22.10.2025 | 21.00h
As entradas, un máximo de dúas por persoa, pódense recoller de balde o mesmo día do concerto a partir das 20.30 horas

Boyanka Kostovoa, o dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho do Funk (Ortiga) actuará no Outono Cultural.
O concerto está programado para o mércores 22 de outubro ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade. As entradas poderanse recoller de balde o día do concerto a partir das 20.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa. O acceso ao concerto farase a partir das 20.50 horas.