Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer o obxecto de estudo da disciplina, a súa definición, os seus antecedentes históricos.
2. Comprender os principais métodos e técnicas de investigación empregados en Neurociencia Condutual.
3. Coñecer as bases neurofuncionais dos sistemas sensoriais e motor.
4. Comprender os mecanismos da activación o sono e a vixía.
5. Coñecer cales son ás principais fontes documentais na disciplina.
En todo caso o/a estudante deberá:
6. Acadar unha visión o máis completa posible do enfoque que desde a Neurociencia Condutual se fai en Psicoloxía, os seus supostos, a contribución dos seus principais autores, as vantaxes de tal enfoque e tamén as súas limitacións.
PROGRAMA TEÓRICO
Tema 1. Introdución á Neurociencia Condutual (4 h.)
1.1. Delimitación conceptual da disciplina
1.2. Antecedentes históricos
1.3. Principais métodos e técnicas de investigación en Neurociencia Condutual
1.4. Fontes documentais en Neurociencia Condutual
Tema 2. Somestesia e Dor (5 h.)
2.1. Introdución aos sistemas sensoriais
2.2. Receptores e sensacións somáticas
2.3. Transdución e codificación
2.4. Vías e centros
2.4. A dor e a analxesia
Tema 3. Sistema auditivo e vestibular (5 h.)
3.1. Introdución
3.2. Descrición estrutural do oído
3.3. Células receptoras e transducción auditiva.
3.4. Codificación da frecuencia e da intensidade do son.
3.5. Localización de son
3.6. Vías e centros auditivos.
3.7. Trastornos auditivos
3.8. Sistema vestibular
Tema 4. Sentidos químicos: Olfato e gusto (2 h.)
4.1. Introdución.
4.2. Sistema olfativo
4.3. Sistema gustativo
Tema 5. A visión (6 h.)
5.1 Introdución.
5.2 Descrición anatómica e funcional do ollo.
5.3 Vías, centros e cortizas visuais
5.4 A transdución visual
5.5 Visión da forma, o movemento e a profundidade
5.6 Visión da cor.
5.7 Principais trastornos visuais.
Tema 6. Sistema motor (7 h.)
6.1. Introdución
6.2. O músculo e os seus receptores
6.3. Funcións motoras da médula espiñal e do talo cerebral
6.4. Control superior do movemento: as cortizas motoras
6.5. Funcións motoras dos ganglios da base. Trastornos asociados
6.6. Funcións motoras do cerebelo. Trastornos asociados
6.7. Plasticidade e aprendizaxe motor
Tema 7. Rítmos biolóxicos, sono e vixía (5 h.)
7.1. Introdución
7.2. Activación e ritmos biolóxicos
7.3. Caracterización fisiolóxica do sono
7.4. Mecanismos neurofisiolóxicos do sono e a vixía
7.5. Funcións do sono
7.6. Trastornos do sono
PROGRAMA DE INTERACTIVAS (PRÁCTICAS)
As prácticas de Neurociencia Condutual serán obrigatorias e realizaranse en módulos de aproximadamente 90 minutos. Os/ as estudantes deberán acudir necesariamente o día e a hora no que estea convocado o grupo ao que foron asignados pola Facultade. So EXCEPCIONALMENTE se poderá cambiar de grupo contando coa autorización previa do/a profesor/a da práctica.
Para este curso, téñense previstas as seguintes prácticas (a información máis detallada sobre os lugares e horarios colgarase antes do inicio das clases no Campus Virtual- plataforma Moodle):
1. Seminario de métodos e técnicas: Supostos prácticos.
2. Búsqueda de información en neurociencia condutual. Parte I: Manexo das bases de datos informatizadas no ámbito científico.
3. Búsqueda de información en neurociencia condutual. Parte II: Xestión das referencias bibliográficas:
4. Actividades de avaliación formativa e resolución de problemas.
5. Sistema visual e auditivo. Manexo de maquetas e láminas.
6. Rexistro de datos en cronobioloxía:
7. Rexistro de sinais psicofisiocoxicos: EMG, EOG i EEG
8. Procesado e análise de sinais psicofisiolóxicos: polisomnografía.
9. Actividades de avaliación formativa II.
10. Resolución de casos sobre trastornos do sono.
MANUAL RECOMENDADO:
-CARLSON, N.R., BIRKETT, M.A. (2018). Fisiología de la conducta. 12ª Edición. Madrid: Pearson Education (serven también edicións anteriores).
Pódese consultar a versión online na páxina da biblioteca.
BIBLIOGRAFÍA XERAL:
1. ALLMAN, J.M. (2003). El cerebro en evolución. Barcelona: Ariel.
2. BEAR, M.F., CONNORS, B.W. e PARADISO, M.A. (2008). Neurociencia: la exploración del cerebro, 3ªed. Barcelona: Wolters Kluwer.
3. DE ABRIL ALONSO, A., AMBROSIO FLORES, E., BLAS CALLEJA, M.R., CAMINERO GÓMEZ, A. A., GARCÍA LECUMBERRI, C. E PABLO GONZÁLEZ, J.M. (2009) Fundamentos de Psicobiología. Madrid: Sanz y Torres.
4. KANDEL, E.R. SCHWARTZ, J.H. e JESSELL, T.M. (2001). Principios de neurociencia. Madrid: McGraw Hill/Interamericana.
5. MORGADO, I. (2005). Psicobiología de los genes a la cognición y el comportamiento. Barcelona: Ariel.
5. PURVES, D. et al. (2007). Neurociencia. Madrid: Panamericana.
6. PINEL, J.P.J. (2007) Biopsicología. Madrid: Pearson Educación.
7. REDOLAR, D. (2023) Neurociencia cognitiva (2ª edición). Madrid: Editorial Médica Panamericana.
8. ROSENZWEIG, M.R., BREEDLOVE, M. e WATSON, N.V. (2005). Psicobiología: Una introducción a la Neurociencia Conductual, Cognitiva y Clínica. Barcelona: Ariel.
Para cada un dos temas darase unha bibliografía específica na que se incluirán algúns dos textos da bibliografía xeral, artigos especializados nese ámbito, e direccións de internet especialmente interesantes (enlaces a videos e outros recursos). Así mesmo, indicaranse algunhas lecturas recomendadas para o tema.
As competencias relacionadas con coñecementos (saber) que pretendemos fomentar a través da materia son:
1.- Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
2.- Coñecer as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
3.- Coñecer os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas.
As competencias relacionadas con habilidades e destrezas (saber facer) que fomentamos son:
1.- Identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
2.- Promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria.
3.- Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
Medios didácticos
Para a exposición dos temas, recórrese á utilización de medios audiovisuais (presentacións en Power Point). De forma previa ao inicio dun tema, entregarase o material empregado nas clases a través da plataforma “Moodle” do Campus Virtual todo o material necesario.
En xeral, na primeira clase, presentarase polo miúdo o tema e resaltaranse os seus aspectos máis relevantes. Ao comezo de cada unha das seguintes clases que se dediquen ao tema, farase unha breve recapitulación do máis significativo da clase anterior. Ao remate de cada tema, farase un resumo dos aspectos máis relevantes nel tratados.
Para as clases prácticas cóntase cunha aula de informática, un seminario e dous laboratorios dotados dos medios necesarios para as actividades programadas.
Por último, e co fin de dar apoio á actividade presencial, a materia contará con outras ferramentas que poderán consultarse dentro da plataforma “Moodle”. A través do Campus Virtual comunicaranse tamén todas as novidades respecto da materia, polo que é moi importante que os/as estudantes revisen o enderezo electrónico da USC.
A parte teórica supon o 70% da cualificación e depende da nota obtida nas 40 preguntas do exame teórico final. Ese exame será de formato tipo test con cinco opcións (correxido según a fórmula acertos-erros/4) sendo necesario obter un 5 sobre 10 para que se poda sumar a nota da parte práctica. No caso de non chegar a aprobado, a puntuación na acta será a do exame teórico sobre 10.
A parte práctica supón o 30% da cualificación da materia. O 20% obterase pola asistencia/participación nas prácticas, presentación dos informes asociados, e/ou realización de probas, preferiblemente a través das plataformas Moodle ou Microsoft Forms. O 10% restante pola parte práctica do exame final. Para aprobar a materia, será obrigatorio ter feitas todas as prácticas. Como marxe de tolerancia, admítense dúas faltas sempre que exista causa debidamente xustificada.
Para a parte práctica, NON É POSIBLE a dispensa de asistencia a clase.
Manterase o aprobado nas prácticas (1,5 sobre 3) obtido nos tres cursos anteriores ao curso actual.
Actividades complementarias con reflexo na avaliación. Neste materia vimos colaborando coa biblioteca da Facultade de Psicoloxía na impartición do curso online Competencias en Información. Nivel básico. Os/as estudantes que superen o devandito curso recibirán unha compensación de 0,2 puntos na súa nota (sumada unha vez aprobada a materia), só no ano en que se realice o curso. Pódense conseguir tamén 0,2 puntos pola realización dos casos prácticos que se plantexan na 1ª parte da materia (ferramenta obradoirode Moodle)
A nota da parte práctica + actividades complementarias non poderá superar os 3 puntos.
Horas presenciais expositivas: 35
Horas presenciais interactivas: 15
Horas de titorías personalizada: 1
Horas de traballo persoal estimado: 104
1- Estudo da materia conforme se desenvolve o programa.
2- Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
3- Implicación activa na dinámica de clase.
4- Aproveitamento das titorías.
Coñecementos previos recomendados:
Coñecementos básicos de bioloxía do comportamento, neurofisiología e neuroanatomía humana. Coñecemento dos principais enfoques e perspectivas teóricas da psicología actual.
Coñecemiento da estructuración básica do sistema cognitivo human
HORARIO DE TITORIAS:
Mª Teresa Carrillo: martes e xoves de 11.30 a 14.30 h. Despacho nº 62. Módulo A. E-mail: mteresa.carrillo [at] usc.es (mteresa[dot]carrillo[at]usc[dot]es)
Fernando Cadaveira: martes, mércores e voves de 12.00 a 14.00 h. Despacho nº 60. Módulo A. E-mail: fernando.cadaveira [at] usc.es (fernando[dot]cadaveira[at]usc[dot]es)
Paula Pazo Álvarez: martes de 16:00 a 19:00 h e venres de 11:30 a 14:30 h. Despacho nº 57. Módulo A. E-mail: paula.pazo [at] usc.es (paula[dot]pazo[at]usc[dot]es)
Recoméndase enviar unha mensaxe previa para fixar unha titoría. Existe a posibilidade de titorías online.
Idioma: As clase expositivas e prácticas impártense en galego ou castelán.
Aos efectos que corresponda o coordinador da materia no presente curso é o profesor Fernando Cadaveira Mahía. Para as cuestións que afecten en particular a cada tema ou práctica, a primeira persoa de contacto será o/a profesor/a encargado/a dese tema ou práctica.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
María Teresa Carrillo De La Peña
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813798
- Correo electrónico
- mteresa.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Fernando Cadaveira Mahía
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813797
- Correo electrónico
- fernando.cadaveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Paula Pazo Álvarez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813682
- Correo electrónico
- paula.pazo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sabela Conde Pumpido Zubizarreta
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Correo electrónico
- sabela.condepumpido.zubizarreta [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
09:00-10:15 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 1 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 2 |
Venres | |||
09:00-10:15 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 1 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 3 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 6 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 7 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 2 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 3 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 6 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 7 |