Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer os fundamentos da estatística descriptiva e saber seleccionar e aplicar as técnicas adecuadas para a análise e presentación de datos en contextos sanitarios.
-Comprender os principios da inferencia estatística, con aplicación en estudos clínicos e epidemiolóxicos.
-Desenvolver a capacidade de interpretar e valorar criticamente resultados estatísticos procedentes de investigacións nas Ciencias da Saúde, con especial atención á validez dos métodos e á pertinencia das conclusións.
-Adquirir competencias prácticas no uso de programas estatísticos, aplicándoos á análise de datos reais do ámbito biomédico e da atención sanitaria.
1. Repaso e ampliación dos conceptos e técnicas básicas da estatística descriptiva e da inferencia estatística.
2. Inferencia para a comparación de medias e/ou poboacións.
3. Inferencia para variables categóricas.
4. Correlación e regresión en variables cuantitativas.
5. Análise de datos con software estatístico.
BÁSICA
Armitage, P.; Berry, G.; y Sanz, F. (1997): “Estadística para la investigación biomédica”. Harcourt Brace.
Crujeiras, R.M. y Faraldo, P. (2010): "Manual de estadística básica para ciencias de la salud", Unidixital
Rius Díaz, F. y Wärnerberg Wärnerberg, J. (2014): Bioestadística. Paraninfo.
COMPLEMENTARIA
Altman, D.G. (1999): "Practical Statistics for Medical Research". Chapman & Hall.
Glover, T. y Mitchell, K. (2015): "An Introduction to Biostatistics using R", Waveland Press. Disponible en: https://waveland.com/Glover-Mitchell/r-guide.pdf [Consultado 24 de mayo de 2025]
Martínez González, M.A.; Sánchez Villegas, A.; Toledo Atucha, E.; y Faulin Fajardo, J. (2020): "Bioestadística amigable", Elsevier.
Milton, J.S. (2007): “Estadística para Biología y Ciencias de la Salud”. Interamericana- McGraw- Hill (3ª edición).
Rosner, B. (2011): “Fundamentals of Bioestatistics”. Wadsworth Publishing Company. Duxbury Press (5ª edición).
C12 – Coñecer os elementos básicos da estatística descriptiva e saber empregar as técnicas axeitadas para a análise descritiva dos datos.
C13 – Coñecer os principios da inferencia estatística e da regresión.
C14 – Ser capaz de manexar programas informáticos para realizar a análise estatística.
H12 – Aplicar as técnicas básicas de estatística, tanto descriptiva como inferencial, e a súa aplicación en Ciencias da Saúde e Enfermaría.
H13 – Avaliar a importancia da estatística como ferramenta para acceder ao coñecemento científico e aprender a valorar criticamente a información dos informes de investigación segundo o seu rigor metodolóxico e as conclusións extraídas.
A ensinanza combinará clases expositivas e sesións prácticas orientadas ao desenvolvemento de competencias estatísticas aplicadas ao ámbito sanitario.
Nas sesións teóricas explicarase o contido conceptual da materia con apoio en presentacións e exemplos procedentes de investigacións en Ciencias da Saúde. Fomentarase a participación activa mediante preguntas e discusión de casos.
As sesións prácticas realizaranse na aula de informática, onde o estudantado será introducido no uso de software estatístico para o tratamento e análise de datos reais. Traballarase con conxuntos de datos clínicos e epidemiolóxicos, contextualizando a aplicación das técnicas estatísticas en situacións reais.
As titorías servirán para facer seguimento personalizado, resolver dúbidas, reforzar contidos e apoiar o desenvolvemento de exercicios ou traballos individuais.
A cualificación final da materia será o resultado dunha proba final teórico-práctica, que representará o 40% da nota final, e da avaliación continua, que suporá o 60%.
A proba final será presencial e orientada a avaliar a comprensión dos conceptos estatísticos tratados en clase e a capacidade do estudantado para aplicalos a casos prácticos sanitarios. Incluirá preguntas teóricas e exercicios prácticos.
A avaliación continua recollerá o traballo realizado nas sesións prácticas e interactivas, que poderá incluir o uso de software, a participación activa e a entrega de tarefas vinculadas aos contidos.
Nótese que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión das cualificacións”.
O tempo necesario para superar a materia dependerá dos coñecementos previos do estudantado. Por cada hora de docencia expositiva recoméndase arredor de 1,5 horas de estudo autónomo. Para as sesións prácticas, estímase unha hora de traballo persoal por cada hora de clase.
A asistencia ás clases é fundamental. Recoméndase realizar todas as tarefas indicadas polo profesorado: resolución de exercicios, revisión da bibliografía e casos prácticos de interpretación de resultados estatísticos.
O material da materia estará dispoñible no Campus Virtual da USC, que será a principal canle de comunicación co estudantado.
Jose Ameijeiras Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813165
- Correo electrónico
- jose.ameijeiras [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.03 |
12.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
22.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |