Ir o contido principal

Concerto de Su Garrido Pombo + Marco Maril

14.02.2025 | 20.30h

Lugo
Casa do Saber

Su Garrido Pombo
Su Garrido Pombo

Su Garrido Pombo e Marco Maril actuarán o 14 de febreiro dentro do ciclo ‘Lubicán íntimo’, incluído dentro da programación da Primavera Cultural. O concerto será ás 20.30 horas na Casa do Saber do campus de Lugo, con entrada libre ata completar a capacidade da sala. O mesmo día, ás 13.00 horas, desenvolverase un encontro para centros de ensino medio con Su Garrido Pombo na Casa do Saber. 

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

 

Cartel Su Garrido Pombo+ Marco Maril
Cartel Su Garrido Pombo+ Marco Maril
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2025.