Ir o contido principal

Harald zur Hausen

German Cancer Research Centre, Universidade de Heidelberg (Alemaña).
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 2008.

Harald zur Hausen

Premio Nobel "polo seu descubrimento de que os virus do papiloma humano provocan cancro cervical".

Dende que se sabe que os microorganismos poden causar enfermidades, tentouse relacionalos con cancros humanos clinicamente relevantes. Porén, durante máis de medio século, só se puideron relacionar tumores malignos moi pouco frecuentes, e moitas veces nin sequera humanos, cun tipo de virus moi concreto, como son os retrovirus, e chegouse a considerar que ningún cancro realmente importante era provocado por unha infección.

Harald zur Hausen amosou que practicamente tódolos cancros de colo de útero, o segundo cancro máis frecuente en mulleres, foran infectados por papilomavirus humano (HPV). Esta observación ía contra o consenso da época, na que se cría que se este cancro tiña relación cun virus sería co do herpes xenital. Tamén foi unha observación difícil de facer coa tecnoloxía do momento. Os cancros de colo de útero non tiñan xa o virus infeccioso no momento no que se podían analizar. Só mantiñan o seu ADN, e ademais normalmente non todo o ADN.

Os descubrimentos de zur Hausen permitiron coñecer como un virus non retroviral pode provocar cancro, o que contribuiu a entender tamén os procesos oncoxénicos non virais. Ademais, e probablemente o máis relevante, permitiron tamén o desenvolvemento de vacinas contra o HPV que previrán a aparición de cancros de colo de útero nas  futuras xeneracións.

Conferencia de Harald zur Hausen (21.05.2014)

Novas relacionadas