Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as diversas manifestacións teatrais das literaturas románicas na Idade Media.
- Coñecer a posición particular que ocupa o teatro entre os xéneros literarios, as peculiaridades artísticas e a súa dobre dimensión literaria e espectacular.
- Aplicar a teoría do xénero teatral ao teatro medieval románico.
- Coñecer as peculiaridades das manifestacións teatrais en lingua romance a través da análise dos textos seleccionados.
- Proporcionar unha visión do papel do teatro no desenvolvemento da cultura do Occidente medieval europeo.
Tema 1
- A situación do teatro no conxunto da literatura: literatura e espectáculo. A densidade semiótica
- Análise sígnica do texto dramático e do texto espectacular. Os diversos sistemas de codificación teatral
- O espazo teatral
Tema 2
- Dramaticidade e performatividade da obra medieval
- Perspectiva histórica do teatro occidental: Baixa Latinidade e Idade Media. A formación dos ciclos relixiosos. As representacións laicas. O teatro mediolatino
Tema 3
- O teatro en lingua romance
1) O teatro medieval francés
1.a) O Jeu d’Adam.
1.b) O Jeu de Saint Nicolas de Jean Bodel.
1.c) O Jeu de la Feuillée de Adam de la Halle
1.d) A farsa de Maee Pathelin.
2) O teatro na Península Ibérica
2.a) A Representación de los Reyes Magos
2.b) O teatro salmantino: Juan del Encina
3) O teatro medieval en Italia
3.a) Laude, Passione de Montecassino
3.b) A Sacra rappresentazione toscana.
FONTES PRIMARIAS
Aebischer, P., Le Mystère d'Adam, Genève-Paris, Droz, 1964.
Badel, P.-Y. (ed.), Adam de la Halle. Oeuvres complètes, Librairie générale française, Paris, 1995.
Dufournet, J. (ed. y trad.), Adam de la Halle. Le Jeu de la feuillée, Peeters, Louvain, 1991 (1ª ed. 1977).
Harguindey, H. (trad.), Tres pezas cómicas medievais, A Coruña, Universidade da Coruña, 1999.
Henry, A. (ed), Jean Bodel, Le Jeu de Saint Nicolas, Genève, 1981.
Langlois, E. (ed.), Adam le Bossu. Le Jeu de la Feuillée, Honoré Champion, Paris, 1984 (1ª ed. 1923).
Lázaro Carreter, F., Teatro medieval, Madrid, Castalia, 1986.
Lippardt, W., Lateinische Osterfeiern und Osterspiele, Berlín, 1975-1990, 9 vols.
Leroir , N. (ed), La farce de Maistre Pathelin, Paris, Gallimard, 2003.
García Peinado, M. A., Farce de Maistre Pierre Pathelin, Córdoba, 1984.
Martínez Pérez, A.-Palacios Bernal, C., Teatro profano francés en el siglo XIII. Jeu de Saint Nicolas, Murcia, 1994, pp. 52-257.
Palacios Bernal, C. - Martínez Pérez, A. (trads.), El teatro de Adam de la Halle. Le Jeu de la Feuillée, Le Jeu de Robin et Marion, Universidad de Murcia, Murcia, 1989.
Pérez Priego, M. A., Teatro medieval, Madrid, Cátedra, 2009.
Redoli Morales, R., Le Jeu d'Adam, Málaga, Universidad de Málaga, 1994.
Rony, J. (ed.), Adam de la Halle. Oeuvres complètes, Librairie Générale Française, Paris, 1995.
Bibliografía básica
Allegri, L., Teatro e spettacolo nel Medioevo, Laterza, Bari, 1988.
Aubailly, J. C., Le théâtre médiéval profane et comique, Honoré Champion, Paris, 1975.
Castro Caridad, E., Introducción al teatro latino medieval, USC, Santiago de Compostela, 1996.
Drumbl, J., Il teatro medievale, Il Mulino, Bologna, 1989.
Young, K., The Drama of Medieval Church, Oxford, 1967.
Bibliografía complementaria
Accarie, M., Le théâtre sacré à la fin du Moyen Âge: le Mystère de la Passion de Jean Michel, Genève, Droz, 1980.
Apollonio, M., Storia del Teatro Italiano, Sansoni, Firenze, 1981.
Auerbach, E., Mimesis. La representación de la realidad en la literature occidental, México, FCE, 1993.
Braet, H. et alii (eds.), The Theatre in the Middle Ages, Lovaine, Leuven University Press, 1985.
Cátedra, P., Liturgia, poesía y teatro en la Edad Media, Madrid, Gredos, 2005.
Cohen, G., Histoire de la mise en scène dans le théâtre religieux français du Moyen Age, Paris, Champion, 1951.
Chambers, E. K., The Medieval Stage, Oxford University Press, Oxford, 1903, 2 vols.
De Merolis, F., Studi sul Teatro medievale in Francia tra sacro e profano, dal Quem quaeritis al Jeu de la Feuillée, Itinerari Edizioni, Lanciano, 2006.
Doglio, F., Teatro in Europa, I: Medioevo, Garzanti, Milano, 1982.
Goldstein, L., The Origin of Medieval Drama, Fairleigh Dickinson University Press, Madison (N.J.), 2004.
Gómez Moreno, A., El teatro medieval castellano en su marco románico, Taurus, Madrid, 1991.
Harris, J. W., Medieval Theatre in Context: An Introduction, Routledge, London, 1992.
Iogna-Prat, D. – Darwing, S., Théâtres du Moyen Âge: textes, images et performances, Saint-Denis, Université de Vincennes, 2010.
Konigson, E., L’espace théâtral médiéval, CNRS, Paris, 1975.
Massip, F., El teatro medieval. Voz de la divinidad, cuerpo de histrión, Montesinos, Barcelona, 1992.
Quirante, L, Teatro asuncionista valenciano, Valencia, 1987.
- Identificar as características dos textos que integran o xénero.
- Habilidade para establecer as oportunas relacións entre as diversas manifestacións do xénero nas tradicións literarias romances.
- Identificar a influencia que outros xéneros e manifestacións exercen sobre o teatro medieval.
- Dominio do comentario de textos aplicado ás obras teatrais.
- Realización de traballos monográficos con rigor, orixinalidade e capacidade de síntese.
- Asimilación da bibliografía recomendada polo profesor con coherencia e principios críticos.
- Empregar de maneira eficaz diversos medios de pescuda bibliográfica para desenvolver a aprendizaxe autónoma (información na rede, bases de datos, bibliotecas virtuais...).
- Desenvolver a capacidade de reflexión, exposición e argumentación.
- De acordo cos principios metodolóxicos da historia literaria, o profesor explicará nas horas lectivas o temario do Programa mediante a correspondente exposición dos contidos, que se basearán na oportuna selección de textos, imaxes e recursos informáticos como base da aprendizaxe. No ensino da materia predominará o método histórico-comparado, polo que se presentará o desenvolvemento do xénero no 'contexto histórico e cultural, e os textos literarios serán analizados a través da comparación cos exemplares da mesma modalidade en sincronía e diacronía.
A participación activa do alumnado nas clases constitúe un dos elementos básicos da metodoloxía da materia. Daquela, é obrigatoria a asistencia á clase (requisito de asistencia mínima do 80% das horas de clase), que se complementa coa lectura particular e obrigatoria dos textos propostos no programa, que servirán de base para a discusión e posta en común nas clases.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas, fundamentalmente, a resolver as dúbidas suscitadas durante as explicacións dadas polo profesor ou para orientar a preparación dos comentarios e traballos.
Como corresponde á metodoloxía de ensinanza exposta, os alumnos deben levar ao día o estudio da materia e ir asimilando todos os contidos que se van desenvolvendo segundo unha planificación do traballo ordenada.
1ª Oportunidade
Sistema de avaliación continua, baseado no seguimento dos estudantes nas aulas, na participación activa nestas e na realización de actividades individuais ao longo do curso, que se complementará coa realización dun traballo final de carácter individual.
Os diferentes apartados nos que se desglosa o sistema de avaliación distribúensen de acordo co seguinte valor á hora de calcular a cualificación final:
a) Asistencia a clase: 30% da nota final, computando tanto a presencialidade como a participación nas actividades da aula.
b) Realización de traballos: 70%, para o que se require a realización de todos os traballos esixidos.
Así mesmo, para superar a materia, a avaliación destes dous apartados deberá ser positiva.
Os alumnos que non se acollan a esta modalidade de avaliación (incluíndo aquí os alumnos que obtiveran unha dispensa de asistencia a clase ou ben que non poidan asistir ás aulas por problemas sobrevidos ao longo do curso ou calquera outra razón deberán realizar un exame final. Así mesmo, para a segunda segunda convocatoria prevese a realización doutro exame.
2ª oportunidade
A avaliación efectuarase exclusivamente a través dun exame escrito sobre o contido do programa. Constitúe o 100% da cualificación.
Aqueles estudantes que conten con dispensa de asistencia acreditada serán avaliados na primeira oportunidade conforme aos seguintes requisitos: a) entrega de resumos das obras de lectura obrigatorias e realización de dous comentarios de texto (40%); b) realización dun exame escrito (60%). Na segunda oportunidade, a avaliación realizarase a través da realización dun exame escrito.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (HORAS)
- Sesións expositivas: 30
- Sesións interactivas: 15
- Titorías programadas: 3
- Sesións de avaliación: 2
TOTAL: 50
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS (HORAS)
- Estudo, lectura e preparación das actividades programadas: 30
- Realización de comentarios: 30
- Elaboración do traballo monográfico: 40
TOTAL: 150
- Asistencia regular a clase e interese polas materias de literatura medieval.
-Dedicación constante ás tarefas programadas.
- Lectura das fontes primarias obrigatorias antes da exposición do tema correspondente para poder facer un seguimento correcto dos contidos impartidos nas sesións expositivas.
-Lectura crítica da bibliografía especializada indicada polo profesor para poder desenvolver a aprendizaxe autónoma.
- Asistir ás titorías sempre que o estudante teña problemas ou dúbidas cos contidos da materia ou durante a elaboración dos comentarios e traballos obrigatorios.
Tanto para o correcto aproveitamento da programación como para o desenvolvemento da aprendizaxe autónoma, convén ter capacidade para ler nalgunha lingua estranxeira, o que favorecerá que o estudante enriqueza, valore e contraste a información dada polo profesor na aula. Así mesmo, recoméndase ao alumnado que relacione os contidos adquiridos cos doutras materias afíns.
Os estudantes deberán redactar e presentar os seus traballos co nivel de corrección esperable ao seu grao académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios escritos.
Santiago Gutierrez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- santiago.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | B05 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B05 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B05 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
24.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
24.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |