Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
- Conocer de manera pasiva el uso oral y escrito de la lengua occitana
Coñecer a realidade dialectal do dominio lingüístico occitano.
- Coñecer o proceso de normativización e codificación da lingua occitana.
- Coñecer os problemas de linguas en contacto e/ou conflito (occitano/francés, occitano/catalán).
A) Contidos gramaticais e lingüísticos:
1. Os indefinidos
2. O modo condicional
3. Presente e imperfecto de subxuntivo
4. O imperativo
5. Comparativos e superlativos
6. Xerundio e participio
7. A proposición dependente. Conxuncións de subordinación
8. O dialecto provenzal
9. O dialecto gascón
10. O dialecto lemosino
11. O dialecto nizardo
12. A grafía mistraliana
13. Iniciación á lectura de textos medievais
14. Iniciación á lectura de textos modernos e contemporáneos
B) Situacións de comunicación e léxico:
Irase introducindo todo tipo de léxico para empregar en variadas situacións de comunicación, segundo vaia aparecendo nos textos cos que se traballe.
C) Contidos teóricos:
1. A busca do monolingüismo da nación francesa ao longo dos séculos vista desde Occitania
2. A codificación do occitano: dos trobadores ao Félibrige
3. A codificación do occitano moderno
4. O occitano en Italia
5. O occitano no Val de Arán
6. Contacto/conflito de linguas. A sociolingüística occitana
7. As relacións occitano-catalás
Ademais da bibliografía de lingua occitana 1, utilizarase tamén a seguinte:
A) Manuais, dicionarios e gramáticas:
Mistral, F. (1932), Lou tresor dou Felibrige ou dictionnaire provençal-français. Slatkine Reprints, 1979.
Vernet, V. ( 2001), Dictionnaire gramatical de l'occitan moderne. Univ. Paul Valéry. Montpéllier.
B) Estudos:
Bibliografía básica
Boyer, H., e Gardy, Ph. coord. (2001), Dix siècles d'usages et d'images de l'occitan. Des troubadours à l'Internet. Paris. Hartman.
Lafont, R. (1997), Quarante ans de sociolinguistique à la périphérie. Paris. Hartman.
Bibliografía complementaria
Lamuela, X. (1987), Català, occità, friulà: llengües subordinades i planificaciò lingüística. Barcelona. Quaderns Crema.
Boyer, H. (1991), Langues en conflit. Paris. Hartman.
Lafont, R. (1974), La revendication occitana. Paris. Flammarion.
- Coñecemento pasivo do occitano como lingua de comunicación.
- Comprensión de textos escritos de diverso tipo e grao de formalidade.
- Redacción de textos en lingua occitana a un nivel elemental-medio.
- Ampliación do vocabulario para as necesidades comunicativas de nivel elemental-medio.
- Tradución de textos do ou ao occitano de rexistro estándar.
- Fomento dunha actitude crítica diante dos problemas de linguas en contacto e/ou conflito.
O curso terá carácter teórico e práctico, alternando as clases teóricas sobre sociolingüística occitana coas prácticas de laboratorio para a aprendizaxe da lingua occitana contemporánea.
A parte teórica será expositiva, na que o profesor introducirá cada tema e os alumnos o ampliarán mediante exposicións orais na clase e a presentación de traballos escritos.
A parte práctica realizarase no laboratorio de idiomas, utilizando o método audiovisual "Òc-Ben", do CRDP de Bordeaux.
Dado que a asistencia á clase e ás actividades que se propoñan son obrigatorias, a avaliación será continua e realizarase a partir do traballo diario do alumno, con exercicios prácticos de lingua e comentarios persoais de documentos propostos polo profesor para tal fin.
A) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:
1. Dous comentarios escritos sobre calquera dos temas do apartado C) do programa. Cada comentario terá un valor de un punto como máximo.
2. Un traballo escrito sobre calquera tema do apartado C) do programa. Valorarase cun máximo de tres puntos.
3. Exercicios diarios, orais e escritos, no laboratorio de idiomas. A valoración global destes exercicios será dun máximo de cinco puntos.
Para superar a materia será necesario obter un mínimo de cinco puntos na suma dos tres exercicios de avaliación.
B) SISTEMA DE AVALIACIÓN MEDIANTE EXAME FINAL:
Os alumnos que non superen a avaliación continua ou non asistan ás clases darán conta dos seus coñecementos no exame final da materia (que se celebrará na data asignada pola Secretaría da Facultade). Dito examen será escrito e oral.
*PARA OS CASOS DE REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS SERÁ DE APLICACIÓN O RECOLLIDO NA NORMATIVA DE AVALIACIÓN DO RENDEMENTO ACADÉMICO DOS ESTUDANTES E DE REVISIÓN DE CUALIFICACIÓNS.
Actividades presenciais:
Sesións expositivas: 20h
Sesións de seminario / laboratorio de idiomas / aula de informática: 35h
Sesións de tutoría programadas: 2h
Sesións de avaliación: 3h
Total de horas de actividade presencial: 60h
Actividades non presenciais:
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 30h
Realización de traballos de diverso tipo: 20h
Lecturas: 10h
Preparación de exames: 30h
Total de horas de actividade non presencial: 90h
Total horas ECTS: 150
Aconséllase un nivel básico de lectura de textos en lingua francesa, pois a bibliografía está maioritariamente escrita nesa lingua.
Aconséllase ter superado os contidos da materia lingua occitana 1.