A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais.
O 4 de decembro, de 9.30 a 11.00 horas, o estudantado da materia Argumentacion e Retórica do grao en Filosofía, coordinado polo profesor Martín Pereira Fariña, realizará unha visita á exposición no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca para, posteriormente, ter un debate na aula sobre como as emocións son empregadas no mundo dixital para argumentar e persuadir.
A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.