Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionar os coñecementos necesarios para seleccionar adecuadamente as técnicas e probas de avaliación psicolóxica dentro do proceso de avaliación.
2. Presentar as peculiaridades do proceso de avaliación orientado á selección, clasificación e a intervención psicolóxica
3. Presentar as principais orientacións e instrumentos de avaliación no campo da intelixencia.
4. Presentar as principais orientacións e instrumentos de avaliación no ámbito da personalidade.
Tema 1. Natureza, uso e valor das probas avaliación psicolóxicas
Supostos básicos da avaliación; Os estándares para a avaliación psicolóxica; Principios éticos da avaliación psicolóxica; Valoración crítica.
Tema 2. O proceso de avaliación orientado á selección
O contexto da toma de decisións orientado á selección e predición da conducta; A predición mecánica vs. a predición baseada nos xuízos clínicos; A avaliación no ámbito da selección de persoal; A predición da perigosidade/do risco de violencia no contexto legal; Valoración crítica.
Tema 3: O proceso de avaliación orientado á intervención psicolóxica
As distintas funcións da avaliación no ámbito da intervención; O diagnóstico; A detección de casos (o cribado); A avaliación orientada á planificación dunha intervención; A valoración de programas e intervencións; Valoración crítica.
Tema 4. Avaliación da personalidade
As polémicas dentro da avaliación da personalidade; Instrumentos para a avaliación dos atributos da personalidade; a perspectiva interactiva na avaliación da personalidade; valoración crítica.
Tema 5. Avaliación e diagnóstico clínico da personalidade
Introdución; Os sistemas de clasificación categóricos; O MMPI e as súas evolucións; A proposta de Millon para a avaliación dos trastornos de personalidade; O Inventario de Avaliación da Personalidade (PAI); valoración crítica.
Tema 6. A Intelixencia e a súa avaliación
Introdución; Desenvolvemento histórico da avaliación da intelixencia; A avaliación da intelixencia desde a tradición Binet-Terman-Wechsler; O enfoque factorial na avaliación da intelixencia; Aproximacións contemporáneas na avaliación da intelixencia; Polémicas vixentes no campo da avaliación da intelixencia; Valoración crítica.
Tema 7. Avaliación da motivación
Introdución; a avaliación dos intereses; a avaliación dos valores; as metas persoais e a autorregulación; as atribucións e expectativas; valoración crítica
Tema 8. Retos e ameazas para a avaliación psicolóxica
A avaliación psicolóxica e Internet; O papel da Intelixencia Artificial na avaliación.
Bibliografía básica e complementaria
Manuais de referencia:
• Alonso Tapia, J. (2011). Evaluación psicológica: Coordenadas, contextos, procesos y garantías. Madrid: Ediciones UAM.
• American Educational Research Association. (2018). Estándares para pruebas educativas y psicológicas.
• Cohen, R. J., Schneider, W. J. e Tobin, R. M. (2023). Evaluación y pruebas psicológicas. Una introducción a las pruebas y la medición (10ª ed.) McGraw Hill.
• Moreno Rosset, C. Y Ramírez Uclés, I.Mª. (2019). Evaluación Psicológica. Procesos, técnicas y aplicaciones en áreas y contextos. (2ª ed). Sanz y Torres.
Referencias complementarias:
• Aiken, L.R. (2003). Tests psicológicos y evaluación. México. Prentice Hall.
• Anastasi, A. y Urbina, S. (1998). Tests psicológicos. Mexico: Prentice Hall.
• Angera, M. T., Chacon, S. y Blanco, A. (2008). Evaluación de programas sociales y sanitarios. Madrid: Síntesis.
• Del Barrio, V. (2010). Evaluación psicológica aplicada a diferentes contextos. Madrid: UNED.
• Fernández Ballesteros, R. (2005). Introducción a la evaluación psicológica II. Madrid: Pirámide.
• Fernández Ballesteros, R. (2011). Evaluación psicológica. Conceptos, métodos y estudio de casos. Madrid: Pirámide.
• Kirchner, T., Torres, M. y Forns, M. (2007). Evaluación psicológica: modelos y técnicas. Barcelona: Paidós.
• Magallón-Neri, E. (2022). Evaluación Psicológica: Perspectivas emergentes basadas en la tecnología de la información. [Documento docente]. Facultad de Psicología, Universidad de Barcelona
• Muñoz, M. (2014). Manual práctico de evaluación psicológica clínica. Madrid: Pirámide.
• Muñoz, M., Roa, A., Pérez, E., Santos-Olmo, A. B. y de Vicente, A. (2002). Instrumentos de evaluación en salud mental. Madrid: Pirámide.
• Sternberg, R. J. y Detterman, D. K. (Eds.) (2004). ¿Qué es la inteligencia?: Enfoque actual de su naturaleza y definición. Madrid: Pirámide.
Xerais da titulación:
• Que os estudantes teñan a capacidade para reunir e interpretar datos relevantes relativos ao comportamento humano e para emitir xuízos fundamentados sobre problemas de orde psicolóxica.
• Identificar as características relevantes do comportamento mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
• Ser capaces de transmitir información sobre ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ao comportamento humano a un público tanto especializado como non especializado.
• Saber utilizar as fontes documentais relevantes en Psicoloxía, con capacidade de síntese e de análise crítica.
• Elaborar informes psicolóxicos dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
Específicas da materia:
• Saber planificar a avaliación de persoas e intervencións en distintos ámbitos de intervención psicolóxica.
• Ser capaz de seleccionar e administrar técnicas e instrumentos de avaliación psicolóxica no campo da intelixencia e a personalidade, así como de interpretar e informar sobre os resultados desas probas.
• Ser capaz de avaliar diferencias, problemas e necesidades dos destinatarios en diferentes ámbitos de aplicación.
• Adquirir coñecementos sobre as peculiaridades do proceso de avaliación orientado á selección e clasificación de persoas en distintos contextos de actuación psicolóxica.
• Adquirir coñecementos sobre as peculiaridades do proceso de avaliación orientado ao deseño e avaliación de programas e intervencións nos distintos contextos de actuación psicolóxica.
• Respectar os dereitos das persoas e as obrigas deontolóxicas no proceso de avaliación psicolóxica.
As clases expositivas serán impartidas durante o primeiro cuadrimestre ao longo de dúas horas de clase á semana no horario oficialmente aprobado. Nas clases expositivas levarase a cabo a exposición da materia, así como o debate e a discusión de lecturas relacionadas cos distintos temas. A asistencia as clases expositivas é recomendable pero non obrigatoria.
As clases interactivas levaranse a cabo en sesións de 75-90 minutos nas que se traballará sobre distintos aspectos prácticos da materia. Nalgúns casos o traballo na aula deberá ser complementado con traballo non presencial para realizar a actividade proposta. A asistencia é recomendable pero non obrigatoria.
Como apoio á materia, estará dispoñible para todos os alumnos unha aula virtual no Campus virtual da USC (http://cv.usc.es) na que se poderán atopar material de apoio relevante para a materia; foros de debate sobre temas relevantes, así como ferramentas de comunicación cos profesores e cos outros alumnos da materia.
A avaliación dos contidos teóricos da materia realizarase a través dun exame obrigatorio para superar a materia. Esta proba realizarase nas datas e no lugar establecidos oficialmente e consistirá nun exame de opción múltiple. Esta proba representa un 60% da nota final. Este sistema de avaliación complementarase cun sistema de avaliación continua para o cal se terá en conta a participación nas actividades que se vaian realizando ao longo do curso nas clases teóricas (foros de debate, comentario de lecturas) e prácticas (informes). Este sistema representará un 40 % da nota final da materia.
Para superar a materia terase que lograr unha nota mínima de 4 (sobre 10) no exame final.
En base a criterios académicos é requisito para superar esta materia presentarse ao exame final da mesma.
Para o alumnado con dispensa de asistencia so se terá en conta a nota do exame final.
Ademais da asistencia ás 24 horas de clases expositivas e as 14 horas de prácticas en grupos reducidos, estímase que o tempo de traballo persoal do/a estudante requirido para superar a materia é de 80 horas.
Xosé Antón Gomez Fraguela
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813944
- Correo electrónico
- xa.gomez.fraguela [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Laura Lopez Romero
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813767
- Correo electrónico
- laura.lopez.romero [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Lorena Maneiro Boo
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813735
- Correo electrónico
- lorena.maneiro [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Beatriz Diaz Vazquez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813904
- Correo electrónico
- beatrizdiaz.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Maria Álvarez Voces
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813904
- Correo electrónico
- mariaalvarez.voces [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 9 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 8 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 9 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 8 |
14.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
14.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
14.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
14.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
14.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
14.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
14.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
14.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
17.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
17.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
17.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
17.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
17.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
17.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |