Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Psicoloxía Preventiva impártese en cuarto curso dá titulación de Grao en Psicoloxía. As clases teóricas son sesións expositivas, explicativas e demostrativas dos contidos. Os seminarios procuran construír coñecemento a través da interacción profesor-alumno e a actividade dos propios estudantes; son sesións monográficas supervisadas polo profesor con participación compartida dos estudantes. A través das clases prácticas preténdese que os estudantes aprendan como se debe actuar, especificamente para deseñar programas de prevención.
O obxectivo xeral da materia céntrase en que os alumnos adquiran coñecementos e habilidades para levar a cabo programas de prevención en distintos contextos.
Este obxectivo xeral se concreta no logro dunha serie de obxectivos específicos en relación cos con-tendidos, as destrezas prácticas e as actitudes
a) En relación cos coñecementos
. Adquirir os conceptos fundamentais para entender o ámbito da prevención.
. Coñecer as fases e procesos necesarios para desenvolver un programa de prevención.
. Coñecer as modalidades de programas de prevención mais eficaces para distintos problemas e o seu emprego en diferentes contextos.
. Coñecer o proceso e procedementos de programas preventivos en diferentes contextos.
. Saber avaliar e interpretar as variables psicosociais relevantes no campo da prevención.
. Poder analizar programas de prevención segundo os estándares internacionalmente admitidos como boas prácticas.
b) En relación coas destrezas prácticas
. Ter a capacidade de realizar a análise de necesidades e identificar os factores de risco e protección presentes nun contexto determinado.
. Ser capaz de buscar información relevante, organizar a información obtida e xerar documentos aproveitando as vantaxes das Tics.
. Saber analizar e interpretar os resultados dos programas de prevención.
c) En relación coas actitudes
. Valorar os puntos fortes e limitacións dunha intervención preventiva.
. Desenvolver actitudes éticas e profesionais no campo da práctica da prevención.
. Desenvolver un pensamento crítico e construtivo sobre práctica de prevención.
Clases expositivas
TEMA 1. INTRODUCIÓN Á CIENCIA DA PREVENCIÓN.
1.1. Antropoloxía cultural 1.2. Disparidades en saúde: igualdade e equidade 1.3. Construción social da prevención
TEMA 2. FUNDAMENTOS DA CIENCIA DA PREVENCIÓN.
2.1. Definición e tipos de prevención 2.2. Aspectos básicos da ciencia da prevención e características da Psicoloxía Preventiva 2.3. Problemas da Ciencia da Prevención e da Psicoloxía Preventiva
TEMA 3. FACTORES DE RISCO E DE PROTECCIÓN. MODELOS TEÓRICOS EN PREVENCIÓN.
3.1. Factores de risco e vulnerabilidade 3.2. Factores de protección: invulnerabilidade e resiliencia 3.3. Modelos teóricos explicativos
TEMA 4. A PREVENCIÓN NA PRÁCTICA.
4.1. Aspectos básicos da investigación na Ciencia da Prevención 4.2. Proceso científico na intervención preventiva: Fase 1 Detección e avaliación de riscos e necesidades; Fase 2 Deseño/adaptación dun programa; Fase 3 Implementación do programa; Fase 4 Avaliación do programa; Fase 5 Difusión do programa
TEMA 5. PROGRAMAS EMPIRICAMENTE VALIDADOS.
5.1. Ámbitos e estratexias de intervención para previr riscos e promocionar a saúde 5.2. Claves de éxito dos programas preventivos 5.3. Un exemplo de programa baseado en evidencia: o programa Mantente REAL.
TEMA 6. FUTURO DA PREVENCIÓN.
6.1. Aspectos críticos, retos para o futuro e consideracións éticas na Ciencia da Prevención.
Clases interactivas
• Definición e abordaxe do risco
• Bases teóricas da estratexia preventiva
• Revisión dos factores de risco e protección (fase 1)
• Elaboración dunha proposta de intervención (fases 2 e 3)
• Avaliación dun programa de prevención (fase 4)
• Práctica implicacións da intervención preventiva (fase 5)
Básica
Cutrín, O., Maneiro, L., & Gómez-Fraguela, J.A. (2023). Evaluación del proceso de implementación de los programas de intervención preventiva con individuos y familias. En C. Orte, F.F. Marsiglia, & Amer, J. (Eds.), Programas de familias para la comunidad. Buenas prácticas en implementación de intervenciones basadas en la evidencia (pp. 115-130). Octaedro.
Fernández-Ríos, L., & Gómez-Fraguela, J.A. (2007). La psicología preventiva en la intervención social. Síntesis.
Complementaria
Altschuld, J.W., & Watkins, R. (2014). A primer on needs assessment: More than 40 years of research and practice. New Directions for Evaluation, 144, 5-18.
APA (2014). Guidelines for Prevention in Psychology. American Psychologist, 69, 285-296.
Breakwell, G.M. (2007). The psychology of risk. Cambridge University Press.
Center for Substance Abuse Prevention (2009). Identifying and selecting Evidence-Based Interventions. SAMHSA.
Cutrín, O., Kulis, S., Maneiro, L., MacFadden, I., Navas, M.P., Alarcón, D., Gómez Fraguela, J.A., Villalba, C., & Marsiglia, F.F. (2021) Effectiveness of the Mantente REAL Program for Preventing Alcohol Use in Spanish Adolescents. Psychosocial Intervention, 30, 113-122.
Cutrín, O., MacFadden, I., Marsiglia, F.F., & Kulis, S. (2023). Social Validity in Spain of the Mantente REAL Prevention Program for Early Adolescents. Journal of Prevention, 44, 143-164.
Diclemente, R.J., Crosby, R., & Kegler, M.C. (2009). Emerging theories in health promotion practice and research (2nd ed.). Jossey-Bass.
Fraser, M. W. (2009). Intervention research developing social programs. Oxford University Press.
Marsiglia, F.F., Kulis, S., Cutrín, O., Medina-Mora, M.E., Real, T., Nuño Gutiérrez, B.L., Corona, M.D., Mendoza Meléndez, M.A., Gresenz, K., & Alcalá-Calvillo, D. (2022). The feasibility, acceptability, and utility of Mantente REAL: the culturally adapted version of keepin’ it REAL for Mexico. Prevention Science, 23, 1483-1494.
Marsiglia, F.F., Kulis, S., Munyuwiny, S., Cutrín, O., Gresenz, K., Osir, O., & Huang, CK. (2023). A Pilot Study of an Evidence-based Prevention Intervention (keepin’ it REAL) for Early Adolescents in Kenyan Schools. Journal of Studies on Alcohol and Drugs, 84, 45-50.
O’Connell, M.E., Boat, T., & Kenneth E. Warner, K E. (2009). Preventing Mental and emotional and Behavior Disordes Among Young People. Wasington. The National Academic Press
Park, N., Peterson, Ch., & Sun J.K. (2013). La psicologia postitiva: Investigación y aplicaciones. Terapia Psicologica, 31, 11-19.
Pérez-Llantada, M.C., López de Llave, A., & Gutiérrez, M.T. (2009). Evaluación de programas e intervenciones en psicología. Dykinson.
Rebolloso, E., Fernández-Ramírez, B., & Cantón, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social. Síntesis.
Tanner-Smith, E.E., Durlak, J.A. & Marx, R.A. (2018). Empirically Based Mean Effect Size Distributions for Universal Prevention Programs Targeting School-Aged Youth: A Review of Meta-Analyses. Prevention Science, 19, 1091-1101.
Competencias específicas da titulación:
. Identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica
. Identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
. Comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
. Comprender os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións
. Comprender os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo
. Promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
. Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
. Definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados
. Transmitirlles aos destinatarios, de forma adecuada e precisa, os resultados da avaliación
. Elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
. Axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía
Competencias específicas da materia:
. Coñecer os termos e conceptos fundamentais da prevención.
. Ser capaz de identificar as necesidades, os factores de risco e protección presentes nun contexto determinado.
. Poder analizar e seleccionar programas de prevención que se axusten aos estándares internacionais admitidos como boas prácticas
. Poder deseñar, aplicar e avaliar programas de prevención en diferentes contextos e para distintas poboacións.
A dinámica desta materia basearase en clases expositivas-teóricas, clases interactivas, titorías e a aula virtual. Nas clases teóricas expoñeranse os principais contidos da materia, fomentando o debate e discusión co alumnado sobre os temas tratados. Estes debates adquiren máis importancia nas clases interactivas, nas que se levarán a cabo debates sobre lecturas, presentación de programas concretos, exposición de traballos, etc.
Esas dinámicas veranse complementadas polas titorías, onde o alumnado poderá expor as súas dúbidas e cuestións sobre a materia. As titorías poderán realizarse de forma presencial ou de forma virtual. Un complemento importante desta materia tamén será a aula virtual creada no campus virtual da USC. Nesta aula, o alumnado matriculado na materia poderá acceder aos materiais utilizados na aula e materiais complementarios que poidan ser útiles para a súa formación na materia.
A metodoloxía de ensinanza será continua formativa, promovendo un proceso de aprendizaxe que permita ao alumnado desenvolver estratexias críticas e reflexivas, a través de lecturas, realización de informes, e a realización dun traballo acerca do deseño e avaliación dun programa de prevención. Daranse directrices específicas para guiar a realización do traballo.
Avaliaranse as competencias de coñecemento e destrezas ou habilidades e actitudes incluídos na materia. Propóñense dous modos posibles de avaliación continua formativa, a elección do/a estudante:
1. Avaliación oficial: asistencia a clases interactivas e realización dos informes (20% da nota); realización e entrega dun traballo sobre o deseño e avaliación dun programa de prevención (20% da nota; pódese facer individualmente ou en grupo de ata tres persoas); e a realización dun exame final (60% da nota). O exame final consistirá na combinación de vinte preguntas tipo test, con tres alternativas de resposta, e dúas preguntas cortas, a elexir unha. A data límite para a entrega do traballo será a data e hora oficial do exame en primeira oportunidade, independentemente de que o/a alumno/a decida non presentarse ao exame nesa oportunidade. É imprescindible a superación das tres partes por separado para o cómputo da nota final. A nota dos informes e/ou o traballo gardarase para a seguinte matrícula no caso de non superar o exame.
2. Avaliación alternativa: asistencia a clases expositivas e realización de tarefas na aula (20% da nota), asistencia a clases interactivas e realización dos informes (20% da nota); realización, entrega e exposición dun traballo sobre o deseño e avaliación dun programa de prevención (40% da nota; pódese facer individualmente ou en grupo de ata tres persoas). A data límite para a entrega do traballo será a data e hora de exposición na última semana de clases interactivas. É imprescindible a superación das tres partes por separado para o cómputo da nota final, puidendo obter así unha nota máxima de 8. Para acadar a nota de 10, o alumnado pode realizar o exame de forma voluntaria (20% da nota), en mesmo tempo e forma que o exame da avaliación oficial.
• Aspectos comúns ás dúas modalidades de avaliación: Realización de informes durante as clases interactivas e realización e entrega do traballo.
• Aspectos diferenciais entre as dúas modalidades: A avaliación oficial require obrigatoriamente a superación do exame final. A avaliación alternativa require obrigatoriamente a realización de tarefas na aula durante as clases expositivas e a exposición do traballo sobre o programa de prevención.
Ao alumnado con dispensa de asistencia concedida aplicaráselle o seguinte sistema de avaliación: realización das tarefas das clases expositivas (que estarán dispoñibles na aula virtual) (20% da nota); realización e entrega dun traballo sobre o deseño e avaliación dun programa de prevención (20% da nota; débese facer individualmente); e a realización dun exame final (60% da nota). O exame será o mesmo en tempo e forma que o exame da avaliación oficial. A data límite para a entrega das tarefas de clases expositivas e do traballo individual será a data e hora oficial do exame en primeira oportunidade, independentemente de que o/a alumno/a decida non presentarse ao exame nesa oportunidade. É imprescindible a superación das tres partes por separado para o cómputo da nota final. A nota das tarefas e/ou o traballo gardarase para a seguinte matrícula no caso de non superar o exame.
As horas presenciais da materia distribúense da seguinte forma: 25 horas de sesións expositivas, 12 h. sesións interactivas e 1 hora de titoría. O tempo de traballo non presencial estímase nunhas 71.5 horas. Isto inclúe a lectura e preparación de material de apoio, a elaboración de traballos e as horas de estudo.
-Facer uso das titorías.
-Participar na clase e nas actividades propostas de forma activa e construtiva.
-Preparar os contidos mediante as diapositivas, os apuntamentos da clase e a bibliografía básica.
-Facer un uso produtivo das sesións interactivas.
Olalla Cutrin Mosteiro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813704
- Correo electrónico
- olalla.cutrin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Lorena Maneiro Boo
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813735
- Correo electrónico
- lorena.maneiro [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Sara Piñeiro Dosil
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813904
- Correo electrónico
- sarapineiro.dosil [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
27.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
27.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
27.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
27.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
27.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
27.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |