Ir o contido principal

Concerto de Hugo Guezeta

20.11.2025 | 20.15h

Praza de Santa María. En caso de condicións meteorolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria
Lugo

O ciclo 'Lubicán' comeza este curso coa actuación de Hugo Guezeta

Hugo Guezeta
Hugo Guezeta

O ciclo ‘Lubicán’, incluído dentro da programación do Outono Cultural, comeza este curso coa actuación de Hugo Guezeta. O concerto será o xoves 20 de novembro ás 20.15 horas na praza de Santa María de Lugo e a entrada é libre e aberta. En caso de condicións meteorolóxicas adversas, trasladaráse ao Auditorio da Facultade de Veterinaria onde a capacidade da sala é limitada. 

Previamente, ás 12.30 horas, haberá un encontro para institutos na Casa do Saber, que require previa inscrición en cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal)

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.09.2025.