Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da materia é presentar unha introdución á Política Internacional a través dos conceptos e aproximacións teóricas centrais. A partir desta introdución analizarase o obxecto de estudo da disciplina para logo proceder ao exame dos actores maila dinámica da sociedade internacional.
I. INTRODUCIÓN
Tema 1. O concepto de Política Internacional
II. A TEORÍA INTERNACIONAL
Tema 2. Os debates teóricos do mundo bipolar
Tema 3. O "Cuarto Debate"
III. A SOCIEDADE INTERNACIONAL
Tema 4. A sociedade internacional
IV. OS ACTORES DA SOCIEDADE INTERNACIONAL
Tema 5. O concepto de actor internacional
Tema 6. O Estado
Tema 7. As organizacións internacionais
Tema 8. Os actores transnacionais
V. A DINÁMICA DA SOCIEDADE INTERNACIONAL
Tema 9. O conflicto
Tema 10. A cooperación
Tema 11. A integración
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ARENAL, C. del y SANAHUJA, J.A. (Coords.) (2015), Teorías de las Relaciones Internacionales. Madrid, Tecnos.
BARBÉ, E. (2020), Relaciones Internacionales. Madrid, Tecnos, 4ª ed.
BATTISTELLA, D. (2012), Théories des Relations Internationales. Paris, Presses de la Fondation Nationale des Sciences Politiques, 4ª ed.
DEVETAK, R.; GEORGE, J. y PERCY, S. (Eds.) (2017), An Introduction to International Relations. Cambridge, Cambridge University Press, 3ª ed.
MANSBACH, R.W. y TAYLOR, K.L. (2018), Introduction to Global Politics. Londres/Nueva York, Routledge, 3ª ed.
MINGST, K.A. y ARREGUÍN-TOFT, I.M. (2017), Essentials of International Relations. Londres/Nueva York, WW Norton & Co, 7ª ed.
MURRILLO ZAMORA, C. (Ed.) (2011), Hacia un Nuevo Siglo en Relaciones Internacionales. San José de Costa Rica, Universidad Nacional de Costa Rica.
SHARP, P. (2018), Introducing International Relations. Londres/Nueva York, Routledge.
VIOTTI, P.R. y KAUPPI, M.V. (2012), International Relations Theory. Harlow, Pearson 5ª ed.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ARENAL, C. del (2007), Introducción a las Relaciones Internacionales. Madrid, Tecnos, 4ª ed.
ARENAL, C. del (2014), Etnocentrismo y Teoría de las Relaciones Internacionales: Una visión crítica. Madrid, Tecnos.
BROWN, Ch. (2019), Understanding International Relations. Londres, Red Globe Press, 5ª ed.
BROWN, Ch. y ECKERSLEY, R. (Eds.) (2018), The Oxford Handbook of International Political Theory. Oxford, Oxford University Press.
DUNNE, T.; KURKI, M. y SMITH, S. (Eds.) (2013), International Relations Theories: Discipline and Diversity. Oxford, Oxford University Press, 3ª ed.
ÉTHIER, D. (2006), Introduction aux relations internationales. Montréal, Presses de l'Université de Montréal, 3ª ed.
LAMY, S.L.; MASKER, J.S; BAYLIS, J.; SMITH, S. y OWENS, P., (2017). Introduction to global politics. Nueva York, Oxford University Press.
ROACH, S.C.; GRIFFITHS, M. y O’CALLAGHAN, T. (2014), International Relations: the key concepts. Londres/Nueva York, Routledge. 3ª ed.
JACKSON, R.H. y SØRENSEN, G. (2013), Introduction to International Relations: Theories and Approaches. Oxford/Nueva York, Oxford University Press, 5ª ed.
KAUFMAN, J.P. (2013), Introduction to International Relations: Theory and Practice. Lanhan, Rowman & Littlefield.
KNIGHT, W.A. (2010), Global Politics: emerging networks, trends and challenges. Nueva York, Oxford University Press.
MACLEOD, A. y O’MEARA, D. (Dirs.) (2007), Théories des Relations Internationales: Contestations et Résistances. Montreal, CEPES/Athéna éditions/Université Concordia.
NAU, H.R. (2019), Perspectives on International Relations: Power, Institutions and Ideas. Washington, CQ Press, 6ª ed.
REUS-SMIT, Ch. (2020), International Relations: A Very Short Introduction. Oxford, Oxford University Press.
SCHIEDER, S. y SPINDLER, M. (Eds.) (2014), Theories of International Relations. Nueva York, Routledge.
SODUPE, K. (2003), La teoría de las relaciones internacionales a comienzos del siglo XXI. Bilbao, Universidad del País Vasco, Servicio Editorial.
VIOTTI, P.R.; KAUPPI, M.V. (2013), International Relations and World Politics: Security, Economy, Identity. Nueva York, Prentice Hall, 5ª ed.
Coñecer e comprender os conceptos e aproximacións teóricas centrais da materia, así como a súa utilidade e importancia para entender, explicar e interpretar a realidade internacional
Aumentar o coñecemento factual da sociedade internacional, fortalecendo a capacidade analítica para enxuizar os problemas internacionais máis apremiantes e as solucións propostas
Desenvolver unha perspectiva crítica que habilite para distinguir entre diferentes argumentos e plantexar unha percepción razoada propia
Familiarizarse cos recursos bibliográficos da Política Internacional
Comprender o proceso de construcción do coñecemento que capacita para desenvolver unha investigación rigurosa sobre calquera dos aspectos da materia
As clases expositivas comprenderán o temario anteriormente exposto, que se profundase a través de lecturas obrigatorias e optativas que tamén serán traballadas en clase. Os/as alumnos/as dispoñerán -no Campus Virtual- de distintos materiais (textos, power point, vídeos…), presentados polo profesor e as profesoras da materia para completar e profundar.
A teor do desenvolvemento das clases expositivas, o profesor e as profesoras da materia exporán a os/as alumnos/as as actividades interactivas correspondentes.
O sistema de titorías destinarase á resolución das dúbidas suscitadas no estudo ou calquera outra cuestión relacionada coa materia.
A materia avaliarase mediante un sistema de avaliación continua cunha proba final específica.
A proba final, a celebrar na data que estableza o calendario de exames da Facultade, terá un valor do 40% da nota final e versará sobre os contidos tratados nas clases expositivas e os materiais facilitados considerados como obrigatorios.
Así mesmo, o 60% restante será avaliado a través dos traballos ou outro tipo de probas que se irán exposto ao longo da materia.
O alumnado que non se presente á proba final será cualificado como “NON PRESENTADO”.
A asistencia á materia é obrigatoria e será controlada regularmente. A asistencia a menos do 70% das sesións implicará a non superación da materia.
O alumnado ao que a Facultade conceda a “exención de docencia” será cualificado sobre a nota obtida na proba final.
Aqueles traballos que inclúan partes copiadas de fontes electrónicas ou en papel serán considerados plaxio e suspendidos de maneira automática.
Estímase que o alumnado deberá dedicar á materia unha media de 10 horas semanais, co obxecto de completar os ensinos cos recursos bibliográficos e realizar as actividades propostas.
Asistir a clase regularmente e participar activamente nas discusións
Recurrir ás tutorías para calquera dúbida sobre a materia
Planificar o traballo con antelación
Estudar con tempo e periodicidade
Completar a ensinanza cos recursos bibliográficos
Prestar atención ás novas e interpretarlas cos ensinanzas do curso
Os/as alumnos/as deberán consultar periódicamente o Campus Virtual e traballar de maneira regular sobre os materiais incorporados polo profesor e as profesoras da materia, debendo entregar en tempo e forma as tarefas que se lles requiriron.
Todos/as os/as alumnos/ as han de ter en conta que a Biblioteca da USC conta cun fondo electrónico de revistas e libros, así como a existencia de repositorios de acceso aberto (academia. edu, ResearchGate…), para apoiar o estudo.
Maria Irene Rodriguez Manzano
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881815158
- Correo electrónico
- irene.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniel Neira Barral
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Correo electrónico
- daniel.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Carmen Montero Ferrer
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Correo electrónico
- carmen.montero.ferrer [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Montserrat Pintado Lobato
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Correo electrónico
- montserrat.pintado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Castelán | 0.1 |
Xoves | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLIS_05 | Castelán | 0.1 |
16:30-17:30 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Castelán | 0.1 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 0.1 |
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Castelán | 0.1 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | 0.1 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | 0.1 |
04.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 0.1 |
04.06.2025 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 0.1 |
09.07.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
09.07.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |