Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
– Coñecemento dos elementos básicos que conforman o sistema literario do romanés.
– Recoñecemento da importancia da literatura oral e popular romanesas.
– Adquisición dos datos esenciais relativos á literatura culta e á súa evolución, con particular atención aos períodos, obras e autores non considerados na materia Literatura romanesa II.
– Análise dos trazos característicos da literatura romanesa, contrastándoa cos sistemas literarios que se manifestan, para similares períodos, nas literaturas doutras linguas románicas.
SECCIÓN I. Introdución
Tema 1. Os romaneses e Romanía. Panorama histórico e literario.
SECCIÓN II. Literatura popular
Tema 2. Conceptos xerais
2.1. Folclore; popular, tradicional e folclórico; literatura popular e literatura do pobo.
2.2. Criterio cultural (folclore dos costumes) e criterio literario (xéneros e especies). Tipoloxía textual: colinde ‘panxoliñas’; baladas ou cântece batrenesti ‘cantos antigos’.
Tema 3. A folclorística romanesa
3.1. Etapas principais: a escola de Vasile Alecsandri, a escola de Bogdan Petriceicu Hasdeu e a etapa contemporánea.
3.2. Fases na recolleita da poesía popular: Vasile Alecsandri (1852-1853), Gheorghe Dem. Teodorescu (1855) e Grigore G. Tocilescu (1890) .
3.3. Recolleita da prosa popular: E. Stanescu Aradanu (1860) e Petre Ispirescu (1882).
Tema 4. O folclore dos costumes: cancións das estacións do ano e de traballos marcados polo calendario
4.1. Ciclo de Nadal e Aninovo.
4.1.1. Colinde (“panxoliñas”).
4.1.2. Cancións da estrela.
4.1.3. Felicitacións de Aninovo.
4.2. Ciclo primaveral e estival.
4.3. Festas populares en tempo de sequía.
Tema 5. O folclore dos costumes: cancións relativas ás idades do ser humano
5.1. Votos de nacemento e de bautismo.
5.2. Ceremonial da voda e variantes.
5.3. Ceremonial do enterro ou bocete (cantos fúnebres de enterro e enterro-voda).
5.4. Esconxuros ou descântece.
Tema 6. Xéneros e especies literarios
6.1. Lírica popular. A doină.
6.2. Narrativa popular. Balade ‘baladas’ ou cântece batrenesti ‘cantos antigos’.
6.2.1. Cantos fantásticos: “Soarele si Luna” (‘O Sol e a Lúa’).
6.2.2. Cantos da vida pastoril: “Mioritsa” (‘A ovelliña’), a raíña dos cantos antigos romaneses.
6.2.3. Cantos sobre a corte feudal: “Manastirea Arges” ou “Manole mesterul” (‘O mosteiro de Arges' ou ‘O mestre Manole’).
6.2.4. Cantos danubianos: “Antofica”, “Kira”.
6.2.5. Épica heroica. Ciclo de haiducie: “Mihu Copilu” (‘Miguel o Neno’), “Toma Alimos”, “Corbea”.
6.2.6. Épica heroica. Ciclo dos novaci (loitadores antiotomanos): “Gruia în Tsarigrad” (‘Gruia en Constantinopla’). “Constantin Brâncoveanu”, canto da decapitación do príncipe de Valaquia e os seus catro fillos.
6.2.7. Baladas familiares: “Brumarel” (‘Outubro’), “Ghitsa Catanuta".
6.3. Teatro. Teatro popular laico: teatro de marionetas e de sombras. Teatro popular relixioso: “Vicleimul” (‘Auto de Nadal’)
6.4. Proverbios. Adiviñas.
SECCIÓN III. Literatura culta antiga e premoderna (ata 1830)
Tema 7 . Os primeiros textos literarios: clasificación e descrición. Os textos relixiosos. A historiografía en Moldavia (Grigore Ureche, Miron Costin, Ion Neculce, Dimitrie Cantemir) e en Valaquia (Constantin Cantacuzino).
