Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Facilitar a comprensión da Romania como espazo lingüístico e cultural diferenciado en Europa.
-Proporcionar unha perspectiva panorámica e transversal das linguas románicas.
-Manexar con corrección as nocións e a terminoloxía básica.
-Mellorar o coñecemento sobre as linguas románicas (orixe, xeografía, historia social e situación actual).
-Identificar as características esencias definitorias das linguas da Romania.
1. QUE É A ROMANIA?
1.1. A Romania e as linguas románicas
1.2. Nocións básicas: lingua e dialecto. Lingua de estado, lingua administrativa, lingua oficial, lingua de cultura. Dialectos e variedades minorizadas. Intercomprensión e interculturalidade.
2. CAL É A ORIXE DAS LINGUAS ROMÁNICAS?
2.1. O latín
2.2. O protorromance
2.3. Emerxencia e consolidación das linguas románicas
3. AS LINGUAS ROMÁNICAS: HISTORIA E SITUACIÓN ACTUAL
3.1. Clasificación das linguas románicas
3.2. Historia, xeografía e tipoloxía das variedades románicas
3.3. Caracterización das linguas da familia románica
4. AS LINGUAS ROMÁNICAS NA PRÁCTICA
4.1. Análise dos aspectos diferenciais e comúns entre as linguas románicas
4.2. Intercomprensión das linguas románicas
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA
Alén Garabato, C. (coord.) (2018), Une histoire sociale des langues romanes. Genèse, construction et évolution sociolinguistiques d'une famille de langues. Recurso en liña: https://langues-romanes.uoh.univ-montp3.fr/
Gargallo, J. E.-Bastardas, Mª. R. (2007), Manual de lingüística románica, Barcelona: Ariel.
Nadal Farreras, J. M. (2007), Las 1001 lenguas, Girona: Aresta.
Posner, R. (1998), Las lenguas romances, Madrid: Cátedra.
Tagliavini, C. (1993), Orígenes de las lenguas neolatinas, México: Fondo de Cultura Económica (1ª ed., en italiano, 1949).
Varvaro, A. (2001), Linguistica romanza: corso introduttivo, Napoli: Liguori.
Walter, H. (1997), La aventura de las lenguas en Occidente. Su origen, su historia y su geografía, Madrid: Espasa (1ª ed., en francés, 1994).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Asperti, S. (2006), Origini romanze. Lingue, testi antichi, letterature, Roma: Viella.
Bach, S. et alii (2008), Quadrivio romanzo: dall’italiano al francese, allo spagnolo, al portoghese, Firenze: Accademia della Crusca.
Fernández Rei, F.-Santamarina Fernández, A. (eds.) (1999), Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
Fradejas Rueda, J. M. (2010), Las lenguas románicas, Madrid: Arco Libros.
Gargallo, J. E. (1994), Les llengües romàniques, Barcelona: Empúries.
Glessgen, M. D. (2007), Linguistique romane: domaines et méthodes en linguistique française et romane, Paris: Colin.
Klinkenberg, J. M. (1994), Des langues romanes: introduction aux études de linguistique romane, Paris: Duculot.
Longobardi, Mónica / Sheeren, Hugues (coords.) (2016): L’Europe romane: identités, droits linguistiques et littérature / L'Europa romanza.Identità, diritti linguistici e letteratura / L'Euròpa romanica: identitat, dreches lingüistics e literatura, Lengas. Revue de Sociolinguistique 79. https://doi.org/10.4000/lengas.1010
Metzeltin, M. (2004), Las lenguas románicas estándar: historia de su formación y su uso, Oviedo: Academia de la Llingua Asturiana.
Pöckl, W. et alii (2004), Introducción a la lingüística románica, Madrid: Gredos (versión española de F. Sánchez Miret).
Reinheimer, S.-Tasmowski, L. (1997), Pratique des langues romanes, Paris: Harmattan.
Renzi, L.-Andreose, A. (2003), Manuale di linguistica e filologia romanza, Bologna: il Mulino.
Schmidely, J. et alii (2001), De una a cuatro lenguas, del español al portugués, al italiano y al francés, Madrid: Arco libros.
Vidos, B. E. (1973), Manual de lingüística románica, Madrid: Aguilar (1ª ed., en italiano, 1959).
-Capacidade para valorar aspectos históricos, sociais, culturais e lingüísticos en territorio europeo.
-Capacidade para valorar certos aspectos comúns ou diferenciais no espazo románico europeo.
-Capacidade para manexar con corrección as nocións e a terminoloxía básica.
–Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos nos diferentes traballos de curso e, por extensión, noutro tipo de traballos.
-Capacidade para traballar individualmente e en equipo, desenvolvendo competencias para analizar, interpretar e sintetizar adecuadamente a información.
–Capacidade para valorar e emitir xuízos críticos.
As sesións expositivas dedicaranse ás nocións teóricas e metodolóxicas. As sesións interactivas dedicaranse á realización de tarefas que favorezan, por parte do discente, o emprego e a asimilación das nocións teóricas e metodolóxicas. As tarefas poderán consistir en exercicios individuais e exercicios en grupos reducidos sobre os temas estudados, así como no comentario individual ou colectivo de lecturas seleccionadas.
1. AVALIACIÓN CONTINUA (RECOMENDADA)
É imprescindible a asistencia regular ás clases, que será dun mínimo do 80%. A avaliación continua consistirá na realización de tarefas presenciais e non presenciais:
a) actividades con desenvolvemento e/ou exposición nas sesións de seminario (ata 25% da nota final);
b) actividades no tempo de traballo autónomo (ata 25% da nota final);
c) confección dun traballo final que deberá ser entregado por escrito á profesora e que será obxecto de exposición oral (ata 50% da nota final); no curso ofreceranse instrucións máis detalladas e o asesoramento oportuno para a súa confección.
En caso de que non se participe nalgunha das actividades previstas, deberá ser substituída pola realización dun traballo previamente pactado coa profesora. Para isto, é necesario que a non participación sexa debidamente xustificada de acordo co que prevé a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010.
2. AVALIACIÓN ÚNICA
As/Os estudantes que non cumpran as condicións para se presentar ás clases ao sistema de avaliación continua deberán elaborar un traballo (ata o 100% da nota) previamente pactado coa profesora, que deberá entregarse na data fixada pola Facultade.
Así mesmo, os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade deberán realizar un traballo de idénticas características ao sinalado no punto anterior na convocatoria correspondente (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías individualizadas: 15 horas.
Total: 60 horas.
Horas de traballo non presencial do alumno (estimativo; inclúen todas as actividades establecidas pola profesora): 90 horas.
Total de horas de traballo do estudante: 150 horas.
Para un mellor estudo e correcto aproveitamento desta disciplina é conveniente dominar suficientemente, polo menos, unha lingua románica. Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases.
Marina Arbor Aldea
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811768
- Correo electrónico
- marina.arbor [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade