Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao estudante un coñecemento de carácter xeral das normas regulan o uso da forza nas relacións internacionais e as diferentes cuestións que suscita o mantemento da paz e a seguridade internacionais.
Analizar as normas que regulan a protección das vítimas nos conflitos armados e que establecen obrigacións concretas para os contendentes. Para iso prestarase unha especial atención ao Dereito internacional humanitario e aos problemas que suscita a súa aplicación nos actuais conflitos armados.
I. LOS CONFLITOS ARMADOS NA SOCIEDADE INTERNACIONAL.
Lección 1: Os conflitos armados na sociedade internacional contemporánea
1. A realidade dos conflitos armados na sociedade internacional
2. Novas tipoloxías de conflitos armados: as “novas guerras”
II. A REGULACIÓN XURÍDICA INTERNACIONAL DOS CONFLITOS ARMADOS
Lección 2: O control do uso da forza nas relacións internacionais
1. O principio de prohibición do uso da forza no Dereito internacional contemporáneo
2. Supostos de uso lícito da forza
A. Lexítima defensa individual e colectiva
B. Uso da forza no marco do Capítulo VII da Carta das Nacións Unidas
C. Intervención militar por invitación e consentimento do Estado territorial
4. Uso da forza e dereitos humanos: Intervención humanitaria e responsabilidade de protexer
III. A LIMITACIÓN DA VIOLENCIA NOS CONFLITOS ARMADOS
Lección 3: O Dereito Internacional Humanitario (I): Aspectos xerais
1. Os conflitos armados e o desenvolvemento da súa normativa internacional
A. Orixes e evolución
B. Noción e características xerais
2. Ámbito de aplicación
3. Dereito Internacional Humanitario e Dereito Internacional dos Dereitos Humanos
4. Principios xerais do Dereito Internacional Humanitario
Lección 4: O Dereito Internacional Humanitario (II): Condución das operacións militares
1. Límites na elección dos obxectivos cuxo ataque é lícito
A. Obxectivos militares
B. Bens de carácter civil
2. Condución das hostilidades e protección contra os danos colaterais
A. Prohibición dos ataques indiscriminados
B. O principio de proporcionalidade
C. Medidas de precaución na preparación dos ataques
3. Límites na elección de medios e métodos de combate
A. Métodos de combate prohibidos ou limitados
B. Medios de combate prohibidos ou limitados
Lección 5: Dereito Internacional Humanitario (III): Protección das vítimas dos conflitos armados
1. Protección dos combatentes. Noción de combatente
A. Feridos, enfermos e náufragos
B. Prisioneiros de guerra
2. Protección da poboación civil.
A. Noción de persoa civil e de poboación civil
B. Protección da poboación civil contra os efectos das hostilidades
C. Protección das persoas civís en poder do inimigo
3. Dereito Internacional Humanitario e conflitos armados internos
Lección 6: Dereito Internacional Humanitario (IV): Aplicación e respecto.
1. Mecanismos para asegurar o respecto do Dereito Internacional Humanitario
A. Medios preventivos
B. Papel das potencias protectoras
C. Especial referencia o CICR
2. Control da aplicación do Dereito Internacional Humanitario: A Comisión Internacional de Determinación dos Feitos
3. Represión das violacións e responsabilidade internacional do individuo
A. Desenvolvemento normativo: Noción de infraccións graves
B. Mecanismos para perseguir as violacións do Dereito Internacional Humanitario
a) Tribunais nacionais: Principio de xurisdición universal
b) Creación dunha xurisdición penal internacional: A Corte Penal Internacional
C. Responsabilidade internacional dos Estados
4. A ONU e a aplicación do Dereito Internacional Humanitario
- GARCÍA, C.; RODRIGO, A.J. (eds.): La seguridad comprometida. Nuevos desafíos, amenazas y conflictos armados, Tecnos/Universidad Pompeu Fabra, Madrid, 2008
- JORGE URBINA, J.: Derecho internacional humanitario. Conflictos armados y conducción de las operaciones militares, Torculo, Santiago, 2000
- KALDOR, M.: Las nuevas guerras. La violencia organizada en la era global, Tusquets, Barcelona, 2001
- MELZER, N.: Derecho internacional humanitario. Una introducción integral, CICR, Ginebra, 2019
- MÜNKLER, H.: Viejas y nuevas guerras. Asimetría y privatización de la violencia, Siglo XXI, Madrid, 2005
- RAMÓN CHORNET, C.: La acción colectiva del uso de la fuerza. Nuevos escenarios, nuevos principios de actuación en el orden internacional, Tirant lo Blanch, Valencia, 2012
- RODRIGO, A.J.; CASANOVAS, O.: Compendio de Derecho Internacional Público, 12ª ed., Tecnos, Madrid, 2024
- RODRÍGUEZ-VILLASANTE Y PRIETO, J.L. (ed.): Derecho internacional humanitario, 3ª ed., Tirant lo blanch, Valencia, 2017
- SALMÓN, E.: Introducción al Derecho internacional humanitario, 3ª ed., CICR, Lima, 2012
- Capacidade de comprensión e análise crítica dos problemas que suscita o mantemento da paz e a seguridade internacionais.
- Profundizar no coñecemento das normas internacionais dirixidas a asegurar a protección das vítimas dos conflitos armados.
- Proporcionar os intrumentos necesarios para a resolución de problemas que suscita a aplicación do Dereito internacional humanitario nos actuais conflitos armados.
- Promover o traballo en equipo para a solución de casos da práctica internacional relacionados co mantemento da paz e a solución dos conflitos, ofrecendo respostas baseadas no cumprimento das normas internacionais.
A metodoloxía da materia combina a realización das seguintes actividades no aula:
Clases teóricas: Desenvolveranse seguindo o formato da lección maxistral. As explicacións atenderán, prioritariamente, a aquelas cuestións que pola súa dificultade ou interese así o requiran, promovendo a participación do alumno. Apoiaranse, sempre que iso resulte factible, no emprego de medios audiovisuais e novas tecnoloxías.
Clases prácticas: Comentario e resolución de supostos prácticos, recorrendo para iso ao manexo e análise da documentación e dos instrumentos xurídicos.
Seminarios: Onde se busca analizar cuestións da realidade internacional que afectan a aspectos concretos da materia.
Asistencia a titorías: Ten por obxecto a atención persoal ao estudante para unha mellor orientación e seguemiento da súa formación académica. Tamén se pode realizar a través do correo electrónico cando sexa necesario.
Como apoio á docencia presencial, utilizarase o Campus Virtual da USC, no que se incluirán certos recursos e actividades de utilidade para o estudo da materia.
A avaliación terá lugar mediante un exame, que terá un carácter teórico-práctico, a través do cal búscase valorar os coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico. No caso de que o haxa, o valor do exame non superará o 60% da cualificación final. A participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades programadas (seminarios, casos prácticos, traballos monográficos, comentarios de xurisprudencia, exposicións) supoñerá, como mínimo, o 40% da cualificación. Estas actividades avaliables entregaranse a través do Campus Virtual da USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
En todo caso, e á marxe dos criterios de avaliación específicos sinalados anteriormente, a superación da materia requirirá a asistencia, como mínimo, ao 80% das actividades presenciais programadas.
No caso de que os alumnos realicen algunhas das actividades programadas, pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da aula virtual da USC.
Os alumnos que non superasen a materia, pero cumprisen o requisito da asistencia ás clases, estarán exentos da devandita asistencia durante o curso seguinte, aínda que se lles poderá someter a un sistema de seguimento alternativo. Esta situación non quere dicir que queden exonerados da realización do exame final, no caso de que o haxa.
A actividade presencial no aula débese completar co traballo individual ou en grupo do alumno, baixo a orientación do profesor, para realizar as seguintes actividades: Preparación das clases teóricas, das prácticas e dos seminarios e estudo individual. O conxunto de actividades deste tipo sumarán un total de 52 horas.
O estudo desta materia require certos coñecementos xerais previos en ámbitos como a estrutura e funcionamento das Nacións Unidas. O alumno debe coñecer estes aspectos xerais da principal organización encargada do mantemento da paz e a seguridade internacionais.
Julio Jorge Urbina
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814699
- Correo electrónico
- julio.jorge [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |