris: L’Harmattan
Calvet, J.-M. (1993): L’Europe et ses langues, Paris, Plon.
Comisión Europea (1996): Euromosaic. Producción y reproducción de los grupos lingüísticos minoritarios de la UE, Bruselas-Luxemburgo.
Constenla Bergueiro, G.-Luna Alonso, A. (eds.) (2003): Linguas sen estado e planificación lingüística (I): Italia e Francia. Vigo: Universidade.
Costas, X. H. (2002): Guía das linguas de Europa. Santiago: Positivas.
Costas González, X. H. (2011): A lingua galega no Eo-Navia, Bierzo Occidental, As Portelas, Calabor e o Val do Ellas: Historia, breve caracterización e situación sociolingüística actual. Cadernos de Lingua. Anexo 8. A Coruña: RAG.
Fernández Rei, F.-Santamarina, A. (eds.) (1999): Linguas románicas minoritarias. Santiago de Compostela: Universidad.
Fernández Rei, F. (2001): “A situación das minorías étnico-lingüísticas da República Italiana”, A Trabe de Ouro 47, 13-34.
Fernández Rei, F. (2007): “Plurilingüismo y contacto de lenguas en la Romania europea", en J. E. Gargallo Gil-Mª R. Bastardas (coords.): Manual de lingüística románica. Barcelona: Ariel, 477-516.
Giralt Latorre. J.-Nagore Laín, F. (eds.) (2018): Lenguas minoritarias de Europa y estandarización. Zaragoza: Universidad [PDF na rede].
Giralt Latorre. J.-Nagore Laín, F. (eds.) (2019): La normalización social de las lenguas minoritarias. Experiencias y procedimientos para la salvaguarda de un patrimonio inmaterial. Zaragoza: Universidad [PDF na rede].
Giralt Latorre. J.-Nagore Laín, F. (eds.) (2021): El “continuun” románico. La transición entre las lenguas románicas, la intercomprensión y las variedades lingüísticas de frontera. Zaragoza: Universidad [PDF na rede].
Holtus, G.-Metzeltin, M.-Schmitt, C. (eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik (LRL), 8 vols. Tübingen: Max Niemeyer, 1988-2005.
Longobardi, M.-Sheeren, H. (coords.) (2016): L’Europe romane: identités, droits linguistiques et littérature / L'Europa romanza.Identità, diritti linguistici e letteratura / L'Euròpa romanica: identitat, dreches lingüistics e literatura, Lengas. Revue de Sociolinguistique 79 [en liña, 02-02-2017 https://lengas.revues.org/1010]
Metzeltin, M. (2004): Las lenguas románicas estándar. Historia de su formación y de su uso. Uviéu: ALLA.
Posner, R.-Green, J. (eds.) (1993): Trends in Romance Linguistics and Philology. Volume 5: Bilingualism and Linguistic Conflict in Romance. Berlin - NY: Mouton De Gruyter.
Siguán, M. (1992): La Europa de las lenguas. Madrid: Alianza [É unha boa introdución. A edición orixinal estaba en catalán [L'Europa de les llengües, Edicions 62].
Vallverdú, F. (dir.) e Bañeres, J. (coord.) (2001): Enciclopèdia de la llengua catalana, Edicions 62, Barcelona [É o texto máis actualizado e completo ata agora sobre a lingua catalana, en todas as súas variedades. Cada capítulo está redactado por un especialista].
1. Apreciación da complexidade do mapa das linguas nos estados europeos da Romania.
2. Coñecemento da actitude dos estados latinos fronte á diversidade cultural do seu territorio.
3. Obtención de nocións básicas sobre a situación das linguas e variedades románicas minorizadas.
4. Familiarización coa metodoloxía dos estudos de (macro)sociolingüística e coa súa metodoloxía.
A docente proporcionará información teórica e práctica que permitirá que o alumnado coñeza de maneira cabal cal é a composición lingüística da Romania europea, que equivale a máis da metade da Unión Europea actual, plurilingüe no seu conxunto e plurilingüe na maioría dos estados que a compoñen. Cada estudante deberá complementar esa información con buscas persoais e afirmala coa realización de exercicios prácticos e cun traballo monográfico.
1ª oportunidade (maio)
Aplicarase un procedemento de avaliación continua. Farase un seguimento semanal do labor realizado por cada estudante, polo que se require a asistencia obrigatoria (como mínimo, nun 80% do total de horas previstas) tanto ás clases expositivas como ás interactivas e unha participación activa nelas, comentando as lecturas.
Ademais, cada estudante fará obrigatoriamente un traballo escrito sobre a situación dunha das linguas ou variedades minorizadas do programa, do que tamén se fará unha exposición na clase. Os aspectos avaliables e o seu peso na cualificación final son os seguintes:
a) Asistencia e intervencións voluntarias de tipo persoal con interese para o desenvolvemento da materia (porcentaxe mínima de presencialidade para ser considerada: 80% do total de horas lectivas). Peso: 20%.
b) Dominio dos contidos teóricos e prácticos sobre comentarios específicos preparados para desenvolver nas aulas. Peso: 40%.
c) Traballo dun tema e a súa exposición oral. Neste traballo valorarase a calidade, orixinalidade, presentación, redacción e ordenación dos contidos. Peso 40%.
O alumnado con dispensa de asistencia ás aulas e que a acredite debidamente terá que realizar comentarios escritos (50% da nota), que irá entregando ao longo do período lectivo; tamén fará os dous traballos (A 20% da nota, B 30% da nota), que entregará antes de finalizar o período lectivo.
O estudante que asista con regularidade e non acade a nota mínima de 5 na avaliación final (50% do total) e o estudante con dispensa de asistencia que non obteña esa nota mínima, así como o alumnado presencial que falte a un 20 % ou máis das clases, ten que realizar un traballo e comentarios sobre aspectos do programa, que suporán o 100% da nota.
2ª oportunidade (xullo)
O alumnado que non superou a materia na 1ª oportunidade ou que conste como non presentado terá que realizar un traballo e comentarios sobre aspectos do programa, que suporán o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudelenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ASesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías individualizadas e avaliación: 15 horas.
Total: 60 horas.
Horas de traballo non presencial do alumno (estimativo; inclúen todas as actividades establecidas pola profesora): 90 horas.
Total de horas de traballo do estudante: 150 horas.
As horas non presenciais corresponden a traballo autónomo do alumno; polo tanto, responden a unha orientación puramente teórica, desde o momento en que cada estudante é o responsable da planificación do seu traballo.
É conveniente que o alumnado poida ler textos científicos en inglés, francés e italiano.
Es conveniente que el alumnado pueda leer textos científicos en inglés, francés e italiano.
Marina Arbor Aldea
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811768
- Correo electrónico
- marina.arbor [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B06 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |