Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 10.5 Clase Interactiva: 4 Total: 14.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Ciencias Morfolóxicas, Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Electrónica e Computación, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Estatística, Análise Matemática e Optimización, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Organización de Empresas, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Fisioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía, Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Nutrición e Bromatoloxía, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Farmacoloxía, Medicina Legal e Forense, Obstetricia e Xinecoloxía, Pediatría, Estatística e Investigación Operativa, Enfermaría, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Psiquiatría, Radioloxía e Medicina Física
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Integrar os coñecementos relativos á profesión enfermeira.
-Demostrar competencias para planificar, desenvolver, avaliar e innovar a práctica profesional.
-Desenvolver de forma sistemática un traballo orixinal.
-Coñecer a estrutura dunha publicación científica.
-Posuír espírito crítico para seleccionar e interpretar a literatura científica.
-Saber comunicar os resultados dun traballo orixinal.
O Traballo Fin de Grao ten como obxectivo a acreditación, por parte do/a estudante, dos coñecementos e destrezas adquiridos durante os estudos de grao, a través da elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal centrado nalgún aspecto da Enfermaría. O traballo deberá integrar os coñecementos relativos á profesión enfermeira e demostrar competencias para planificar, desenvolver, avaliar e innovar a práctica profesional en calquera das vertentes da profesión.
A bibliografía será orientada pola titora ou titor do traballo.
En xeral, constará de documentos que se refiran a:
- o tema obxecto do traballo
- métodos, procedementos e técnicas de investigación
- orientación sobre a redacción e presentación de traballos académicos.
-Incorporar os valores profesionais, as competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico, integrando na práctica profesional os coñecementos, habilidades e actitudes da Enfermaría, baseados en principios e valores asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e nas materias que conforman o Título.
-Desenvolver capacidade para o traballo en equipo.
-Adquirir capacidade para a resolución de problemas.
-Adquirir capacidade para a toma de decisións.
-Planificar e xestionar o tempo.
-Traballar de maneira autónoma.
-Xestionar información.
-Desenvolver habilidades de investigación.
-Adquirir habilidades básicas no manexo de ordenadores.
A/o titor/a orientará á/ao estudante no proceso de elaboración do traballo e poderá realizar sesións e titorías co fin de explicar as características xerais do Traballo Fin de Grao (TFG), así como identificar as necesidades formativas máis relevantes. Nas sesións de titorías estableceranse propostas que permitirán adquirir e/ou ampliar a formación en aspectos concretos relativos a coñecementos e habilidades para afrontar o traballo (procura documental, manexo de programas informáticos, etc). As titorías permitirán avaliar o grao de compromiso, responsabilidade e seguimento das orientacións establecidas pola/o titor/a, así como a capacidade de iniciativa e resolución de problemas.
As actividades de traballo autónomo a realizar polo estudante inclúen: lecturas para a definición do marco teórico, elaboración dun guión de contidos. procura, selección e tratamento da información, elaboración do traballo escrito e preparación da presentación.
CURSO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN PARA TFG. NIVEL AVANZADO. CIENCIAS DA SAÚDE.
Para a realización do TFG é altamente recomendable a realización deste curso gratuito, impartido pola Biblioteca de Medicina e Odontoloxía / Biblioteca de Enfermaría da USC en modalidade virtual e cunha inversión dunhas 25 horas por parte do estudantado.
A formación distribúese en cinco módulos cos contidos teóricos e as tarefas correspondentes, de carácter obrigatorio.
1. Como elaborar un TFG
2. Atopa a información que necesitas para o TFG
3. Avalía, selecciona e organiza a información para o teu TFG
4. Asegura a orixinalidade do teu TFG. Evita o plaxio
5. Seguridade e identidade dixital. Competencias dixitais
O alumnado considerado apto poderá solicitar na biblioteca do seu centro un diploma expedido pola USC que acredite a superación deste curso. A USC recoñece esta actividade con 1 crédito ECTS que será imputado no expediente a solicitude da persoa interesada. Non se recoñecerá o crédito a aquelas persoas que realicen un curso de competencias en información que non sexa o propio da súa titulación.
As pautas para a defensa dos TFG, composición do tribunal, cualificacións, e convocatorias réxense pola Normativa correspondente da Facultade de Enfermaría e, complementariamente, polo Regulamento correspondente da USC.
Tanto a solicitude de defensa como o depósito do traballo faranse a través da Secretaría virtual da/o estudante seguindo o procedemento e datas establecidos polo centro. As datas de entrega e defensa fixaranse de acordo co calendario académico da USC.
A avaliación dos TFG farase na Facultade de Enfermaría e, cando non sexa posible, noutros centros da USC a través da súa exposición e defensa pública diante dun tribunal.
O tempo máximo do que estudante disporá para a súa defensa será de 10 minutos. Cada estudante, independentemente do xeito de elaboración, deberá defender a totalidade do seu TFG de xeito individual. A modalidade ordinaria de defensa pública dos traballos será a exposición individual realizada pola/o estudante de xeito presencial, tanto para os traballos individuais como realizados en grupo.
A cualificación estará vinculada á consecución das citadas competencias e farase seguindo os seguintes criterios:
-Informe do/a titor/a: 30%
-Memoria do traballo: 50% (25% adecuación dos contidos á estrutura proposta e 25% claridade da exposición dos contidos)
-Defensa: 20% (10% exposición oral e 10% resposta a preguntas / debate).
O TFG debera respectar os dereitos de propiedade intelectual. En todo caso, segundo o artigo 12 do Regulamento correspondente da USC: "Os TFG e TFM deben ser traballos orixinais de elaboración propia e deben citarse debidamente as fontes que se tiveron en conta para a súa realización"; "O incumprimento do indicado no apartado anterior suporá a cualificación de "suspenso" na convocatoria".
Os tribunais cualificarán segundo a seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que se engadirá a correspondende cualificación cuantitativa:
- Non Presentado
- 0-4,9: Suspenso
- 5,0-6,9: Aprobado
- 7,0-8,9: Notable
- 9,0-10: Sobresaliente
O TFG ten un valor de 6 créditos ECTS, o que equivale a un conxunto de 150 horas de traballo.
-Realización do curso de Competencias Informacionais impartido pola Biblioteca de Medicina/Enfermería da USC.
-Traballo e seguimento continuos
-Adecuada planificación e organización do tempo e recursos