Tema 8. O iluminismo transilvano: “Scoala Ardealana” (A Escola Transilvana). A Tsiganiada de Ioan Budai-Deleanu e a parodia da epopea. Poesía amorosa na época fanariota.
SECCIÓN IV. Literatura culta moderna.
Tema 9. Do racionalismo iluminista ó romanticismo: Gheorghe Asachi e Ioan Heliade Radulescu.
Tema 10. O Romanticismo romanés no contexto europeo. Vasile Alecsandri, a “liña nacional” da literatura romanesa. Dimitre Bolinteneanu. Alexandru Odobescu.
Tema 11. A época dos grandes clásicos. Titu Maiorescu e a arte poloa da xeración Junimea. Os grandes clásicos: Mihai Eminescu, Ion Creanga e Ion Luca Caragiale.
Tema 12. Reacción á arte pola arte. O simbolismo romanés: Alexandru Macedonski e George Bacovia. O realismo popular na narrativa de Ion Slavici e de Alexandru Vlahuta. A poesía popular de George Cosbuc.
BÁSICA
I
Dinca, I. (2001): Antologie de texte literare si interpretari critice pentru clasele V-VIII. Bucuresti: Niculescu.
Pop, I.-A. (2006): Los rumanos y Rumanía. Una breve historia. Trad. Iulia Bobaila. Cluj-Napoca: Instituto Cultural Rumano [especialmente pp. 71-228].
II
Cepraga, D. O. / Renzi, L. / Sperandio, R. (2004): Le Nozze del Sole. Canti vecchi e colinde romene. Roma: Carocci.
Cortés, L. L. (1955): Antología de la poesía popular rumana. Edición bilingüe con un estudio preliminar y notas. Madrid: CSIC, Universidad de Salamanca.
Lirica obiceiurilor traditsionale românesti. Poesía popular tradicional rumana (1979). Editsie bilingva româno-spaniola;. Tradución de O. Lara e V. Ivanovici. Limiar de O. Lara. Bucuresti: Minerva.
Renzi, L. (1969): Canti narrativi tradizionali romeni. Firenze: Olschki.
Mioritsa:
- Texto, música de Porumbescu
https://www.youtube.com/watch?v=lB8qTxQnf54
- Mª Murgoci (recitado), V. Valesereanu (frauta) https://www.youtube.com/watch?v=U7ccfhcbI_k
- Recitado, sen texto
https://www.youtube.com/watch?v=0BDlGnpY-OA
- 2014 Recitado e música T. George
https://www.youtube.com/watch?v=KNj23AhLUZs
- 2017 Recita L. Dumbrava, música K. MacLeod https://www.youtube.com/watch?v=lPYB1y93RTQ
- 2018 Miorita curtametraxe (7’ 21”) https://www.youtube.com/watch?v=IJCN7dnHnm8
III
Cartojan, N. (1980): Istoria Literaturii române vechi. Posfatsa si bibliografii finale de Dan Simonescu. Prefatsa de Dan Zamfirescu. Bucuresti: Minerva.
Fugariu, F. (1983): Scoala ardeleana, vol I-II. Editise critica, note, bibliografie si glosar de F. Fugariu; introducere de D. Ghise si P. Teodor. Bucuresti: Minerva [Tsiganiada, I, 256-314].
Ortega Ramón, J. J. (2007): “Festín en el paraíso. Tsiganiada de Ioan Budai-Deleanu”, RFR, nº extra 5, 117-125.
Piru, A (1977): Istoria literaturii române de la origini pîna la 1830. Bucuresti: Editura Stiintsifica si Enciclopedica. [Da literatura relixiosa en lingua eslavona do XV á poesía de Vacarescu, Cantacuzino e Mumuleanu].
Teculescu, A. (2018): Tsiganiada lui Budai-Deleanu, primul mare creator al literaturii române. Radio România Timisoara, vídeo (4’02”).
https://www.youtube.com/watch?v=uO1-By1iOfo
IV
Cioculescu, S. (redactor resp.) (1973): Istoria literaturii române. III Epoca marilor clasici. Bucuresti: Editura Academiei RSR.
Ionescu, C. (1991): “A literatura romanesa moderna. Un informe panorámico”, Boletín Galego de Literatura, 16, 7-38
Munteanu, G. (1980): Istoria literaturii române. Epoca marilor clasici. Bucuresti: Editura Didactica si Pedagogica. [Movemento Junimea; Maiorescu, Eminescu, Creanga, Caragiale e Slavici]
COMPLEMENTARIA
Bulei, I. (1999): Breve storia dei romeni, Alessandria: Edizioni dell’Orso.
Calinescu, G. (1941): Istoria literaturii române de la origini pîna în prezent. Bucuresti: F.R.L.A. (Bucuresti: Minerva, 19822).
Dima, AL. (red. resp.) (1968): Istoria literaturii române. II De la Scoala Ardeleana; la Junimea. Bucuresti: Editura Academiei RSR.
Eliade, M. (1985): De Zalmoxis a Gengis-Khan: religiones y folklore de Dacia y de la Europa oriental, Madrid: Cristiandad.
Lupi, G. (1995): Storia della letteratura romena. Firenze: Sansoni.
Mazzoni, B. / Tarantino, A. (2010): Geografia e storia della civiltà letteraria romena. Tomo II, Pisa: Plus Pisa University Press.
Rossetti, Al. (red. resp.) (1964): Istoria literaturii romîne. I Folclorul, literatura romîna; în perioada feudala; (1400-1780). Bucuresti: Editura Academiei RPR.
– Capacidade para interpretar, analizar e valorar o compoñente oral e culto da literatura romanesa e a súa evolución.
– Asimilación e manexo con corrección dos conceptos clave da materia, fomentando a capacidade de análise e de síntese, para así discriminar a información imprescindible da accesoria.
– Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na análise de textos literarios seleccionados.
– Adquisición da capacidade para relacionar os datos obtidos durante o proceso de aprendizaxe, favorecendo así o labor de conceptualización durante este proceso.
– Capacidade para valorar e emitir xuízos críticos, como consecuencia das destrezas anteriores, que aplicados, en primeiro lugar, aos temas obxecto da materia, buscarán a súa proxección noutros ámbitos de estudo e a incorporación á formación intelectual do alumno.
O curso terá como eixo a serie de sesións expositivas e presenciais nas que o profesor impartirá clases con contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar a súa comprensión coa participación activa na clase. A parte interactiva, presencial tamén, basearase en lecturas a partir de textos seleccionados polo profesor, que poderán consistir en documentos enteiros, fragmentos escollidos ou ensaios sobre cuestións teóricas ou teórico-prácticas relacionadas coa materia.
Como alternativa ou complemento, tamén está prevista para esta parte interactiva a realización de exposicións ou traballos sobre algún dos puntos do programa. O carácter oral ou escrito, individual ou en grupo de todas estas tarefas poderá cambiar en función do número dos estudantes e das incidencias na marcha do curso, e poderán realizarse probas orais ou escritas como método de control desta parte. Corresponde ao profesor determinar en cada momento o seu número e natureza exactos.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para consultar calquera aspecto de interese para o alumno. Todos os estudantes deberán acudir a estas titorías.
A nota da materia procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita.
As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da materia valoraranse co 10% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na realización dun único exame final presencial. O seu valor será do 100% da nota da materia. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a un 20% ou máis das clases e para os que non acadaran unha media de 5 na realización dos diferentes traballos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación efectúase sempre sobre o programa.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polo profesor e as outras 75 horas (50%) a traballo autónomo por parte do alumnado para completar os coñecementos e habilidades traballados na clase.
As horas de traballo dirixido distribuiranse en 54 de actividades formativas presenciais (o que supón o 36% do traballo total) e 21 (14% do total) de actividades dirixidas non presenciais.
.