Premio Nobel "polo deseño e síntese de máquinas moleculares".
Jean-Pierre Sauvage, profesor e investigador na Universidade de Estrasburgo (Francia), completou o seu doutoramento na Universidade Louis-Pasteur de Estrasburgo en 1971 baixo a supervisión de Jean-Marie Lehn (Premio Nobel de Quimica 1987 e visitante do Programa ConCiencia en 2009), describindo as primeiras síntese de criptos, que son moléculas bi e policíclicas sintéticas que se unen a un átomo de metal central. Foi profesor en Estrasburgo de 1981 ata 1984 e director de investigación no CNRS de 1979 a 2009, cando se converteu en director emérito.
Sauvage é un dos pioneiros da química supramolecular e publicou en 1983 a primeira síntese eficiente das moléculas cíclicas entrelazadas denominadas "catenanos". Estas moléculas foron a base dunha das primeiras máquinas moleculares nas que o movemento dos aneis de catenano foi controlado a través de medios electroquímicos e fotoquímicos. Un dos aneis rotaba arredor do lazo creado polo outro, dunha maneira que se podía controlar. Acababa de construí-la primeira roda da historia de tamaño nanométrico. Seguindo enfoques semellantes, o seu grupo produciu en 2000 unha estrutura de rotaxano que pode estenderse e contraerse como un filamento muscular. A súa outra investigación inclúe a modelización do centro de reacción fotosintético e a redución do CO2 por medios electroquímicos.