Ir o contido principal

Charla de Ryosuke Takahashi: ‘Unha viaxe en primeira persoa pola historia do anime xaponés: dende Astro Boy ata os nosos días’

22.01.2025 | 19.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

Takahashi foi o guionista da versión de 1980 de Astro Boy

Ryosuke Takahashi
Ryosuke Takahashi

Como actividade complementaria da exposición ‘A orixe do Anime na mirada de Tadahiko Horiguchi’, o mércores 22 de xaneiro terá lugar a charla ‘Unha viaxe en primeira persoa pola historia do anime xaponés: dende Astro Boy ata os nosos días’ a cargo de Ryosuke Takahashi, un dos fundadores do anime xaponés xunto a Tadahiko Horiguchi.

Desde un punto de vista persoal, Takahashi fará unha viaxe a través da historia do anime empregando varias das obras ás que contribuíu, explicando diferentes recursos e materiais destas creacións. Este é o caso de Astro Boy, a fantástica historia dun neno robot, con apariencia e sentimentos humanos, que xurdiu en 1952 como serie manga, creada por Osamu Tezuka, e que se converteu nunha serie de televisión xaponesa en 1963, con Takahashi como guionista na súa versión de 1980. Esta serie fíxose popular no estranxeiro e levou ao mundo a estética do anime.

Será ás 19.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. O acceso é aberto e de balde.

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2025.