Ir o contido principal

Concerto da banda da Loba

19.02.2025 | 20.15h

Praza de Santa María. En caso de choiva, Auditorio de Veterinaria
Lugo

A Banda da Loba
A Banda da Loba

A banda da Loba actuará o 19 de febreiro dentro do ciclo ‘Lubicán’, incluído dentro da programación da Primavera Cultural onde presentará Lovismo, o seu novo traballo. O concerto será ás 20.15 horas na Praza de Santa María ou, en caso de choiva, no Auditorio da Facultade de Veterinaria. 

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Cartel A Banda da Loba
Cartel A Banda da Loba
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.02.2025.