Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen, sen restrición de nacionalidade ou lugar de residencia.
A entrega de premios terá lugar o 29 de novembro de 2024 ás 20:30 h na Casa do Saber, ao finalizar a proxección das obras presentadas ao VI Certame de Videocreación.
O prazo de envío da peza de videocreación e do 5 ao 7 de novembro de 2024 ás 13.00 h
Establécense os seguintes premios, aos que optarán por igual todas as pezas presentadas ao Certame que cumpran os requisitos establecidos nestas bases.
- Premio á mellor linguaxe visual e millor comunicación audiovisual Araceli Herrero : 300€, diploma e obra Mónica Alonso
- Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria: 300€, diploma e obra Mónica Alonso
- Premio do Público: 100€ e diploma
As obras gañadoras non o poderán ser de máis dun premio con excepción do Premio do Público.
Consulta as bases do certame.
- As obras presentadas deberán ser inéditas e orixinais.
- Poderán ser realizadas de maneira individual ou colectiva. No caso de que a peza audiovisual sexa feita por un grupo, deberase indicar no documento de inscrición unha persoa que o represente ou escoller un nome colectivo que cumpra con esa función.
- Cada obra deberá comezar coa cortina de inicio dispoñible na páxina www.lugocultural.gal
- A duración de cada peza audiovisual será dun máximo de 5 minutos, incluíndo a cortina inicial e os créditos.
- No caso de que a obra conteña linguaxe oral ou escrita, valorarase positivamente a utilización de calquera das normativas do galego. 6.- A persoa ou colectivo participante deberá acreditar a autoría ou o dereito ao uso dos elementos empregados na súa realización, tanto musicais como gráficos.
Inscrición do 1 ata o 31 de outubro de 2024, cubrindo este formulario.
Ademais, para formalizar a inscrición as persoas participantes deben enviar un correo-e a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) co DNI escaneado e o certificado bancario da conta na que desexen recibir o premio.
Envío da peza de videocreación:
Poderase enviar unha ligazón a calquera plataforma audiovisual, sempre e cando a peza participante sexa descargable e non estea en aberto, garantindo que no momento da súa proxección sexa inédita. Poderase tamén enviar a peza a través de Wetransfer ao correo-e: cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal).
Coa vontade de proporcionar ferramentas e fomentar o coñecemento, este ano, o Certame pon a disposición das persoas participantes a posibilidade de manter unha titoría en liña. Para acceder a este recurso, quen participe, ten que enviar un correo-e a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) co asunto: Titoría. Deste xeito establecese o luns 14 de outubro en dous sesións ás 13:00 e as 20:00 para esa conexión dixital, que terá unha duración de 60 minutos.