Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecemento das características xerais da Idade Media e das súas diferenzas con respecto a outros períodos históricos.
-Coñecemento da caracterización xenérica e temática da literatura románica medieval e das súas principais diferenzas con respecto a períodos posteriores.
-Caracterización diacrónica de diferentes personaxes da literatura románica medieval e estudo das particularidades da súa adaptación en épocas actuais.
-Análise crítica da recepción destes materiais na cultura contemporánea.
0. Introdución.
1. O soberano mítico: o rei Arturo.
2. Un personaxe para a historia de España: o Cid Campeador.
3. Xoana de Arco: creación e contradicións dun mito nacional francés.
4. Un ser fantástico: Melusina e os monstros híbridos.
5. O demo.
Alvar, C., De los caballeros del Temple al Santo Grial, Madrid, Sial/Trivium, 2010.
Alvar, C., El rey Arturo y su mundo. Diccionario de mitología artúrica, Madrid, Alianza Tres, 1991.
Aragón Fernández, Mª A., Literatura del Grial: siglos XII y XIII, Madrid, Síntesis, 2003.
Auerbach, E., Mímesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Mexico, 1975.
Berthelot, A., Arthur et la Table Ronde. La force d’une legende, Paris, Gallimard, 1996.
Boutet, D., Charlemagne et Arthur ou le roi imaginaire, Paris, Champion, 1992.
Cirlot, V., Figuras del destino. Mitos y símbolos de la Europa medieval, Madrid, Siruela, 1995.
Di Girolamo, C. di, La letteratura romanza medievale, Bologna, il Mulino, 1994.
Duby, G., Los procesos de Juana de Arco, Granada-Valencia, Universidad de Granada-Universidad de Valencia, 2005.
García Gual, C., Historia del rey Arturo y de los nobles y errantes caballeros de la Tabla Redonda: análisis de un mito literario, Madrid, Alianza Editorial, 1983.
Gerritsen, W. P.-van Melle, A. G., Miti e personaggi del Medioevo. Dizionario di storia, letteratura, arte, musica e cinema, Milano, Mondadori, 1999.
Goy-Blanquet, D. (ed.), Joan of Arc, a saint for all reasons: studies in myth and politics, Aldershot, Ashgate, 2003.
Heimann, Nora, Joan of Arc in French Art and Culture (1700–1855): From Satire to Sanctity, Aldershot: Ashgate, 2005.
Krumeich, Gerd, Jeanne d'Arc à travers l'histoire, Paris: Belin, 2017.
Le Goff, J., Héros et merveilles du Moyen Àge, Paris: Éditions du Seuil, 2008.
Le Goff, J., L’imaginaire médiéval, Paris, Gallimard, 1985.
Loomis, R. S., Arthurian Literature in the Middle Ages, Oxford, 1959.
Mancini, M., La letteratura francese medievale, Bologna, il Mulino, 1997.
Navarro, A. J. (ed.), El demonio en el cine: máscara y espectáculo, Madrid, Valdemar, 2007.
Vàrvaro, A., Literatura románica de la Edad Media: estructura y formas, Barcelona, Ariel, 1983.
-Adquisición de coñecementos básicos sobre a Idade Media, a literatura románica elaborada nese período e a súa proxección sobre a época contemporánea.
-Adquisición de coñecementos sobre a adaptación dos personaxes da literatura medieval na cultura e na sociedade contemporáneas.
-Capacidade para entender os distintos contextos sociais, culturais e políticos nos que se produce esta recepción.
-Adquisición da capacidade para coñecer o proceso evolutivo, ao longo dos séculos, dos personaxes estudados.
O curso terá como eixo a serie de sesións expositivas e presenciais nas que o profesor impartirá clases con contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar a súa comprensión coa participación activa na clase. A parte interactiva, presencial tamén, basearase en lecturas a partir de textos seleccionados polo profesor, que poderán consistir en documentos enteiros, fragmentos escollidos ou ensaios sobre cuestións teóricas ou teórico-prácticas relacionadas coa materia.
Como alternativa ou complemento, tamén está prevista para esta parte interactiva a realización de exposicións ou traballos sobre algún dos puntos do programa. O carácter oral ou escrito, individual ou en grupo, de todas estas tarefas poderá cambiar en función do número dos estudantes e das incidencias na marcha do curso, e poderán realizarse probas orais ou escritas como método de control desta parte. Corresponde ao profesor determinar en cada momento o seu número e natureza exactos.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para consultar calquera aspecto de interese para o alumno.
A nota da materia procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita.
As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da materia valoraranse co 10% restante da cualificación final.
Os alumnos que faltasen a un 20% ou máis das clases e os que non acadaran unha media de 5 na realización dos diferentes traballos deberán realizar un exame final, na data fixada pola Secretaría da Facultade. O seu valor será o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías personalizadas: 15 horas.
Total sesións: 60 horas.
Horas de traballo non presenciais do alumno (estimativo): 90 horas.
Total: 150 horas.
As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do alumno. A organización desta parte é da enteira responsabilidade do estudante.
Seguir puntualmente o itinerario da materia, asistir ás titorías cando sexa necesario, realizar os traballos ordenados polo profesor e asistir a clase.
Santiago Lopez Martinez-Moras
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- santiago.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade