Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Diferenciar os diferentes tipos de edición dun texto e a súa finalidade (facsimilar, diplomática, paleográfica, crítica, divulgativa...).
-Coñecer as diversas correntes metodolóxicas empregadas pola crítica na edición de textos.
-Asimilar os principios teóricos que sustentan unha edición crítica e diferenciar as fases que forman parte do proceso editorial.
-Manexar con xuízo crítico os aparatos de variantes.
-Elaborar unha edición crítica dun texto breve a partir dos principios teóricos e prácticos expostos nas clases e da lectura da bibliografía recomendada.
-Introducirse no uso das TICs aplicadas á edición de textos.
-Entender e valorar a importancia da crítica textual no contexto das ciencias da literatura.
NOTA PRELIMINAR. A crítica textual. Definición e obxecto de estudo
TEMA 1. TIPOLOXÍA DAS EDICIÓNS
1. Crítica textual e edición de textos. Introdución
2. Tipoloxía das edicións
TEMA 2. HISTORIA DO MÉTODO CRÍTICO
1. Introdución. As orixes: o período clásico
2. A actividade filolóxica durante a Idade Media
3. A crítica do texto ("emendatio ope codicum") desde os humanistas ata o século XVIII
4. A "recensio" durante o Século das Luces
5. O denominado "método de Lachmann"
6. Despois de Lachmann: crítica e novas contribucións ao método
7. A "revolución tecnolóxica": a irrupción das TICs no ámbito da crítica textual
TEMA 3. A TRANSMISIÓN DOS TEXTOS. ORIXINAL E COPIA(S)
1. Introdución
2. Fenomenoloxía do autor
3. Fenomenoloxía da copia
TEMA 4. O PROCESO CRÍTICO
1. Introdución
2. A "recensio"
3. A "constitutio textus"
4. A anotación do texto
TEMA 5. A APLICACIÓN PRÁCTICA DO MÉTODO CRÍTICO
1. Edición de autógrafos
2. Edición de testemuños únicos
3. Edición de textos transmitidos en varios testemuños
4. Edición de textos con variantes de redacción
5. A edición dixital.
Bibliografía básica
Beltrami, P. (2010): A che serve un’edizione critica? Leggere i testi della letteratura romanza medievale, Bologna: Il Mulino.
Blecua, A. (1983): Manual de crítica textual, Madrid: Castalia.
Cambraia, C. Nardelli (2005): Introdução à crítica textual, São Paulo: Martins Fontes.
Lucía Megías, José Manuel (2012): Elogio del texto digital. Claves para interpretar el nuevo paradigma, Madrid: Fórcola.
Orduna, G. (2005): Fundamentos de crítica textual, edición de L. Funes y J. M. Lucía Megías, Madrid: Arco Libros.
Pérez Priego, M. A. (2011 [1997]): La edición de textos, Madrid: Síntesis.
Sánchez-Prieto Borja, P. (1998): Cómo editar los textos medievales. Criterios para su presentación gráfica, Madrid: Arco Libros.
Bibliografía complementaria
Avalle, D’A. S. (1978 [1975]): Principî di critica testuale, Padova: Antenore.
Avalle, D’A. S. (2002): La doppia verità. Fenomenologia ecdotica e lingua letteraria del medioevo romanzo, Firenze: Edizioni del Galluzzo.
Barbi, M. (1994 [1938]): La nuova filologia e l’edizione dei nostri scrittori da Dante al Manzoni, Firenze: Le Lettere.
Bédier, J. (1928): “La tradition manuscrite du Lai de l’Ombre. Réflexions sur l’art d’éditer les anciens textes”, Romania, 54, pp. 161-196, 321-356 (reimpresión, Paris: Honoré Champion, 1929, 1970).
Blecua, A. (2012): Estudios de crítica textual. Madrid: Gredos.
Brambilla Ageno, F. (1975): L’edizione critica dei testi volgari, Padova: Antenore.
Cerquiglini, B. (1989): Éloge de la variante. Histoire critique de la philologie, Paris: Éditions du Seuil.
Contini, G. (1986): Breviario di ecdotica, Milano-Napoli: Ricciardi.
Contini, G. (2007): Frammenti di filologia romanza: scritti di ecdotica e linguistica (1932-1989), a cura di G. Breschi, Firenze: Edizioni del Galluzzo, 2 vols.
D’Agostino, A. (2012 [2006]): Capitoli di filologia testuale. Testi italiani e romanzi, Milano: Unicopli.
González-Blanco García, E. (2017): “La edición digital de textos literarios: planteamientos y perspectivas de futuro”, RILCE: Revista de Filología Hispánica, 33,1, pp. 239-258.
Lepage, Y. G. (2001): Guide de l’édition de textes en ancien français, Paris: Honoré Champion.
Maas, P. (2012 [1927]): Crítica del texto, Sevilla: Universidad Internacional de Andalucía.
Martines, V. (1999): L’edició filològica de textos, Valencia: Universitat de València.
Montanari, E. (2003): La critica del testo secondo Paul Maas: testo e commento, Firenze: Edizioni del Galluzzo.
Pasquali, G. (1962 [1934]): Storia della tradizione e critica del testo, Firenze: Le Monnier.
Pons Rodríguez, L. (coord.) (2006): Historia de la lengua y crítica textual, Madrid-Frankfurt am Main: Iberoamericana-Vervuert.
Quentin, D. H. (1926): Essais de critique textuelle (Ecdotique), Paris: Piccard.
Roncaglia, A. (1975): Principi e applicazioni di critica testuale, Roma: Bulzoni.
Segre, C. (1998): Ecdotica e comparatistica romanze, a cura di A. Conte, Milano-Napoli: Ricciardi.
Stussi, A. (ed.) (1995 [1985]): La critica del testo, Bologna: Il Mulino.
Timpanaro, S. (1981 [1973]): La genesi del metodo di Lachmann, Padova: Liviana.
Trovato, P. (2014): Everything you Always Wanted to Know about Lachmann’s Method. A Non-Standard Handbook of genealogical Textual Criticism in the Age of Post-Structuralism Cladistics, and Copy-Text, Padova: Liberiauniversitaria.it edizioni.
Vielliard, F. & Guyotjeannin, O. (coords.) (2001): Conseils pour l’édition des textes médiévaux. I. Conseils généraux, Paris: École Nationale des Chartes.
-Capacidade para aplicar os coñecementos filolóxicos á crítica textual.
-Asimilación dos conceptos clave da materia, fomentando a capacidade de análise e de síntese para discriminar a información esencial da accesoria.
-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na preparación dunha edición crítica, que debe incluír un apartado introdutorio, as notas que se estimen oportunas e unha bibliografía mínima de referencia.
-Manexo das TICs no proceso de edición textual.
-Capacidade para valorar e emitir xuízos críticos nos temas obxecto da materia, e para proxectalos a outros ámbitos de estudo, así como para expolos ante públicos diversos.
-Incorporación do rigor nos métodos de traballo e na elaboración dos exercicios previstos, tanto desde o punto de vista científico como técnico.
As clases expositivas presentarán os contidos esenciais do programa, co obxectivo de fomentar a autoaprendizaxe continua por parte do estudante. As clases interactivas consistirán na análise e posta en práctica dos métodos da edición crítica. Nesta materia é primordial a exemplificación de cada un dos conceptos e o exame dos problemas específicos que suscita cada volume manuscrito e cada texto, polo que nas clases a combinación de teoría e práctica resulta fundamental. Para as exposicións, teóricas e prácticas, empregaranse os recursos tecnolóxicos que se estimen oportunos -sobre todo recursos informáticos– e os fondos de que dispoñen as bibliotecas da Universidade de Santiago -en particular, as reproducións facsimilares de códices que se conservan na Sala de investigadores da Facultade de Filoloxía; no caso de que non se poida acceder a elas, a profesora porá ao servizo dos estudantes aquelas de que dispón a título privado-.
A profesora establecerá, de acordo cos horarios dos discentes, un horario de titorías personalizadas, que están destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas que poidan derivarse das explicacións dadas na aula, aínda que tamén se poden utilizar para abordar todas aquelas cuestións que o alumno considere de interese.
O sistema de aprendizaxe baséase no traballo na aula, complementado co traballo que cada alumno debe desenvolver á marxe das horas lectivas. Nesta materia resulta imprescindible a asistencia regular ás clases –que será dun mínimo do 80%, con control por parte da profesora– e a participación activa na discusión dos diferentes puntos do programa, en ocasións a partir de lecturas feitas con antelación.
Aqueles estudantes que cumpran cos requisitos mencionados serán avaliados de maneira continua a través da exposición nas clases interactivas de aspectos determinados do programa; ademais, deberán elaborar un traballo monográfico final.
A actividade desenvolta polo alumno nas clases interactivas computará un 60% sobre o total da nota (10% para a participación na clase; 50% para comentarios de textos e actividades encargadas pola docente), mentres que o traballo monográfico, que consistirá na edición crítica dun texto, terá un valor total do 40%. As datas de entrega dos devanditos traballos serán indicadas durante a primeira semana de clase.
Debe terse en conta que a asistencia ás aulas por si mesma non computa -aínda que é obrigatoria- se non vai acompañada dunha participación activa por parte do estudante.
Os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade deberán realizar os traballos que non obtivesen un cinco (5) na primeira avaliación.
Nota. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías individualizadas e avaliación: 15 horas.
Total: 60 horas.
Horas de traballo non presencial do alumno (estimativo; inclúen todas as actividades establecidas pola profesora): 90 horas.
Total de horas de traballo do estudante: 150 horas.
As horas non presenciais corresponden a traballo autónomo do alumno; polo tanto, responden a unha orientación puramente teórica, desde o momento en que cada estudante é o responsable da planificación do seu traballo.
A asistencia regular ás clases e a lectura da bibliografía básica recomendada ao inicio do curso son esenciais para seguir correctamente os contidos das exposicións teóricas e prácticas, preparando o alumno para realizar os traballos con bo rendemento e eficacia. A materia está pensada para asimilar conceptos básicos e para poñer en práctica os coñecementos filolóxicos dos estudantes establecendo relacións entre os diversos puntos do programa (e, incluso, entre diversas materias).
Os principios e métodos que sustentan o ensino da disciplina esixen un certo nivel de abstracción, de aí que se valore de maneira positiva a capacidade crítica dos estudantes na aplicación correcta dos conceptos básicos na realización dos traballos individuais.
Recoméndase seguir un ritmo de traballo diario e constante. É fundamental facer unha lectura analítica da bibliografía recomendada para poder aplicar as conclusións de maneira científica no proceso de aprendizaxe.
Os estudantes deberán redactar e presentar os traballos de maneira acorde co seu nivel académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios.
Marina Arbor Aldea
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811768
- Correo electrónico
- marina.arbor [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B05 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B05 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B05 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |