A edición do programa Faíscas Culturais 'A procura da domus do Mitreo' é unha reflexión arredor da domus do Mitreo, desde como se integraba na paisaxe urbana, cales eran os fundamentos antropolóxicos da alimentación, como evolucionaron os coidados na época romana...

A nova faísca 'A procura da domus do Mitreo' comeza o 18 de febreiro ás 12.30 horas cunha charla da profesora Dolores Dopico na Facultade de Humanidades sobre 'A domus na paisaxe urbana' á que asistirá o estudantado do Grao de Xestión Cultural. A entrada está aberta para toda a comunidade universitaria.
Estamos afeitos ver a Domus do Mitreo como un xacemento illado, subterráneo, "encerrado" entre os muros que o delimitan. Nesta faísca preténdese cambiar esa visión para integrala na cidade. A domus formaba parte dunha paisaxe urbana, relacionábase coas súas vías principais, co foro, coas súas infraestruturas e co campo circundante. En suma, só se pode comprender dentro dunha paisaxe histórica/cultural.
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
